5 minute read

Isabel Costas (Carballedo, Lugo

ISABEL COSTAS CRIADORA E COMERCIALIZADORA DA RAZA PORCO CELTA A TRAVÉS DA COOPERATIVA TRES FUCIÑOS

“CO MODELO COOPERATIVO TEMOS A POSIBILIDADE DE FACER MOITA MÁIS FORZA NA DISTRIBUCIÓN, NA PROMOCIÓN… E PERMÍTENOS VIVIR MELLOR”

Nunha entrevista no seu stand en Salimat 2021, díxonos Isabel Costas (Carballedo, Lugo) que ela é unha emprendedora no rural, e non é para menos. Dende que comezou co seu proxecto vencellado ao agro galego en 2012, xa puxo en marcha unha horta ecolóxica e unha explotación de Porco Celta e formou parte da creación de Tres Fuciños, a primeira e, polo momento, única cooperativa de Porco Celta.

Dende cando es produtora de Porco Celta?

Comecei a criar Porco Celta en 2016 e en 2018 foi cando fundamos a cooperativa, da que son socia e actualmente presidenta. Dende entón, ao igual que acontece con todos os socios de Tres Fuciños, todos os produtos derivados dos animais que crío elabóranse a través dela. de limpar as verduras lévollelos aos porcos. Poderíase dicir que o motivo de comezar con esta raza foi aproveitar eses restos.

Como comezou o teu interese por esta raza?

Vivo e traballo no rural e sempre digo que son emprendedora no rural dende 2012. Empecei ese ano facendo horta ecolóxica (Froitos da Horta A Ruliña) e, en 2016, debido a que nos sobraba moito produto, comecei coa economía circular: os sobrantes que quedan

Con cantos animais contas na actualidade?

A día de hoxe teño uns 50 animais e, a maiores, conto con 6 reprodutores.

A verdade é que, se tivese máis tempo para atendelos, buscaría ter un volume maior.

Cantos socios integrades a cooperativa Tres Fuciños?

Formamos parte da cooperativa 9 socios –e estamos abertos a recibir novos integrantes–. Estamos distribuídos por toda Galicia, dende Carballedo (Lugo), que é onde está a miña explotación, ata A Cañiza, Arzúa, Ordes... Estamos repartidos por todo o territorio galego.

Realizades todas as etapas do proceso?

Así é. A través da cooperativa facemos toda a cadea dende que nacen os animais nos nosos montes ata que o produto chega ao consumidor final, pasando polos procesos de sacrificio, despezamento, elaboración e transformación, distribución…

Como comercializades a vosa produción?

Dende maio de 2020, a través de Mercaproximidade, da Xunta de Galicia, estamos traballando moito con todos os Alcampo galegos.

Comercializades todo a través da mesma canle?

Non. Tamén traballamos con restaurantes e tendas gourmet de toda Galicia (unhas 12 tendas e entre 15 e 20 restaurantes) e vendemos directamente a particulares de toda a comunidade (estimamos que estaremos chegando a uns 300 clientes galegos por esta vía). Ademais, cada vez traballamos máis no resto do país e, agora mesmo, estamos enviando os nosos produtos a Barcelona, Valencia, Murcia, Sevilla, Guipúscoa…

Como xestionades o tema do transporte?

Para a repartición por Galicia temos, dende agosto, un furgón propio con frío (empezamos traballando con empresas de transporte, pero parecíanos que non era o suficientemente efectivo). Para o resto de España si que non nos queda outra máis que envialo por mensaxería: se é produto fresco, vai en furgón con frío e, se non, nun corrente.

Tedes un volume de cliente final moi alto. Que perfil teñen?

Hai de todo. E hai xente que chega de nova, pero tamén hai moitos aos que coñezo dende hai moito. A min a experiencia dime que a xente lle merca á persoa, que o comercio de proximidade ten cada vez máis peso… Eu cando montei a explotación de Porco Celta contei co apoio de moitos clientes que xa me coñecían pola horta ecolóxica e a día de hoxe seguen confiando nos produtos que comercializamos a través da cooperativa.

Todo o produto comercializado provén dos socios da cooperativa?

A inmensa maioría, si, pero o certo é que hai picos nos que chegamos a tal nivel de demanda que temos que mercarlles produto a outros socios de Asoporcel que, aínda que non forman parte de Tres Fuciños, sabemos que teñen un produto de calidade e para nós son colaboradores de confianza.

Como valoras a túa experiencia cooperativista?

A nós estanos funcionando. Penso que o modelo cooperativo dá todo beneficios. Por exemplo, eu, cando empecei, traballaba só con restaurantes e atopeime co problema de que me dicían que non había continuidade no produto, non daba abasto para servilos a todos. Evidentemente, ao xuntarnos varios criadores, o traballo en equipo dáche a posibilidade de facer moita máis forza na transformación, na distribución, na

“PARA MOITAS EMPRESAS O ÚLTIMO ANO E MEDIO FOI MOI DURO, PERO O CERTO É QUE NÓS ESTAMOS MOI SATISFEITOS. FOINOS BEN”

“A XENTE TEN QUE ENTENDER QUE SE O RURAL NON VIVE, AS CIDADES NON VAN VIVIR”

promoción… e, claro, tamén nos permite vivir moito mellor.

Logo é unha vía na que ten que seguir afondando o sector?

Sen dúbida. Para min é ao que deberiamos aspirar. Este xeito de criar e comercializar é moito máis vantaxoso que traballar de forma independente e teño moi claro que, se nos unísemos todos –e non che falo só dos gandeiros de Porco Celta, senón de calquera raza, de calquera área agrogandeira–, o noso sector tería moito máis valor.

Notastes moito o impacto da pandemia no volume de vendas?

Sabemos que para moitas empresas o último ano e medio foi moi duro porque tiveron que parar as súas producións, pero o certo é que nós estamos moi satisfeitos porque, en xeral, nos foi ben.

En setembro volvestes ás feiras e fixéstelo asistindo á Semana Verde, unha das máis importantes da comunidade. Xa había ganas delas?

Pois si, a verdade é que si. Estar presentes nunha feira como a Semana Verde para nós é importante porque a xente nos vai coñecendo, imos facendo marca...

Antes da pandemia asistiades a este tipo de eventos?

Si. Dende 2018 estamos traballando neste sentido e vemos que xa temos clientes que nos buscan habitualmente nas feiras. Creo que para calquera empresa pequena é importante estar nestes eventos, fagas máis ou menos. Sempre é un escaparate para darte a coñecer.

Como emprendedora rural, dirías que hai futuro laboral no agro galego?

Claro que si. Creo que sobre todo a raíz da crise de 2020 o rural se vai ir pouco a pouco revitalizando. A xente ten que entender que se o rural non vive, as cidades non van vivir. Entón eu penso, e agardo, que o rural vaia mellorando, si.

E… hai que pasarse ao Porco Celta?

Evidentemente! Pásate ao Porco Celta porque criamos os animais en liberdade nos montes galegos –no meu caso, por exemplo, o monte que temos é de 15 hectáreas de carballos e de castiñeiros–, a súa graxa é saudable e os produtos que conseguimos son fabulosos. Son todo vantaxes!

This article is from: