Andaina 19

Page 2

Ola Andaina! Chegou ese momento que alguna vez ten que chegar. Levamos xuntos moitos anos, xuntos fomos quen de, coa colaboración de moitos mestres e nenos, saír cada Día das Letras Galegas do colexio rumbo aos fogares de Abegondo. Alí cada familia pasaba as túas páxinas, ollaba se atopaba o debuxo, as letras do seu fillo/a ou neto/a. Falo en pasado como si eso non pasara agora mesmo. É soamente nostalxia…. nostalxia daqueles tempos nos que non había os medios técnicos de agora, pero que, iso si, igual que agora existía una grande ilusión por amosar cada ano o resultado do traballo. Ese traballo que reflectía e reflicte o día a día dunha escola viva, unha escola que como di o seu nome, ou as pegadas que rodean cada páxina, camiña con paso firme e seguro na busca da excelencia, na busca do mellor para o seu alumnado, en resumo unha escola preocupada pola educación do seu alumnado. Agora, que toca ceder o testigo (é lei de vida) podo dicirche, tamén con ilusión e ledicia que quedas nas mellores mans, que che espera un futuro próspero, que como ata o de agora cada 17 de maio as familias esperarán recibirte nas súas casas coa mesma ilusión da túa primeira aparición. Grazas Andaina, grazas compañeiros que ano tras ano colaborastes na súa elaboración, grazas nenos e nenas que cos vosos traballos, debuxos, poesías, contos, entrevistas e tantas outras cousas, conseguimos que esta nosa revista fose crecendo ano tras ano. Cun extraño sentimento de ledicia e de tristura, despídome de ti cunha promesa: esperarei a reencontrarme contigo cada ano e ollarei nas túas páxinas ese sorriso que asomas cada vez que saes á luz. GRAZAS ANDAINA

Sumario Portada Sumario

01

Presentación

02

Xornada

03

Páx. da ANPA 04 Infantil

05

Primaria

11

L. Galegas

20

Entrevista

26

Club Ciencias 28

José Miguel Blanco Fernández (Director) Antón Fraguas, mestre, etnógrafo e historiador de Cotobade, traballou no estudo e análise das nosas tradicións. Non solo recolleu todas estas investigacións en libros, senón que intentou que se conservasen, sendo un dos principais impulsores da creación do Museo do Pobo Galego. Dende este equipo traballamos ao longo do curso con este obxectivo, dar a coñecer as tradicións da nosa contorna, aquelas que recibimos dos avós e avoas e nos identifican como pobo e cultura, intentar que non se perdan e reivindicar aquelas que estamos mudando por outras alleas.

C. Programa

29

Equipos

30

P. D. I.

42

Proxectas

50

Pasatempos

58

Esta revista pretende ser unha xanela aberta ás pequenas cousas que cada día facemos neste colexio, pequenas cousas con grandes ilusións. Son moitos días e moitos momentos os que compartimos e nos que intentamos aprender cousas novas e sobre todo gozar do que facemos tentando sempre de normalizar e dinamizar a nosa lingua e facela chegar a todos os recunchos posibles...

Despedida

59

Esperamos sexa do voso agrado.

Contraportada

Diego G. Agilda Pedreira (Coordinador EDLG)

1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.