18 minute read

Erradicación da tuberculose bovina en Galicia

José Balseiros e Jorge Enrique Mourelo

“GALICIA OBTIVO ESTE STATUS CUMPRINDO CUNHAS GARANTÍAS SANITARIAS MOI SUPERIORES ÁS REQUIRIDAS”

A Comisión Europea vén de declarar a Galicia como zona libre de infección polo complexo Mycobacterium tuberculosis, un importante logro sanitario do cal falamos en profundidade co director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, José Balseiros, e o subdirector de Gandería, Jorge Enrique Mourelo.

Que supón a nova situación sanitaria zootécnica para Galicia e para os nosos gandeiros?

José Balseiros: A consecución do status de Galicia como oficialmente indemne á tuberculose bovina supón a identificación da nosa comunidade como rexión do Estado non só co maior censo de explotacións bovinas e líder no sector lácteo, senón tamén co maior status sanitario en relación ás enfermidades suxeitas a programas oficiais de erradicación. Isto tradúcese nunha posición de clara vantaxe comercial nacional e internacional, tanto no comercio de animais bovinos vivos como dos seus produtos. Ademais, se temos en conta a alta calidade produtiva e xenética dos animais bovinos galegos, ao acadar este status sanitario podemos afirmar que o rabaño desta enfermidade, cumprindo sempre cos obxectivos epidemiolóxicos marcados pola Comisión Europea. Ademais, convén destacar que, na actualidade, a prevalencia doutras rexións do centro-sur do país é aínda similar á que existía en Galicia en 1990 e que, en 2020, a media nacional da prevalencia de rabaño foi do 1,61 %, é dicir, oitenta veces superior á existente en Galicia ese mesmo ano.

bovino galego está no primeiro posto no podio estatal, sendo xa referente no mercado nacional.

Cales foron as claves deste éxito?

J. B.: Este fito é froito do duro traballo levado a cabo pola Administración galega, polos servizos veterinarios e polos propios gandeiros, que cómpre recoñecer e agradecer. Así, cabe sinalar que no ano 1990 –cando se comezou co Programa Nacional de Erradicación Acelerada en España– a comunidade galega partía dunha prevalencia de tuberculose de rabaño bovino superior ao 11,79 % (case 12 rabaños infectados por cada 100 revisados), sendo de 0,03 % en 2020 (0,03 % de rabaños infectados por cada 100 revisados). Estes datos proban que Galicia traballou intensamente na erradicación

E agora, a que retos se enfronta o Departamento que vostede dirixe no relativo a Sanidade Animal?

J. B.: En primeiro lugar, co fin de manter este status e, en xeral, o bo estado sanitario do noso rabaño, aconsellamos evitar, na medida do posible, a entrada de reses externas nas explotacións. Neste senso, o Goberno galego aposta pola recría de

reses na propia granxa como opción máis biosegura. De feito, convén establecer medidas de bioseguridade e hixiene na explotación, xa que repercuten favorablemente na sanidade e na produción animal.

Por último, dende a Consellería do Medio Rural recoméndaselles aos gandeiros a súa integración nunha asociación de defensa sanitaria gandeira, para así poder levar a cabo programas sanitarios complementarios que garantan a bioseguridade da explotación e revertan nun mellor estado inmune dos animais.

Como ve o futuro das nosas razas autóctonas?

J. B.: Dende a Xunta traballamos, da man do sector, para impulsar e preservar a riqueza que representan. Supoñen unha riqueza xenética, un patrimonio inmaterial e unha oportunidade para as novas ganderías extensivas e de produción ecolóxica, ao seren razas cunha enorme adaptación ás condicións climáticas de Galicia.

De aí que teñamos actualmente subscritos seis convenios con outras tantas entidades e asociacións de criadores de razas autóctonas de Galicia para apoiar actividades de recuperación, conservación e fomento destas razas por importe total de case tres millóns de euros ata o ano 2022. E seguiremos traballando nesta liña cara ao futuro.

Jorge Enrique, a súa traxectoria profesional sempre estivo vinculada á sanidade animal, non si? Como influíu toda esa experiencia acumulada neste logro sanitario do que estamos a falar?

Jorge Enrique Mourelo: É certo que toda a miña vida profesional xirou sempre dalgún xeito arredor da sanidade animal e que tiven unha especial dedicación ao desenvolvemento dos programas de erradicación e vixilancia das enfermidades animais con diferentes responsabilidades en cada momento respecto á súa execución: comecei como veterinario de campo nas campañas de saneamento, fun coordinador destas campañas na provincia da Coruña, posteriormente xefe dunha área veterinaria nesta mesma provincia e máis tarde xefe do Servizo de Sanidade Animal na Comunidade Autónoma, ata chegar ao posto actual.

Resulta evidente que o feito de ocupar paulatinamente todos estes postos me permitiu ter unha visión global do programa de erradicación da tuberculose bovina e avaliar con certo coñecemento as necesidades para melloralo: o incremento da sensibilidade diagnóstica, o control dos movementos, a dotación dos laboratorios, a formación do persoal, a limpeza e desinfección das explotacións... e tamén coñecer as necesidades das explotacións para manter axudas complementarias que paliasen as perdas polos sacrificios de animais e buscar, sempre que fose posible, sistemas que flexibilizasen certos movementos de animais, cando se considerase que non había risco para outras explotacións.

Porén, non teriamos acadado o obxectivo que perseguimos durante tantos anos sen a implicación de moitos outros dos excelentes profesionais que integran os servizos veterinarios da Consellería, tanto no Servizo de Sanidade Animal como nos servizos provinciais, nos laboratorios e nas áreas e comarcas. Todos eles aplicaron as medidas que requiría un programa tan complexo como este con rigorosidade e profesionalidade; pero, sen dúbida, o maior mérito do éxito acadado téñeno as persoas gandeiras, que, na inmensa maioría dos casos, mostraron unha enorme preocupación pola sanidade do seu rabaño e colaboraron extraordinariamente na execución do programa.

J. B.: “NO ANO 1990, GALICIA PARTÍA DUNHA PREVALENCIA DE TUBERCULOSE DE RABAÑO BOVINO SUPERIOR AO 11,79 %, SENDO DE 0,03 % EN 2020”

Cales son os criterios que se teñen en conta para recoñecer un país ou unha rexión oficialmente indemne a esta infección polo complexo Mycobacterium tuberculosis (CMT)?

J. E. M.: Ata o ano 2021, unha rexión ou un país podían ser declarados oficialmente indemnes da infección se cumprían cuns estritos requisitos sanitarios e legais establecidos pola Comisión Europea; en concreto, requiríase que a porcentaxe de rabaños bovinos nos que se confirmase a infección por tuberculose non superase o 0,1 % anual durante seis anos consecutivos, que todos os bovinos sacrificados fosen obxecto dun exame post mortem oficial e que se cumprisen nas explotacións os procedementos normativos para a suspensión ou retirada do status de rabaño oficialmente indemne, nos casos nos que procedese.

En abril de 2021, xustamente despois de que Galicia cumprise estas condicións ao finalizar 2020, modificouse a normativa comunitaria e as esixencias para que unha rexión sexa declarada oficialmente libre desta enfermidade reducíronse unicamente a tres anos. Polo tanto, Galicia obtivo o status cumprindo cunhas garantías sanitarias moi superiores ás requiridas.

Os requisitos vixentes na actualidade, que evidentemente tamén cumpriu Galicia, foron os seguintes: a) Durante os tres últimos anos, cando menos o 99,8 % das explotacións que tiñan bovinos, que representasen como mínimo o 99,9 % da poboación destes animais, mantiveron o seu status de libre de infección polo CMT e a taxa de incidencia (novos rabaños coa infección confirmada) das explotacións nas que se confirmou a infección durante o ano non superou o 0,1 %. b) Durante os últimos tres anos aplicáronse os requisitos xerais de vixilancia para a detección da infección polo CMT en bovinos, e esta incluíu, como mínimo: • A busca sistemática de lesións características da infección polo CMT mediante vixilancia ante e post mortem de todos os bovinos sacrificados. • A investigación das lesións que se puidesen deber á infección polo CMT.

De que situación se partía a comezos da década dos noventa e como foron evolucionando os programas sanitarios ao longo destes anos?

J. E. M.: Convén citar que Galicia foi no pasado, e continúa sendo na actualidade, a comunidade autónoma cun maior número de rabaños de bovino do país (34 % segundo datos de RASVE 2020), pero cun número de animais por rabaño moi baixo (27 animais por rabaño). No noroeste atlántico predomina a atomización de rabaños de ruminantes, a dispersión xeográfica de explotacións gandeiras, así como medidas de bioseguridade en ocasións deficientes. A eses condicionantes tamén hai que sumarlle a baixa porcentaxe de recría nas explotacións, o elevado intercambio comercial de animais a través de intermediarios (operadores comerciais) e a compra constante de reses doutras comunidades autónomas ou países con menores garantías sanitarias. Estas circunstancias estruturais dificultaron, en ocasións, o avance decisivo no programa de erradicación da tuberculose.

Ata o ano 1987, as revisións de tuberculose nas explotacións que o desexaban foron realizadas en Galicia por parte de empresas, ou mesmo a través dos Colexios de Veterinarios, e nalgúns rabaños por parte de persoal dos Servizos de Gandería, pero sen unha supervisión estrita do sacrificio dos animais positivos e sen control axeitado das explotacións unha vez detectados os exemplares reaccionantes ás probas diagnósticas, pero o ano 1988 supuxo un cambio fundamental no desenvolvemento do programa, ao asumir a Xunta de Galicia o control directo da súa execución, establecéndose sacrificios obrigatorios e controlados para os animais considerados enfermos. Naquel momento, en Galicia xa un 73 % dos rabaños estaba sendo sometido a saneamento e a prevalencia de tuberculose nos rabaños era do 16 % (porcentaxe de rabaños positivos respecto do total de rabaños revisados).

A partir de 1990, Galicia foi declarada “área de erradicación obrigatoria” e comezaron de xeito rutineiro as popularmente coñecidas como “campañas de saneamento gandeiro”, que revolucionaron a sanidade animal pública no rural e garantiron un control sanitario directo anual para todas as explotacións bovinas, co diagnóstico de tuberculose de todos os bovinos maiores de seis semanas localizados nelas. Revisábase conxuntamente a situación fronte a tuberculose, brucelose, leucose e peri- pneumonía bovina. Inicialmente tamén se completou a vacinación antiaftosa nestas actuacións. O funcionamento do programa baseábase no diagnóstico, o seguimento e a eliminación dos animais enfermos mediante o seu sacrificio obri- gatorio con dereito a indemnización.

Ao inicio do saneamento, os servizos veterinarios oficiais tiveron que realizar un grande esforzo comunicativo co sector gandeiro. Así, antes de comezar as actuacións de campo nun concello, contactábase coas institucións locais (concello, veterinario local, axencia de extensión agraria, cooperativas e agrupacións de gandeiros). Froito deses contactos organizábanse charlas no concello ou por parroquias, onde os servizos explicaban o obxecto e a mecánica da campaña de saneamento, solucionando as dúbidas que puidesen existir. Establecíase un calendario específico para o concello e colocábanse carteis informativos anunciando o día no que se visitarían as explotacións. Inicialmente existiu unha porcentaxe elevada de persoas que se negaban a sanear ou a sacrificar os seus animais, pero, pouco a pouco, con información e comunicación foise avanzando.

Segundo comezou a desenvolverse o programa de xeito obrigatorio, a partir de 1990, produciuse un rápido descenso da prevalencia de rabaño, pasando do 11,79 % de rabaños infectados naquel ano ao 1 % en 1996, para despois continuar con lixeiros descensos, pero producíndose un certo estancamento da situación epidemiolóxica durante case unha década (ver gráfica 1).

Entre os anos 2010 e 2012 introducíronse cambios decisivos no programa nacional e autonómico, que permitiron abordar a fase final tras as recomendacións realizadas polo subgrupo especializado en tuberculose bovina da FVO da Comisión Europea. Perseguiuse un incremento da sensibilidade do diagnóstico, a recollida

J. E. M.: “AS CAMPAÑAS DE SANEAMENTO GANDEIRO REVOLUCIONARON A SANIDADE ANIMAL PÚBLICA NO RURAL E GARANTIRON UN CONTROL SANITARIO DIRECTO ANUAL PARA TODAS AS EXPLOTACIÓNS BOVINAS”

Gráfica 1. Evolución da prevalencia de rabaño de tuberculose bovina en Galicia

11,79

Entre os anos 2010 e 2012 introducíronse cambios decisivos no programa nacional e autonómico, que permitiron abordar a fase final tras as recomendacións realizadas polo subgrupo especializado en tuberculose bovina da FVO da Comisión Europea. Perseguiuse un incremento da sensibilidade do diagnóstico, a recollida avanzada de datos epidemiolóxicos, unha mellor integración do sistema de vixilancia da existencia de lesións compatibles nos matadoiros, unha mellora da vixilancia sanitaria na fauna silvestre vulnerable e a realización de cursos de formación específica para o persoal veterinario implicado no programa. Galicia desenvolveu estritamente esas medidas e Entre os anos 2010 e 2012 introducíronse cambios decisivos no programa nacional e avanzou cara a erradicación, pero, a maiores, tamén puxo en marcha outras liñas autonómico, que permitiron abordar a fase final tras as recomendacións realizadas propias pioneiras na execución do programa, que serviron posteriormente de

avanzada de datos epidemiolóxicos, unha mellor integración do sistema de vixilancia da existencia de lesións compatibles nos matadoiros, unha mellora da vixilancia sanitaria na fauna silvestre vulnerable e a realización de cursos de formación específica para o persoal veterinario implicado no programa. Galicia desenvolveu estritamente esas medidas e avanzou cara á erradicación, pero, a maiores, tamén puxo en marcha outras liñas propias pioneiras na execución do programa, que serviron posteriormente de referencia científica e técnica para o resto do país: realización de estudos epidemiolóxicos individualizados en cada explotación, toma de mostras en matadoiro en animais das explotacións que se consideraron “de seguimento” para verificar a inexistencia de infección nas explotacións... Todos estes avances desem- bocaron na consecución do status de libre de tuberculose bovina por parte da nosa comunidade.

Na actualidade, a infección persiste no centro-sur da Península e en determinados países europeos (Reino Unido e Irlanda, entre outros).

En todo caso, non debemos esquecer que, ademais do status que acabamos de conseguir en relación á tuberculose, Galicia xa foi declarada antes libre de leucose bovina e de peripneumonía contaxiosa bovina; no ano 2013 libre de brucelose ovina e cabrúa; no ano 2017 libre de brucelose bovina; está libre de lingua azul e, dende xa hai anos, non se presentan casos de encefalopatías esponxiformes. A nosa situación sanitaria nestas especies e, polo tanto, óptima.

Como lles vai afectar esta declaración aos gandeiros de cabrún ou de cabrún con vacún na mesma explotación?

J. E. M.: As explotacións de cabrún de leite e aquelas nas que o gando cabrún convivía con bovinos (ou constituían unha mesma unidade epidemiolóxica) xa sempre estiveron sometidas ás mesmas probas rutineiras de diagnóstico de tuberculose que as de gando bovino.

