1 minute read

1 5 Teño fe

Que significa ter fe?

Ter fe nun mesmo é ter confianza en ti, nas túas capacidades e posibilidades, a pesar das dificultades. Ter fe en Deus é o mesmo: confiar nel e no seu amor sempre. É sentirnos seguros nel. Ter fe é crer.

Ter fe non quere dicir que non teñamos dificultades na vida, senón que somos capaces de afrontalas sabendo que non estamos sós. (Pontifex_es).

A miña fe

Fai unha pausa... Pensa como sería a túa vida sen fe.

• Para ti, que significa ter fe en ti? E en Deus?

• Como definirías a túa experiencia de fe?

• Compartide mediante chuvia de ideas en clase e dialogade.

Nesta unidade descubrirás que...

• A verdadeira fe vívese coa acción e a axuda ás persoas.

• O Credo é a oración que proclama a nosa fe na Igrexa.

• A fe e a ciencia son dons de Deus que nos axudan a descubrir a verdade.

• A arte cristiá achéganos coa súa beleza a Deus por medio da mensaxe do ben e do amor.

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Creo en ti Que fas para tratar con respecto e dignidade ás persoas?

This article is from: