1 minute read
...no mundo
Na Pascua hai moito que celebrar. A festa comeza o Sábado Santo pola noite coa Vixilia Pascual. É unha celebración moi importante e está chea de símbolos. Comeza co templo ás escuras, e acéndese un lume que rompe a escuridade, como a vida rompe coa morte.
O lume bendícese, e con este acéndese o cirio pascual, que é símbolo da Luz de Cristo resucitado. O cirio é unha vela moi grande e permanecerá acendido nun lugar visible durante todas as celebracións do tempo pascual.
Todos os fieis acenden unha pequena vela coa luz do cirio, e comeza unha procesión
A Vixilia Pascual
1. Comenta e dialoga en clase: ata o altar. Arredor do cirio proclámase o pregón pascual, que anuncia a toda a comunidade cristiá e á humanidade a alegría da Resurrección.
• Participaches nalgunha Vixilia Pascual? En caso afirmativo, que che chamou a atención? Descríbea aos teus compañeiros e compañeiras.
2. Busca e escribe no teu caderno a simboloxía do cirio pascual: a luz, a cruz, a alfa e o omega, o ano, etcétera.
Nesta celebración lense nove lecturas da Palabra de Deus que nos recordan a historia de amor de Deus co seu pobo. E cántase «Aleluia!» que é a expresión máxima da alegría pola Resurrección. Significa ‘gabade a Deus’. Despois iníciase a liturxia da auga na que renovamos as promesas do bautismo e recordamos así que nacemos a unha vida nova con Cristo resucitado. Finalízase a celebración coa Eucaristía e unha bendición solemne.