Autóctonas Galegas 14

Page 30

CAN DE PALLEIRO

30

ESTUDO DOS TRAZOS DE COMPORTAMENTO DA RAZA AUTÓCTONA CAN DE PALLEIRO

Neste artigo descríbense as principais características morfolóxicas da raza Can de Palleiro e móstranse os resultados dun estudo no que se avaliaron as súas características temperamentais. Susana Muñiz de Miguel, Francisco Javier Diéguez, João Pedro da Silva-Monteiro, Beatriz Parra Ferreiro-Mazón e Ángela González-Martínez (novembro 2021) O Can de Palleiro, ou pastor galego, é unha raza canina autóctona de Galicia. Trátase dun can rústico de perfil recto, eumétrico e mesodolicomorfo; de tamaño mediano, cunha altura de aproximadamente 60-62 cm á cruz, proporcións harmónicas e unha constitución forte. As femias son algo máis baixas e de aparencia máis lixeira que os machos. En xeral, considérase que os exemplares de Can de Palleiro teñen un carácter forte e reticente cos estraños, mais adoitan mostrar unha gran lealdade cos seus donos, con quen son dóciles e tranquilos. A raza utilizábase tradicionalmente nas zonas rurais de Galicia como cans de pasAutóctonas Galegas Número 14

toreo e como cans gardiáns. Porén, desde mediados do século XX, unha redución significativa da poboación rural e a introdución de razas estranxeiras puxérono en perigo de extinción. A fins da década de 1990, a Xunta de Galicia decidiu estudar a posibilidade de recuperar a raza e comezou a procurar exemplares superviventes. Así, describiuse un estándar de raza oficial, que permitiu un proxecto de recuperación dirixido a incrementar o número de individuos de Can de Palleiro. Ademais, no ano 2002 creouse o Club Raza Can de Palleiro, única entidade recoñecida pola Xunta para colaborar na recuperación, a mellora, a selección evitando a consan-

guinidade, o fomento, a difusión e a xestión do libro xenealóxico. Non obstante, ata o momento non existía ningún estudo sobre o comportamento do Can de Palleiro. Así, o obxectivo do presente traballo é avaliar as características temperamentais da raza mediante o uso de diferentes probas validadas cientificamente e co fin último de identificar problemas de comportamento e seleccionar os mellores reprodutores. O estudo foi levado a cabo polo Servizo de Etoloxía e Medicina do Comportamento do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, dependente da Facultade de Veterinaria de Lugo (Universidade


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.