1 minute read

...no corazón ...con Veny

A palabra «Pascua» ten a súa raíz na lingua hebrea e significa ‘paso’. É a festa do paso da escravitude á liberdade, da morte á vida, da escuridade á luz; é a festa da vida en plenitude.

Celebrar a Pascua hoxe é celebrar o paso de Xesús pola nosa vida. Xesús non pasa de longo, nin á lixeira... Deixa pegada ao pasar e marca en cada persoa o comezo dunha vida nova.

Esta vida nova é un novo comezo, cunha mente e un corazón renovados.

Iso significa deixar atrás o que nos afasta de Deus e nos impide amalo por riba de todo, amar os demais e amarnos a nós mesmos. É como reiniciar o corazón para deixar morrer o egoísmo, a violencia, o medo, a inxustiza, o mal, etc., e resucitar á vida con Xesús, a unha nova felicidade.

A Nova Vida

1. Imaxina que tes un botón que che permite reiniciarte. Escribe no teu caderno que cousas che gustaría que cambiasen ou mellorasen con este cambio.

2. Deseña un cartel coa palabra «Aleluia». Utiliza os materiais que queiras e recorda que é importante reciclar.

Celebra a Pascua con toda a Igrexa. É un momento importante para todos os cristiáns, que unidos como unha gran familia celebramos o amor infinito de Xesús na Cruz e a súa Resurrección.

Celebra tamén o paso de Xesús pola túa vida, a posibilidade de comezar de novo e vivir como El nos ensina. Xesús acende Luz as nosas vidas coa Resurrección para que nós proxectemos Luz no mundo: coidando o Planeta, sendo respectuosos cos demais, poñendo paz nas pelexas, alegría na tristura, amizade cando unha persoa estea soa, etcétera.

Acende A Luz E Comp Rtea Co

Mundo

1. Escribe un diario de Semana Santa no que todos os días narres o que viviches.

• Se participaches nalgunha celebración da Igrexa e como te sentiches.

• Se acendiches a túa Luz con algún xesto ou palabra: que fixeches e como te sentiches.

2. Debuxa unha chama pequena, coloréaa e recórtaa. Plastifícaa, ponlle unha argola e cólgaa na túa mochila como un chaveiro. Recordarache o paso de Xesús resucitado pola túa vida.

This article is from: