#apapar
Foto: Iván Barreiro
BACALLAU GAÑADOR NO SOLLEIROS
Solleiros é un espazo gastronómico de concepto aberto e produción artesanal situado na esquina entre a rúa Cardeal Payá e o Tránsito dos Gramáticos, no edificio que ocupaba o Hotel Suizo, un dos establecementos hostaleiros máis importantes de Compostela a finais do século XIX. Por alí pasaron personalidades tan coñecidas como os escritores Ernest Hemingway e Miguel de Unamuno, ou a fotógrafa Ruth Matilda Anderson.
| 14 | Pincha |
26
A carta de Solleiros divídese en dous apartados: ‘Abrir bocas’, cunha serie de entrantes ideais para compartir, e ‘Pechar bocas’, con varias opcións de carnes e peixes, ademais das sobremesas. Entre os seus pratos, destaca o chamado ‘Bacallau gañador’, unha proposta que a súa creadora, a chef Ana P. Caamaño, di que é a que máis representa a Solleiros por ser unha receita de toda a vida, rica e saudable. Con ela gañou en setembro do 2020 o premio a mellor bacallau de España. O noso @JuanEAT_o xa tivo o pracer de probar esta premiada delicia. Continúa lendo e morre de envexa co que nos vai contar a continuación.