Revista Pincha 18

Page 16

O tardeo está de moda! Non o sabiades? Pois si, queridiños. O tardeo está de moda! Xa sei que moitos quereriamos permanecer estoicos e pardos como polas noites todos os gatos… Pero a realidade é que as complicacións da vida, a idade, formar una familia, os horarios, os traballos e esas dores nos cadrís, fan que algúns gatos decidamos pasar un bo rato de ocio e pasmar -tamén- á solana, pola tarde! Ou por que non… Facelo todo!

Por

Jéssica Pintor

de bares con jessi

@jpintorybarran

C

ompostela por iso ofrece alternativas para todos os gustos e para todos os perfís! Gústache a hora do vermú cos amigos? Pois en A Carrilana a terraza préstase para prolongala ata a hora do xantar ou máis. Gústache xantar en familia? Pois velaquí un recuncho tamén onde prolongar comida e a sobremesa cun preparado ata que case escureza! E é que a tarde ten una chea de horas e este bar un montón de opcións, precisamente para os que queremos compartir un tempiño de día e escoitar boa música, comer algo diferente, beber unha copa, conversar e gozar de bo ambiente.

Natalia, na terraza do seu local tomando un poke. Foto: Iván Barreiro

| 16 | Pincha | N 18


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.