Realmente, a declaración de Galicia como rexión libre de tuberculose non lles afecta directamente ás explotacións de cabrún, pero as actuacións nesta especie si que van estar condicionadas por toda a nova lexislación comunitaria en materia de sanidade animal. Así, a normativa comunitaria inclúe os cabrúns na listaxe de especies que supoñen un risco para a propagación da infección por CMT, nas categorías D (enfermidades sobre as que deben adoptarse medidas para evitar a súa propagación en relación coa súa introdución na Unión ou con desprazamentos entre Estados membros) e E (enfermidades sobre as que é necesario exercer vixilancia). Ademais, para o desprazamento de cabrúns a outros Estados membros, a devandita normativa esíxelles a existencia de probas anuais, con resultados negativos, a todos os cabrúns do rabaño de orixe, nun programa de vixilancia que comezará, cando menos, 24 meses antes do traslado. Así mesmo, a mencionada normativa establece tamén que o status dunha zona libre de infección polo CMTB non se verá afectado pola confirmación da infección nunha poboación animal distinta aos bovinos, pero sempre que se apliquen medidas eficaces, que deben avaliarse periodicamente, para evitar a infección polo CMTB aos bovinos.

Por outra banda, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e o grupo de traballo de tuberculose das comunidades autónomas propuxeron que os requisitos mínimos previos aos movementos sinalados para intercambios intracomunitarios, respecto á infección por CMT, tamén se aplicasen para calquera movemento de reprodutores cabrúns dentro do Estado.

Nestas circunstancias, tendo en conta que a especie cabrúa é moi sensible á infección causada polo CMT e o status acadado respecto á tuberculose en bovinos, en Galicia será necesario someter a vixilancia sanitaria da infección por CMT as poboacións de cabrún, tal e como están facendo xa outras comunidades autónomas.

En que situación de periodicidade quedan a partir de agora as campañas de saneamento gandeiro?

J. E. M.: Na actual situación, na que pasamos de desenvolver un programa de erradicación a realizar un de vixilancia, determinadas explotacións consideradas “de risco” polo programa nacional seguirán sendo sometidas a inspeccións anuais; o resto pasarán a ser sometidas a probas cada 2-3 anos, en función da situación epidemiolóxica de cada unha delas e da evolución sanitaria global de Galicia.

Entre outras, serán consideradas “de risco” as explotacións que realicen movementos constantes de animais, as que utilicen pastos/montes comúns ou as que compren reses de rexións cunha situación epidemiolóxica peor á existente en Galicia. Trátase de intentar evitar que as situacións de risco dalgunhas explotacións lles afecten ao resto dos produtores que manteñen un manexo e bioseguridade axeitados e que non incorporan reses de áreas con menores garantías sanitarias.

J. E. M.: “EN GALICIA SERÁ NECESARIO SOMETER A VIXILANCIA SANITARIA DA INFECCIÓN POR CMT AS POBOACIÓNS DE CABRÚN, TAL E COMO ESTÁN FACENDO XA OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS”

Pensa vostede que a sociedade galega e os gandeiros son totalmente conscientes da importancia desta consecución sanitaria?

J. E. M.: As explotacións gandeiras conseguiron un gran logro. É de grande importancia que as granxas gocen dun excelente estado sanitario dos seus rabaños, o cal non só redunda en menores perdas económicas directas e indirectas en relación á enfermidade, senón que lles abre as portas aos mercados nacional e comunitario, entre outros.

As persoas gandeiras galegas poden aproveitar este status sanitario para mellorar as súas producións, ser versátiles comercialmente e mellorar os seus ingresos. Se dispoñemos dunha boa sanidade e dunha excelente xenética, podemos recriar e, ademais, abrir unha boa vía comercial para vender animais a outras comunidades autónomas e países, e tamén podemos revalorizar aínda máis a excelente calidade dos nosos produtos. Debemos tentar que este esforzo de Galicia sexa recoñecido e valorado polos restantes integrantes da cadea agroalimentaria e polos consumidores e a sociedade en xeral.

Era alta a incidencia desta enfermidade entre as razas autóctonas galegas?

J. E. M.: A incidencia desta enfermidade ten que ver, fundamentalmente, co manexo e a bioseguridade da explotación. Evidentemente, se unha explotación con gando de razas autóctonas ten bioseguridade, recría e non merca reses externas, terá menos posibilidades de verse afectada pola enfermidade que outras que non teñan esas condicións. En todo caso, tendo en conta a baixa incidencia da enfermidade en Galicia, esta baixa afectación tamén se dá nas razas autóctonas.

