5 minute read
Estudo dos trazos de comportamento da raza autóctona Can de Palleiro
Neste artigo descríbense as principais características morfolóxicas da raza Can de Palleiro e móstranse os resultados dun estudo no que se avaliaron as súas características temperamentais.
Susana Muñiz de Miguel, Francisco Javier Diéguez, João Pedro da Silva-Monteiro, Beatriz Parra Ferreiro-Mazón e Ángela González-Martínez (novembro 2021)
O Can de Palleiro, ou pastor galego, é unha raza canina autóctona de Galicia. Trátase dun can rústico de perfil recto, eumétrico e mesodolicomorfo; de tamaño mediano, cunha altura de aproximadamente 60-62 cm á cruz, proporcións harmónicas e unha constitución forte. As femias son algo máis baixas e de aparencia máis lixeira que os machos.
En xeral, considérase que os exemplares de Can de Palleiro teñen un carácter forte e reticente cos estraños, mais adoitan mostrar unha gran lealdade cos seus donos, con quen son dóciles e tranquilos. toreo e como cans gardiáns. Porén, desde mediados do século XX, unha redución significativa da poboación rural e a introdución de razas estranxeiras puxérono en perigo de extinción.
A fins da década de 1990, a Xunta de Galicia decidiu estudar a posibilidade de recuperar a raza e comezou a procurar exemplares superviventes. Así, describiuse un estándar de raza oficial, que permitiu un proxecto de recuperación dirixido a incrementar o número de individuos de Can de Palleiro. Ademais, no ano 2002 creouse o Club Raza Can de Palleiro, única entidade recoñecida pola Xunta para colaborar na recuperación, a mellora, a selección evitando a consanguinidade, o fomento, a difusión e a xestión do libro xenealóxico.
Non obstante, ata o momento non existía ningún estudo sobre o comportamento do Can de Palleiro. Así, o obxectivo do presente traballo é avaliar as características temperamentais da raza mediante o uso de diferentes probas validadas cientificamente e co fin último de identificar problemas de comportamento e seleccionar os mellores reprodutores.
O estudo foi levado a cabo polo Servizo de Etoloxía e Medicina do Comportamento do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, dependente da Facultade de Veterinaria de Lugo (Universidade
de Santiago de Compostela), xunto coa colaboración do Club Raza Can de Palleiro. Incluíronse 377 cans, dos cales 177 (o 46,9 %) eran Can de Palleiro e 200 (o 53,1 %), cans doutras razas da poboación xeral galega.
Realizáronse dous tests para o estudo da conduta dos animais. O primeiro estaba centrado na avaliación do comportamento dos cans mediante un cuestionario dirixido aos seus titores chamado Canine Behavioral Assessment Research Questionnaire (C_BARQ). Trátase dun cuestionario online de 100 preguntas agrupadas en 14 características de comportamento: agresión dirixida a estraños, a membros da familia, a cans descoñecidos e a cans da familia; medo a outros cans, a xente descoñecida e no social; sensibilidade a ser tocado; persecución; problemas relacionados coa separación; busca de apego/atención; capacidade de adestramento; excitabilidade e enerxía.
Logo utilizouse un test de comportamento chamado Socially Acceptable Behavior (SAB) realizado a 19 cans da raza Can de Palleiro e a 13 cans da poboación xeral galega. Con este test pretendeuse realizar unha avaliación directa do temperamento do animal a través de 16 subprobas que analizan tanto a postura corporal como as respostas de conduta que realizan os cans cando son sometidos a diferentes estímulos, como presentarlles unha persoa descoñecida, un can descoñecido, distintos ruídos etc. Unha vez que se obtiveron todos os datos, realizouse unha análise estatística para as diferentes puntuacións das características de comportamento medidos en ambos os tests, dos que se obtiveron moi bos resultados. Estes poden ser resumidos en que, en comparación coa poboación xeral galega, o Can de Palleiro presenta (ver táboa 1):
• Menor agresividade a persoas da familia: estes resultados son similares noutras razas pastoras coas que comparten unha orixe común e coincide coa descrición da raza como leal e dócil cos seus titores.
• Menor medo cara a cans descoñecidos e maior capacidade de adestramento: trazos que tamén se encontraron noutras razas pastoras e de garda, ambas características do Can de Palleiro.
• Menor excitabilidade, medo non social e problemas relacionados coa separación: signos de cans cun temperamento estable, como se define no estándar da raza.
• Maior conduta depredadora: típico nalgunhas razas pastoras debido a que a conduta de pastoreo provén realmente da conduta de caza.
En conclusión, a raza Can de Palleiro mostrou, en xeral, un temperamento estable con características de can de garda e de pastoreo.
Grazas ao estudo científico sobre as características de conduta da raza púidose demostrar a calidade e o coidado con que o Club Raza Can de Palleiro leva a cabo a recuperación da raza. Así, esta continúa presentando as características típicas de can pastor e de garda que mostraban os seus antepasados e que describen os seus titores. Cómpre destacar que o traballo en equipo fai que a selección dos reprodutores sexa minuciosa co fin de manter o estándar oficial da raza a pesar do seu incremento de popularidade.
Estes primeiros resultados anímannos a seguir ampliando o estudo de comportamento na procura de seleccionar para reprodutores os exemplares máis equilibrados. Para iso é necesario que máis propietarios colaboren.
Logo utilizouse un test de comportamento chamado Socially Acceptable Behavior (SAB) realizado a 19 cans da raza Can de Palleiro e a 13 cans da poboación xeral galega. Con este test pretendeuse realizar unha avaliación directa do temperamento do animal a través de 16 subprobas que analizan tanto a postura corporal como as respostas de conduta que realizan os cans cando son sometidos a diferentes estímulos, como presentarlles unha persoa descoñecida, un can descoñecido, distintos ruídos etc. Unha vez que se obtiveron todos os datos, realizouse unha análise estatística para as diferentes puntuacións das caeracterísticas de comportamento medidos en ambos test, obtendo moi bos resultados. Estes poden ser resumidos en que, en comparación coa poboación xeral galega, o Can de Palleiro presenta (ver táboa): • Menor agresividade a persoas da familia: estes resultados son similares noutras razas pastoras coas que partillan unha orixe común e coincide coa descrición da raza como leal e dócil cos seus titores. • Menor medo cara cans descoñecidos e maior capacidade de adestramento: trazos que tamén se encontraron noutras razas pastoras e de garda, ambas características do Can de
Palleiro. • Menor excitabilidade, medo non social e problemas relacionados coa separación: signos de cans cun temperamento estable, como se define no estándar da raza. • Maior conduta depredadora: típico nalgunhas razas pastoras debido a que a conduta de pastoreo provén realmente da conduta de caza.
[Título da táboa]: Principais diferenzas atopadas entre o comportamento do Can de Palleiro e os cans da poboación xeral galega Táboa 1. Principais diferenzas atopadas entre o comportamento do Can de Palleiro e os cans da poboación xeral galega
CP
3,5
3 PG
2,5
2
1,5
1
0,5
0
Ansiedade