Revista Pincha 18

Page 23

a gorida do artista

José Ramón Morquecho: “É indispensable que a pintura, ademais de ter calidade, emocione aos que a contemplan”

@oscatrogatos

Por Marisa Calderón

Hoxe ábrenos as portas da súa gorida un gran pintor, un home que leva toda a vida entregado á arte, á cultura e sobre todo á pintura. Pouco queda que dicir deste artista, xa recoñecido pola súa obra como un dos

“ Gústame vivir en simbiose coa natureza, sentila e pertencer a ela coma se fora un lique nas árbores”

representantes da pintura galega contemporánea. Morquecho é home inquieto, achegado e alegre. Engaiola co

Viviu durante dous anos xunto coa súa muller, coa que ten un

seu discurso intelixente e atinado sempre.

precioso e duradeiro proxecto de vida, en Berlín, onde pintou as paisaxes de neve e inverno desa cidade.

Naceu en Pontevedra nunha familia numerosa de once irmáns, e cunha bagaxe artística mesmo pola parte do seu pai

Morquecho é un namorado da natureza, das paisaxes do Cou-

que da súa nai.

rel, que ten representadas en numerosas obras. A mancha das súas pinturas emociona, transmite a simbiose co espazo

Desde neno foi educado polo gusto pola actividade artística, e

natural que experimenta cando traballa cos pinceis.

xa aos once anos presentou a súa primeira obra que expuxo no Carballiño.

Como mente inquieta que é, Morquecho tamén deseña obxectos artísticos: lámpadas, zapatos, mobles…, ademais de

Cóntanos que cando rematou o bacharelato decidiu dedicarse

escribir poesia. Todo o que teña que ver coa arte forma parte

á pintura e compaxinala con diferentes traballos, entre eles

do seu mundo particular.

como empregado de banca. Pero sempre soubo que a súa vida tería un obxectivo claro, a arte.

Despois de moitos anos sorprende gratamente que siga traballando con paixón por atopar un dialogo persoal co que lle

Viaxou, xunto coa súa dona por España e polo estranxeiro, nu-

rodea, ser un lique das súas paisaxes, pertencer dalgún modo

tríndose do que vía en museos e exposicións doutros artistas.

á contorna natural.

Fálanos dunha fermosa viaxe por Finlandia, na que namorou desa luz do frío, que reflectiu na súa obra.

O seu último proxecto está en marcha, unha macero exposición que contará con máis dun centenar de obras e que se

A obra de Morquecho é unha obra singular, propia, que se

poderá contemplar no Pazo da Cultura de Pontevedra. Esta

inventa e se reinventa, na pescuda dunha identidade propia

mostra vai estar comisariada pola súa filla e nela tamén expo-

e irrepetíbel.

ñerá os seus obxectos de deseño e algúns dos seus poemas.

Cóntanos que na súa primeira xuventude investigou sobre a

Poderíamos dicir moitas outras cousas da obra e do artista,

figura humana, debuxando e pintando escenas de denuncia

pero como a súa pintura fala por si mesma, calquera palabra

social como é propio das inquedanzas da xente nova.

máis enmudece ao seu carón.

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 18

| 23 |


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.