Que incidencia ten a fauna salvaxe no rabaño gandeiro en canto á propagación de enfermidades?

J. E. M.: Para coñecer o estado da nosa fauna silvestre, en Galicia desenvolvemos un plan de vixilancia sanitaria da fauna silvestre (PVSFS) xa dende o ano 2008, antes mesmo de que existise un programa nacional para tal fin, o cal nos permite monitorizar o seu estado sanitario e, no seu caso, comprobar a evolución das diferentes enfermidades. colaboración das sociedades de caza que se integran nos tecores, que lles facilitan mostras de fauna silvestre para a vixilancia activa no desenvolvemento da súa actividade e axudan na vixilancia comunicando os indicios de sospeita de enfermidades nos animais salvaxes para a súa comprobación polas autoridades de sanidad animal.

Desde un primeiro momento evidenciamos, por exemplo, que as poboacións de corzos teñen un estado sanitario moi favorable, no que se refire a enfermidades bacterianas e víricas e, tras tomar mostras a máis de 3.000 xabarís, comprobamos que as prevalencias das distintas enfermidades nesta especie (CMT, Aujeszky...) tamén son baixas. Nestas circunstancias, en Galicia, se o rabaño gandeiro está san e ten un manexo e bioseguridade axeitados, non ten nada que temer respecto ao estado sanitario da fauna silvestre, se non cambia a situación epidemiolóxica.

Entre as súas responsabilidades tamén está a do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. En que proxectos se está a traballar a día de hoxe desde alí?

J. E. M.: O Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, situado no pazo de Fontefiz (Coles, Ourense), é o centro de referencia de todas as razas autóctonas galegas consideradas en perigo de extinción, que inclúe as de gando vacún (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa); ovino (Ovella Galega); cabrún (Cabra Galega); aviar (Galiña de Mos); equino (Cabalo de Pura Raza Galega); porcino (Porco Celta) e canino (Can de Palleiro).

Despois de varias décadas traballando na recuperación e conservación destas razas, a día de hoxe as actividades que nel se realizan están encadradas nas recomendacións da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) en canto á realización dos Programas de Conservación (Programa de Conservación in situ e Programa de Conservación ex situ).

Neste aspecto pódese sinalar que no Programa de Conservación ex situ in vivo se manteñen alí os rabaños fundacionais de boa parte destas razas (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos). Numericamente, estes rabaños están formados por preto de 250 cabezas das cinco razas bovinas, entre 60-70 cabezas de ovino e cabrún e arredor de 200 galos e galiñas.

En canto ao Programa de Conservación ex situ in vitro, resulta unha peza fundamental do Programa de Conservación dos recursos xenéticos animais de Galicia, xa que permite a preservación das razas de cara ao futuro. Consiste no mantemento dun banco de xermoplasma formado por doses seminais e embrións das distintas razas, recollidas no laboratorio do centro e posteriormente mantidas en crioconservación.

Mais aló da realización do propio Programa de Conservación ex situ, o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia é tamén responsable de supervisar o correcto funcionamento dos programas de recuperación, conservación e fomento de todos os recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia en perigo de extinción levados a cabo polas distintas asociacións de criadores, e do seguimento da súa evolución, xa que exerce o control técnico de todas as razas sinaladas.

Así mesmo, o Centro realiza un importante labor divulgativo e educativo, facilitando as visitas guiadas ás instalacións para dar a coñecer os nosos recursos xenéticos e os traballos realizados en prol da súa recuperación.

Por último, malia non ser un centro de investigación específico, participa e promove, en estreita colaboración con outras institucións e entidades, proxectos de investigación sobre os recursos zooxenéticos autóctonos galegos, co fin de estimular os estudos sobre as razas e os seus produtos. Ata agora o centro ten participado en dez proxectos de innovación e transferencia tecnolóxica.

This article is from: