AUTÓCTONAS número
14
A REVISTA DAS RAZAS AUTÓCTONAS GANDEIRAS GALEGAS
INVERNO 2021
MÚLTIPLES RECOÑECEMENTOS PARA AS NOSAS AUTÓCTONAS
A Federación de Razas Autóctonas de Galicia recibe o Premio Agader ao Desenvolvemento Rural
de promoc i
l
Os VII Premios Galicia Alimentación e os II Premios Lugo Cambia salientan o labor de Asoporcel Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural
e Asoporc e
N ov
ña
d ón
a ca m pa
20 ANIVERSARIO
CALDELÁ
CACHENA
FRIEIRESA
LIMIÁ
VIANESA
CABRA GALEGA
OVELLA GALEGA
PORCO CELTA
GALIÑA DE MOS
EDITORIAL
3
20 ANOS COMPROMETIDOS CON VÓS En 2021 cumpríronse dúas décadas do nacemento da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) e que mellor maneira de celebrar este aniversario que poñendo nas vosas mans un novo número de Autóctonas Galegas, no que recollemos unha representación do traballo desenvolvido ao longo destes 365 días. Con todo, tamén lle poñemos punto e final a un ano no que non só tivemos que seguir convivindo coa pandemia da covid-19 e os seus efectos senón que, para todos os que integramos a gran familia de Boaga, 2021 supuxo o adeus definitivo a dous compañeiros aos que botaremos moito de menos. José Blanco Blanco, máis coñecido como Pepe de Cimadevila, deixábanos a comezos do mes de maio. Presidente da Asociación de Criadores da Raza Bovina Vianesa (Vianega) e mais da propia Federación, o seu traballo a prol da recuperación das nosas razas nunca será esquecido, mais tampouco o serán a súa bondade e entrega aos demais, o seu sorriso perenne e a súa conversa agradable e enriquecedora. A quen tampouco esquerecemos é a Manuel Brito. Da súa casa de Olelas (Entrimo, Ourense) saíron a meirande parte das cachenas coas que o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia-Fontefiz iniciou a recuperación desta raza na década dos oitenta e, anos máis tarde, converteuse no primeiro presidente da Asociación de Criadores da Raza Bovina Cachena (Cachega). O número 12 desta publicación, no que conmemoramos os vinte anos da constitución das asociacións de criadores das razas bovinas, contén unha entrevista conxunta con Manuel e a súa muller, Rocío, na que contaban como foran aqueles inicios e o traballo man a man con Fontefiz. Convidámosvos a relela e que sirva como sentida homenaxe ao seu insubstituíble labor. A Pepe e a Manuel dedicámoslles o Premio Agader ao Desenvolvemento Rural 2021 na categoría de Sector Agrogandeiro que nos concedeu a Xunta de Galicia, un recoñecemento que pon en valor o traballo de gandeiros coma eles, responsables do mantemento do noso patrimonio xenético e natural, sen os cales a contribución de Boaga na defensa e potenciación das razas autóctonas en perigo de extinción sería, sinxelamente, imposible. A todos eles, parabéns! Este ano que remata tamén marcou a nosa volta á Semana Verde despois do parón de 2020 e, nas páxinas seguintes, atoparedes seis entrevistas feitas a criadores da raza Galiña de Mos, que nos contan a súa experiencia neste salón. A elas súmanse as entrevistas a Gemma San Pedro, criadora de Cabra Galega; a Xoán González, criador de Ovella Galega, e a Mario Nogueira e Ana Gómez, un matrimonio que cría becerros da raza Cachena para logo vendelos na súa carnicería do Barco de Valdeorras. Nos apartados máis técnicos da publicación incluímos un artigo centrado na normativa aplicable á comercialización de carnes dende as explotacións gandeiras ata o consumidor final e reproducimos unha conversa co director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e co subdirector de Gandería, Jorge Enrique Mourelo, sobre o recente logro sanitario de erradicación da tuberculose bovina acadado pola nosa comunidade. Ademais, facemos un repaso polas actividades de divulgación promovidas dende a Federación ao longo do ano. No apartado reservado á Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) poderedes consultar as súas actividades anuais, ademais de ler o seu artigo técnico sobre o proxecto Forescelta e mais as entrevistas realizadas no Salimat 2021 aos criadores Isabel Costas e Mario Rouco. Agardamos que lle saquedes proveito e desfrutedes de todo este variado contido ao que lle demos forma con moita dedicación e agarimo. Oxalá que a seguinte edición desta cabeceira sexa a primeira pospandemia e que nela recollamos novos éxitos a prol da consolidación das nosas razas autóctonas e dos seus produtos. Feliz 2022 a todos! Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural
11 14 INVERNO 2021
EDITA: FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA Fontefiz. 32152. Coles (Ourense) Teléfono: 634 54 86 00 Email: frag@boaga.es Web: www.boaga.es Presidente: José Manuel González Lamelas Secretario-tesoureiro: Lisardo López Blanco Vogais: M.a Hortensia Alonso Alonso, M.a Hortensia Rodríguez González, Francisco José Monasterio Solveira PRODUCE: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002. Lugo Teléfono: 982 22 12 78 Email: transmedia@ctransmedia.com Web: www.transmedia.es Tiraxe: 1.800 exemplares Depósito legal: LU 339-2007
SUMARIO ENTREVISTA Francisco Monasterio (Vilalba, Lugo)
4
Víctor Fontán (A Estrada, Pontevedra)
6
Sandra López (Láncara, Lugo)
8
Rubén Jordedo (Vila de Cruces, Pontevedra)
10
José Zapata (Castro de Rei, Lugo)
12
María José Castro (Vila de Cruces, Pontevedra)
14
Xoán González (Viana do Bolo, Ourense)
16
Gemma San Pedro (Guntín, Lugo)
18
Mario Nogueira e Ana Gómez (O Barco de Valdeorras, Ourense)
20
Isabel Costas (Carballedo, Lugo)
23
Mario Rouco (Muras, Lugo)
26
PORCO CELTA Forescelta: xestión de precisión en extensivo de gando porcino do tronco celta en bosques caducifolios iberoatlánticos
28
CAN DE PALLEIRO Estudo dos trazos de comportamento da raza autóctona Can de Palleiro
30
SANIDADE ANIMAL Erradicación da tuberculose bovina en Galicia
32
COMERCIALIZACIÓN Explotacións gandeiras e comercialización de carnes
37
NOVAS Novas Boaga
45
Novas Asoporcel 70
4
ENTREVISTA
FRANCISCO MONASTERIO CRIADOR DA RAZA GALIÑA DE MOS
“HOXE EN DÍA AVIMÓS É UN POUCO A VANGARDA DA AVICULTURA ARTESANAL EN ESPAÑA” Francisco Monasterio é o presidente da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós), da que foi socio fundador no ano 2001. A súa explotación chámase Aves do Concello e está situada na parroquia vilalbesa de Mourence. Isto foi o que nos contou durante a conversa que mantivemos con el na Semana Verde. Por que te decantaches pola Galiña de Mos? Na miña casa houbo galiñas de Mos sempre; de feito, eu teño fotografías de cando era pequeno con miña nai e con miña irmá nas que saen galiñas de Mos. Entón, cando saíu o tema de recuperar a raza, oito persoas tivemos a inquedanza de sacalo adiante, decidimos crear Avimós e, a partir de aí, chegamos ao que hoxe é a Asociación. Con cantos animais empezaches? Penso que empecei con doce galiñas e un galo e a evolución foi tremenda. Hoxe en día teño un REGA de avicultura artesanal para a cría tanto de galos para consumo Autóctonas Galegas Número 14
de carne como galiñas para posta, e dedícome a vender pitos, galos e ovos. Como é a cría destes animais? Esta é unha cría totalmente ao aire libre. As galiñas só están no galiñeiro para durmir. O resto do día pásano picando, pacendo, espollándose na terra… en fin, fan a vida toda fóra do galiñeiro. É rendible este negocio? Cando empezamos ninguén pensaba que se podía vivir disto; de feito, eu non vivo, pero hai xente que si o fai. Nos inicios, o que desexabamos era que unha raza que estaba en perigo de extinción se recuperase e os labores a seguir foron
participar en moitas feiras, concursos, exposicións… para que a xente a coñecese e puidese ter acceso a ela. Que se sente despois de todo o logrado? É un orgullo que levamos dentro porque é unha raza que, se non chegamos a estar nós nese momento, no ano 2001, eu penso que non existiría. Haberíaa nalgunha casa, pero non coma nestes momentos, que está por toda Galicia e por toda España. Que destacarías de todo o acadado ao longo destes anos? Agora o que hai é, quizais, unha profesionalidade máis grande. Temos cria-
ENTREVISTA
5
“DO QUE NÓS ESTAMOS ORGULLOSOS TAMÉN É DE CONSEGUIR METER OS GALOS NOS RESTAURANTES DE CERTA CATEGORÍA, POIS OS CONSUMIDORES VALORAN A CALIDADE DO PRODUTO”
dores cun REGA de avicultura artesanal, que si que se dedican a criar e a vender tanto ovos como carne, e despois temos un grupo de criadores, a maioría, que só teñen os seus animais para o seu propio consumo, como se tiñan antigamente. Conseguimos que a Administración nos autorizase uns minicentros de embalaxe de ovos para poder vender e marcar os ovos en calquera tipo de establecemento, tanto restaurantes como tendas, que foi un paso moi grande, e agora ultimamente o Goberno central permitiu as salas de matanza domiciliarias, as cales levabamos anos intentando conseguir, porque era unha cousa que estaba en funcionamento en toda Europa menos en España, e podemos dicir que desde Avimós fomos os pioneiros e os promotores de todo este tipo de iniciativas. Hoxe en día Avimós é un pouco a vangarda da avicultura artesanal en España, artesanal no sentido de animais de consumo, o cal para nós é un orgullo moi grande, porque cando empezamos no ano 2001 pouco sabiamos e andamos moito por España e polo estranxeiro para coñecer como funcionaba isto. Tamén me gustaría destacar que a Galiña de Mos foi a primeira raza autóctona en perigo de extinción considerada como tal polo Ministerio de Agricultura, e a ela seguíronlle moitas outras. Ademais, é a raza autóctona en perigo de extinción que máis animais ten entre todas as de España. Quero dicir con isto que pasamos dun nada a un abano moi grande, o cal tamén é un orgullo para Avimós e para todos os nosos criadores, evidentemente.
Cando empezaches a vir á Semana Verde? Eu levo participando desde que se empezou co tema das razas autóctonas. Cómpre destacar que a gran cantidade de animais que se distribuíron inicialmente por toda Galicia partiu de aquí, da Semana Verde. Aqueles primeiros anos vendiamos todos os animais que traïamos, ata 3.000 e 4.000 exemplares se teñen vendido nesta feira, o cal significa que eses animais se dispersaron por diferentes puntos de Galicia. Sen dúbida, para nós foi moi importante o tema da Semana Verde. Con que expectativas acodes esta vez? Este ano había que vir si ou si, porque é unha feira moi relevante e, ademais, para os gandeiros é importante estar aquí porque falamos uns con outros e comparamos os nosos animais, pois igual pensamos que os temos moi bos e resulta que a carón doutros non o son tanto, ou cremos que os temos moi malos e chegamos aquí e vemos que son bos. A Semana Verde é moi importante para a raza, porque aquí, ao fin e ao cabo, pasa moitísima xente de toda Galicia.
extensivo, estes animais producen unha carne totalmente distinta. Volvendo ao galo, cando eu era neno era un alimento que se consumía en vodas e demais celebracións pero, de repente, pasou a ser un alimento de consumo diario, o cal tamén é lóxico porque ninguén pode criar galos nove meses para poder vendelos, xa que saen moi caros. Con todo, unha cousa non quita a outra e do que nós estamos orgullosos tamén é de conseguir meter os galos nos restaurantes de certa categoría, pois os consumidores valoran a calidade do produto. E aquí en Tapirazas a xente pode coñecer e saborear todos estes produtos que nos brindan as nosas razas autóctonas.
Tapirazas marcou un antes e un despois respecto da vosa participación en Salimat. Que valoración fas desta iniciativa? O tema de Tapirazas foi un invento asombroso, marabilloso, porque demos a coñecer as nosas razas entre os consumidores. A xente coñecíaas de nome, pero non as coñecía de sabor, posto que, ao estar en Autóctonas Galegas Número 14
6
ENTREVISTA
VÍCTOR FONTÁN CRIADOR DA RAZA GALIÑA DE MOS
“A XENTE TEN MÁIS GANAS DE COMPRAR CA OUTROS ANOS E, EN XERAL, VÉN BUSCANDO CALIDADE” Outro dos criadores de Galiña de Mos co que falamos no transcurso da Semana Verde foi Víctor Fontán, propietario de A Granxa de Lola, situada en Arnois, no concello pontevedrés da Estrada. Víctor é xa un experimentado neste salón agroalimentario, pois leva acudindo con regularidade a Silleda dende hai oito anos.
Cando comezastes coa cría de Galiña de Mos e cantos animais tedes na actualidade? Empezamos a criar esta raza autóctona no ano 2014 máis ou menos e hoxe en día temos ao redor de trescentos animais en total (machos, femias e cría). Como xurdiu este proxecto? A explotación colleuna o meu sogro con dúas pitas; á miña muller e mais a min gustounos a actividade e empezamos a ter unhas cantas máis e agora pois estamos traballando ben. Autóctonas Galegas Número 14
Como é a cría destes animais? O día a día é moi complicado, porque é un animal que crece moi lento, que se fai en tres, catro e ata cinco meses e, no caso do macho, ata os dez meses non se mata, entón temos aí un período de tempo moi grande no que poden pasar moitas cousas, aínda que polo resto é moi forte. É un animal que non precisa estar encerrado; de feito, se o encerras sofre máis e é aí onde vén o perigo: pícanse os uns aos outros, danse casos de canibalismo, non comen ben e veñen as enfermidades. Porén, a Galiña de Mos soporta moi
ben as inclemencias meteorolóxicas, a choiva, o vento… No noso caso, á parte da cría desta raza, tamén temos horta, o que nos permite facer un circuíto entre ambas as actividades; o que non vendes porque está algo tocado vai para eles. Digamos que nos autoabastecemos e, nestes tempos que corren que está todo moi caro, é a única solución que hai. Que produtos vendedes? Vendemos galo e galiña para carne, galiña e pitos pequenos para vida e ovos. O noso produto estrela é o ovo.
ENTREVISTA Como facedes a comercialización? Os ovos lévollelos eu persoalmente aos clientes en furgoneta e a carne vai a través do matadoiro, é dicir, é o matadoiro quen nos fai a repartición entre os clientes, cos que contactamos nós previamente. Agora estamos pendentes de que a Administración nos autorice os matadoiros artesanais nas explotacións para poder matar e distribuír nós o produto. Cal é a tipoloxía dos vosos clientes? De todo, dende particulares ata hoteis de cinco estrelas. Movémonos no ámbito autonómico, sobre todo pola zona de Vigo, Cangas, Pontevedra e algo na área de Santiago. Traballamos con tendas delicatessen, con herboristerías e con establecementos hostaleiros e de restauración. De que maneira fostes evolucionando en canto a vendas? Ao longo destes anos, clientes que empezaron con cinco ducias de ovos agora están levando 27-30 á semana e incluso traballamos cunha tapería que nos está demandando máis dun cento de ducias á semana, así que nestes momentos non podemos coller a ninguén máis; de feito, estes días pasaron polo stand persoas da Coruña, de Lugo, incluso algunhas de Portugal e de Francia, interesadas nos nosos produtos ás que lles tivemos que dicir que agora mesmo non as podemos abastecer. É que, ademais, este ano tivemos moita mortaldade na explotación por ataques de aguias e de xinetas, estamos a falar de perdas de douscentos e pico animais, e iso tamén inflúe moito na oferta. Atopastes algunha solución para facerlles fronte a estes ataques? A solución é moi difícil, por non dicir imposible, porque, ao non haber xente no rural que teña animais, céntranse na
7
nosa explotación e é moi difícil paralos. A solución sería que houbese máis explotacións; así, polo menos, os ataques estarían máis repartidos. Outra alternativa non hai porque hoxe en día a fauna silvestre está moi protexida, non se lle pode tocar. Con que obxectivo acudides á Semana Verde? Dende que empezamos a vir a esta feira, hai xa uns oito anos, a nosa finalidade sempre foi a mesma: darlles visibilidade aos nosos bos produtos de raza galega no ámbito autonómico, estatal e tamén de fóra, europeo. Empezamos primeiro abaixo [refírese ao pavillón de gandería] coa venda de pitos e despois, haberá cinco ou seis anos, viñemos para aquí, para o de Salimat. Agora abaixo temos só uns galos de exhibición e nada máis. Notastes algunha diferenza este ano con respecto a outras edicións da feira? Polo de agora, o que notamos é que a xente ten máis ganas de comprar ca outros anos e, en xeral, vén buscando calidade. Os consumidores estanse dando conta de que pagando un pouco máis teñen máis calidade e iso fai que a demanda se incremente. Neste tempo de pandemia a xente tamén aforrou máis ao non poder saír ou facelo con menos frecuencia, co cal ten máis diñeiro e iso tamén se nota, xa que non é coma outros anos, que viñan polos postos a ver que podían levar de balde para a casa. No que vai de mañá estiven con persoas da Coruña, de Lugo, de Santiago e de Pontevedra que viñan directos a mercar produto. E xa non falamos soamente de tendas, senón de particulares que fan a compra aquí e piden que llela mandemos á casa. Este é o gran cambio que estamos notando.
“AGORA ESTAMOS PENDENTES DE QUE A ADMINISTRACIÓN NOS AUTORICE OS MATADOIROS ARTESANAIS NAS EXPLOTACIÓNS PARA PODER MATAR E DISTRIBUÍR NÓS O PRODUTO”
Que vantaxes vos achega o selo 100% Raza Autóctona? Este selo certifica que o teu animal é de pura raza galega, non coma outros que din que o son cando en realidade non é así. Digamos que é unha garantía para o consumidor e a xente valórao moito. Acudides a máis feiras ou tedes algunha outra estratexia para dar a coñecer os vosos produtos? A nós o que mellor nos funciona é o boca a boca e non imos a máis sitios porque nestes momentos temos máis demanda que oferta, non temos máis que vender. Como valorades o papel de Boaga á hora de darlles promoción ás nosas razas? O seu papel é fundamental tanto a nivel veterinario como administrativo para darlles visibilidade aos nosos produtos e ás nosas razas; de feito, sen eles non existiriamos. Implícanse moito e botan máis horas das que deberan, por iso lles debemos dar as grazas a todos eles. Autóctonas Galegas Número 14
8
ENTREVISTA
SANDRA LÓPEZ CRIADORA DA RAZA GALIÑA DE MOS
“O CONCEPTO ACTUAL DE SLOW FOOD É O QUE MELLOR DEFINE O TRABALLO QUE NÓS FACEMOS” Sandra López iniciouse na cría de Galiña de Mos no ano 2014 e, desde 2016, non falla á súa cita anual coa Semana Verde, á que se refire como unha plataforma superútil e interesante para darse a coñecer entre os consumidores e, en xeral, entre a poboación galega. A súa explotación, Granxa Aeiroá, atópase no concello lucense de Láncara. Por que te decantaches pola Galiña de Mos? No meu caso en particular temos un vínculo importante coa terra polo traballo que fixeron os meus antepasados antes ca min na casa, así que queriamos manter ese nexo e un xeito adecuado de facelo pareceunos que podía ser a través de produto galego. Entón empezamos a buscar por Internet e nas redes sociais e demos con Boaga e coas diferentes razas autóctonas en perigo de extinción e, de entre todas as que hai en Galicia, pareceunos que, para empezar, a que máis nos encaixaba polas instalacións e a extensión que tiñamos era a Galiña de Mos. Autóctonas Galegas Número 14
Cando puxeches en marcha a explotación? Empezamos a criar animais ao redor do ano 2014 e, a día de hoxe, andamos sobre as cen galiñas, cincuenta para reprodución, para poder seguir criando, e cincuenta para a venda de ovo, que hai moita demanda porque é un produto moi valorado gastronomicamente. Ademais, estamos cebando ao redor de douscentos ou douscentos cincuenta animais ao ano para a venda de carne.
poder comercializar a súa carne, requiren moito tempo cunha alimentación natural, estar sempre fóra e dispoñer de grandes espazos, se é posible con verde. No noso caso plantamos horta para darlles a eles, tanto verza como hortalizas e, se hai excendente de tomate ou algo así tamén llelo damos; ademais botamos un pouco de trigo e, en definitiva, baseámonos nunha alimentación totalmente natural, en telos en extensivo e en crialos moi lentamente e con moito agarimo.
Como é a cría destes animais? Eu creo que o concepto actual de slow food é o que mellor define o traballo que nós facemos. Son animais que, para
Pero agora non só tedes galiñas… Efectivamente. Agora estamos empezando a meter algo de Ovella Galega por diversificar un pouco as razas coas que
ENTREVISTA
9
“NÓS NON É QUE TEÑAMOS UNHA GRAN PRODUCIÓN EN CANTO A NÚMERO DE ANIMAIS, SENÓN QUE INTENTAMOS APOSTAR UN POUQUIÑO MÁIS POLA CALIDADE E POLO AGARIMO QUE LLE POÑEMOS AO TRABALLO QUE FACEMOS”
traballamos. Nós non é que teñamos unha gran produción en canto a número de animais, senón que intentamos apostar un pouquiño máis pola calidade e polo agarimo que lle poñemos ao traballo que facemos. Compaxinas esta actividade con algunha outra? Eu son profesora e teño unha pequena academia no rural, entón compaxino a actividade docente coas pitiñas. A min isto encántame! Oxalá puidese dedicarme a isto en exclusiva porque me apaixona. Gústame moitísimo tanto o traballo no campo cos animais coma este tipo de plataformas como na que estamos agora, onde facemos un pouco de piña co resto dos compañeiros de diversas razas autóctonas para comercializar, para darnos a coñecer e para explicarlle un pouco á xente que, aínda que temos una produción pequeniña, nós tamén estamos aquí facendo algo que é moi guay e que está moi rico, que paga a pena probalo!
Canto tempo levas vindo á Semana Verde? Creo que o primeiro ano que vin foi o 2016 e propuxéronmo desde a asociación de criadores. Eu levaba dous ou tres anos criando Galiña de Mos, pero dun modo máis humilde, así que dalgún xeito necesitaba un pequeno impulso para poder comercializar máis; entón os técnicos recomendáronme esta plataforma, na que participamos todos xuntos e na que todos empurramos polos mesmos intereses. Creouse o logotipo 100% Raza Autóctona, que tamén nos axuda tanto individual como conxuntamente a comercializar mellor os nosos produtos, e aí foi onde empecei a vir. Dados os resultados do primeiro ano, que foron moi bos, repetimos todos os seguintes. Con que expectativas acodes esta vez? O primeiro que traio, e non falo só por min senón por todos os meus compañeiros, son moitas ganas. Xa nos apetecía vernos, ver a xente, un pouco volver a este ritmo
que tanto necesitabamos para saír do bucle da covid-19, que nos ten aterrados e quietiños nas casas. En xeral, as miñas perspectivas son as mesmas de cada ano: facer promoción, darnos a coñecer, ver a xente e ver o feedback que ten co noso produto. Eu considero que vai ser unha plataforma moi boa para que a xente saiba como facemos o traballo que facemos e que nos vai axudar a retomar un pouco o camiño da normalidade que tanto estamos desexando todos recuperar. Á parte da presenza neste tipo de feiras, realizas alguna outra acción de promoción dos teus produtos? Ademais de participar noutras feiras de alimentación á parte de Salimat, tamén facemos promoción en feiras con animais vivos para a venda para vida. Así mesmo, traballamos con algún pequeno negocio da nosa zona cos que facemos sinerxía, pois eles dannos publicidade a nós e nós a eles, e logo fago repartición de tarxetas, temos redes sociais e pouco máis. Autóctonas Galegas Número 14
10
ENTREVISTA
RUBÉN JORDEDO CRIADOR DA RAZA GALIÑA DE MOS
“HAI QUEN DI QUE A GALIÑA DE MOS PON MENOS, PERO A MIN DÁME IGUAL, PORQUE OS OVOS SON DE MELLOR CALIDADE” No lugar de Penagudín, en Vila de Cruces (Pontevedra), atópase a explotación de Galiña de Mos Granxa Pitagudín, da que se ocupa Rubén Jordedo, un mozo amante das razas autóctonas e de todo o que teña que ver con Galicia e co mantemento do noso medio rural e as nosas tradicións. Por que te decantaches por esta raza? Eu xa levaba anos criando pitas e, ademais, na miña casa sempre houbo algunha Galiña de Mos que tiñan os meus avós. Un día decidín aumentar a cantidade, porque eu estou comprometido cos animais autóctonos, cos produtos autóctonos e con todo o que teña que ver coa nosa terra e cos nosos costumes. Son moi teimudo niso e sempre vou tirar nesa liña; de feito, hai quen me di que a Galiña de Mos pon menos, pero a min dáme igual, porque os ovos son de mellor calidade. Autóctonas Galegas Número 14
Canto tempo levas con esta actividade? Empecei xusto antes do inicio da pandemia, así que haberá dous anos, máis ou menos. Eu traballo nunha fábrica de queixos, pero na miña casa, ata hai uns anos, sempre houbo vacas e eu vía fincas arredor que estaban sen traballar e polas que incluso había que pagar para mantelas. Foi a raíz diso que decidín poñerme coas galiñas, facer aquí a granxa e adecuar unhas parcelas para dedicalas a esta actividade. Cantos exemplares tes na actualidade? Uns cento vinte en total.
Como é a cría destes animais? A cría iníciase coa incubación do ovo, é dicir, as galiñas poñen os ovos e nós incubámolos ata o nacemento dos pitiños; logo alimentámolos con millo que cultivamos na propia finca e, se non nos chega, mercámosllelo aquí a uns veciños que sabemos que o botan da mesma forma ca nós. Ademais, a miña nai traballa nunha panadería e dámoslles pan que trae ela, así como restos de queixo que traio eu, e basicamente esa é a súa alimentación. Na época de posta si que lles suplementamos con algo de penso, pero a alimentación
ENTREVISTA está baseada no que nós plantamos e tentamos que sexa o máis natural posible. As nosas galiñas están en total liberdade, abrímoslles á mañá e á noite van para dentro cando elas queren. Están ás súas anchas. Témolas divididas en tres grupos: o de reprodutoras, o de poñedoras e o de crecemento. Dispoñemos de 6.000 metros cadrados de superficie e cada grupo está nunha zona. Á súa vez, cada unha desas zonas está dividida en tres tramos para que as pitas vaian rotando e teñan verde todo o ano e bichiños dos que alimentarse. Que produtos comercializades? Nós comercializamos basicamente ovos. Si que sae algún galo de cando en vez, pero o que máis traballamos é a venda de ovos. Nesta época final do ano, que baixa a posta, sacamos unha media de cincuenta-sesenta ducias semanais e o resto do ano andaremos sobre as cen ducias á semana, aproximadamente. Como facedes a comercialización? Vendémoslles directamente a clientes particulares e tamén colaboramos con restaurantes da zona e con tendas gourmet do Deza, da Coruña e de Narón. A nós gústanos traballar sen intermediarios, porque así sempre temos o feedback do consumidor, e tanto lles levamos nós os ovos á casa como veñen eles á granxa buscalos. Cal é o perfil dos vosos clientes? Son clientes que valoran que sexa un produto autóctono e que se decantan máis pola calidade que pola cantidade. Cómpre destacar que a xente que proba os nosos produtos sempre repite e iso é algo que se agradece. Axuda en algo o logotipo 100% Raza Autóctona? Claro que axuda, é moi importante. Que un produto teña o logotipo 100% Raza
11
“OS NOSOS CLIENTES VALORAN QUE SEXA UN PRODUTO AUTÓCTONO E DECÁNTANSE MÁIS POLA CALIDADE QUE POLA CANTIDADE”
Autóctona é unha garantía de calidade alimentaria, pero non só iso senón que con este selo se está apoiando un traballo de recuperación duns costumes e de todo o que implica o rural e as nosas razas. Os consumidores valoran cada vez máis este logo distintivo do noso, o que todos deberiamos apoiar, porque detrás deste selo atopámonos pequenos produtores que penso que estamos a facer un labor importante na defensa e mantemento do noso medio rural. A deste ano foi a túa primeira vez na Semana Verde. Como resultou a experiencia? Moi boa. É unha feira que, para darlles visibilidade ás razas e aos seus produtos, está moi ben, así que oxalá se siga facendo moitos anos máis e, sobre todo, con tanta afluencia de xente. Que che parece a iniciativa Tapirazas? Paréceme marabillosa, pois é un xeito moi bo de dar a coñecer os alimentos das nosas razas, alimentos cen por cen galegos. Que veña xente dicindo que probou o ovo de Galiña de Mos en Tapirazas e lle gustou moito e que logo cho veñan pedir a ti, significa que é un traballo moi ben feito.
Botades man dalgunha outra ferramenta para darlles visibilidade aos vosos produtos? Estamos na asociación Slow Food Compostela, que digamos que funciona de intermediaria entre pequenos produtores e establecementos de restauración e nos leva a feiras e a eventos que organizan en colaboración coa Xunta de Galicia. Nós estamos indo máis que nada aprender e coller ideas, pois estamos empezando e tampouco temos un obxectivo fixo. Tamén temos Facebook e Instagram, onde mostramos o noso traballo e os nosos produtos. É rendible este negocio? Oxalá puidésemos vivir disto, pero ata o de agora témolo por afección e, se se pode sacar para manter as instalacións e algo máis a maiores, pois caralludo! Para vivir non dá, pero serve como difusión das nosas razas e da nosa cultura. Que valoración fas do traballo de Avimós e de Boaga? Para nós foi fundamental meternos na asociación; de feito, se non contactásemos con eles hoxe seguramente non teriamos os animais que temos, así que estamos encantados. O apoio de Diego é esencial, sempre está pendente de todo, está dispoñible a calquera hora e respóndeche calquera dúbida, é unha marabilla. Autóctonas Galegas Número 14
12
ENTREVISTA
JOSÉ ZAPATA CRIADOR DA RAZA GALIÑA DE MOS
“A MELLOR PROMOCIÓN DA RAZA É O PRODUTO, É ELA MESMA” A granxa de avicultura artesanal de José Zapata chámase Chousa do Lea e está situada en Castro de Ribeiras de Lea, no concello lucense de Castro de Rei, do que se considera orixinaria a raza Galiña de Mos. A continuación reproducimos a conversa que mantivemos hai uns días co actual vicepresidente de Avimós. Por que te decantaches por esta raza? Porque na miña casa sempre houbo estas galiñas, nunca deixou de habelas. Entón, cando a Xunta promoveu o programa de recuperación de razas autóctonas, eu vin unha nota de prensa que poñía que se alguén tiña Galiña de Mos, ou lle parecía que a tiña, que chamase a un número de teléfono que facilitaban e iso foi o que fixen. Uns días máis tarde presentouse na miña casa Diego Rois, o actual director técnico de Avimós. Mirou os animais que eu tiña naquel entón, confirmoume que si eran de raza e faloume sobre o programa de recuperación de razas, onde se incluía a Galiña de Mos, da cal el era o encargado de localizar animais por todo o territorio galego. Unha vez rematado ese traballo de busca de exemplares, Diego ponnos en contacto a todos Autóctonas Galegas Número 14
os propietarios e explícanos o proxecto futuro de recuperación da raza que el quería desenvolver. Ao pouco tempo, constituímos formalmente a asociación de criadores, Avimós, da que son socio fundador número seis e actualmente vicepresidente. A partir dese momento o que nós fixemos foi defender a raza seguindo sempre as pautas que o profesional nos marcaba, neste caso Diego. Certo é que nos custou moito chegar ata onde estamos hoxe, xa que había bastantes problemas de consanguinidade e a raza xa empezara a dexenerar, pero Diego foi quen de seleccionar animais que fomos intercambiando entre os socios para evitar estes problemas e continuar coa pureza de raza tal como se merece.
Cantos animais tes na actualidade? É importante especificar o que é posta, o que é recría e o que é ceba, así que poñamos que entre todo o conxunto hoxe andaremos polos catrocentos animais, cando partiamos de pouco máis de media ducia. Como é a cría da Galiña de Mos? A cría é fácil se se lle dá o que necesita: boa alimentación, boas camas (instalacións adecuadas, que estean secas…) e o cariño que lle hai que dar a calquera animal. No caso da alimentación quero destacar cousas que me parecen importantes para esta raza de cara a obter un bo produto final. Nós cultivamos variedades autóctonas de trigo e de millo; no caso do trigo, optamos polas variedades Callobre e Caaveiro, que achegan proteínas que non achega outro trigo que se
ENTREVISTA
13
“NÓS NON FACEMOS PRODUTO CAMPEIRO, PORQUE O PRODUTO CAMPEIRO É UNHA COUSA E O PRODUTO CRIADO AO AIRE LIBRE É OUTRA TOTALMENTE DIFERENTE, POIS DÁ UNHAS GARANTÍAS MOITO MELLORES QUE O QUE SIMPLEMENTE TEN A ETIQUETA DE CAMPEIRO”
poida traer de fóra, e, no caso do millo, decidinme pola variedade Aranga, que é a que máis enerxía lles proporciona aos animais. Ademais, poñemos sobre 4.000 pés de horta todos os anos, que lles damos ás galiñas á parte do verde que comen elas no campo ao estar en liberdade. Tamén me gustaría resaltar que nós non facemos produto campeiro, porque o produto campeiro é unha cousa e o produto criado ao aire libre é outra totalmente diferente, pois dá unhas garantías moito mellores que o que simplemente ten a etiqueta de campeiro.
Como facedes a comercialización? O máis directa posible, pois a min gústame coñecer a xente que vai consumir o produto. Movémonos no mercado local: tendas de barrio, establecementos hostaleiros e particulares.
Que produtos comercializades? Comercializamos todos os produtos que poden saír desta raza, é dicir, o galo, que na nosa explotación non sacrificamos ata os nove ou dez meses, a pularda, o polo e a galiña, ademais de capóns por encarga e ovos.
Cantos anos levades acudindo á Semana Verde? Case non recordo xa cando foi o primeiro ano que viñemos, porque foi practicamente dende que se fundou a asociación de criadores. Nos inicios asistiamos con animais vivos, xa que daquela aínda non
Axuda en algo o logotipo 100% Raza Autóctona? Ao consumidor si que lle axuda, claro está, xa que grazas a este logo sabe que ao mercar ese produto está apoiando non só a un criador, a un gandeiro, senón que está promovendo que esa raza autóctona continúe viva.
existía o Salón de Alimentación do Atlántico, pero dende o momento no que se empezou a facer Salimat estivemos presentes todas as edicións. Como vos axudou no desenvolvemento do voso negocio? Pois penso que este tipo de feiras son un bo trampolín para dar a coñecer os produtos da raza e mais a raza en si e para encontrar xente interesada na compra do produto. Para nós é unha feira de relacións, comercial e divulgativa da raza. Acudides a outras feiras ou botades man doutras ferramentas para a promoción dos vosos produtos? Temos participado en varias feiras locais, en feiras de artesanía etc. expoñendo os nosos produtos e dando a coñecer a raza. Tamén teño Facebook, pero a mellor promoción da raza é o produto, é ela mesma. É rendible este negocio? As nosas explotacións están baseadas nun decreto de avicultura artesanal e ese decreto limítanos a produción anual. Co número máximo de animais que recolle a normativa non se pode vivir disto unicamente, pero si é un complemento importante aos ingresos da unidade familiar. Para poder vivir desta actividade teriamos que deixar o de artesanal e irnos á cría industrial, unha modalidade na que non hai límite de animais, é dicir, o número vai en relación á capacidade das instalacións, pero tamén é importante resaltar que un produto industrial nunca vai ter as mesmas características de calidade que un artesanal. Autóctonas Galegas Número 14
14
ENTREVISTA
MARÍA JOSÉ CASTRO CRIADORA DA RAZA GALIÑA DE MOS
“EU SON DA ANTIGA USANZA, GÚSTAME FACER AS COUSAS COMO AS FACÍAN AS NOSAS AVOAS, DO XEITO MÁIS ARTESANAL POSIBLE” O anterior traballo de María José non lle permitía pasar todo o tempo que quería cos seus fillos, daquela aínda en idade escolar. A raíz desa circunstancia decidiu probar sorte no rural e desenvolver un proxecto ao redor da Galiña de Mos e as súas producións. Hoxe en día vive unicamente da súa explotación de avicultura artesanal Castro de Madrosende, situada en Toiriz, no concello pontevedrés de Vila de Cruces. Como te introduciches nesta actividade? O meu proxecto xorde nun momento no que eu tiña nenos en idade escolar que requirían moito da miña presenza e a confección, que era o sector no que traballaba, estaba daquela maneira, así que, como a min sempre me gustou o rural, apostei pola Galiña de Mos e máis concretamente polo ovo. Durante dous anos compaxinei as dúas actividades, pero logo chegou un momento no que tiña de decidirme por unha cousa ou pola outra e decanteime por isto. Por que apostaches pola raza Galiña de Mos? Decidinme por ela porque é unha raza en perigo de extinción e porque non quería algo industrial senón artesanal. Eu digaAutóctonas Galegas Número 14
mos que son da antiga usanza, gústame facer as cousas como as facían as nosas avoas, aínda que realmente é imposible, pero intento ir nesa liña, facer as cousas do xeito máis artesanal posible. Cando empezaches? Empecei no ano 2012 a tempo parcial e, desde o 2014, dedícome a isto a xornada completa. Cantos animais tes na actualidade? Nestes momentos ando nuns seiscentos exemplares en total. Cómpre explicar que teño dous REGA, porque a normativa da avicultura artesanal nos limita moito a produción anual e cun só non me chegaría; entón teño unha explotación na casa e outra moi preto e procuro
case sempre ter o cupo completo tanto de galiñas para a posta de ovo como de animais para a ceba. Como é a cría destes animais? No meu caso, os poliños non nacen aquí senón que os traio cun día de vida. Téñoos encerrados aproximadamente un mes ou mes e medio comendo penso de arranque e a partir de aí empezan a saír ao aire libre e introdúceselles outro tipo de alimentación. Basicamente é unha cría ao aire libre; ábrolles pola mañá e están sobre herba ata a noite, que dormen cerrados. A alimentación é a base de cereais, millo que recollo eu na explotación e trigo, ademais de verza e outras hortalizas que haxa en cada momento.
ENTREVISTA Que produtos comercializas? Comercializo ovo e carne de galo. No caso do ovo, agora [finais de ano] estamos saíndo da peor época para a posta e sacamos unha media de cinco ducias ao día, pero en épocas mellores podemos chegar ata as oito ducias. No caso da carne de galo, a idade mínima de sacrificio que fixa a normativa para ser considerado galo é de oito meses, pero eu espero ata os nove ou dez porque, canto máis vello, mellor é a carne. Antes de que dera comezo a pandemia o galo estaba saíndo de marabilla durante todo o ano, pero esta situación significou un parón importante, xa que a restauración se viu moi afectada e eu dependo dela ao 90 %. Como fas a comercialización? Basicamente, eu fago venda directa a restaurantes de alto nivel. Os ovos colócoos case todos en Madrid e a carne, no ámbito galego. Os establecementos cos que colaboro distínguense pola súa aposta pola calidade e por traballar con produtos de proximidade e da terra. Cantos anos levas acudindo á Semana Verde e por que? Creo que levo indo desde que empecei nisto. Comezamos a asistir porque desde a Asociación nos animaban a participar e para min foi unha grande exposición pública. É unha maneira moi sinxela de darte a coñecer e de facer negocio a través das relacións que xorden no stand. Aínda que sempre resulta interesante ir á Semana Verde, certo é que houbo anos que fun sen ter produto que ofrecer porque, por sorte, xa tiña todo colocado. Hai veces que acodes porque necesitas facer novos contactos e hai outras que o fas por arrimar o ombro e remar todos xuntos na mesma dirección.
15
“ANTES DA PANDEMIA O GALO ESTABA SAÍNDO DE MARABILLA DURANTE TODO O ANO, PERO ESTA SITUACIÓN SIGNIFICOU UN PARÓN IMPORTANTE, XA QUE A RESTAURACIÓN SE VIU MOI AFECTADA E EU DEPENDO DELA AO 90 %”
máis palpable de achegarse ao produto, de saber o que é, así que me parece unha opción estupenda. Certo é que tamén depende un pouco do cociñeiro encargado das elaboracións, pero con Antonio Díaz, que é quen está á fronte do restaurante nos últimos anos, está sendo un éxito porque é capaz de quitarlle o máximo partido a cada produto. Acodes a algunha outra feira ou sérveste doutras ferramentas para darlle visibilidade á túa produción? Fun unha vez a Etiqueta Negra, o ano que empezou, pero non volvín porque non precisaba facer contactos nese momento, e tampouco boto man de ningunha outra ferramenta porque, afortunadamente, teño toda a produción colocada. É útil o logotipo 100% Raza Autóctona? Si que resulta de utilidade porque a xente, ás veces, compra de xeito visual, é dicir, como que a presenza do selo fai máis atractivo o produto para o público en xeral. Logo tamén hai un determinado público para o que este selo é un indicativo de calidade; son consumidores que teñen máis claro o que queren, que é a
calidade. Con todo, eu vexo que conviven os dous perfís. É rendible este negocio? No meu caso si, que vivo del, obviando esta época de pandemia, pero hai que dedicarlle o día completo, os sete días á semana e os 365 días do ano. Esperemos que a situación sanitaria mellore e poidamos volver pronto á normalidade. Que valoración fas do traballo de Boaga? Valoro moi positivamente o labor de divulgación das razas que levan a cabo; sen eles ninguén nos coñecería e seguramente nin existiriamos en moitos casos. Ademais, dependemos totalmente deles en canto a temas veterinarios, libro xenealóxico, certificación, temas administrativos etc. Estás satisfeita co estilo de vida que elixiches? Si, ao cen por cen. Dedícolle moitas horas pero, a cambio, non teño horario e son a miña propia xefa, así que non o cambiaría por nada. A día de hoxe, para min sería impensable outro traballo, aínda con todos inconvenientes que este poida ter.
Como resultou esta última edición? Resultou sorprendentemente ben. Supoño que as ganas que todos tiñamos de volver á normalidade despois de toda a situación xerada pola pandemia axudaron, pero o certo é que a xente estaba moi receptiva ao produto autóctono, cando outros anos teño notado un certo menosprezo aos nosos produtos por unha parte dos visitantes. Que che parece a iniciativa Tapirazas posta en marcha dende Boaga hai xa uns anos? Paréceme un acerto total. Tapirazas é a mellor maneira de dar a coñecer as razas autóctonas en xeral porque é a maneira Autóctonas Galegas Número 14
16
ENTREVISTA
XOÁN GONZÁLEZ CRIADOR DA RAZA OVELLA GALEGA
“COA OVELLA GALEGA CONSEGUÍN TER MENOS ENFERMIDADES, MENOS TRABALLO E UNHA CARNE DE MOITA MÁIS CALIDADE” O ourensán Xoán González, nado en Vilariño de Conso, apostou por vocación pola gandería hai sete anos e, a día de hoxe, mantén no concello veciño de Viana do Bolo unhas 450 ovellas galegas que forman o rabaño de Granxa A Ciruxana. Falamos con el de como é a súa cría, das bondades da súa carne e dos piares da súa comercialización. Como te adentraches nesta profesión? Na miña casa había vacas e vendéronse as últimas cando tiña catro anos, pero o meu avó atendía algún prado e eu sempre ía con el. Gustábame o tema xa daquela. Cando rematei o bacharelato, fixen o Ciclo Superior de Dirección e Xestión de Empresas Agropecuarias e, ao finalizar, co apoio familiar, empecei a comprar ovellas e a arrendar algunhas terras. Cando vin que me gustaba e que isto tiña futuro, pedín a incorporación e empecei a funcionar. Considérome gandeiro por vocación. Autóctonas Galegas Número 14
Por que te decantaches por esta raza? Hai sete anos que formei a granxa, pero con outras razas, con ovellas castelás e algún cruzamento. Nin o sabor nin a calidade da carne era o que eu buscaba e os animais non se adaptaban ao meu manexo nin aos meus terreos. Tiven un montón de problemas con enfermidades, moitísima carga de traballo… ata que comecei coa Ovella Galega. Con ela conseguín ter menos enfermidades, menos traballo e unha carne de moita máis calidade. Nós notámolo na casa. Antes, coas cas-
telás comiamos dous cordeiros no ano e, desde que temos Ovella Galega, é raro que no mes non comamos medio cordeiro. O sabor é excelente, entón… nótase a diferenza. Como foron os inicios? Empecei cun lote de 200 ovellas e os inicios foron moi duros, porque, a pesar de ter o ciclo, a formación foi toda centrada no vacún de leite intensivo e tiven que aprender a base de proba e erro. Asistín a varios cursos e aprendín a facer o manexo rexenerativo e a traballar
ENTREVISTA programando os pastoreos con cercas eléctricas. Así fun reducindo a carga de traballo. Agora estou moi contento e lévoo moi ben, teño calidade de vida; pero os primeiros tres anos foron moi duros. Cantos animais tes na actualidade? Hoxe en día teño 450 ovellas. Que manexo desenvolves? Despois de formarme con algúns cursos de pastoreo rexenerativo, empeceino a aplicar. Este procedemento consiste en imitar o movemento das mandas dos animais da sabana, que se moven en grandes grupos para protexerse dos depredadores. Fago o que lle chaman altas cargas instantáneas con parcelas diarias. Divido o terreo en parcelas con pastor eléctrico para cada xornada e iso supón que as ovellas pastorean moi xuntas, co que aumentan a materia orgánica do solo, porque o deixan moi fertilizado; melloran os pastos, porque aproveitan todo, sen sobrepastorear as parcelas, e, con todo, aumenta a produtividade. De que extensión de terreo dispós? Xestiono sobre unhas setenta e cinco hectáreas. As ovellas están fóra sempre, en extensivo total. Como fas a xestión reprodutiva? Fago concentración de partos, para ter un parto grande na primavera, a finais de abril ou maio, e, a partir deste ano, vou dividir o rabaño para que unha parte paira en outubro, para vender para o Nadal. O ideal para producir é xestionar os partos para a primavera, porque hai
máis pasto e é moito máis barato. A intención de facer o parto no outono para vender no Nadal é que hai moita demanda e se obtén un prezo moito mellor para os cordeiros. Aínda que a produción pode saír algo máis cara, compensa porque hai moita venda. Como é o carácter destes animais? Non son ovellas tranquilas, como outras razas. Son ovellas que teñen enerxía, que corren, así que para manexalas fan falta cans cun carácter máis duro. Teño dous border collies para pastorear e tres mastíns adultos, máis outros catro que estou criando para protexerme do lobo. Críanse desde pequeniños con elas e xa se consideran parte do rabaño. Supoñen os ataques do lobo un problema importante para a túa explotación? Nesta zona non temos moitos ataques; porén o máis importante contra o lobo é o traballo dos mastíns e tamén axudan as cercas eléctricas e as barbacanas que usamos, que son uns anacos de tela que colgamos nas cercas e que se moven co aire. O lobo, que é moi desconfiado, sempre sospeita ao ver ese movemento e dálle certo medo. Ante este tema, pediría que a Xunta interveña, que lexisle para que os mastíns poidan estar soltos, que asuma os gastos de manter os mastíns e que se paguen todos os danos a lucro cesante coa maior brevidade posible. Como xestionas a comercialización da carne? Agora mesmo o volume é pequeno porque estou recriando todas as femias e só vendo os machos, ao redor de cen
17
cordeiros ao ano. Estou traballando, sobre todo, a venda directa e o resto vai a maioristas. Como están os prezos no mercado? Os prezos que pagan os maioristas son vergonzosos, un roubo a man armada. Coa venda directa, a xente proba o cordeiro e, se responde, non adoita ter problemas polo prezo. A venda directa é a maneira de vender a uns prezos medianamente xustos. Botas man dalgunha ferramenta para a promoción dos teus produtos? Como máis clientes se fan é a través do boca a boca, pero tamén utilizo as redes sociais e vou a feiras, como Xantar ou a Semana Verde. Que apoios recibes por parte de Asovega? O asesoramento técnico, a xestión do libro xenealóxico e todo en canto á publicidade á hora de vender: trípticos da raza, bolsas, stands nas feiras… Pagamos moi pouco para todo o que se recibe. Estás satisfeito con este xeito de vida? Eu estou moi contento. Penso que o rural é o lugar idóneo para vivir e ter unha familia, para criar uns nenos. Aposto moito pola calidade de vida, por poder librar algúns días e deixar alguén que lles bote un ollo aos animais ou que lles abra para cambiar de parcela. Así, o traballo lévase moi ben. Animo a xente a que se dedique a isto, que é unha vida moi bonita. Ao principio é dura, pero, unha vez que a explotación vai adiante e te organizas para ter esa calidade de vida, pódese vivir moi ben.
“A PARTIR DESTE ANO VOU DIVIDIR O RABAÑO PARA QUE UNHA PARTE PAIRA EN OUTUBRO E VENDER PARA O NADAL, QUE HAI MOITA DEMANDA E SE OBTÉN UN PREZO MOITO MELLOR PARA OS CORDEIROS”
Autóctonas Galegas Número 14
18
ENTREVISTA
GEMMA SAN PEDRO CRIADORA DA RAZA CABRA GALEGA
“SE VOLVESE NACER CEN VECES, CEN VECES SERÍA CABREIRA” Cabuxa Natur é o nome da explotación de caprino en ecolóxico posta en marcha en 2011 pola barcelonesa Gemma San Pedro en Borreiques, no concello lucense de Guntín. Conversamos con ela sobre as orixes do proxecto, o manexo das cabras e o seu día a día, así como sobre a comercialización dos cabritos e as claves de rendibilidade do negocio. Como xorde este proxecto? Presentáronseme na vida estes recursos [refírese ao terreo] e, tras barallar varias posibilidades de que proxecto podería pór aquí en marcha, escollín o do gando caprino, pois considerei que era o que mellor se adaptaba á forma en que quería producir, sen depender da compra de insumos externos e en maior equilibrio cos recursos que tiña aquí. Estabas ligada ao campo con anterioridade? Para nada. Eu nacín en Barcelona e vinme vivir a Lugo xa de grandiña, pero sempre estudei en relación co campo e co monte. Como foron os inicios? Empecei de moi negativo… Isto era peor que unha xungla e, como digo sempre, despois de once anos no cero estou agora, que é cando empezo a ver os froitos do meu traballo. Ata este momento o pouco que xera, porque a rendibilidade deste negocio é un fío moi fino, tíveno Autóctonas Galegas Número 14
que volver investir en pechar fincas, encalar, rozar…, pero agora véxoo todo moito máis positivo, estou do cero cara arriba! Por que te decantaches pola Cabra Galega? É que non concibo traer unha raza doutra rexión! Por lóxica, o animal que mellor se vai adaptar é o autóctono de aquí e a verdade é que, a medida que fun recriando, si fun notando diferenzas entre as mestizas e as puras no sentido de dureza ante unha ferida ou unha infección, de que son moi boas nais… Con cantos animais empezaches e cantos tes agora? Empecei cun rabaño que trouxen de Celanova de 170 animais, dos que seis eran de Cabra Galega, e na actualidade teño uns 300, dos que uns 225 son puros. Como é a cría destes animais? Pois moi complicada e moi dura. Non é fácil sacar un cabrito adiante e tampouco
o é levalo á fase adulta; require moitísimo tempo, esforzo e sacrificio. A cabra ten a fama de ser moi dura e de que se pode ter en calquera sitio comendo o que sexa, pero nada máis lonxe da realidade, e sanitariamente tamén son moi delicadas, hai que ter moito control e estar moi enriba delas. Coas cabras sempre hai que actuar en prevención; se vas cando xa está mal, esquécete. En que se basea o teu sistema de produción? Depende da época do ano en que nos atopemos. Neste momento [falamos con Gemma a mediados de novembro] xa vendín toda a produción e xa teño a recría que vou incorporar ao rabaño, así que agora é mantemento. Estou en réxime semiextensivo: recollo os animais para durmir, xa que se os tivese fóra probablemente tería moitas máis baixas por ataques, e, polo día, ata primeira hora da tarde están dentro das fincas, no pasto, e pola tarde facemos pastoreo no monte, porque para a cabra é imprescindible comer vexetación leñosa.
ENTREVISTA Canto tempo pasades no monte? Dúas ou tres horas, depende do que queiran andar. Realmente non sei en que momento comen, porque o delas é correr e coller un pouquiño de aquí e outro pouquiño de alá, e cando empeza a baixar o sol volvemos para a casa e déixoas na nave. Cara a finais de agosto e setembro apenas hai pasto pola seca estival, polo que necesitamos moitas máis horas de monte, e así imos controlando, porque a estes animais non os suplemento nin con penso nin con cereais nin con nada. E os cabritos, tampouco os suplementas? Tampouco. Críanse co leite da nai e con pasto, xa que desde que teñen un mes e pico xa van ao monte. Como fas a xestión reprodutiva? Fago programación de partos porque cando máis esixencias nutricionais ten a cabra é no momento de parir e mentres está aleitando os cabritos; entón procuro que iso pase na primavera, cando o pasto está en plena produción. Ademais, nesa época os días son máis longos para xestionar eu os partos, xa que paren fóra sempre e, en lugar de irme moi lonxe para que coman no monte, tiro máis de pasto. De que extensión de terreo dispós? A base territorial é de preto de 50 hectáreas, das cales teño 35 a pradeira e logo hai zonas forestais. E de que instalacións? As instalacións non son o máis rechamante aquí. Empecei facendo o peche, que é moi importante; teño todo cercado e electrificado para que os animais non escapen e tamén para impedir a entrada da fauna salvaxe, aínda que o raposo segue entrando. Logo, simplemente teño uns cubertos para protexelas da choiva e neles teño uns comedeiros con herba seca, que lles dou sobre todo nesta época de primavera de outono que se produce este verde.
Como é o carácter destes animais? Hai de todo e depende moito do criador. Se che coincide criar algunha a biberón, vas ter un cadeliño, pero á maioría só as colles cando nacen para identificalas e, se nunca máis as volves tocar, entón xa están como máis salvaxes. Pero as cabras non funcionan como animais individuais senón como rabaño, e aí si que son animais que se guían moi ben con axuda dos border collies. Cantos cans precisas para manexar o rabaño? Agora mesmo teño tres border collies. Estes cans son superintelixentes e indispensables para calquera que queira ter un rabaño. E logo teño cinco mastíns e outro encargado para protexer os animais dos ataques do lobo, que levaba tres anos moi tranquila, pero agora vólvoos ter. Supoñen estes ataques un problema importante para a túa explotación? Sen dúbida, supoñen un problema moi grande. O último tíveno hai tres días, a dez metros de min, cando apareceron dous lobos e colleron unha cabra. Foi cousa de segundos, porque xa foron os cans a por eles e soltárona, pero está ferida e a ver como vai recuperando. Que volume de vendas manexas? Veño criando sobre douscentos cabritos e cabritas. Máis ou menos, a metade son femias e a outra metade son machos. Os machos van todos para sacrificio, excepto algún que queda para reprodutor, e as femias que non recrío eu intento sempre vendelas para vida. Como xestionas a comercialización da carne? No meu caso é todo venda directa e encárgome eu de todo: lévoos ao matadoiro e recólloos, fago o papelorio, lévollos ao cliente… Como distribúes as vendas ao longo do ano? Ao ter os partos programados, os cabritos empezan a nacer a finais de marzo e vendo
19
ata o mes de outubro. Moita xente pregúntame como non teño cabrito para o Nadal, pero é que co meu sistema de produción é case imposible e non o vou cambiar, porque a miña experiencia me di que os partos no inverno son un desastre, xa que non hai o pasto que ten que haber para que a cabra produza leite suficiente e o cabrito medre. Con que peso adoitas vender os cabritos? Vou tendo unha media de 7-8 kg aos dous meses. Ao principio a xente si que me pedía que o cabrito fose pequeno por medo ao bravío, esas lendas urbanas que hai, e agora, en cambio, dinme: ‘Pero non o terás de 13 kg?’. Botas man dalgunha ferramenta para a promoción dos teus produtos? Non, de nada. Aquí é todo o boca a boca da xente, clientes que quedan contentos, repiten e recoméndante a outros. Que apoios recibes por parte de Capriga? Sobre todo o control dos reprodutores para evitar a consanguinidade. Sen a Asociación dariamos paus de cego; en cambio, se está controlado, non te atopas sorpresas de que che nazan cabritos con cousas raras, e á vista está, que de seis cabras teño agora duascentas e pico. Comentabas antes que para sacarlle rendibilidade a este negocio hai que fiar moi fino. Cales son as claves? No meu caso, eu vivo disto; con todo, as axudas da PAC son indispensables, porque o que saco dos cabritos digamos que me dá para soster a explotación, pero sen ter en conta o meu soldo. Para min tamén é importante non depender nada de insumos de fóra; só gasto en desparasitar, en vacinar e nos seguros. No momento no que tivese que empregar maquinaria ou traer penso e cereais, estaría perdendo diñeiro e tería que tomarme o negocio doutra maneira. Estás satisfeita con este xeito de vida? Completamente. Se volvese nacer cen veces, cen veces sería cabreira. Si que me gustaría ter un pouquiño de tempo libre e desconectar, porque eu vou durmir e sigo soñando coas cabras. Cando as trouxen, a miña idea era metelas na finca e vir de cando en vez, pero estaba totalmente equivocada porque pasaron tres meses e xa non había nada que comer, entón tiven que empezar a saír con elas. Eu nunca pensei en ser pastora e hoxe que non me falte un día de ir ao monte, que me poño insoportable!
Autóctonas Galegas Número 14
ENTREVISTA
20
ANA MARÍA GÓMEZ E MARIO NOGUEIRA CRIADORES DA RAZA CACHENA
“UNHA DAS RAZÓNS POLA QUE CRÍO A CACHENA É PORQUE TEÑO UNHA CARNICERÍA. É UN PRODUTO BASTANTE EXCLUSIVO” Mario Nogueira é un amante das razas autóctonas e desde hai tres anos, xunto á súa muller, Ana, e agora co seu fillo Raúl, decidiu comezar coa cría da raza Cachena. A súa explotación divídese entre as provincias de Lugo e Ourense, posto que unha das explotacións está en Petín e os terreos onde pastan as vacas están en Quiroga. Ademais, contan con carnicería propia no Barco de Valdeorras desde hai vinte anos. Por que decidistes apostar pola Cachena? ANA: Porque é unha raza escrava para estar no monte e a nós interésanos iso, xa que na casa non temos sitio para ter moitos animais. Ademais, na carnicería, a súa carne ten moita demanda porque é moi saborosa. MARIO: Empezamos hai tres anos; primeiro, porque é unha vaca que me gusta de maneira visual e segundo, pola rusticidade de onde foi criada. Véxoa diferente ao resto. Ademais, somos a única Autóctonas Galegas Número 14
carnicería da zona que vendemos este tipo de carne e iso é un atractivo para a xente, xa que está moi demandada.
para comer. Cando hai vacas para parir controlámolas por se hai algún problema e as temos que baixar para a casa.
Como é o manexo destes animais? A: Están todo o ano no monte e comen do que hai por alí, agás dous meses no inverno, que son máis duros e dámoslles palla e herba nun cerrado que temos preparado cun comedeiro. Tamén de vez en cando pasamos a darlles uns tacos de penso, pero iso máis ben é porque queremos, xa que no monte teñen moito
Cal é a idade de sacrificio dos animais? A: Ao redor dos sete meses. É unha raza pequena, entón non os podes matar aos cinco meses como outros becerros de leite porque non dan rendemento. Nós, aos cinco meses, máis ou menos, baixamos as crías para unha cuadra e facemos dous meses de engorde a base de cereais (trigo, cebada, millo...), herba e algo de penso.
ENTREVISTA
21
Por que apostastes por abrir a carnicería? M: Eu son fillo de carniceiros, toda a miña familia vive diso. Desde que morreu meu pai, nos anos 90, empecei a traballar neste oficio e xa no 2000 me puxen como autónomo da miña propia carnicería. Estiven noutras localizacións e nesta que temos agora levamos uns catro anos. Tendo a carnicería da vosa propiedade, que vantaxes ofrece a venda directa? M: Unha das razóns pola que crío a Cachena é porque teño unha carnicería. É un produto bastante exclusivo e que ten unha alta demanda. Temos clientela de toda a comarca e incluso de fóra. A venda directa desta carne para a carnicería é un valor engadido, xa que é un produto de moita calidade que non ten un mercado saturado e para a gandería, o feito de que non haxa intermediarios, é unha vantaxe. Todo o que producimos vendémolo aquí, agás algún lote que despachamos para vida por toda España. Unha vez que chegue ao número de cabezas que quero, xa empezarei a comercializar algunha máis. Ademais da Cachena, tedes outras razas autóctonas á venda? M: Eu sempre apoiei as razas autóctonas; de feito, tiven Limiá e Vianesa. Á parte diso, son un pouco especialista das razas autóctonas do norte de Portugal, de razas como a Barrosa, a Mirandesa ou a Miñota. Vendo animais dese tipo para vida por toda España e na carnicería tamén teño; hoxe mesmo hai Mirandesa. Tamén temos algo de Porco Celta na época de matanzas; comprámoslle a Atilano, un produtor da zona. Vendemos produtos frescos e curados tamén. Isto quere dicir que xa traballaches con outras razas autóctonas... M: Eu empecei a miña gandería no mundo dos bois, vendín moitos para o País Vasco para o arrastre de pedras, sobre todo da raza Vianesa. Cando arrinquei con isto, ninguén quería saber dos bois, porque consideraban que non eran rendibles. Empecei con bois de traballo, que agora aínda teño, e despois veu o boom dos bois de carne. Unha vez que te coñecen, todo é máis fácil e ese foi o meu caso, gañei un nome en canto á venda destes animais e outras razas e xa me chamaban para obter a mercancía. O consumidor aprecia que teñades o selo 100% Raza Autóctona? M: Eu creo que si. Somos operadores desde hai dous anos e isto, de cara á clientela, sérvenos para certificar que temos produtos de calidade.
Como valorades o traballo de Boaga? M: O traballo de Boaga hai anos que está feito. A xente recoñece as razas autóctonas grazas ao seu labor. Detrás do selo que nos dan aos operadores hai un traballo de anos; non é só un selo, é moito máis. Chegar a vender un produto destes no mercado ten un escaparate máis limitado que outros e aínda así abrimos camiño grazas a eles. Por exemplo, na miña comarca non hai ningunha carnicería que teña o selo nin que ofreza eses produtos. Están facendo un traballo ben feito e continuo por nós. Ademais do traballo que realiza Boaga para a difusión, que promoción facedes vós? M: Levo xa anos utilizando as redes sociais e a través delas chego a toda España. Asistimos a moitas feiras e eventos e agora procuro darlle visibilidade á raza. Estou criando animais para poder ensinar alá a onde vou. Tamén estamos no catálogo de Fauna y Acción e por iso os meus animais chegaron a participar nun anuncio de Gucci ou na serie inglesa Doctor Who. Este catálogo ofrécelles ás produtoras que están buscando animais para os seus traballos unha listaxe e eles seleccionan os que encaixan no seu proxecto. Eu entrei pola beleza dos animais que teño. Como repartides as tarefas entre a carnicería e a explotación? M: Pois non tendo días libres, nin sábados nin domingos. Principalmente eu estou aquí (na carnicería) polas mañás e polas tardes na gandería. Agora contamos coa axuda do meu fillo e dalgún amigo que tamén lle gusta isto e imos
tirando así. Na explotación, na primavera, se non vas un día non pasa nada. Ademais, téñoas controladas por GPS para saber por onde andan. Hai un ano tivestes un problema serio co lobo. Cal é a solución que atopastes? A: Faltáronnos uns trinta becerros e chegamos a pensar en desfacernos da gandería porque non había maneira de solucionalo, pero demos cuns mastíns e a verdade é que nos deron moi bos resultados. Desde que os temos, non faltou ningún. M: Eu xa me vía aburrido, porque cada vez que paría unha vaca, desaparecía a cría, ademais os lobos non deixan nin os restos. As vacas paren, danlle de mamar e xa a deixan para que se defenda ela soa. Se tes un centenar de vacas, non podes estar todos os días mirando e apartándoas, aínda así fíxeno e tratei de encerrar os becerros e abrirlles para que fosen onde as nais mamar, pero non medraban do mesmo xeito. Fun a León e un rapaz vendeume tres cans adultos, logo trouxen outra cadela tamén adulta. Solteinos e ata hoxe. Tiven a sorte de atopalos así, porque un can que estea preparado así non se consegue en dous días. Se os tivese que criar e domesticar para estar no monte levaríame uns dous anos e eu non daría soportado a explotación con este problema. Eu tiña moitas dúbidas cos cans, porque o monte é moi grande e as vacas están en varios lotes polo monte, pero é incrible o traballo que fan, xa que non paran. Agora estou criando para a xente que os queira, posto que para nós foi unha solución moi boa. Sabemos que aínda segue habendo unha manda pola zona, pero polo momento non nos faltou ningún, ou iso cremos. Autóctonas Galegas Número 14
22
Á parte de todo isto, tamén amestrades bois. Como xestionades isto? M: Toda a miña familia amestrou bois e eu crieime con iso. Cando empecei hai vinte anos, meu tío díxome que estaba tolo, que xa ninguén tiña bois, mais hoxe resulta que ata me chamaron dunha escola agraria de Cataluña para que lles fose dar un curso de manexo de animais. É algo que cada vez está máis demandado para todo tipo de eventos e ata traballos. Eu sempre digo que o futuro está no pasado, xa que agora volven moitas cousas e unha delas é isto. Agora chámanme de moitos sitios. A: Eu metinme neste tema por axudarlle a Mario. Eu non me criei entre animais, só cando estaba con miña avoa, pero cando empezamos o proxecto aprendín para poder botarlle unha man. Ao principio ía aos actos el só cunha parella, pero empezaron a demandarlle máis, entón precisaba máis xente e así empecei. Cada vez están máis demandados. Agora fanse moitas cousas, xa non só festas, que tamén aumentaron, senón desfiles doutro tipo. Está claro que na pandemia tivemos un parón neste eido, porque non había ningún tipo de evento e os animais seguían comendo, pero agora xa estamos volvendo a recuperar a normalidade pouco a pouco. Dedicádeslle moito tempo? A: Menos do que deberiamos. Antes un animal estaba todo o día en mans dos gandeiros e xa se amansaba só. Agora tes que coller un tempo para iso. Hai que dicir que o proceso de amestralos é o cariño, iso é fundamental. Hai moitos animais que por moito que o intentes e tempo que lle dediques non valen para isto. Teñen que ser animais tranquilos para que non che dean unha sorpresa, para iso tamén é preciso acariñalos a diario e canto máis, mellor. M: Cos bois, como con calquera outro animal, o período de ensinanza é ao principio e, cando empezas, ten que ser continuo, é dicir, non podes ir un día dúas horas e volver á seguinte semana. É preferible que vaias todos os días unha media hora; unha vez que os tes domados, xa está. Considerades que son rendibles estes negocios? M: A carnicería si, é do que vivimos. A explotación, por circunstancias, non teño as axudas principais e estame custando un pouco. Eu vou tratar de seguir, porque o meu obxectivo é que sexa rendible sen as axudas, pero telas sería un respiro. Autóctonas Galegas Número 14
ENTREVISTA
Nós estamos nunha zona con moito problema de incendios, que estaba totalmente abandonada, e creo que o labor que fan as vacas está pouco valorado. No meu caso todo son problemas e trabas, ao igual que para moitos gandeiros. Eu levo toda a vida nisto e é o que me gusta, a miña vocación é ser gandeiro e por iso sigo loitando. Sendo realista, non tería vacas, pero non quero renderme. As axudas, no voso caso, serían poder respirar máis tranquilos... M: Si, iso está claro. Na zona na que estamos parece que todo son problemas. As subvencións deberían ser para quen fai un labor, é dicir, teño 500 ha e preto de 100 vacas que viven e comen alí, poderíase dicir que en ecolóxico, xa que lle achego algo de comida, pero o resto aliméntanse do que hai no monte. Que máis xustificación queren para a PAC? Deberían facer os trámites máis reais. Eu estou no límite entre dúas provincias e teño dúas instalacións que están a uns dez quilómetros unha da outra, pois tamén teño trabas para dar de alta unha nova instalación. Eu quería ter a mesma explotación con dúas localizacións, se estivesen no mesmo municipio non tería nada que facer, pero así non podo.
“ESTAMOS NUNHA ZONA CON MOITO PROBLEMA DE INCENDIOS, QUE ESTABA TOTALMENTE ABANDONADA, E CREO QUE O LABOR QUE FAN AS VACAS ESTÁ POUCO VALORADO”
Gustaríavos que os vosos fillos seguisen nisto? M: Ambos foron criados nisto. No tema dos bois teñen unha vantaxe, que non hai moita xente que o faga. Nese eido van ter máis facilidades para poder seguir mantendo esa tradición activa. Teño un fillo que está para incorporarse e o primeiro que precisa para seguir nisto é unha estabilidade territorial. Vendo os intereses que hai nisto, dá medo. Ti ves un monte abandonado que non vale para nada, pero, de repente, todo son intereses. Poño un exemplo: alguén ve que un señor está cobrando unha subvención case sen facer nada, pois ao final métese no negocio por conseguir a subvención, ve que precisa terreo e métese na túa zona e aí xa tes un problema. No noso sistema de traballo o futuro non é fácil.
ENTREVISTA
23
ISABEL COSTAS CRIADORA E COMERCIALIZADORA DA RAZA PORCO CELTA A TRAVÉS DA COOPERATIVA TRES FUCIÑOS
“CO MODELO COOPERATIVO TEMOS A POSIBILIDADE DE FACER MOITA MÁIS FORZA NA DISTRIBUCIÓN, NA PROMOCIÓN… E PERMÍTENOS VIVIR MELLOR” Nunha entrevista no seu stand en Salimat 2021, díxonos Isabel Costas (Carballedo, Lugo) que ela é unha emprendedora no rural, e non é para menos. Dende que comezou co seu proxecto vencellado ao agro galego en 2012, xa puxo en marcha unha horta ecolóxica e unha explotación de Porco Celta e formou parte da creación de Tres Fuciños, a primeira e, polo momento, única cooperativa de Porco Celta. Dende cando es produtora de Porco Celta? Comecei a criar Porco Celta en 2016 e en 2018 foi cando fundamos a cooperativa, da que son socia e actualmente presidenta. Dende entón, ao igual que acontece con todos os socios de Tres Fuciños, todos os produtos derivados dos animais que crío elabóranse a través dela.
Como comezou o teu interese por esta raza? Vivo e traballo no rural e sempre digo que son emprendedora no rural dende 2012. Empecei ese ano facendo horta ecolóxica (Froitos da Horta A Ruliña) e, en 2016, debido a que nos sobraba moito produto, comecei coa economía circular: os sobrantes que quedan
de limpar as verduras lévollelos aos porcos. Poderíase dicir que o motivo de comezar con esta raza foi aproveitar eses restos. Con cantos animais contas na actualidade? A día de hoxe teño uns 50 animais e, a maiores, conto con 6 reprodutores.
Autóctonas Galegas Número 14
24
ENTREVISTA
A verdade é que, se tivese máis tempo para atendelos, buscaría ter un volume maior. Cantos socios integrades a cooperativa Tres Fuciños? Formamos parte da cooperativa 9 socios –e estamos abertos a recibir novos integrantes–. Estamos distribuídos por toda Galicia, dende Carballedo (Lugo), que é onde está a miña explotación, ata A Cañiza, Arzúa, Ordes... Estamos repartidos por todo o territorio galego. Realizades todas as etapas do proceso? Así é. A través da cooperativa facemos toda a cadea dende que nacen os animais nos nosos montes ata que o produto chega ao consumidor final, pasando polos procesos de sacrificio, despezamento, elaboración e transformación, distribución… Como comercializades a vosa produción? Dende maio de 2020, a través de Mercaproximidade, da Xunta de Galicia, estamos traballando moito con todos os Alcampo galegos. Comercializades todo a través da mesma canle? Non. Tamén traballamos con restaurantes e tendas gourmet de toda Galicia (unhas 12 tendas e entre 15 e 20 restaurantes) e vendemos directamente a particulares de toda a comunidade (estimamos que estaremos chegando a uns 300 clientes galegos por esta vía). Ademais, cada vez traballamos máis no resto do país e, agora mesmo, estamos enviando os nosos produtos a Barcelona, Valencia, Murcia, Sevilla, Guipúscoa…
Autóctonas Galegas Número 14
“PARA MOITAS EMPRESAS O ÚLTIMO ANO E MEDIO FOI MOI DURO, PERO O CERTO É QUE NÓS ESTAMOS MOI SATISFEITOS. FOINOS BEN”
Como xestionades o tema do transporte? Para a repartición por Galicia temos, dende agosto, un furgón propio con frío (empezamos traballando con empresas de transporte, pero parecíanos que non era o suficientemente efectivo). Para o resto de España si que non nos queda outra máis que envialo por mensaxería: se é produto fresco, vai en furgón con frío e, se non, nun corrente.
Todo o produto comercializado provén dos socios da cooperativa? A inmensa maioría, si, pero o certo é que hai picos nos que chegamos a tal nivel de demanda que temos que mercarlles produto a outros socios de Asoporcel que, aínda que non forman parte de Tres Fuciños, sabemos que teñen un produto de calidade e para nós son colaboradores de confianza.
Tedes un volume de cliente final moi alto. Que perfil teñen? Hai de todo. E hai xente que chega de nova, pero tamén hai moitos aos que coñezo dende hai moito. A min a experiencia dime que a xente lle merca á persoa, que o comercio de proximidade ten cada vez máis peso… Eu cando montei a explotación de Porco Celta contei co apoio de moitos clientes que xa me coñecían pola horta ecolóxica e a día de hoxe seguen confiando nos produtos que comercializamos a través da cooperativa.
Como valoras a túa experiencia cooperativista? A nós estanos funcionando. Penso que o modelo cooperativo dá todo beneficios. Por exemplo, eu, cando empecei, traballaba só con restaurantes e atopeime co problema de que me dicían que non había continuidade no produto, non daba abasto para servilos a todos. Evidentemente, ao xuntarnos varios criadores, o traballo en equipo dáche a posibilidade de facer moita máis forza na transformación, na distribución, na
ENTREVISTA
25
“A XENTE TEN QUE ENTENDER QUE SE O RURAL NON VIVE, AS CIDADES NON VAN VIVIR”
promoción… e, claro, tamén nos permite vivir moito mellor. Logo é unha vía na que ten que seguir afondando o sector? Sen dúbida. Para min é ao que deberiamos aspirar. Este xeito de criar e comercializar é moito máis vantaxoso que traballar de forma independente e teño moi claro que, se nos unísemos todos –e non che falo só dos gandeiros de Porco Celta, senón de calquera raza, de calquera área agrogandeira–, o noso sector tería moito máis valor. Notastes moito o impacto da pandemia no volume de vendas? Sabemos que para moitas empresas o último ano e medio foi moi duro porque tiveron que parar as súas producións, pero o certo é que nós estamos moi satisfeitos porque, en xeral, nos foi ben.
En setembro volvestes ás feiras e fixéstelo asistindo á Semana Verde, unha das máis importantes da comunidade. Xa había ganas delas? Pois si, a verdade é que si. Estar presentes nunha feira como a Semana Verde para nós é importante porque a xente nos vai coñecendo, imos facendo marca...
Como emprendedora rural, dirías que hai futuro laboral no agro galego? Claro que si. Creo que sobre todo a raíz da crise de 2020 o rural se vai ir pouco a pouco revitalizando. A xente ten que entender que se o rural non vive, as cidades non van vivir. Entón eu penso, e agardo, que o rural vaia mellorando, si.
Antes da pandemia asistiades a este tipo de eventos? Si. Dende 2018 estamos traballando neste sentido e vemos que xa temos clientes que nos buscan habitualmente nas feiras. Creo que para calquera empresa pequena é importante estar nestes eventos, fagas máis ou menos. Sempre é un escaparate para darte a coñecer.
E… hai que pasarse ao Porco Celta? Evidentemente! Pásate ao Porco Celta porque criamos os animais en liberdade nos montes galegos –no meu caso, por exemplo, o monte que temos é de 15 hectáreas de carballos e de castiñeiros–, a súa graxa é saudable e os produtos que conseguimos son fabulosos. Son todo vantaxes!
Autóctonas Galegas Número 14
26
ENTREVISTA
MARIO ROUCO CRIADOR E COMERCIALIZADOR DA RAZA PORCO CELTA A TRAVÉS DE CÉLTICO
“A NOSA INTENCIÓN É SEGUIR MEDRANDO E, PARA PODER FACELO, ESTAMOS INTENTANDO TRABALLAR DENDE A BASE, CON PRODUTORES” En plena pandemia botou a andar Céltico, a empresa coa que o criador de Porco Celta Mario Rouco (Muras, Lugo) comezou a comercializar os seus produtos da raza. Malia a paralización do país nos primeiros meses, a aposta de Rouco foi un éxito e, menos de dous anos despois, xa pensa en ampliar o volume de produción para poder facer fronte á demanda cada vez maior dos consumidores. Así nolo contou nun encontro no seu stand do Salimat 2021. Dende cando traballades coa raza Porco Celta? Empezamos como produtores de Porco Celta hai 5 anos. Despois vimos que podiamos pechar o ciclo e animámonos tamén coa comercialización. De cantos animais dispoñedes? Agora mesmo oscilamos entre os 40 e os 50 animais. Témolos divididos en lotes por idades (3 meses, 6 meses e 9 meses). E dende cando comercializades? Empezamos coa pandemia, no mesmo trimestre: da covid empezouse a falar Autóctonas Galegas Número 14
en febreiro e nós comezamos en xaneiro do mesmo ano. Con que tipo de clientes traballades? Dirixímonos fundamentalmente a tendas gourmet e a pequenos operadores e distribuidores, e vainos ben, dentro do nivel de demanda que ten a raza.
tenda, para ter unha persoa de man que vendese os nosos produtos en distintas áreas. A partir de aí fomos ampliando, fomos facendo unha roseta, ata que chegamos ás grandes cidades. Aí temos un pequeno problema de loxística e temos que meter pequenos distribuidores, xogar doutra maneira.
En que zonas estades vendendo? Fixemos unha análise previa do mercado, sobre todo pola zona onde producimos, para que nos quedase preto por loxística e, en función diso, comezamos a traballar en distintos municipios, cada un deles cunha
Criades ou comercializades algunha outra raza? Tempo despois de empezar co Porco Celta interesámonos tamén polo labor que facía Puraga coa raza Cabalo Galego. Tiñamos excedente da parte máis graxa do porco
ENTREVISTA
27
e agora estámolo aproveitando para facer un salchichón que é 80 % poldro de Cabalo Galego e 20 % porco. Ten boa acollida este produto? Botou un tempo estancado, pero agora estanos funcionando bastante ben, sobre todo en vendas arredor do Camiño de Santiago. Vemos que o merca xente que ten moito aprecio polos equinos (cataláns, italianos...) e que chega aquí fundamentalmente polo Camiño. Que perspectivas tedes a medio prazo? A nosa intención é seguir medrando e, para poder facelo, estamos intentando traballar dende a base, é dicir, con produtores. Estamos estudando que capacidade teremos para os próximos meses en función da marxe que teñen eles para provernos de animais e dos que temos nós en propiedade, e parécenos que os números van cadrando, polo menos atendendo ao volume de vendas que temos a día de hoxe. Iso é o que nos permite pensar en ampliar un pouquiño máis, pero tamén é certo que é algo que imos vendo mes a mes, porque hai factores que non podemos controlar. Imaxina que viñese agora unha nova vaga da pandemia... Iso volveríanos paralizar. Botastes a andar nunha época complicada… Que valoración facedes do negocio neste tempo? Agora mesmo, segundo os datos que temos enriba da mesa, coa demanda que temos vemos que non imos ter porcos suficientes para cubrir toda a demanda da campaña de Nadal. Iso xa o di todo. Imos cunha tendencia cara arriba e esperamos que a xente nova se anime a montar explotacións para que a raza poida seguir medrando.
“GUSTARÍANOS ANIMAR OS CONSUMIDORES A QUE RETOMEN A VOLTA ÁS FEIRAS, PORQUE SE ESTÁN CELEBRANDO CON SEGURIDADE E NON HAI MOTIVOS PARA VIR CON MEDO”
Que problemas vedes detrás da falta de incorporación de máis gandeiros? Aí temos a problemática da burocracia, non só para montar unha granxa, senón tamén para outra serie de cousas. Penso que aínda hai algunhas limitacións que nos impiden ser todo o competitivos que poderiamos. E cres que o estilo de vida rural ten dificultades para atraer os máis novos? Agora mesmo eu diría que é máis por temas burocráticos que non por vivir no rural en si, porque a pandemia atraeu moita xente a este mundo, pero é que para vivir aquí calquera persoa quere ter un valor engadido e facilidades, non trabas. Estivestes presentes na Semana Verde de Galicia 2021. Era a vosa primeira vez con stand, verdade? Xusto. Era a primeira, porque ao comezar ao tempo da pandemia aínda non tiveramos ocasión de participar neste tipo de eventos e, máis que para a venda directa
en si, gustounos a experiencia para coñecer o ambiente e estudar posibles novas vías de comercialización. Logo a intención é seguir estando presentes neste tipo de eventos? Sempre que poidamos e nos conviden, a nós ídesnos atopar en calquera feira a partir de agora –e a moitos compañeiros das autóctonas, tamén– porque é unha base importante para darse a coñecer, máis aínda para pequenas empresas como a nosa. A afluencia de público foi boa? Foi mellor do agardado, a verdade. Así e todo, gustaríanos seguir animando os consumidores a que retomen a volta a este tipo de eventos, porque se están celebrando con seguridade para todos e creo que non hai motivos para vir con medo. Nós estaremos encantados de recibilos.
Autóctonas Galegas Número 14
PORCO CELTA
28
INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN NA RAZA PORCO CELTA
G.O. FORESCELTA: XESTIÓN DE PRECISIÓN EN EXTENSIVO DE GANDO PORCINO DO TRONCO CELTA EN BOSQUES CADUCIFOLIOS IBEROATLÁNTICOS
A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) forma parte do Grupo Operativo Forescelta, un proxecto supraautonómico destinado á execución de estudos innovadores no manexo das razas porcinas de tronco celta en Galicia e Asturias en condicións de manexo extensivo mediante o uso de sistemas automatizados e dixitalizados. Fomentar prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dentro dos sectores agrícola e forestal, levando a cabo actividades que mitiguen o cambio climático, é o obxectivo central da iniciativa. O pastoreo de gando nos montes é unha práctica ancestral, que inclúe ao gando porcino e foi especialmente importante na zona iberoatlántica. A diminución de efectivos dende a década dos 50 foi menor no caso do tronco mediterráneo (que ocupa a metade oeste e sur da península ibérica), favorecendo a conservación en réxime extensivo ou semiextensivo dun número significativo de individuos debido á importancia económica dos produtos que se obteñen destes. Neste senso, hai numerosos estudos do tronco mediterráneo, o seu medio forestal, as Autóctonas Galegas Número 14
devesas e as relacións entre eles, onde se tratan múltiples aspectos do medio ambiente, do manexo do gando, da produción e da calidade de carne. Pola súa parte, sobre os ecosistemas caducifolios atlánticos existen traballos que tratan sobre diversos aspectos destes, como chans forestais, a autoecoloxía do carballo e do castiñeiro, a silvicultura e a produción forestal, a composición florística e a produtividade do sotobosque en masas naturais… pero os estudos sobre o efecto do pastoreo de porcos neste tipo
de ecosistemas son escasos e, ademais, os poucos traballos que hai son sobre animais criados en réxime intensivo ou semiextensivo e con alimentación ad líbitum.
AS POSIBILIDADES DE CRÍA DO PORCO DE TRONCO CELTA, UN CAMIÑO PARA EXPLORAR
En Galicia e Asturias, o número de explotacións de porco do tronco celta está a aumentar, pero existe un notable descoñecemento das posibilidades destes sistemas silvopastorís e das relacións destes
PORCO CELTA
29
coa calidade das súas carnes. Dentro deste campo, atópase a procura de sistemas que permitan unha xestión tecnolóxica das piaras, diminuíndo o tempo necesario que o gandeiro dedica ao seu control e á súa alimentación, á vez que se destina terreo forestal a estes fins, o que favorece a calidade do produto final. Ademais, a redución do impacto ambiental é buscada con maior afán. Na actualidade, a mellora dos sistemas de seguimento, alimentación e control dos animais pode permitir subministración de penso individualizado a cada porco, un incremento da produción, animais con peso máis homoxéneo e un maior rendemento por parte do gandeiro, que necesitaría destinar menos tempo a eses traballos e podería dedicar o resto da xornada a outras actividades da explotación. Iso suporía a posibilidade dunha redución de custos, a través do control da inxestión que permitiría un aproveitamento maior do penso, un incremento no ingreso por explotación e unha maior e continua oferta de produtos no mercado, que, xunto a outros produtores, podería xerar un incremento do valor do produto final.
PRODUTOS DE CALIDADE DIFERENCIADA
O presente proxecto supraautonómico entre Galicia e Asturias coas razas Porco Celta e Gochu Asturcelta propón o estudo de sistemas silvopastorís de frondosas para lograr produtos de calidade diferenciada mediante o emprego de recursos propios que permitan prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dentro dos sectores agrícola e forestal, levando a cabo actividades que mitiguen o cambio climático. Esta proposta pretende incrementar o aproveitamento mixto dos recursos do medio forestal que polo abandono rural están a ser ocupados por comunidades arbustivas que dificultan a súa explotación e reducen a accesibilidade aos montes. Un novo sistema de alimentación e control automático dos porcos facilitará os traballos do gandeiro e permitirá mellorar a calidade e homoxeneidade dos animais, á vez que permite regular a alimentación. En definitiva, a proposta deste grupo operativo favorecerá o uso múltiple do territorio, o desenvolvemento rural e o aproveitamento da outonada e da madeira como técnica de defensa e prevención de incendios forestais (un problema espe-
cialmente grave en Galicia). Así mesmo, tamén busca lograr un produto final máis homoxéneo e de alta calidade sensorial e organoléptica para consumo nacional e para a exportación, combinado cunha axeitada conservación do medio e coa contribución á loita contra o cambio climático a través da creación de explotacións con menores residuos contaminantes e menor consumo enerxético de produtos derivados do petróleo.
ASOPORCEL SELECCIONARÁ OS ANIMAIS DA RAZA PORCO CELTA PARA O ESTUDO EN GALICIA E OFRECERALLES ASESORAMENTO TÉCNICO ÁS GANDERÍAS PARTICIPANTES
O EQUIPO DE TRABALLO
O Grupo Operativo Supraautonómico Forescelta está formado por 8 membros: a Asociación para o Desenvolvemento do Territorio Interrexional (InterEo), a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), o Servizo Rexional de Investigación e Desenvolvemento Agroalimentario (Serida), o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), a Asociación de Criadores de Gochu Asturcelta (ACGA), a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel), a Asociación de Propietarios Forestais do Occidente de Asturias (Asforocas) e o Monte Veciñal en Man Común “O Carballo”. Todos os seus membros colaborarán na difusión dos resultados do grupo e, de xeito individual, asumirán as seguintes funcións: • InterEo encargarase da coordinación e difusión dos resultados entre propietarios individuais, asociacións de propietarios (Sofor) e comunidades de montes interesadas na súa implantación dentro do territorio. • A Agacal coordinará e realizará os controis de produción de froitos do bosque e vexetación na explotación de Galicia. • O Serida farase cargo dos aspectos de deseño e execución do proxecto en cooperación co resto das entidades participantes. • O CTC será o encargado de analizar a calidade físico-química, nutricional e organoléptica dos canais de Gochu Asturcelta e de Porco Celta. • ACGA realizará os controis de produción de froitos do bosque en Asturias e facilitará a selección de animais de Gochu Asturcelta para o estudo dos sistemas silvopastorís nas explotacións asturianas. • Asoporcel estará a cargo da selección de animais da raza Porco Celta para o estudo dos sistemas silvopastorís nas explotacións de Galicia, ademais de levar a cabo o asesoramento técnico (desenvolvemento e execución do programa sanitario e control e seguimento na cría dos animais) para a implantación das ganderías participantes. • Asforocas colaborará xunto co resto de entidades, principalmente Intereo, na selección das explotacións de Asturias para o estudo de sistemas silvopastorís en bosques caducifolios con porcino Gochu Asturcelta. • O MVMC “O Carballo” seleccionará, xunto co resto de entidades, principalmente InterEo, as explotacións de Galicia para o estudo de sistemas silvopastorís en bosques caducifolios con porcino Porco Celta.
Autóctonas Galegas Número 14
CAN DE PALLEIRO
30
ESTUDO DOS TRAZOS DE COMPORTAMENTO DA RAZA AUTÓCTONA CAN DE PALLEIRO
Neste artigo descríbense as principais características morfolóxicas da raza Can de Palleiro e móstranse os resultados dun estudo no que se avaliaron as súas características temperamentais. Susana Muñiz de Miguel, Francisco Javier Diéguez, João Pedro da Silva-Monteiro, Beatriz Parra Ferreiro-Mazón e Ángela González-Martínez (novembro 2021) O Can de Palleiro, ou pastor galego, é unha raza canina autóctona de Galicia. Trátase dun can rústico de perfil recto, eumétrico e mesodolicomorfo; de tamaño mediano, cunha altura de aproximadamente 60-62 cm á cruz, proporcións harmónicas e unha constitución forte. As femias son algo máis baixas e de aparencia máis lixeira que os machos. En xeral, considérase que os exemplares de Can de Palleiro teñen un carácter forte e reticente cos estraños, mais adoitan mostrar unha gran lealdade cos seus donos, con quen son dóciles e tranquilos. A raza utilizábase tradicionalmente nas zonas rurais de Galicia como cans de pasAutóctonas Galegas Número 14
toreo e como cans gardiáns. Porén, desde mediados do século XX, unha redución significativa da poboación rural e a introdución de razas estranxeiras puxérono en perigo de extinción. A fins da década de 1990, a Xunta de Galicia decidiu estudar a posibilidade de recuperar a raza e comezou a procurar exemplares superviventes. Así, describiuse un estándar de raza oficial, que permitiu un proxecto de recuperación dirixido a incrementar o número de individuos de Can de Palleiro. Ademais, no ano 2002 creouse o Club Raza Can de Palleiro, única entidade recoñecida pola Xunta para colaborar na recuperación, a mellora, a selección evitando a consan-
guinidade, o fomento, a difusión e a xestión do libro xenealóxico. Non obstante, ata o momento non existía ningún estudo sobre o comportamento do Can de Palleiro. Así, o obxectivo do presente traballo é avaliar as características temperamentais da raza mediante o uso de diferentes probas validadas cientificamente e co fin último de identificar problemas de comportamento e seleccionar os mellores reprodutores. O estudo foi levado a cabo polo Servizo de Etoloxía e Medicina do Comportamento do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, dependente da Facultade de Veterinaria de Lugo (Universidade
CAN DE PALLEIRO
31
de Santiago de Compostela), xunto coa colaboración do Club Raza Can de Palleiro. Incluíronse 377 cans, dos cales 177 (o 46,9 %) eran Can de Palleiro e 200 (o 53,1 %), cans doutras razas da poboación xeral galega. Realizáronse dous tests para o estudo da conduta dos animais. O primeiro estaba centrado na avaliación do comportamento dos cans mediante un cuestionario dirixido aos seus titores chamado Canine Behavioral Assessment Research Questionnaire (C_BARQ). Trátase dun cuestionario online de 100 preguntas agrupadas en 14 características de comportamento: agresión dirixida a estraños, a membros da familia, a cans descoñecidos e a cans da familia; medo Logo utilizouse un test de comportamento chamado Socially Acceptable Behavior (SAB) a outros cans, a xente descoñecida e no realizado a 19 cans da raza Can de Palleiro e a 13 cans da poboación xeral galega. Con este test social; sensibilidade ser tocado; per-do temperamento do animal a través de 16 pretendeuse realizar unhaa avaliación directa secución; problemas relacionados coacomoUnha vez que obtiveron todos os subprobas que analizan tanto a postura corporal as respostas dese conduta que realizan os datos, separación; busca de apego/atención; realizouse análise unha estatística para as cans cando son sometidos a diferentes estímulos, como unha presentarlles persoa descoñecida, unde canadestramento; descoñecido, distintos ruídos etc.diferentes puntuacións das características capacidade excitabilidade e enerxía. de comportamento medidos en ambos os Unha vez que se obtiveron todos os datos, realizouse unha análise estatística para as tests, dos que se obtiveron moi bos resultadiferentes puntuacións das caeracterísticas de comportamento medidos en ambos test, Logo utilizouse un test de comportados. Estes poden ser resumidos en que, en obtendo moi bos resultados. Estes poden ser resumidos en que, en comparación coa mento chamado Socially Acceptable coa poboación xeral galega, poboación xeral galega, o Can de Palleiro presenta (vercomparación táboa): Behavior (SAB) realizado a 19 cans da raza o Can de Palleiro presenta (ver táboa 1): de Palleiro e a 13 cans dadapoboación •Can Menor agresividade a persoas familia: estes resultados son similares noutras razas xeral galega. este test pretendeuse • Menor agresividade a persoas da pastoras coasCon que partillan unha orixe común e coincide coa descrición da raza como leal e dócil cos seusavaliación titores. realizar unha directa do temfamilia: estes resultados son simila•peramento Menor medo cans adescoñecidos e maior adestramento: que coas que docara animal través de 16 sub- capacidade resdenoutras razas trazos pastoras taménque se encontraron noutras razas pastoras ambas características docomún Can de e coinprobas analizan tanto a postura cor- e de garda, comparten unha orixe Palleiro. poral como as respostas de conduta que cide coa descrición da raza como leal •realizan Menor os excitabilidade, medo social e problemas relacionados coaseus separación: cans cando sonnon sometidos a e dócil cos titores.signos de cans cun temperamento estable, como se define no estándar da raza. diferentes estímulos, como presentarlles • Maior conduta depredadora: típico nalgunhas razas pastoras debido a que a conduta de unha persoa descoñecida, un can desco• Menor medo cara a cans descoñecipastoreo provén realmente da conduta de caza. ñecido, distintos ruídos etc. dos e maior capacidade de adestra[Título da táboa]: Principais diferenzas atopadas entre o comportamento do Can de Palleiro e os cans da poboación xeral galega
Táboa 1. Principais diferenzas atopadas entre o comportamento do Can de Palleiro e os cans da poboación xeral galega CP
PG 3,5 3 2,5 2 1,5 1 0,5
An s
ie d
ad
e
0
mento: trazos que tamén se encontraron noutras razas pastoras e de garda, ambas características do Can de Palleiro. •
Menor excitabilidade, medo non social e problemas relacionados coa separación: signos de cans cun temperamento estable, como se define no estándar da raza.
•
Maior conduta depredadora: típico nalgunhas razas pastoras debido a que a conduta de pastoreo provén realmente da conduta de caza.
En conclusión, a raza Can de Palleiro mostrou, en xeral, un temperamento estable con características de can de garda e de pastoreo. Grazas ao estudo científico sobre as características de conduta da raza púidose demostrar a calidade e o coidado con que o Club Raza Can de Palleiro leva a cabo a recuperación da raza. Así, esta continúa presentando as características típicas de can pastor e de garda que mostraban os seus antepasados e que describen os seus titores. Cómpre destacar que o traballo en equipo fai que a selección dos reprodutores sexa minuciosa co fin de manter o estándar oficial da raza a pesar do seu incremento de popularidade. Estes primeiros resultados anímannos a seguir ampliando o estudo de comportamento na procura de seleccionar para reprodutores os exemplares máis equilibrados. Para iso é necesario que máis propietarios colaboren.
CP: Can de Palleiro; PG:Palleiro; cans da poboación xeralpoboación galega xeral galega [Lenda]: CP: Can de PG: cans da Autóctonas Galegas Número 14
32
SANIDADE ANIMAL
José Balseiros e Jorge Enrique Mourelo
“GALICIA OBTIVO ESTE STATUS CUMPRINDO CUNHAS GARANTÍAS SANITARIAS MOI SUPERIORES ÁS REQUIRIDAS” A Comisión Europea vén de declarar a Galicia como zona libre de infección polo complexo Mycobacterium tuberculosis, un importante logro sanitario do cal falamos en profundidade co director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, José Balseiros, e o subdirector de Gandería, Jorge Enrique Mourelo. Que supón a nova situación sanitaria zootécnica para Galicia e para os nosos gandeiros? José Balseiros: A consecución do status de Galicia como oficialmente indemne á tuberculose bovina supón a identificación da nosa comunidade como rexión do Estado non só co maior censo de explotacións bovinas e líder no sector lácteo, senón tamén co maior status sanitario en relación ás enfermidades suxeitas a programas oficiais de erradicación. Isto tradúcese nunha posición de clara vantaxe comercial nacional e internacional, tanto no comercio de animais bovinos vivos como dos seus produtos. Ademais, se temos en conta a alta calidade produtiva e xenética dos animais bovinos galegos, ao acadar este status sanitario podemos afirmar que o rabaño Autóctonas Galegas Número 14
bovino galego está no primeiro posto no podio estatal, sendo xa referente no mercado nacional. Cales foron as claves deste éxito? J. B.: Este fito é froito do duro traballo levado a cabo pola Administración galega, polos servizos veterinarios e polos propios gandeiros, que cómpre recoñecer e agradecer. Así, cabe sinalar que no ano 1990 –cando se comezou co Programa Nacional de Erradicación Acelerada en España– a comunidade galega partía dunha prevalencia de tuberculose de rabaño bovino superior ao 11,79 % (case 12 rabaños infectados por cada 100 revisados), sendo de 0,03 % en 2020 (0,03 % de rabaños infectados por cada 100 revisados). Estes datos proban que Galicia traballou intensamente na erradicación
desta enfermidade, cumprindo sempre cos obxectivos epidemiolóxicos marcados pola Comisión Europea. Ademais, convén destacar que, na actualidade, a prevalencia doutras rexións do centro-sur do país é aínda similar á que existía en Galicia en 1990 e que, en 2020, a media nacional da prevalencia de rabaño foi do 1,61 %, é dicir, oitenta veces superior á existente en Galicia ese mesmo ano. E agora, a que retos se enfronta o Departamento que vostede dirixe no relativo a Sanidade Animal? J. B.: En primeiro lugar, co fin de manter este status e, en xeral, o bo estado sanitario do noso rabaño, aconsellamos evitar, na medida do posible, a entrada de reses externas nas explotacións. Neste senso, o Goberno galego aposta pola recría de
SANIDADE ANIMAL reses na propia granxa como opción máis biosegura. De feito, convén establecer medidas de bioseguridade e hixiene na explotación, xa que repercuten favorablemente na sanidade e na produción animal. Por último, dende a Consellería do Medio Rural recoméndaselles aos gandeiros a súa integración nunha asociación de defensa sanitaria gandeira, para así poder levar a cabo programas sanitarios complementarios que garantan a bioseguridade da explotación e revertan nun mellor estado inmune dos animais.
33
J. B.: “NO ANO 1990, GALICIA PARTÍA DUNHA PREVALENCIA DE TUBERCULOSE DE RABAÑO BOVINO SUPERIOR AO 11,79 %, SENDO DE 0,03 % EN 2020”
Como ve o futuro das nosas razas autóctonas? J. B.: Dende a Xunta traballamos, da man do sector, para impulsar e preservar a riqueza que representan. Supoñen unha riqueza xenética, un patrimonio inmaterial e unha oportunidade para as novas ganderías extensivas e de produción ecolóxica, ao seren razas cunha enorme adaptación ás condicións climáticas de Galicia. De aí que teñamos actualmente subscritos seis convenios con outras tantas entidades e asociacións de criadores de razas autóctonas de Galicia para apoiar actividades de recuperación, conservación e fomento destas razas por importe total de case tres millóns de euros ata o ano 2022. E seguiremos traballando nesta liña cara ao futuro. Jorge Enrique, a súa traxectoria profesional sempre estivo vinculada á sanidade animal, non si? Como influíu toda esa experiencia acumulada neste logro sanitario do que estamos a falar? Jorge Enrique Mourelo: É certo que toda a miña vida profesional xirou sempre dalgún xeito arredor da sanidade animal e que tiven unha especial dedicación ao desenvolvemento dos programas de erradicación e vixilancia das enfermidades animais con diferentes responsabilidades en cada momento respecto á súa execución: comecei como veterinario de campo nas campañas de saneamento, fun coordinador destas campañas na provincia da Coruña, posteriormente xefe dunha área veterinaria nesta mesma provincia e máis tarde xefe do Servizo de Sanidade Animal na Comunidade Autónoma, ata chegar ao posto actual. Resulta evidente que o feito de ocupar paulatinamente todos estes postos me permitiu ter unha visión global do programa de erradicación da tuberculose
bovina e avaliar con certo coñecemento as necesidades para melloralo: o incremento da sensibilidade diagnóstica, o control dos movementos, a dotación dos laboratorios, a formación do persoal, a limpeza e desinfección das explotacións... e tamén coñecer as necesidades das explotacións para manter axudas complementarias que paliasen as perdas polos sacrificios de animais e buscar, sempre que fose posible, sistemas que flexibilizasen certos movementos de animais, cando se considerase que non había risco para outras explotacións. Porén, non teriamos acadado o obxectivo que perseguimos durante tantos anos sen a implicación de moitos outros dos excelentes profesionais que integran os servizos veterinarios da Consellería, tanto no Servizo de Sanidade Animal como nos servizos provinciais, nos laboratorios e nas áreas e comarcas. Todos eles aplicaron as medidas que requiría un programa tan complexo como este con rigorosidade e profesionalidade; pero, sen dúbida, o maior mérito do éxito acadado téñeno as persoas gandeiras, que, na inmensa maioría dos casos, mostraron unha enorme preocupación pola sanidade do seu rabaño e colaboraron extraordinariamente na execución do programa.
Cales son os criterios que se teñen en conta para recoñecer un país ou unha rexión oficialmente indemne a esta infección polo complexo Mycobacterium tuberculosis (CMT)? J. E. M.: Ata o ano 2021, unha rexión ou un país podían ser declarados oficialmente indemnes da infección se cumprían cuns estritos requisitos sanitarios e legais establecidos pola Comisión Europea; en concreto, requiríase que a porcentaxe de rabaños bovinos nos que se confirmase a infección por tuberculose non superase o 0,1 % anual durante seis anos consecutivos, que todos os bovinos sacrificados fosen obxecto dun exame post mortem oficial e que se cumprisen nas explotacións os procedementos normativos para a suspensión ou retirada do status de rabaño oficialmente indemne, nos casos nos que procedese. En abril de 2021, xustamente despois de que Galicia cumprise estas condicións ao finalizar 2020, modificouse a normativa comunitaria e as esixencias para que unha rexión sexa declarada oficialmente libre desta enfermidade reducíronse unicamente a tres anos. Polo tanto, Galicia obtivo o status cumprindo cunhas garantías sanitarias moi superiores ás requiridas.
Autóctonas Galegas Número 14
34
Os requisitos vixentes na actualidade, que evidentemente tamén cumpriu Galicia, foron os seguintes: a) Durante os tres últimos anos, cando menos o 99,8 % das explotacións que tiñan bovinos, que representasen como mínimo o 99,9 % da poboación destes animais, mantiveron o seu status de libre de infección polo CMT e a taxa de incidencia (novos rabaños coa infección confirmada) das explotacións nas que se confirmou a infección durante o ano non superou o 0,1 %. b) Durante os últimos tres anos aplicáronse os requisitos xerais de vixilancia para a detección da infección polo CMT en bovinos, e esta incluíu, como mínimo: • A busca sistemática de lesións características da infección polo CMT mediante vixilancia ante e post mortem de todos os bovinos sacrificados. • A investigación das lesións que se puidesen deber á infección polo CMT. De que situación se partía a comezos da década dos noventa e como foron evolucionando os programas sanitarios ao longo destes anos? J. E. M.: Convén citar que Galicia foi no pasado, e continúa sendo na actualidade, a comunidade autónoma cun maior número de rabaños de bovino do país (34 % segundo datos de RASVE 2020), pero cun número de animais por rabaño moi baixo (27 animais por rabaño). No noroeste atlántico predomina a atomización de rabaños de ruminantes, a dispersión xeográfica de explotacións gandeiras, así como medidas de bioseguridade en ocasións deficientes. A eses condicionantes tamén hai que sumarlle a baixa porcentaxe de recría nas explotacións, o elevado intercambio comercial de animais a través de intermediarios (operadores comerciais) e a compra constante de reses doutras comunidades autónomas ou países con menores garantías sanitarias. Estas circunstancias estruturais dificultaron, en ocasións, o avance decisivo no programa de erradicación da tuberculose. Ata o ano 1987, as revisións de tuberculose nas explotacións que o desexaban foron realizadas en Galicia por parte de empresas, ou mesmo a través dos Colexios de Veterinarios, e nalgúns rabaños por parte de persoal dos Servizos de Gandería, pero sen unha supervisión estrita do sacrificio dos animais positivos e sen control axeitado das explotacións unha vez detectados os exemplares reaccionantes ás probas diagnósticas, pero o ano 1988 supuxo un Autóctonas Galegas Número 14
SANIDADE ANIMAL
J. E. M.: “AS CAMPAÑAS DE SANEAMENTO GANDEIRO REVOLUCIONARON A SANIDADE ANIMAL PÚBLICA NO RURAL E GARANTIRON UN CONTROL SANITARIO DIRECTO ANUAL PARA TODAS AS EXPLOTACIÓNS BOVINAS”
cambio fundamental no desenvolvemento do programa, ao asumir a Xunta de Galicia o control directo da súa execución, establecéndose sacrificios obrigatorios e controlados para os animais considerados enfermos. Naquel momento, en Galicia xa un 73 % dos rabaños estaba sendo sometido a saneamento e a prevalencia de tuberculose nos rabaños era do 16 % (porcentaxe de rabaños positivos respecto do total de rabaños revisados). A partir de 1990, Galicia foi declarada “área de erradicación obrigatoria” e comezaron de xeito rutineiro as popularmente coñecidas como “campañas de saneamento gandeiro”, que revolucionaron a sanidade animal pública no rural e garantiron un control sanitario directo anual para todas as explotacións bovinas, co diagnóstico de tuberculose de todos os bovinos maiores de seis semanas localizados nelas. Revisábase conxuntamente a situación fronte a tuberculose, brucelose, leucose e peripneumonía bovina. Inicialmente tamén se completou a vacinación antiaftosa nestas actuacións. O funcionamento do
programa baseábase no diagnóstico, o seguimento e a eliminación dos animais enfermos mediante o seu sacrificio obrigatorio con dereito a indemnización. Ao inicio do saneamento, os servizos veterinarios oficiais tiveron que realizar un grande esforzo comunicativo co sector gandeiro. Así, antes de comezar as actuacións de campo nun concello, contactábase coas institucións locais (concello, veterinario local, axencia de extensión agraria, cooperativas e agrupacións de gandeiros). Froito deses contactos organizábanse charlas no concello ou por parroquias, onde os servizos explicaban o obxecto e a mecánica da campaña de saneamento, solucionando as dúbidas que puidesen existir. Establecíase un calendario específico para o concello e colocábanse carteis informativos anunciando o día no que se visitarían as explotacións. Inicialmente existiu unha porcentaxe elevada de persoas que se negaban a sanear ou a sacrificar os seus animais, pero, pouco a pouco, con información e comunicación foise avanzando. Segundo comezou a desenvolverse o programa de xeito obrigatorio, a partir de 1990, produciuse un rápido descenso da prevalencia de rabaño, pasando do 11,79 % de rabaños infectados naquel ano ao 1 % en 1996, para despois continuar con lixeiros descensos, pero producíndose un certo estancamento da situación epidemiolóxica durante case unha década (ver gráfica 1). Entre os anos 2010 e 2012 introducíronse cambios decisivos no programa nacional e autonómico, que permitiron abordar a fase final tras as recomendacións realizadas polo subgrupo especializado en tuberculose bovina da FVO da Comisión Europea. Perseguiuse un incremento da sensibilidade do diagnóstico, a recollida
Gráfica 1. Evolución da prevalencia de rabaño de tuberculose bovina en Galicia 11,79
Entre os anos 2010 e 2012 introducíronse cambios decisivos no programa nacional e autonómico, que permitiron abordar a fase final tras as recomendacións realizadas polo subgrupo especializado en tuberculose bovina da FVO da Comisión Europea. Perseguiuse un incremento da sensibilidade do diagnóstico, a recollida avanzada de datos epidemiolóxicos, unha mellor integración do sistema de vixilancia da existencia de lesións compatibles nos matadoiros, unha mellora da vixilancia sanitaria na fauna silvestre vulnerable e a realización de cursos de formación específica para o persoal veterinario implicado no programa. Galicia desenvolveu estritamente esas medidas e Entre os anos e 2012 introducíronse cambios decisivos nacional e avanzou cara a2010 erradicación, pero, a maiores, tamén puxo no en programa marcha outras liñas autonómico, que permitiron abordar fase final tras recomendacións realizadas propias pioneiras na execución do aprograma, que asserviron posteriormente de
SANIDADE ANIMAL
35
J. E. M.: “EN GALICIA SERÁ NECESARIO SOMETER A VIXILANCIA SANITARIA DA INFECCIÓN POR CMT AS POBOACIÓNS DE CABRÚN, TAL E COMO ESTÁN FACENDO XA OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS”
avanzada de datos epidemiolóxicos, unha mellor integración do sistema de vixilancia da existencia de lesións compatibles nos matadoiros, unha mellora da vixilancia sanitaria na fauna silvestre vulnerable e a realización de cursos de formación específica para o persoal veterinario implicado no programa. Galicia desenvolveu estritamente esas medidas e avanzou cara á erradicación, pero, a maiores, tamén puxo en marcha outras liñas propias pioneiras na execución do programa, que serviron posteriormente de referencia científica e técnica para o resto do país: realización de estudos epidemiolóxicos individualizados en cada explotación, toma de mostras en matadoiro en animais das explotacións que se consideraron “de seguimento” para verificar a inexistencia de infección nas explotacións... Todos estes avances desembocaron na consecución do status de libre de tuberculose bovina por parte da nosa comunidade. Na actualidade, a infección persiste no centro-sur da Península e en determinados países europeos (Reino Unido e Irlanda, entre outros). En todo caso, non debemos esquecer que, ademais do status que acabamos de conseguir en relación á tuberculose, Galicia xa foi declarada antes libre de leucose bovina e de peripneumonía contaxiosa bovina; no ano 2013 libre de brucelose ovina e cabrúa; no ano 2017 libre de brucelose bovina; está libre de lingua azul e, dende xa hai anos, non se presentan casos de encefalopatías esponxiformes. A nosa situación sanitaria nestas especies e, polo tanto, óptima. Como lles vai afectar esta declaración aos gandeiros de cabrún ou de cabrún con vacún na mesma explotación? J. E. M.: As explotacións de cabrún de leite e aquelas nas que o gando cabrún
convivía con bovinos (ou constituían unha mesma unidade epidemiolóxica) xa sempre estiveron sometidas ás mesmas probas rutineiras de diagnóstico de tuberculose que as de gando bovino. Realmente, a declaración de Galicia como rexión libre de tuberculose non lles afecta directamente ás explotacións de cabrún, pero as actuacións nesta especie si que van estar condicionadas por toda a nova lexislación comunitaria en materia de sanidade animal. Así, a normativa comunitaria inclúe os cabrúns na listaxe de especies que supoñen un risco para a propagación da infección por CMT, nas categorías D (enfermidades sobre as que deben adoptarse medidas para evitar a súa propagación en relación coa súa introdución na Unión ou con desprazamentos entre Estados membros) e E (enfermidades sobre as que é necesario exercer vixilancia). Ademais, para o desprazamento de cabrúns a outros Estados membros, a devandita normativa esíxelles a existencia de probas anuais, con resultados negativos, a todos os cabrúns do rabaño de orixe, nun programa de vixilancia que comezará, cando menos, 24 meses antes do traslado. Así mesmo, a mencionada normativa establece tamén que o status dunha zona libre de infección polo CMTB non se verá afectado pola confirmación da infección nunha poboación animal distinta aos bovinos, pero sempre que se apliquen medidas eficaces, que deben avaliarse periodicamente, para evitar a infección polo CMTB aos bovinos. Por outra banda, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e o grupo de traballo de tuberculose das comunidades autónomas propuxeron que os requisitos mínimos previos aos movementos sinalados para intercambios intracomunitarios, respecto á infec-
ción por CMT, tamén se aplicasen para calquera movemento de reprodutores cabrúns dentro do Estado. Nestas circunstancias, tendo en conta que a especie cabrúa é moi sensible á infección causada polo CMT e o status acadado respecto á tuberculose en bovinos, en Galicia será necesario someter a vixilancia sanitaria da infección por CMT as poboacións de cabrún, tal e como están facendo xa outras comunidades autónomas. En que situación de periodicidade quedan a partir de agora as campañas de saneamento gandeiro? J. E. M.: Na actual situación, na que pasamos de desenvolver un programa de erradicación a realizar un de vixilancia, determinadas explotacións consideradas “de risco” polo programa nacional seguirán sendo sometidas a inspeccións anuais; o resto pasarán a ser sometidas a probas cada 2-3 anos, en función da situación epidemiolóxica de cada unha delas e da evolución sanitaria global de Galicia. Entre outras, serán consideradas “de risco” as explotacións que realicen movementos constantes de animais, as que utilicen pastos/montes comúns ou as que compren reses de rexións cunha situación epidemiolóxica peor á existente en Galicia. Trátase de intentar evitar que as situacións de risco dalgunhas explotacións lles afecten ao resto dos produtores que manteñen un manexo e bioseguridade axeitados e que non incorporan reses de áreas con menores garantías sanitarias.
Autóctonas Galegas Número 14
36
Pensa vostede que a sociedade galega e os gandeiros son totalmente conscientes da importancia desta consecución sanitaria? J. E. M.: As explotacións gandeiras conseguiron un gran logro. É de grande importancia que as granxas gocen dun excelente estado sanitario dos seus rabaños, o cal non só redunda en menores perdas económicas directas e indirectas en relación á enfermidade, senón que lles abre as portas aos mercados nacional e comunitario, entre outros. As persoas gandeiras galegas poden aproveitar este status sanitario para mellorar as súas producións, ser versátiles comercialmente e mellorar os seus ingresos. Se dispoñemos dunha boa sanidade e dunha excelente xenética, podemos recriar e, ademais, abrir unha boa vía comercial para vender animais a outras comunidades autónomas e países, e tamén podemos revalorizar aínda máis a excelente calidade dos nosos produtos. Debemos tentar que este esforzo de Galicia sexa recoñecido e valorado polos restantes integrantes da cadea agroalimentaria e polos consumidores e a sociedade en xeral. Era alta a incidencia desta enfermidade entre as razas autóctonas galegas? J. E. M.: A incidencia desta enfermidade ten que ver, fundamentalmente, co manexo e a bioseguridade da explotación. Evidentemente, se unha explotación con gando de razas autóctonas ten bioseguridade, recría e non merca reses externas, terá menos posibilidades de verse afectada pola enfermidade que outras que non teñan esas condicións. En todo caso, tendo en conta a baixa incidencia da enfermidade en Galicia, esta baixa afectación tamén se dá nas razas autóctonas. Que incidencia ten a fauna salvaxe no rabaño gandeiro en canto á propagación de enfermidades? J. E. M.: Para coñecer o estado da nosa fauna silvestre, en Galicia desenvolvemos un plan de vixilancia sanitaria da fauna silvestre (PVSFS) xa dende o ano 2008, antes mesmo de que existise un programa nacional para tal fin, o cal nos permite monitorizar o seu estado sanitario e, no seu caso, comprobar a evolución das diferentes enfermidades. Para o desenvolvemento do PVSFS, os servizos veterinarios oficiais contan coa Autóctonas Galegas Número 14
SANIDADE ANIMAL colaboración das sociedades de caza que se integran nos tecores, que lles facilitan mostras de fauna silvestre para a vixilancia activa no desenvolvemento da súa actividade e axudan na vixilancia comunicando os indicios de sospeita de enfermidades nos animais salvaxes para a súa comprobación polas autoridades de sanidad animal. Desde un primeiro momento evidenciamos, por exemplo, que as poboacións
de corzos teñen un estado sanitario moi favorable, no que se refire a enfermidades bacterianas e víricas e, tras tomar mostras a máis de 3.000 xabarís, comprobamos que as prevalencias das distintas enfermidades nesta especie (CMT, Aujeszky...) tamén son baixas. Nestas circunstancias, en Galicia, se o rabaño gandeiro está san e ten un manexo e bioseguridade axeitados, non ten nada que temer respecto ao estado sanitario da fauna silvestre, se non cambia a situación epidemiolóxica.
Entre as súas responsabilidades tamén está a do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. En que proxectos se está a traballar a día de hoxe desde alí? J. E. M.: O Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, situado no pazo de Fontefiz (Coles, Ourense), é o centro de referencia de todas as razas autóctonas galegas consideradas en perigo de extinción, que inclúe as de gando vacún (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa); ovino (Ovella Galega); cabrún (Cabra Galega); aviar (Galiña de Mos); equino (Cabalo de Pura Raza Galega); porcino (Porco Celta) e canino (Can de Palleiro). Despois de varias décadas traballando na recuperación e conservación destas razas, a día de hoxe as actividades que nel se realizan están encadradas nas recomendacións da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) en canto á realización dos Programas de Conservación (Programa de Conservación in situ e Programa de Conservación ex situ). Neste aspecto pódese sinalar que no Programa de Conservación ex situ in vivo se manteñen alí os rabaños fundacionais de boa parte destas razas (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos). Numericamente, estes rabaños están formados por preto de 250 cabezas das cinco razas bovinas, entre 60-70 cabezas de ovino e cabrún e arredor de 200 galos e galiñas. En canto ao Programa de Conservación ex situ in vitro, resulta unha peza fundamental do Programa de Conservación dos recursos xenéticos animais de Galicia, xa que permite a preservación das razas de cara ao futuro. Consiste no mantemento dun banco de xermoplasma formado por doses seminais e embrións das distintas razas, recollidas no laboratorio do centro e posteriormente mantidas en crioconservación. Mais aló da realización do propio Programa de Conservación ex situ, o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia é tamén responsable de supervisar o correcto funcionamento dos programas de recuperación, conservación e fomento de todos os recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia en perigo de extinción levados a cabo polas distintas asociacións de criadores, e do seguimento da súa evolución, xa que exerce o control técnico de todas as razas sinaladas. Así mesmo, o Centro realiza un importante labor divulgativo e educativo, facilitando as visitas guiadas ás instalacións para dar a coñecer os nosos recursos xenéticos e os traballos realizados en prol da súa recuperación. Por último, malia non ser un centro de investigación específico, participa e promove, en estreita colaboración con outras institucións e entidades, proxectos de investigación sobre os recursos zooxenéticos autóctonos galegos, co fin de estimular os estudos sobre as razas e os seus produtos. Ata agora o centro ten participado en dez proxectos de innovación e transferencia tecnolóxica.
COMERCIALIZACIÓN
37
EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS E COMERCIALIZACIÓN DE CARNES
Nun contexto global no que os consumidores se mostran cada vez máis sensibilizados coas condicións de cría e sacrificio dos animais dos que procede a carne que consomen, neste artigo repasamos as esixencias da normativa respecto da comercialización de carnes desde as explotacións gandeiras ata o consumidor final. Agustín Álvarez Álvarez1 e Ricardo Ignacio Vecillas Rojo2 Director técnico de Industrias Agroalimentarias Xefe de Zona dos Sevizos Veterinarios de Saúde Pública da Zona de Ourense
1 2
INTRODUCIÓN
O Regulamento 178/2002 define a produción primaria como “a produción, cría ou cultivo de produtos primarios, con inclusión da colleita, o muxido e a cría de animais de abasto previa ao seu sacrificio. Abarca tamén a caza e a pesca e a recolección de produtos silvestres”. O Regulamento 852/2004 de 29 de abril de 2004 relativo á hixiene dos produtos alimenticios, define as operacións conexas á produción primaria como: • O transporte, o almacenamento e a manipulación de produtos primarios no lugar de produción, sempre que non se altere a súa natureza de maneira substancial. • O transporte de animais vivos, cando sexa necesario para conseguir os obxectivos do presente Regulamento. • No caso de produtos de orixe vexetal, produtos da pesca e animais de caza
silvestre, as operacións de transporte de produtos primarios cuxa natureza non se alterase de maneira substancial, desde o lugar de produción ata un establecemento. Nos regulamentos de hixiene establécense claras diferenzas entre os requisitos que deben cumprir os operadores que realicen a súa actividade na produción primaria e determinadas operacións conexas e os que a desempeñen nas fases posteriores. A preocupación polos alimentos que se consomen incrementouse de modo exponencial nos últimos anos. As demandas actuais máis solicitadas polos consumidores están na liña de que os alimentos sexan sans e seguros, pero tamén teñen unha especial consideración as condicións baixo as que estes alimentos se produciron, de forma que
as prácticas de produción de alimentos de orixe animal ofrezan e garantan unha adecuada protección dos animais. Estamos a falar, pois, do benestar animal, que está garantido e ordenado pola Unión Europea mellorando a formación dos gandeiros e veterinarios na manipulación correcta dos animais, a prevención de enfermidades e o sacrificio humanitario orientado a minimizar o seu sufrimento e, ao mesmo tempo, proporcionándolles información clara e precisa aos consumidores. Na Unión Europea, ao benestar animal dáselle unha grande importancia na produción primaria, fundamentando a súa normativa sobre a cría, o manexo e o sacrificio dos animais, non só en garantir a seguridade alimentaria, senón tamén para garantir que esta produción se realice co mínimo sufrimento para os animais. Autóctonas Galegas Número 14
COMERCIALIZACIÓN
38
O Decreto 125/2014, do 4 de setembro, regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións ata a persoa consumidora final. O obxecto desta norma é regular a venda directa de produtos primarios polos/as produtores/as á persoa consumidora final ou a establecementos de comercio polo miúdo para o abastecemento ao/á consumidor/a final. Este decreto ten tamén por obxecto crear no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) unha sección destinada á inscrición de explotacións acollidas ao réxime de venda directa (SEVEDI). Esta norma é de aplicación a todas as explotacións agropecuarias con actividade inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) que producen alimentos destinados ao consumo humano. A actividade de venda regulada neste decreto cínguese exclusivamente ao ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e define “produto primario” como aquel procedente da produción primaria da terra e da gandería, excluída a caza, con destino á alimentación humana, incluídos os cogomelos silvestres. Neste texto soamente se regulan os seguintes produtos primarios: mel, pole, propóleo, xelea real, ovos, amorodos, kiwis e outras froitas, hortalizas, legumes, patacas, cogomelos e cereais, pero este decreto non inclúe os produtos de orixe animal procedentes da produción primaria.
COMERCIALIZACIÓN DA CARNE DE UNGULADOS (BOVINO, OVINO-CAPRINO E PORCINO) CON RGSEAA
No Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) inscríbense todas aquelas explotacións onde existen animais de produción.
comercializar as carnes obtidas en forma de canais enteiros, medios canais, cuartos de canal (medios canais partidos en dous), medios canais cortados en tres partes grandes e tamén como canais despezados (costelares, faldra...) cando o matadoiro dispoña dunha sala de despezamento operativa e funcional. Para poder realizar a actividade de distribución de carne de ungulados, deberá solicitar a devandita autorización mediante inscrición no Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos na Clave 10, categoría/actividade 3/18. A inscrición poderaa solicitar de modo presencial nos rexistros oficiais da Xunta de Galicia ou a través da súa sede electrónica, mediante a presentación da seguinte documentación: Modelo SA451A para a inscrición no Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos • • • •
Cubrir o anexo I e o anexo II. Achegar copia do NIF/CIF da empresa Achegar a taxa pagada. Achegar, polo menos, o prerrequisito de limpeza-desinfección do/s vehículo/s de transporte, o prerrequisito de formación e o protocolo de trazabilidade.
Os responsables dunha explotación gandeira de ungulados autorizada e inscrita no REGA, despois do sacrificio dos seus animais nun matadoiro autorizado para poder eles comercializar a carne dos seus animais en España, deberán inscribirse na actividade de “Distribuidor de Carne de Ungulados” no Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos (RGSEAA), ben a título individual ou como sociedade.
A autorización de comercialización será de ámbito nacional (España) e poderase realizar con vehículos da propia empresa ou mediante unha empresa externa contratada.
Para iso deberán sacrificar os seus animais nun matadoiro autorizado e despois
A inscrición como distribuidor de carne no RGSEAA farase na provincia galega onde
Autóctonas Galegas Número 14
a empresa teña o seu domicilio social, enviando a documentación sinalada anteriormente á Xefatura Territorial de Sanidade da devandita provincia a través dun dos rexistros oficiais; tamén poderá realizarse de forma telemática a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
COMERCIALIZACIÓN DA CARNE DE UNGULADOS (BOVINO, OVINO-CAPRINO E PORCINO) CON REGASA
A comercialización das carnes frescas e os seus derivados nos establecementos de comercio polo miúdo para subministración directa ao consumidor final están reguladas no Real Decreto 1376/2003, de 7 de novembro. O Real Decreto 1376/2003 establece as condicións sanitarias aplicables á preparación, elaboración, almacenamento
COMERCIALIZACIÓN
39
e comercialización das carnes frescas e os seus derivados, nos establecementos de comercio polo miúdo destes produtos, para fornecelos directamente ao consumidor final, ou excepcionalmente e sempre que se trate dunha actividade restrinxida, marxinal e localizada, a establecementos de comidas preparadas, con ou sen repartición a domicilio. Este real decreto tamén se aplica ás instalacións non permanentes que poidan autorizarse para a comercialización dos produtos recollidos neste decreto, conforme ao disposto no Real Decreto 1010/1985, do 5 de xuño, polo que se regula o exercicio de determinadas modalidades de venda fóra dun establecemento comercial permanente, ou na normativa correspondente das comunidades autónomas. Nel establécense as seguintes definicións: Carnes: son todas as partes aptas para o consumo humano, incluídos os despoxos, obtidos en establecementos autorizados, provenientes de: • Animais domésticos das especies bovina, porcina, ovina, caprina, solípedos, galiñas, pavos, pintadas, patos, ocas e coellos • Mamíferos terrestres e aves silvestres reproducidos, criados e sacrificados en catividade • Caza silvestre • Reses de lida procedentes de espectáculos taurinos Carnes picadas: son as carnes que foron sometidas a unha operación de picado en fragmentos ou ao paso por unha máquina picadora continua. Derivados cárnicos: son os preparados de carne e os produtos cárnicos. Preparados de carne: son os produtos elaborados coas carnes ou as carnes picadas ás que se lles engadiron outros produtos alimenticios, condimentos ou aditivos e/ou que foron sometidas a un tratamento insuficiente para modificar a estrutura celular da carne na parte central da superficie de corte e facer desaparecer así as características da carne fresca. Os preparados cárnicos poden ser: • Preparados cárnicos frescos: son aqueles elaborados con carne dunha ou varias das especies animais autorizadas, con ou sen graxa, picadas, agregadas con sal, condimentos, especias, outros produtos alimenticios e aditivos, non sometidos a tra-
tamento de desecación, cocción ou salgadura, embutidos ou non. • Preparados cárnicos crus-adobados: son aqueles elaborados con pezas cárnicas enteiras ou anacos identificables, segundo a clasificación comercial tradicional de carnicería, ou por anacos de carne que non reúnan os devanditos requisitos de identificación, pertencentes ás especies animais autorizadas, agregados ou non doutros produtos alimenticios, sometidos á acción do sal, especias, condimentos e/ou aditivos que lles confiren un aspecto e sabor característicos, recubertos ou non de pemento ou outros produtos, sen sufrir un proceso de curación posterior. Produtos cárnicos: son os elaborados a partir de carne ou con carne mediante un tratamento que permita comprobar a desaparición das características da carne fresca na parte central da superficie de corte. Atópanse aquí incluídos os embutidos de sangue, entre os que se consideran as morcillas e a botifarra negra, e os produtos cárnicos cun contido mínimo de carne. Outros produtos de orixe animal: • Graxas animais fundidas: son as obtidas por extracción de carnes, incluídos os ósos, e destinadas ao consumo humano.
• Roxóns: son os residuos proteicos da extracción, tras a separación parcial das graxas e a auga. • Pratos cociñados cárnicos: son os produtos cárnicos que corresponden a preparados culinarios, cociñados ou precociñados, conservados polo frío ou a máis de 65 ºC e destinados ao consumidor. Alimento ou produto alimenticio: é calquera substancia ou produto destinados a ser inxeridos polos seres humanos ou con probabilidade razoable de selo, tanto se foron transformados enteira ou parcialmente coma se non, e que se recoñezan aptos para o consumo humano. Materia prima: é calquera produto alimenticio que se utilice, de xeito individual ou como ingrediente, para a obtención dos produtos recollidos neste real decreto e que proceda de establecementos de produción e comercialización, debidamente autorizados.
ESTABLECEMENTO DE COMERCIO POLO MIÚDO DE CARNES (CARNICERÍA, CARNICERÍA-SALCHICHERÍA, CARNICERÍA-CHACINERÍA E SUCURSAIS) Un establecemento de comercio polo miúdo de carnes é todo aquel local ou conxunto de locais que formen unha
Autóctonas Galegas Número 14
40
unidade económica, baixo unha titularidade única, nos que se desenvolvan as actividades recollidas neste real decreto, ou parte delas, para a venda ao consumidor nas dependencias propias destinadas ao devandito fin. Considerarase que estes establecementos están integrados nunha unidade comercial de maior entidade cando as súas dependencias de venda se atopen situadas nesta, de maneira claramente identificada, compartindo servizos e elementos comúns da unidade con outros establecementos de igual ou diferente sector comercial. Tamén terán esta consideración de establecementos aquelas seccións dos establecementos polivalentes que se dediquen a estas actividades, que deberán estar debidamente separadas e claramente identificadas, e poderán compartir os servizos e elementos comúns do establecemento polivalente coas outras seccións deste. Estes establecementos clasifícanse en: Carnicerías: son aqueles establecementos dedicados á manipulación, preparación, presentación e, no seu caso, almacenamento de carnes e despoxos frescos (refrixerados ou conxelados), con ou sen óso, nas súas diferentes modalidades (fileteado, troceado, picado, mechado e outras análogas, segundo se trate), así como, pero sen elaboración propia, de preparados de carne, produtos cárnicos Autóctonas Galegas Número 14
COMERCIALIZACIÓN
(enteiros, partidos ou lascados) e outros produtos de orixe animal, para a súa venda ao consumidor nas dependencias propias destinadas ao devandito fin. Na presentación das carnes poderán utilizarse outros produtos alimenticios, sempre que os anacos ou pezas daquelas non perdan as características das carnes frescas e sen engadimento de aditivos e condimentos. Estes establecementos poderán expender outros produtos alimenticios para os que se atopen debidamente autorizados e contar, de xeito opcional, con obradoiro anexo ou separado das dependencias de venda, pero pechado ao público, para o despezamento e a preparación e presentación das carnes. Carnicerías-salchicherías: son os establecementos dedicados á actividade de carnicería, con elaboración en obradoiro anexo ou separado das dependencias de venda, pero cerrado ao público, de preparados de carne (frescos, crus-adobados etc.) e embutidos de sangue, entre os que se consideran as morcillas e a botifarra negra, ou daqueles outros tradicionais que as autoridades competentes poidan determinar e autorizar. Así mesmo, inclúese a actividade de salgar touciño. Os produtos elaborados nestes establecementos só poderán ser comercializados nas súas propias dependencias de venda ao público e nas das súas sucursais.
Carnicerías-chacinerías: son os establecementos dedicados á actividade de carnicería, con elaboración en obradoiro anexo ou separado das dependencias de venda, pero pechado ao público, de produtos cárnicos, outros produtos de orixe animal, pratos cociñados cárnicos, ademais dos recollidos no parágrafo. Os produtos elaborados nestes establecementos só poderán ser comercializados nas súas propias dependencias de venda ao público e nas das súas sucursais. Dependencias de venda: trátase da parte destes establecementos destinada á manipulación, preparación, presentación, exposición e, no seu caso, almacenamento de produtos, na que pode existir ou non un espazo reservado ao público e onde normalmente se realizan as operacións de venda. As dependencias de venda poderán estar xuntas ou separadas do resto das dependencias coas que forman unha unidade económica, pero, en calquera caso, localizadas no mesmo municipio onde figure situado o establecemento. Obradoiros: trátase da parte destes establecementos pechada ao público e destinada ás actividades de manipulación, preparación, elaboración propia e, no seu caso, almacenamento de carnes, preparados de carne, produtos cárnicos, pratos preparados cárnicos e outros determinados produtos de orixe animal, para os que estean debidamente autorizados.
COMERCIALIZACIÓN
41
Os obradoiros poderán estar xuntos ou separados do resto das dependencias coas que forman unha unidade económica, pero, en calquera caso, localizados no mesmo municipio onde figure situado o establecemento, considerado central. A elaboración propia non poderá exceder, en ningún caso, de cinco toneladas semanais de produtos acabados ou, no caso da produción de foie-gras, de 0,7 toneladas por semana. Sucursais: son os establecementos dedicados á actividade de carnicería que normalmente incorporan á súa comercialización habitual os produtos preparados, producidos ou elaborados noutro establecemento que conte con obradoiro, dos sinalados anteriormente, considerado central, de igual titularidade que eles e localizados no municipio onde estea situado o establecemento ou ben na unidade sanitaria local, zona de saúde ou territorio definido pola autoridade competente correspondente, previa solicitude e autorización expresa desta. A autoridade competente poderá limitar, por motivos sanitarios, o número máximo de sucursais ligadas a un establecemento central. Inscrición no REGASA destes establecementos Todos estes establecementos de comercio polo miúdo de carnes necesitan estar inscritos no Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (REGASA) antes de comezar a súa actividade. O ámbito de comercialización dos establecementos inscritos no REGASA é a Comunidade Autónoma de Galicia.
A inscrición non se pode solicitar de modo presencial nos rexistros oficiais da Xunta de Galicia, senón a través da súa sede electrónica mediante a presentación da seguinte documentación: Modelo SA550A para a inscrición no Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos • Cubrir o anexo I, que inclúe unha declaración responsable do solicitante. • Achegar copia do NIF/CIF da empresa ou do particular. • Achegar a taxa pagada.
CONDICIÓNS DOS ESTABLECEMENTOS DE COMERCIO POLO MIÚDO DE CARNES
Os establecementos de comercio polo miúdo de carnes deberán axustarse a un deseño ou esquema que facilite un adecuado tratamento técnico e hixiénicosanitario das materias primas e produtos que, en cada caso, manipulen, preparen,
elaboren ou comercialicen. Contarán, entre outras, con dependencias de venda e, no seu caso, obradoiro. Nas dependencias de venda terán mostradores, vitrinas e outros elementos que, en calquera caso, serán frigoríficos para a presentación ou exposición ao público de toda clase de carnes e demais produtos frescos que se expendan, refrixerados ou conxelados, que evitarán posibles contaminacións. Cando os produtos non necesiten tratamento de frío, os elementos de exposición evitarán, igualmente, todo contacto ou manipulación polo público, salvo que se trate de conservas ou produtos envasados en materiais impermeables e debidamente etiquetados. Tamén se evitará a incidencia directa dos raios solares sobre toda clase de produtos. Terán lavamáns de accionamento non manual, provistos de auga potable, quente e fría, e secado hixiénico das mans, así como mesa ou outro elemento de características funcionais similares, destinado á manipulación e preparación das carnes e demais produtos antes da súa exposición e venda ao público, construída con materiais autorizados, fáciles de limpar e desinfectar. Os equipos, recipientes e útiles de traballo destinados a entrar en contacto directo coas materias primas, preparados e demais produtos deberán estar fabricados con materiais resistentes á corrosión e fáciles de limpar e desinfectar. Tamén terán recipientes especiais, estancos, de materiais inalterables de fácil limpeza e desinfección, con tapadeira, destinados
Autóctonas Galegas Número 14
42
COMERCIALIZACIÓN fectantes e substancias similares, así como para o material de limpeza e mantemento. Estes produtos manteranse nos seus recipientes orixinais e, se se teñen que transvasar, os envases estarán claramente identificados e non poderán conter nin ter contido alimentos ou bebidas.
MARCADO SANITARIO
a aloxar produtos alimenticios refugados para o consumo humano, que se identificarán no seu exterior coa lenda «REFUGALLOS E DESPERDICIOS» ou, no seu caso, «MER» (materiais especificados de risco). Disporán de instalacións frigoríficas para a conservación, en réxime de refrixeración ou conxelación, de materias primas e produtos que necesiten o devandito tratamento, que contarán con aparellos para a lectura e comprobación das temperaturas. Para estes efectos, consideraranse todos os elementos de frío, tales como armarios, mostradores, arcóns ou vitrinas, que teñan os establecementos e, no seu caso, as instalacións frigoríficas de conservación das unidades comerciais de maior entidade onde estean situados os integrados, destinadas para a utilización por estes. Nos obradoiros onde se elaboren derivados cárnicos, ademais das esixencias xerais, terase en conta o seguinte: • As temperaturas dos locais ou da parte deles en que se manipulen as carnes, as materias primas e os produtos cárnicos deberán garantir unha produción hixiénica. Estes locais, ou parte deles, estarán provistos dun dispositivo de acondicionamento de aire, se fose necesario.
Hamburguesas de raza autóctona Autóctonas Galegas Número 14
• Terán equipos adecuados para o picado, o amasado e o embutido dos produtos. • Terán instalacións ou locais específicos, no seu caso, para os tratamentos de secado e curado. • Terán dispositivos ou equipos adecuados, cando sexa necesario, para os tratamentos de salgadura, afumado, cocción etc. dotados, no seu caso, de sistemas de extracción de fumes e/ou vapores. • Os lavamáns serán de accionamento non manual, provistos de auga potable, quente e fría, e secado hixiénico das mans. • Disporán de instalación para gardar a roupa e o calzado, que estea pechada e que evite a contaminación. • Terán un dispositivo ou armario para o almacenamento dos condimentos, especias e aditivos alimentarios, en condicións tales que se evite a súa alteración e/ou contaminación. • Os procesos de desalgado e preparación de tripas para embutido e os de retirada de envases e embalaxes poderán realizarse nos locais de manipulación, sempre que se evite calquera contaminación de materias primas ou produtos elaborados. • Naqueles casos en que non exista risco de contaminación dos produtos e sempre que sexa xustificable por razóns tecnolóxicas, poderá utilizarse a madeira para certas actividades, previa autorización sanitaria. • Poderán utilizarse metais galvanizados para o curado de produtos cárnicos, sempre que se atopen en boas condicións de mantemento e non exista perigo de contaminación dos produtos. • Terán un dispositivo ou armario pechado e identificado para o almacenamento de deterxentes, desin-
Os derivados cárnicos, producidos nos establecementos recollidos neste real decreto, irán provistos dunha marca sanitaria, que se colocará no momento ou inmediatamente despois da súa elaboración de forma lexible, indeleble e claramente identificable. A marca sanitaria deberá incluír, dentro dun rectángulo, as indicacións seguintes: • Na parte superior, a expresión «ELABORACIÓN PROPIA» en maiúsculas. • Na parte central, o número de autorización do establecemento. • Na parte inferior, a expresión «VENDA DIRECTA AO CONSUMIDOR» en maiúsculas. A marca sanitaria poderá imprimirse directamente sobre o produto, con medios autorizados, ou estar previamente impresa no recipiente que os conteña ou ben sobre unha etiqueta, placa ou sinal suxeito ao produto, fabricados con material apto para entrar en contacto cos alimentos ou, no seu caso, adherirse sobre o envase.
ETIQUETADO Real Decreto 126/2015, do 27 de febreiro, polo que se aproba a norma xeral relativa á información alimentaria dos alimentos que se presenten sen envasar para a venda ao consumidor final e ás colectividades, dos envasados nos lugares de venda a petición do comprador e dos envasados polos titulares do comercio polo miúdo. Alimentos que se presenten sen envasar e os envasados nos lugares de venda a petición do comprador A información alimentaria obrigatoria dos alimentos que se presenten sen envasar para a venda ao consumidor final e ás colectividades e os envasados nos lugares de venda a petición do comprador deberá incluír, polo menos, as seguintes indicacións: • A denominación do alimento, que irá acompañada, no seu caso, das
COMERCIALIZACIÓN
Exemplo de etiqueta Elaboración propia Nº Autorización Venda directa ao consumidor
PREPARADO DE CARNE DE VACÚN Ingredientes: Carne de vacún 72%, auga, proteína de soia, sal, lactosa, emulxentes (E-450, E-451, E-407) e antioxidantes (E-331, E-301) Alérxenos marcados en negriña Lote: Precio Kg:
n de lote 4,50 € 20/09/2022
Consumir preferentemente antes de:
Carnicería-Chacinería
Nome da empresa Localidade - Provincia
mencións obrigatorias adicionais para categorías ou tipos específicos de alimentos (data de conxelación). • Alérxenos. As mencións específicas ás que se refire o artigo 9, apartado 1, letra c) do Regulamento (UE) nº 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de outubro de 2011, cunha referencia clara á substancia ou produto de que se trate segundo figura no anexo II do citado Regulamento, relativo ás substancias que causan alerxias ou intolerancias. • A cantidade dun ingrediente ou dunha categoría de ingredientes de acordo co establecido no artigo 22 do Regulamento (UE) nº 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello, de 25 de outubro de 2011. Alimentos envasados polos titulares do comercio polo miúdo para a súa venda inmediata no establecemento ou establecementos da súa propiedade A información alimentaria obrigatoria dos alimentos que se envasen polos titulares do comercio polo miúdo para a súa venda inmediata no establecemento ou establecementos da súa propiedade deberá incluír, sen prexuízo daqueles outros requisitos que establezan as disposicións específicas correspondentes para cada alimento en particular, as seguintes indicacións: • Denominación do alimento • Listaxe de ingredientes • Alérxenos que figuren no anexo II do Regulamento (UE) nº 1169/2011 • Cantidades de determinados ingredientes
Peso neto:
0,598 KG
PVP:
4,50 €
Cociñar completamente antes do seu consumo Non precisa engadimento de sal Conservar no frigorífico por debaixo dos 8 ºC
• Cantidade neta do alimento • Data de caducidade ou de duración mínima • Condicións especiais de conservación e/ou utilización • Nome ou razón social e o enderezo do operador alimentario • Modo de emprego, no seu caso • A data de conxelación, cando cumpra
COMERCIALIZACIÓN DE AVES DE CURRAL E LAGOMORFOS Real Decreto 1086/2020, do 9 de decembro, polo que se regulan e flexibilizan determinadas condicións de aplicación das disposicións da Unión Europea en materia de hixiene da produción e comercialización dos produtos alimenticios e se regulan actividades excluídas do seu ámbito de aplicación (BOE Núm. 322. Xoves 10 de decembro de 2020)
SUBMINISTRACIÓN DIRECTA DE PEQUENAS CANTIDADES DE CARNE DE AVES DE CURRAL, DE LAGOMORFOS E DE CAZA SILVESTRE (Art. 19)
A subministración directa por parte do produtor de pequenas cantidades de carne fresca procedentes de aves de curral e lagomorfos sacrificados na explotación, destinados ao consumidor final ou a establecementos de comercio polo miúdo que lle fornecen directamente a devandita carne ao consumidor final poderase realizar cumprindo os requisitos relativos ao sacrificio en explotación. Poderán solicitar a autorización para o sacrificio: • As explotacións de paspallás e/ou perdices.
43
• As explotacións de aves de curral: »» Da especie Gallus gallus que utilicen un sistema de cría ecolóxico »» As explotacións avícolas de carne con formas de cría Campero tradicional e Campero criado en total liberdade »» As explotacións de lagomorfos que posúen menos de cincuenta nais ou que producen en réximes de calidade recoñecidos Os titulares de explotacións gandeiras que desexen acollerse a esta excepción deberán solicitarlle á autoridade competente da comunidade autónoma, con carácter previo ao comezo da súa actividade, autorización para o sacrificio na explotación das aves e lagomorfos. Os titulares das explotacións gandeiras acompañarán a solicitude de autorización da actividade que desexen realizar con, polo menos, os seguintes datos: o seu nome ou razón social, o NIF, NIE ou CIF, a sede do establecemento e a xustificación do cumprimento dos requisitos das explotacións gandeiras previstos no apartado 1. Os produtores que se acollan a esta excepción poderán sacrificar na súa explotación só animais criados na propia granxa, e a estancia mínima dos animais na explotación antes do sacrificio será de, polo menos: • En aves de curral da especie Gallus gallus: a metade do período mínimo de cría nos sistemas de cría que poidan acceder a esta excepción • En paspallás: 20 días • En perdices: 50 días • En lagomorfos: 35 días Ademais, establécense os seguintes límites para o número de animais sacrificados: • Para as explotacións de aves de curral da especie Gallus gallus, o límite de sacrificio será de 500 aves por semana, cun máximo de 25.000 aves ao ano. • Para as explotacións de perdices e paspallás, o límite de sacrificio semanal e anual será o dobre que os límites establecidos na letra a). • Para as explotacións de lagomorfos, o límite de sacrificio será de 300 por semana, cun máximo de 15.600 lagomorfos ao ano.
Autóctonas Galegas Número 14
44
COMERCIALIZACIÓN
No caso de produción estacional, o operador poderá solicitar permiso escrito á autoridade competente da comunidade autónoma para superar as cifras semanais anteriores, aínda que non o límite anual. No caso dos animais certificados como produción ecolóxica deberá cumprirse cos períodos de conversión e os límites de sacrificio establecidos no Regulamento (CE) 834/2007 do Consello, de 28 de xuño de 2007, sobre produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos e polo que se derroga o Regulamento (CEE) n.º 2092/91, ou, unha vez que entre en aplicación, no Regulamento (UE) 2018/848 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio de 2018, sobre produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos e polo que se derroga o Regulamento (CE) n.º 834/2007 do Consello. Requisitos adicionais ao anexo II do Regulamento (CE) n.º 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, de 29 de abril de 2004. As explotacións autorizadas para o sacrificio de aves de curral ou lagomorfos criados na súa propia explotación deberán cumprir co establecido no Regulamento (CE) n.º 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, de 29 de abril de 2004, tendo en conta que se trata de operadores de empresa alimentaria que interveñen en fases posteriores á produción primaria e ás súas actividades conexas. Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos: • Os animais enfermos ou que se sospeite que o estean e os sacrificados en aplicación de programas de erradicación ou control de enfermidades non poderán sacrificarse nas instalacións destinadas ao sacrificio de animais para o consumo humano, salvo casos excepcionais autorizados expresamente pola autoridade competente da comunidade autónoma. • Disporán de zonas separadas para o aturdimento e sangrado, e para o escaldado e desplumado en aves ou o desollado en coellos. • Disporán dunha sala independente para a evisceración e faenado, salvo cando as devanditas operacións se realicen en momentos diferentes e se adopten medidas para evitar o risco de contaminación. • Disporán dunha sala independente para, no seu caso, o despezamento das canais. No entanto, o despezamento poderase realizar na sala de evisceración en momentos diferentes e previa limpeza. Autóctonas Galegas Número 14
• As operacións de aturdimento, sangrado, desollado, desplumado, evisceración e outros traballos levaranse a cabo sen demoras innecesarias, evitando a contaminación da carne. En especial, deberanse tomar as medidas oportunas para impedir que durante a evisceración se derrame o contido do tubo dixestivo. • Disporán de equipos que permitan a desinfección dos utensilios empregados para o sacrificio e o faenado. • Disporán de cámaras frigoríficas suficientes, que aseguren o mantemento da carne producida a unha temperatura igual ou inferior a 4 ºC. • Comercializarán os canais e, no seu caso, os despezamentos como carne fresca refrixerada, e non está permitida a súa conxelación. • Os canais e os seus cortes comercializaranse sempre a unha temperatura entre 2 e 4 ºC. • Os canais e, no seu caso, os despezamentos levarán unha marca de identificación que será rectangular, incluirá a lenda «VENDA LOCAL» e o número de autorización do establecemento; fixarase directamente no produto, no envase ou na embalaxe, ou ben poderá estamparse nunha etiqueta fixada a calquera dos tres.
CONDICIÓNS DA COMERCIALIZACIÓN
A subministración directa poderase realizar: • Directamente polo produtor ao consumidor final na propia explotación ou en mercados ocasionais ou periódicos, e está permitida a repartición a domicilio, pero non o envío destes produtos por correspondencia.
• Directamente polo produtor, e sen intermediarios, a establecementos de comercio polo miúdo permanentes que fornecen directamente ao consumidor final. • A distancia entre a explotación e os mercados ou establecementos non poderá superar os 100 quilómetros. No entanto, en rexións con limitacións xeográficas especiais, ou no caso de rexións insulares, a autoridade competente da comunidade autónoma poderá autorizar a comercialización nun raio superior dentro do territorio da comunidade autónoma. Sen prexuízo do establecido na normativa xeral sobre a información alimentaria dos produtos alimenticios facilitada ao consumidor, o produtor deberá facilitarlle ao comprador un documento no que figure: • O número de inscrición da explotación no Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias (RGSEAA) onde consta a autorización para o sacrificio na explotación. • A descrición da mercadoría. • O peso neto do produto e a data de sacrificio. De maneira excepcional, poderase autorizar a venda directa por parte do produtor ao consumidor final en feiras ou eventos de características similares fóra do ámbito descrito nos puntos anteriores. O produtor deberá portar a devandita autorización para mostrala a requirimento dos servizos de control oficial no lugar de venda.
NOVAS BOAGA
UN RABAÑO DE OVELLA GALEGA, PROTAGONISTA DUN OBRADOIRO ARTÍSTICO O 8 de decembro de 2020 Sil Producciones, Artes en Movimiento realizou un obradoiro artístico na gandería de Ovella Galega Finca A Tellada, situada en Nogueira de Ramuín (Ourense). O que pretendían con esta iniciativa era ofrecerlles aos paisanos do rural galego a oportunidade de achegarse á arte con cousas que lles poden ser cotiás. Grazas a este evento gravouse un documental
no que a Ovella Galega tivo un papel protagonista.
CHARLAS DIVULGATIVAS DA OVELLA GALEGA E A CABRA GALEGA NO CIFP A GRANXA A directora técnica das asociacións de Ovella Galega e Cabra Galega, Silvia Adán, impartiu o 9 de decembro de 2020 unhas charlas divulgativas sobre estas dúas razas autóctonas galegas aos alumnos da promoción 2019-2021 do ciclo de Produción Agroecolóxica do Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa, situado en Ponteareas, na provincia de Pontevedra. Os oíntes, futuros profesionais do campo e a gandería, mostráronse moi interesados nos traballos que se están a facer con estas razas e nas posibilidades que poden ofrecer como saída laboral.
45
A CABRA GALEGA E A GALIÑA DE MOS, PRESENTES NA FEIRA DO 12 DE BECERREÁ O 12 de decembro de 2020, a praza do Concello de Becerreá (Lugo) acolleu a tradicional Feira do 12, recuperando así un encontro que levaba décadas sen celebrarse. Dende o mediodía, os asistentes tiveron a oportunidade de percorrer numerosos postos con produtos da comarca, entre os que se atopaban dous produtores de razas autóctonas do concello de Becerreá, Granxa Teixeiro y Pistón, criador de Cabra Galega e operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona, e Carlos Pereira (Pitas das Chas), criador de Galiña de Mos e tamén operador autorizado para o uso do mencionado logotipo. Ambos os dous acudiron cunha selección dos produtos que venden e información das súas respectivas razas. No caso de Pitas das Chas tamén expuxo animais vivos para a venda.
CHARLA SOBRE A GALIÑA DE MOS NA ESCOLA DE AGRICULTURA ECOLÓXICA DE VILASANTAR A finais do ano pasado, na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar (A Coruña) da Asociación Raíña Paraíso, falouse da Galiña de Mos. Foi o día 18 de decembro, cando o criador de Avimós José Zapata Sánchez, da granxa Chousa do Lea de Castro de Rei (Lugo), lles explicou aos asistentes o fundamental sobre a raza, a súa crianza e os produtos da súa granxa.
Autóctonas Galegas Número 14
46
VÍDEO DE PROMOCIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS NA TVG Con motivo das festas de Nadal, dende Boaga impulsamos a elaboración dun vídeo de promoción das nosas razas, que se emitiu na Televisión de Galicia. Ligazón ao vídeo:
NOVAS BOAGA
AVIMÓS CUMPRE 20 ANOS! No mes de febreiro celebramos o vixésimo aniversario da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós), fundada en Vilalba (Lugo) o 12 de febreiro de 2001 con sete socios fundadores. Parabéns a todos os que nalgún momento formaron e forman parte desta gran familia!
Galo mercado en Lugo por 5.000 pesetas no ano 2000. Un dos mellores exemplares atopados
PRESENTACIÓN DUN VÍDEO DIVULGATIVO DOS PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS No mes de marzo vía a luz un vídeo elaborado pola Fundación TIC sobre as razas autóctonas galegas e o traballo que desenvolvemos dende Boaga.
GRAVACIÓN NA GRANXA ARTESANAL CHOUSA DO LEA O 14 de xaneiro de 2021 participamos na gravación dun vídeo da Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, sobre as nosas razas autóctonas. A protagonista foi, neste caso, a Galiña de Mos e o escenario elixido, a granxa Chousa do Lea, do criador José Zapata. Na peza audiovisual tamén interviron o presidente de Avimós e directivo de Boaga, Francisco Monasterio, e o director técnico da asociación, Diego Rois.
Autóctonas Galegas Número 14
A execución deste proxecto foi posible grazas á colaboración da Deputación de Lugo, a cal, debido a que no ano 2020 non se puido realizar a feira Expolugo, nos axudou a darlles promoción ás nosas razas e aos seus produtos a través do logotipo 100% Raza Autóctona, motor de desenvolvemento
socioeconómico de moitas familias de explotacións gandeiras. Ligazón ao vídeo:
ASISTIMOS A UN ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS AGROGANDEIRAS IMPULSADO POLA DEPUTACIÓN DE LUGO A Área de Medio Rural, do Mar e Mocidade da Deputación de Lugo reuniu o 9 de abril ás asociacións agrogandeiras máis importantes da provincia, a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel), a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), a Asociación Pura Raza Cabalo Galego (Puraga) e mais nós mesmos, a Federación de Razas Autóctonas de
Galicia (Boaga), nun acto celebrado no Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla), situado no concello de Láncara, no que se fixo balance das iniciativas emprendidas conxuntamente durante o último ano para paliar o impacto da crise sanitaria no sector. Alí estivemos intercambiando experiencias enriquecedoras para o rural galego.
NOVAS BOAGA
O PROGRAMA LABRANZA HOMENAXEA O NOSO COMPAÑEIRO E AMIGO PEPE DE CIMADEVILA Na TVG, o programa Labranza, encabezado por Manuel Cruz, fíxolle unha sentida homenaxe a Pepe de Cimadevila, presidente da Asociación de Criadores da Raza Bovina Vianesa (Vianega) e da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), gran gandeiro e defensor das razas autóctonas galegas, e aínda mellor persoa. Ligazón ao programa, que se emitiu o sábado 22 de maio:
47
NACEMENTO DE POLIÑOS MOS NO PAI DE VALDOVIÑO O pasado 11 de maio producíase o nacemento de poliños da raza Galiña de Mos no Punto de Atención Infantil de Valdoviño (A Coruña) ante a impaciencia e a expectación dos cativos do centro, os cales desfrutaron moito coa experiencia. Posteriormente, foron eles mesmos os encargados de coidar e vixiar o crecemento dos poliños.
XORNADAS GASTRONÓMICAS DE GALIÑA DE MOS NO FORNO DE TOVAR O Forno de Tovar, en Lourenzá (Lugo), acolleu do 13 ao 30 de maio unhas xornadas gastronómicas de Galiña de Mos organizadas, conxuntamente, pola granxa Chousa do Lea e o propio restaurante. Despois de varios meses de restricións por mor da pandemia, esta iniciativa animaba a desfrutar de novo das bondades dos produtos da raza na hostalería.
A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA, PRESENTES NO II CONGRESO … E PARA COMER, LUGO NO CAMIÑO O 20 de maio o stand de Galicia en Fitur, a Feira Internacional de Turismo de Madrid, acolleu a presentación do II Congreso Gastronómico e Cultural … E Para Comer, Lugo no Camiño, a cargo do presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real. Tratouse dunha xornada gastronómica dos Camiños a Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo, celebrada o 29 de maio na cidade amurallada no marco do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, na que estiveron presentes as razas Galiña de Mos e Ovella Galega.
VISITA A UNHA GRANXA DE GALIÑA DE MOS DENTRO DUN CURSO DE FORMACIÓN As xornadas abertas organizadas no mes de maio polo Sindicato Labrego Galego na Terra Chá contaron coa visita a unha granxa de Galiña de Mos, a de Francisco Monasterio (Aves do Concello), en Vilalba. Alí, durante 90 minutos, establecemos unha conversa cos visitantes sobre a nosa raza e os métodos de manexo na avicultura artesanal.
Autóctonas Galegas Número 14
NOVAS BOAGA
48
A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA, NUN CONGRESO GASTRONÓMICO E CULTURAL O 29 de maio de 2021, asistimos en Lugo ao II Congreso Gastronómico e Cultural ... E Para Comer, Lugo, unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia, onde a Galiña de Mos e a Ovella Galega estiveron presentes.
O cociñeiro Javi Estévez, con estrela michelín no seu restaurante La Tasquería, de Madrid, cociñou patas de Galiña de Mos crocantes con espuma de queixo San Simón. Unha maneira máis de aproveitar todas as partes posibles dos nosos animais.
A LONXEVA CACHENA MORIA CÓASE NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN No mes de maio, o exemplar de raza Cachena Moria daba o salto a varios medios escritos e audiovisuais por converterse na vaca viva máis lonxeva de toda Galicia. Moria ten 24 anos, o equivalente a 130 dun humano, e, de seguir así, cumprirá un cuarto de século en febreiro de 2022. Os seus propietarios, Miguel Ángel Pernas e Rebeca Yáñez, da gandería Tras do Río, de Ortigueira (A Coruña), decidiron non sacrificala, polo que quedará na explotación ata que morra de xeito natural. Trátase dun animal ao que lle teñen moito cariño, pois o seu carácter é moi dócil e apracible, e ao longo da súa vida pariu trece tenreiros. Tal acontecemento non pasou desapercibido polos medios de comunicación, que primeiro lle fixeron unha ampla reportaxe no xornal 21 Noticias e posteriormente a fixeron protagonista do programa da Televisión de Galicia Luar, ao cal asistiu Miguel Ángel Pernas para ser entrevistado polo presentador deste espazo, Xosé Ramón Gayoso. Falaron sobre a propia vaca e a súa historia, así como sobre as características e calidades dos animais de raza Cachena e o labor que se está a facer coas razas autóctonas en Galicia. Podedes ver tanto a reportaxe coma o programa nos seguintes enlaces: Autóctonas Galegas Número 14
Reportaxe no diario 21 Noticias:
Entrevista no Luar:
NOVA EDICIÓN DAS XORNADAS DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA NO RÍO LEA A partir do 28 de maio e durante todo o mes de xuño, os clientes do restaurante Río Lea de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei, Lugo) tiveron a ocasión, un ano máis, e xa van nove, de degustar o saboroso cordeiro de raza Ovella Galega 100%. A carne procedía da gandería Torre de Arcos SC, de Outeiro de Rei.
NOVAS BOAGA
49
NO CEI DOLORES RAMOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA NACERON POLIÑOS MOS Uns días antes do remate do curso escolar 2020-2021, no Centro de Educación Infantil Dolores Ramos de Santiago de Compostela naceron poliños de Galiña de Mos. O día do acontecemento, que se produciu o 11 de xuño, fomos polas diversas aulas do centro para impartir unhas charlas, mostrándolles aos nenos un galo e unha galiña da raza que fixeron as súas delicias, así como a incubadora onde se lograron os nacementos. Outra experiencia moi gratificante!
O MESÓN A PITANZA ACOLLEU UNHAS XORNADAS DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA Do 4 ao 20 de xuño sumamos á lista unha nova localización para degustar o cordeiro de raza Ovella Galega, esta vez en Pontedeume (A Coruña), no restaurante A Pitanza. A gandería As Blancas, de Miño, uniu sinerxías co establecemento hostaleiro para a celebración destas primeiras xornadas gastronómicas.
ALUMNOS DO CIFP FERROLTERRA DESEÑARON UNHA INCUBADORA Un grupo de alumnos do ciclo de FP Básica de Electricidade e Electrónica do Centro Integrado de Formación Profesional Ferrolterra deseñaron unha incubadora para o nacemento de poliños da raza Galiña de Mos, a cal foi finalista no Maker Faire Galicia 2021, unha feira de innovación das máis importantes de Europa. Dende Boaga colaboramos neste proxecto con diverso material divulgativo entre os alumnos e na ligazón de abaixo mediante QR pódese ver como foi todo o proceso, desde a fabricación da máquina ata vídeos do nacemento.
DEGUSTACIÓN DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA EN O FORNO DE TOVAR O restaurante O Forno de Tovar de Lourenzá (Lugo) volveu apostar pola calidade e o sabor das nosas razas autóctonas coa celebración dunhas xornadas gastronómicas de cordeiro de Ovella Galega nos meses de xuño e xullo. Os animais procederon da gandería Explotacións Gandeiras Soli, de Alfoz.
Esta iniciativa tivo un impulsor destacado, o profesor do CIFP Ferrolterra Miguel Martínez Modroño, criador da raza Galiña de Mos. Ligazón á web do proxecto:
Autóctonas Galegas Número 14
50
NOVAS BOAGA
PRESENTACIÓN DOS PRODUTOS GALEGOS EN LA VUELTA CICLISTA A ESPAÑA 2021 Invitados pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), a finais de xullo asistimos á presentación do posto … E para comer, Lugo en La Vuelta Ciclista a España, que, da man de Turismo de Galicia, regresou por novena vez á zona de patrocinadores situada na saída das 21 etapas da competición deportiva. Esta é, sen dúbida, unha excelente oportunidade para darlles visibilidade
A OVELLA GALEGA, UN ANO MÁIS, EN ARTESANATO O criador de Ovella Galega e operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega Xoán González Alonso participou o pasado 5 de agosto na segunda edición de Artesanato, a feira de artesanía da Mezquita, coa súa marca Granxa A Ciruxana.
aos produtos galegos de calidade, entre os que se atopan os produtos 100% Raza Autóctona Galiña de Mos e 100% Raza Autóctona Ovella Galega.
SINERXÍAS 100% RAZA AUTÓCTONA LIMIÁ ENTRE GANADERÍA BALÍN E O RESTAURANTE ZONA FRANCA O restaurante Zona Franca de Vilar de Santos (Ourense) volveu abrir as súas portas o 19 de xullo despois de permanecer pechado durante moitos meses por mor da pandemia, e fíxoo ao grande, ofrecendo tanto no seu menú como á carta carne de raza Limiá procedente de Ganadería Balín. Ambos os dous, a gandería e o establecemento hostaleiro, son operadores autorizados para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Limiá, unha gran noticia para os amantes dos produtos das nosas razas autóctonas. Ademais, con motivo do aniversario de Zona Franca celebraron unhas xornadas gastronómicas, as cales supuxeron unha excelente oportunidade para degustar pratos tan interesantes como Limiá á bourgignone, redondo de Limiá rustrido, baleiro de Limiá, entrecosto de Limiá á pedra e asado de tira de Limiá, propostas moi interesantes con carne tamén procedente de Ganadería Balín e que tiveron moito éxito.
LUCIMENTO DA GALIÑA DE MOS NA FESTA DA MALLA EN LÁNCARA Autóctonas Galegas Número 14
Parabéns pola excelente iniciativa e polo bo traballo!
O 8 de agosto celebrouse en Láncara (Lugo) a Festa da Malla, á que acudiu a criadora de Galiña de Mos Sandra López, de Granxa Aeiroá, cun posto informativo e animais vivos da raza.
Xoán puxo á venda no seu posto cordeiro de Ovella Galega procedente de animais da súa explotación, situada en Vilariño de Conso (Ourense), e ofreceu degustación de produtos 100% Raza Autóctona Ovella Galega, así como información da raza e mais da súa gandería. Sen dúbida, unha boa mostra de como comercializar produtos de proximidade das nosas razas autóctonas.
NOVAS BOAGA
51
A CACHENA SABOREOUSE NA MOSTRA DE ARTESANÍA DE AGOLADA Os días 11 e 12 de agosto celebrouse nos pendellos de Agolada (Pontevedra) a tradicional Mostra de Artesanía organizada polo Concello, na que participou Cachenas Cas Fidalgo, unha das nosas ganderías da raza e operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Cachena. Á fronte do stand estivo Alejandro García, quen repartiu abondosa información da raza e puxo á venda a súa hamburguesa Cachenas Cas Fidalgo, composta por
carne de Cachena, leituga e ceboliña en pan caseiro, e acompañada de patacas e sobremesa caseira. Todo un éxito!
PROMOCIÓN DA GALIÑA DE MOS NAS XORNADAS ‘SABOREA A TÚA PROVINCIA’
A GALIÑA DE MOS, NA FEIRA DO ANO DO CORGO
O presidente de Avimós, Francisco J. Monasterio, e o director técnico, Diego Rois, participaron o 21 de agosto en Guitiriz e o 29 de agosto na Pobra de San Xiao (Láncara) nas xornadas gastronómicas ‘Saborea a túa provincia’, impulsadas pola Deputación de Lugo, cunha presentación divulgativa sobre a raza Galiña de Mos e
os seus produtos. Na Pobra, ademais, o cociñeiro do restaurante Mesón Colón de Lugo preparou un galo de Mos en tres coccións con espuma de queixo de San Simón que os asistentes tiveron a ocasión de degustar de xeito gratuíto. Unhas xornadas máis para dar a coñecer a calidade dos produtos das razas autóctonas!
A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA, PRESENTES EN LA VUELTA COA APEHL
Estivemos presencialmente en Sanxenxo e do delegado da Xunta de Galicia en (Pontevedra) o día 4 de setembro, no posto Pontevedra, Luis López Diéguez. da marca ... E para comer, Lugo, na saída de La Vuelta Ciclista a España, un evento no que estivemos acompañados polo conselleiro do Medio Rural, José González,
O 29 de agosto, a Galiña de Mos estivo na Feira do Ano do Corgo (Lugo) da man de Sandra López, de Granxa Aeiroá, que presentou varios exemplares e lles ofreceu información da raza a todas aquelas persoas que lla solicitaron.
Este ano, despois do obrigado parón de 2020, participamos novamente en La Vuelta Ciclista a España, que se celebrou dende o 14 de agosto ata o 5 de setembro, xunto coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), en cuxo stand promovemos os produtos das razas Ovella Galega e Galiña de Mos. Autóctonas Galegas Número 14
52
NOVAS BOAGA
MOITA ILUSIÓN NA NOSA VOLTA Á SEMANA VERDE
Semana Xantar Verde 2020 2021
Durante a celebración da 43.ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que tivo lugar os días 3, 4 e 5 de setembro de 2021, diversos exemplares de animais vivos das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos estiveron expostos no pavillón de gandería da feira e, de todas elas, houbo unha alta representación; por iso, dende Boaga queremos felicitar a todos os criadores participantes, pois despois dun parón de ano e medio volvemos con máis ganas ca nunca á celebración das feiras agrogandeiras! No pavillón destinado á gandería puidéronse ver animais das oito razas autóctonas dos seguintes criadores: • Raza Cachena: presentaron os seus animais as ganderías de José Antonio Calvo Paredes, María Rebeca Yáñez Candamil, Gonzalo Seoane Prado e Jordi Ánguez Grases. • Raza Caldelá: participou Juan Manuel Lage Cid. • Raza Frieiresa: participaron José Rodríguez Teijeiro e Roberto Louzán Alonso. • Raza Limiá: participou Jesús Pardal Castro. • Raza Vianesa: participaron Roberto Lago Lago e María Concepción Gómez Fernández. • Raza Ovella Galega: participaron Álvaro Rodríguez Rodríguez, David González Rojo e Xoán González Alonso.
Exemplares de Cabra Galega
Autóctonas Galegas Número 14
Exemplares de Galiña de Mos
Exemplares de Ovella Galega
Exemplares de Limiá
NOVAS BOAGA
53
Semana Xantar Verde 2020 2021
• Raza Cabra Galega: participaron Ovidio Rojo Núñez, Jaime Elías Fernández Sanjurjo e Dolores García Sánchez. • Raza Galiña de Mos: participaron Francisco José Monasterio Solveira, José Zapata Sánchez, Sandra López López, José Rodríguez González, Lourdes Mulet Abeledo, Gonzalo Rodríguez Lamblín, Luis Fernández Fernández, Álvaro Rodríguez Rodríguez, M.ª José Castro Abonjo, Víctor Amable Fontán Álvarez, M.ª Luz Gómez Fernández, Rubén Jordedo Vázquez, Remedios Noche Lozano, Eder Méndez Martínez e José Luis Freire Castedo.
Exemplares de Vianesa
Exemplar de Cachena
Exemplares de Frieiresa
Exemplares de Caldelá
MERCADO DE AVES VIVAS Tres criadores estiveron presentes en Silleda para mostrar o tradicional mercado de aves vivas, en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia. Nesta ocasión participaron Gonzalo Rodríguez Lamblín, Sandra López (de Granxa Aeiroá) e Mari Luz Gómez (de Granxa O Castiñeiro).
Autóctonas Galegas Número 14
NOVAS BOAGA
54
GRANDE ÉXITO NA PROMOCIÓN E VENDAS DO SELO 100% RAZA AUTÓCTONA NO ESPAZO ‘DE NÓS A VÓS’ Dende xa hai case unha década Boaga habilitou o espazo chamado ‘De nós a vós’, no marco do Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat), co fin de que os produtores das distintas razas autóctonas que así o desexen teñan o seu espazo de encontro para poder levar a cabo contactos e promover as súas razas durante a Semana Verde. Na edición deste ano expuxeron productos 100% Raza Autóctona os seguintes criadores: • Ganadería Balín, de Antonio Pérez, con produtos da raza Limiá • Cachenas de Pantón, de María del Carmen Álvarez, con produtos da raza Cachena e Galiña de Mos • Cachenas de San Breixo, de Jordi Ánguez, con produtos da raza Cachena e Galiña de Mos • Explotación Juan M. Lage, de Juan Manuel Lage, con produtos da raza Caldelá • Gandería Tras do Río, de Rebeca Yáñez, con produtos da raza Cachena e Galiña de Mos • Granxa Castro de Madrosende, de María José Castro, con produtos da raza Galiña de Mos • Aves do Concello, de Francisco Monasterio, con produtos da raza Galiña de Mos • Chousa do Lea, de José Zapata, con produtos da raza Galiña de Mos
Autóctonas Galegas Número 14
Semana Xantar Verde 2020 2021 • Granxa Aeiroá, de Sandra López, con produtos da raza Galiña de Mos • A Granxa de Lola, de Víctor Fontán, con produtos da raza Galiña de Mos • Granxa Pitagudín, de Rubén Jordedo, con produtos da raza Galiña de Mos • O Agro, de Roberto Louzán, con produtos das razas Caldelá e Frieiresa • Granxa A Ciruxana, de Xoán González, con produtos da raza Ovella Galega
NOVAS BOAGA
55
Todos eles promoveron as súas razas e os produtos do logotipo 100% Raza Autóctona, ao tempo que fixeron moitos contactos comerciais para a venda de produto. Moitos parabéns!
Semana Verde 2021
Ganadería Balín
Cachenas de San Breixo
Aves do Concello
Cachenas de Pantón
Granxa Castro de Madrosende
Granxa Aeiroá
Gandería Tras do Río
Granxa Pitagudín
Gandería O Agro Nas seguintes ligazóns podedes ver os vídeos que levamos a cabo para a promoción dos produtos e o logotipo de raza autóctona no Salimat:
Chousa do Lea
A Granxa de Lola
Granxa A Ciruxana
Explotación Cachenas J. M. Lage de Pantón
Aves do Concello
A Granxa de Lola
Cachenas de San Breixo
Ganadería Castro de Balín Madrosende
Roberto Louzán
Explotación Juan M. Lage Aeiroá
A Ciruxana
Tras do Río
Autóctonas Galegas Número 14
NOVAS BOAGA
56
TAPIRAZAS PENDURA O CARTEL DE “COMPLETO” OS TRES DÍAS DA FEIRA
Semana Xantar Verde 2020 2021
Nesta edición o restaurante Tapirazas quedou pequeno ante a inesperada afluencia de público asistente; tanto foi así que se esgotaron os menús previstos para os tres días de feira, os cales foron servidos polo cociñeiro Antonio Díaz, de AUTGA Autóctonas.
Cabrito de raza Cabra Galega asado no forno
Entrecosto de tenreira de raza Caldelá con verduriñas á grella
Empanada de liscos de raza Porco Celta
Ovos rotos de raza Galiña de Mos con xamón de raza Porco Celta
Croquetas de ovos fritidos de raza Galiña de Mos con chourizo de raza Porco Celta
Carne ao caldeiro de tenreira das razas Caldelá e Vianesa
Carbonara flamande de tenreira de raza Caldelá e de boi de raza Limiá
Posta de croca de tenreira de raza Cachena á grella
Callos de tenreira de raza Cachena
Cordeiro de raza Ovella Galega asado no forno
Galo de raza Mos estufado a baixa temperatura
Minihamburguesas 100% tenreira de raza Frieiresa con queixo DO Arzúa-Ulloa
Autóctonas Galegas Número 14
NOVAS BOAGA
OS OVOS DE GALIÑA DE MOS, PROTAGONISTAS DO CONCURSO POPULAR DE TORTILLA ESPAÑOLA DOP BAENA
57
Semana Xantar Verde 2020 2021
No transcurso da feira, a asociación Avimós colaborou coa DOP Aceites de Baena no Concurso Popular de Tortillas, que se celebrou no Salimat. Un total de once participantes cociñaron as súas tortillas de pataca con ovos da Galiña de Mos. María López Núñez, de Aeiroá Galiña de Mos, e Silvia Donsión, de Avicultura Artesanal Pitagudín, demostraron a súa experiencia coa elaboración dunhas excelentes tortillas de pataca cos ovos da nosa raza autóctona. No xurado participou o presidente de Avimós, Francisco J. Monasterio Solveira.
IMPORTANTE LABOR DE PROMOCIÓN! 1. Realizamos un directo dende o pavillón de gandería, onde participou o director de Boaga, José Ramón Justo Feijóo:
1
2. Emitimos un directo dende o Facebook da páxina de Boaga con Antonio Díaz, que se pode ver na seguinte ligazón: 3. Tamén podedes ver un vídeo resumo do paso da Federación e dos criadores pola Semana Verde e por Salimat para promover as razas e os seus produtos:
2
3
Autóctonas Galegas Número 14
58
NOVAS BOAGA
BOAGA FAISE CO PREMIO AGADER 2021 NA CATEGORÍA DE DESENVOLVEMENTO RURAL NO SECTOR AGROGANDEIRO
XII Premios Agader
O día 24 de setembro o conselleiro do Medio Rural, José González, presidía na localidade lucense de Sarria a entrega de galardóns aos gañadores da 12.ª edición dos Premios ao Desenvolvemento Rural que promove a Xunta de Galicia. Nese acto recoñécese o labor de oito asociacións, empresas ou particulares que sobresaíron como as mellores iniciativas a prol do desenvolvemento no ámbito rural da nosa comunidade. No devandito acto o conselleiro salientou a cantidade de proxectos presentados este ano, 82 candidaturas, 16 máis que na pasada edición. Entre as oito entidades seleccionadas, este ano estaba incluído o nome da nosa federación, en concreto no apartado do Sector Agrogandeiro, un premio, en palabras do propio conselleiro, “como recoñecemento á contribución que dende hai vinte anos a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga fai na defensa e potenciación das razas gandeiras autóctonas galegas en perigo de extinción”. Así, a proposta actual de Boaga e das súas asociacións é a do desenvolvemento e a utilización sostible dos recursos con razas autóctonas a través do coñecemento, da valorización e dos usos do patrimonio natural e cultural, así como o fomento e a comercialización dos seus produtos. Queremos darlles as grazas á Consellería do Medio Rural e a todas as entidades e persoas implicadas no traballo que diariamente se fai para que as razas autóctonas e, sobre todo, as ganderías que traballan con este tipo de razas sexan rendibles e teñan unha boa perspectiva de futuro, porque cremos firmemente que “unha nova gandería é posible”. Podedes ver a entrega de premios na seguinte ligazón:
Listaxe de galardoados A relación dos galardoados nesta 12.ª edición, cuxo premio servirá para reinvestir en mellorar os proxectos ou para executar actuacións complementarias nas diferentes categorías, foi a seguinte:
Autóctonas Galegas Número 14
CATEGORÍA
CANDIDATURA
Mocidade
Sabalogal S.L. (aloxamento Abeiro da loba)
Paisaxe rural
Sociedade Cooperativa A Carqueixa
Proxectos de interese social
Asociación Ámbar
Turismo
Asociación Mariñas Betanzos
Sector agrogandeiro
Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga)
Mulleres
Cosmética Muuhlloa S.L.
Innovación tecnolóxica
Innogando S.L.
Recuperación e posta en valor da terra agraria
M.ª Dolores Vázquez Carballés
NOVAS BOAGA
59
RENOVADO O CONVENIO FINANCEIRO ABANCA-BOAGA 2021-2022 Abanca e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) renovaron o convenio financeiro, co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a viabilidade económica do sector primario galego. Este convenio é a continuación do asinado en anos anteriores con condicións renovadas e para un ano de duración dende a súa firma, que tivo lugar o 3 de setembro deste ano. O convenio facilita que os empresarios e os emprendedores asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anti-
cipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe o acceso a toda a oferta para o sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, os asociados adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de Abanca, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. Ademais, os socios e socias que teñan interese en adquirir algún produto ofertado no convenio deberán solicitarnos o certificado de pertenza á asociación correspondente e, posteriormente, achegarse á súa oficina de Abanca.
Para máis información podedes consultar o convenio, que temos publicado na nosa web e ao que podedes acceder a través desta ligazón:
AS NOSAS RAZAS, PRESENTES NO III COMITÉ DE SEGUIMENTO DO PROXECTO BIOHERITAGE A última semana do mes de setembro participamos no III Comité de Seguimento do Proxecto Bioheritage Interreg Sudoe, que se desenvolveu no lugar de El Rocío (Almonte, Huelva). Alí presentamos as estratexias que se están a levar a cabo coas razas autóctonas galegas. Cástor J. Rivero Martínez amosou os avances nos programas ex situ-in situ coas nosas razas, así como o traballo do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia en colaboración coas asociacións de criadores das razas autóctonas de Galicia. Tamén demos a coñecer os traballos que estamos promovendo dende a nosa federación na comercialización das nosas razas.
ao Parque Nacional de Doñana, onde puidemos apreciar a rusticidade da vaca das Marismas e o Cabalo Marismeño.
autóctonas impulsando a creación gourmet e diseminando prototipos de produtos que xa tiveran éxito anteriormente.
O proxecto Bioheritage Bioheritage é un proxecto que contribúe ao mantemento de gando de razas autóctonas como parte de espazos naturais protexidos. Con el proporciónanse ferramentas de xestión de espazos naturais, fomentando o turismo ao redor das razas autóctonas, a través de estratexias de promoción de gando autóctono nos parques. Ademais, potencia o comercio de produtos derivados das razas
Ademais da nosa entidade, participaron os socios da Deputación de Cádiz, a Deputación Provincial de Jaén, Agrominhota da Raça Minhota de Portugal, a Junta de Andalucía e os franceses Chambre de Commerce et D´industria du Gers, o Parc Naturel Régional Périgord-Limousin e o Parc Naturel Régional des Pyrénées Ariégeoises. Foi un interesante intercambio de experiencias entre socios franceses, portugueses e españois, cunha visita
Autóctonas Galegas Número 14
60
NOVAS BOAGA
AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS, EN EXPOLUGO 2021 A RURAL Os días 2 e 3 de outubro de 2021 achegámonos ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para participar en Expolugo 2021 A Rural, unha mostra agrogandeira na que non podían faltar as nosas razas autóctonas; en concreto, os asistentes puideron desfrutar da presenza das cachenas, galiñas de Mos, ovellas e cabras galegas, cun stand onde se repartiu material e información sobre as nosas razas. Tamén se levou a cabo unha degustación profesional de produtos galegos de calidade, onde se presentaron dous pratos de canelón de pito de Mos e bechamel trufada, elaborados por Diego López, do restaurante Bulló Xantar de Lugo, e tacos de costela cachena, kimchy e cebola encurtida, unha receita preparada por Héctor López, cociñeiro do restaurante España, sito tamén na capital lucense. Podedes botar un ollo ás presentacións nestas ligazóns:
A CABRA GALEGA ASISTE AO PROGRAMA QUEN ANDA AÍ? DA TVG O día 12 de outubro a raza Cabra Galega entrou no programa Quen anda ahí? da TVG grazas á Granxa Os Ares de Ferrol, que asistiu a este magazine para que os espectadores puidesen coñecer un pouco máis sobre as súas calidades e sobre o importante labor de limpeza e rozado que realiza no medio rural.
LUCIMENTO DAS NOSAS RAZAS NA I EXPOSICIÓN AGROGANDEIRA DE TREVINCA A fin de semana do 9-10 de outubro viaxamos ata a montaña ourensá para aproveitar a oportunidade de mostrar as nosas razas autóctonas na I Exposición Agrícola e Gandeira de Trevinca, que se celebrou no concello ourensán da Veiga. Durante os dous días que durou a feira amosamos varios exemplares das razas autóctonas galegas; en concreto, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos. En representación desta última estiveron os lotes das galiñas de Vicente Lameiro, do concello da Veiga; de María Elisa Camino, que veu dende o concello do Bolo, e de Ana Belén Losada, propietaria da Granxa Artesanal Os Chambras, proveniente do municipio de Manzaneda. Pola súa parte, O Inorde participou con senllos lotes de Ovella Galega e Cabra
Autóctonas Galegas Número 14
Galega. Ademais, montamos un stand no cal repartimos abundante material publicitario entre o público asistente.
NOVAS BOAGA
… E NA FESTA DA PATACA DE VILAR DE BARRIO O 10 de outubro tamén levamos animais de razas autóctonas galegas para participar na 41.ª edición da Festa da Pataca, que se celebrou no municipio ourensán de Vilar de Barrio. Alí organizamos unha mostra na que se puideron ver exemplares das razas Caldelá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega. Nela participaron os criadores Ana Belén López Baz e Sergio Basalo Gómez, con animais de Vianesa das súas ganderías; Celso Basalo Gómez representou a raza Caldelá cos seus animais e o Inorde levou animais das razas Ovella Galega e Cabra Galega. Como facemos habitualmente, ademais da presenza de animais vivos, montamos un posto no cal se repartiu publicidade co obxectivo de dar a coñecer as nosas razas autóctonas galegas entre as persoas asistentes á feira.
61
A GALIÑA DE MOS, DE FEIRA EN MONTERROSO O 1 de novembro a Galiña de Mos participou na Feira de Santos que se organiza en Monterroso nesa data desde tempos históricos. Alí estiveron os criadores da granxa MosUlloa con exposición e venda de exemplares e ovos.
O CORDEIRO DE OVELLA GALEGA ESTACHE BO! A carne da raza Ovella Galega converteuse en protagonista do programa de cociña Estache bo (TVG), que foi emitido o pasado 4 de novembro.
A GALIÑA DE MOS, NO XVI CONCURSO DE TAPAS DE LUGO Tras a súa suspensión o pasado ano debido á pandemia, este outono as tapas máis deliciosas e orixinais volveron aos bares de Lugo para competir na XVI edición do seu xa tradicional Concurso, que se celebrou na capital lucense entre o 5 e o 21 de novembro. Na listaxe de establecementos concursantes non faltou a representación das razas autóctonas. Nesta ocasión foi o restaurante Bulló Xantar o que apostou por unha proposta de canelón de polo Mos e bechamel trufada que, sen dúbida, fixo as delicias dos comensais que se achegaron a saboreala!
Ademais da visita dos reporteiros ao socio Finca A Tellada en Nogueira de Ramuín (Ourense), o condutor do popular espazo culinario, Xoanqui Ameixeiras, preparou unha deliciosa e sinxela receita elaborada con pa de cordeiro de raza Ovella Galega, acompañada con arroz salvaxe.
Ligazón ao programa:
Autóctonas Galegas Número 14
62
NOVAS BOAGA
O CCG HOMENAXEA AS MULLERES RURAIS NA FIGURA DE NIEVES FERNÁNDEZ
Consello da Cultura Galega Santiago de Compostela Xoves, 21 de outubro de 2021
Dende hai uns anos o Consello da Cultura Galega (CCG), a través do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), organiza a Xornada de Pioneiras e Andainas co obxectivo de poñer en valor a vida e a biografía dunha muller representativa e destacada no ámbito galego. Como ben apunta o CCG, este ano apostou por poñer o foco sobre o rural e as súas mulleres, para recoñecer, a través da posta en valor do seu traballo, a importancia do rural para a economía
Nieves Fernández Vidueira, a irmandade coa natureza Nieves defínese como unha“pastora de Ovella Galega”, pero, ao indagar na súa biografía, podemos descubrir as múltiples facetas das que dispón a maiores: é escritora, fotógrafa, tallista da madeira, deseñadora e creadora de traxes, disfraces e máscaras de Entroido etc. Ademais, forma parte da Xunta Directiva de Asovega como secretaria-tesoureira dende o ano 2006, un labor que leva a cabo de forma excepcional ao ser unha grande embaixadora da gran familia das razas autóctonas galegas. Nesta ligazón podedes consultar a cartografía realizada polo Consello, que ofrece un completo percorrido pola súa vida e obra ao longo destes anos:
Autóctonas Galegas Número 14
do país, para o futuro da nosa sociedade, como espazo do que nace unha parte importantísima da nosa cultura e da nosa identidade. Por iso, nesta ocasión a elixida foi Nieves Fernández Vidueira, sen dúbida, unha muller activa e unha figura fundamental no mundo rural. A homenaxe, coordinada por Rosa Arcos e Luzia Oca, tivo lugar o día 21 de outubro no Pazo de Raxoi (Santiago de Compostela) e contou cun programa centrado na historia da vida de Nieves, no que tamén tiveron voz as mulleres ligadas ao rural en diversas
actividades. Podedes vela na seguinte ligazón: A encargada de abrir a Xornada foi Silvia Adán Belmonte, veterinaria e directora técnica de Asovega e de Capriga, da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), co relatorio titulado “As mulleres rurais protagonistas do territorio. O compromiso coa calidade, a cultura e a contorna”. Sen dúbida, vivimos unha xornada moi emotiva e chea de grandes contidos, ademais dunha homenaxe ben merecida a Nieves.
NOVAS BOAGA
63
VISITA DE ESTUDO DOS NOSOS SOCIOS DO PARC NATUREL PYRÉNÉES ARIÉGEOISES DENTRO DO PROXECTO BIOHERITAGE A primeira semana de novembro visitáronnos os nosos socios franceses do Parc Naturel Pyrénées Ariégeoises nun percorrido de dous días pola provincia de Ourense, moi interesados en coñecer o traballo e a experiencia de criadores e técnicos da Federación para recuperar as razas autóctonas galegas e as iniciativas de comercialización que en Galicia se están a facer cos seus produtos. Estes encontros son moi interesantes, xa que se trata de intercambiar experiencias e aprender entre asociacións e gandeiros, que traballan por recuperar este tipo de razas. Os territorios son distintos, pero os problemas son parecidos. Foto de grupo na Granxa Escola A Capilla, en Lentellais (O Bolo)
Bioheritage é un proxecto que comezou no ano 2018 e que ten como piar esencial a potenciación do gando de razas autóctonas nos espazos naturais e zonas rurais e de montaña como potencial e activo turístico, patrimonio de biodiversidade, comercialización e gastronomía con produtos únicos e diferenciados en circuítos curtos de proximidade. Acompañáronnos, en representación da Asociación do Cabalo Castillonnais, Laurent Levoyer, François Guamis e Olivier Courthiade; Fanny Thuault, da Asociación da Cabra de Pyrénées, e Laure Letard, do PNR Pyrénées Ariégeoises. Por parte de Boaga, ademais dos seus técnicos, tamén estivo o seu presidente, José Manuel González Lamelas, que, á parte de representar a Federación, amosou a súa experiencia como gandeiro da raza autóctona Caldelá. Nesta ocasión organizamos unha viaxe de estudo de dous días pola provincia de Ourense. O percorrido comezou o 3 de novembro no Pazo de Fontefiz, en Coles, cunha visita ás instalacións do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia e á sede de Boaga. O director do centro, Cástor José Rivero, introduciulles aos visitantes as actividades e os traballos que se están a facer dende a Xunta de Galicia e ensinoulles a historia do pazo. Tamén lles mostrou as instalacións do gando autóctono e a exposición permanente Bestiarium de razas autóctonas españolas, e compartiu
Visita á exposición Bestiarium no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia
Banco de xermoplasma do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia
Intercambio de impresións entre criadores e visitantes en Xantar (Ourense)
Visita á explotación de raza Caldelá de J. Manuel Lage, en Foncuberta (Maceda)
con eles todas as actividades formativas e de apoio de xestión nos programas de libros xenealóxicos. Finalmente entramos no laboratorio, onde se atopa o banco de xermoplasma das razas autóctonas galegas, onde tamén participou o xefe de área do centro, Julio Feijóo. A visita continuou no Salón Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense-Xantar, en Expourense, onde os nosos socios franceses puideron interaccionar cos criadores que
estaban expoñendo e comercializando produtos das súas propias ganderías, os cales lles mostraron a súa experiencia e o seu traballo neste tipo de comercialización. Tras unha degustación con produtos de razas autóctonas, trasladámonos á gandería de Juan Manuel Lage Cid, en Foncuberta (Maceda), criador de Caldelá e Galiña de Mos, e, a continuación, visitamos a carnicería e outras instalacións que posúe para comercializar os produtos das Autóctonas Galegas Número 14
64
súas razas autóctonas. Juan é o exemplo de como se pode evolucionar dende ser soamente un produtor primario ata converterse nun empresario, neste caso xunto coa súa muller, Isabel, e comercializar este tipo de producións diferenciadas como distribuidores e cunha carnicería. As claves do seu éxito son saber vender un excelente produto, facer unha clientela fiel e moito traballo e esforzo. Ao día seguinte desprazámonos ata a explotación de Limiá CMVMC Penamá 16 e CMVMC Seoane, localizada na Reserva da Biosfera Área de Allariz, en Torneiros, e en San Martín de Pazos, en Allariz. Os seus traballadores ensináronnos a xestión que están a facer con animais da raza e a súa comercialización. Tamén nos amosaron un exemplo claro de como integrar unha raza autóctona nunha contorna natural e de como se converte nun motor económico e de conservación da paisaxe rural.
NOVAS BOAGA
Foto de grupo na Carnicería Lage, en Foncuberta (Maceda)
Visita á explotación de Limiá en Penamá (Allariz)
Visita á Granxa A Ciruxana (Vilariño de Conso)
Visita aos soutos de Vilariño de Conso
Posteriormente trasladámonos á explotación de Ovella Galega A Ciruxana, en Vilariño de Conso, nas proximidades do Parque Natural do Invernadeiro. Xoán González explicounos as súas prácticas con gandería rexenerativa e a comercialización das súas producións, transmitíndonos as súas ganas de traballar con ilusión e de poñer en valor unha raza nosa. O percorrido concluíu na Granxa Escola A Capilla, en Lentellais (O Bolo). Elisa e José, os seus propietarios e criadores de Galiña de Mos e Ovella Galega, teñen, ademais, unhas instalacións preparadas para divulgar as nosas razas a nenos e a maiores. Tamén contan cun pequeno restaurante onde pechan o ciclo económico, preparando pratos procedentes das súas producións, facendo das razas autóctonas e os seus produtos o seu medio de vida.
Visita á Granxa Escola A Capilla, en Lentellais (O Bolo)
Estes encontros son experiencias enriquecedoras para todos. Non en van, os nosos socios franceses fixéronnos chegar a súa valoración positiva. En conclusión, proxectos como Bioheritage son moi positivos para compartir problemas, experiencias, ideas e posibles solucións neste sector.
Visita á explotación da Granxa Escola A Capilla, en Lentellais (O Bolo)
Autóctonas Galegas Número 14
NOVAS BOAGA
UN ANO MÁIS, SABOR DE RAZA EN XANTAR Como non podía ser doutro xeito, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) participou nunha nova edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico-Xantar, que se celebrou en Ourense do 3 ao 7 de novembro. Boaga montou un stand no que os asistentes puideron obter información por parte do persoal da Federación sobre as razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega,
65
Xantar 2020 2021 Cabra Galega e Galiña de Mos e os seus produtos derivados, sobre as múltiples posibilidades culinarias e sobre as diferentes estratexias de comercialización. Fíxose especial fincapé na marca de calidade 100% Raza Autóctona, selo oficial que garante que realmente se trata dun produto de raza e que procede de animais criados en condicións naturais e de sostibilidade.
Un menú autóctono con sabores de antano Así mesmo, as autóctonas estiveron presentes no restaurante da Federación de Razas Autóctonas de Galicia, no cal Antonio Díaz Calvo e o seu equipo foron os encargados de elaborar un menú autóctono utilizando distintas técnicas culinarias que levou a moitos dos asistentes a lembrar os sabores de antano, sabores de raza.
Autóctonas Galegas Número 14
66
NOVAS BOAGA
Xantar 2021
Táboa de entrantes das razas Cachena, Galiña de Mos e Ovella Galega
Medallón de estufado de raza Limiá con gnocchis en salsa de queixo DO Arzúa-Ulloa
Entrecosto de raza Caldelá con grellado de verduras
Ata o stand achegáronse Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia; Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; José González, conselleiro do Medio Rural, e Rosa Quintana, conselleira do Mar.
Autóctonas Galegas Número 14
Crême brûlée de ovo de Galiña de Mos, xeado de castaña e froitos de outono
Como recoñecemento ao noso labor, o Comité Nacional de Radio Turismo concedeunos a Medalla de Ouro polo noso compromiso e fidelidade co Salón Internacional de Turismo Gastronómico-Xantar. A encargada de recoller o premio foi Silvia Adán Belmonte, directora adxunta da Federación.
NOVAS BOAGA
Cousas de comer interésase polas razas autóctonas
67
Xantar 2021
O espazo culinario Cousas de comer, que emite a canle Telemiño, fixo unha escala en Xantar e entrevistou a José Ramón Justo Feijóo, quen falou da orixe da Federación e das asociacións de criadores, das razas e do camiño percorrido. Podedes velo nesta ligazón:
Un espazo común con experiencias propias Un ano máis, os criadores de razas autóctonas tiveron espazo neste evento. Gandería e Carnicería Juan M. Lage (raza Caldelá), Cachenas de Pantón (raza Cachena), Ganadería Balín (raza Limiá) e Granxa A Ciruxana (raza Ovella Galega) tiveron ocasión de achegar a súa experiencia tanto en produción coma en comercialización e darlle visibilidade ao produto diferenciado co logotipo 100% Raza Autóctona de cara a que o consumidor final o coñeza, o identifique e o merque.
De ruta por Europa con carne 100% Limiá Ganadería Balín, da man do cociñeiro Blas Cardosa Heredia, cos pratos carpaccio de Limiá con parmesano e rúcula, limiá á bourgignone e frikadelle de Limiá con brie e marmelada de sabugueiro levounos de viaxe gastronómica por Europa con calidade autóctona.
Ademais, Antonio Pérez ‘Tonecho’ falou durante o cociñado da forma de produción na súa explotación, co que queda demostrado que, cando funciona a simbiose entre un excelente produto e unha boa preparación, o resultado é espectacular.
Vídeo de promoción no salón:
Autóctonas Galegas Número 14
68
NOVAS BOAGA
PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE GRANXAS DE AVICULTURA ARTESANAL NO I FORO DE INNOVACIÓN PRODUTIVA DO SECTOR AGRARIO
O día 18 de novembro achegámonos ao Centro de Emprendemento Gaiás (CEM) da Cidade da Cultura para presentar o Proxecto Feader 2018/26ª Aproveitamento de terreos baldíos para granxas avícolas artesanais e comercialización diferenciada no transcurso do I Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario, que se celebrou en Santiago de Compostela. O proxecto, de carácter trianual, foi concedido en 2018 e rematado no ano 2020 e pretendeu acadar unha simbiose entre a produción cárnica da raza autóctona e as fontes de proteína de cereais autóctonos. Para iso realizouse en tres fases e os seus resultados servirán para a aplicabilidade. Neste estudo demostrouse como a recollida de cereais en parcelas anexas a explotacións artesanais con animais de crecemento lento, coma a raza Galiña de Mos, fai que os custos de produción sexan máis
reducidos, en comparación con ter que importar outras materias primas, coma a soia, tal e como quedou demostrado. Ademais, no proxecto comprobouse como o mantemento das temperaturas esixidas pola normativa vixente das caixas de transporte dos produtos avícolas, transportadas en vehículos convencionais e para venda directa, permitirá un importante aforro de custos nos produtores artesanais, que poderán sacrificar as súas producións na propia explotación baixo unhas normas de hixiene, reguladas no Real Decreto 1086/2020, do 9 de decembro, polo que se regulan e flexibilizan determinadas condicións de aplicación das disposicións da Unión Europea. Podedes descargar o relatorio na seguinte ligazón:
ALUMNOS DO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO MAR DE NARÓN ASISTEN AO NACEMENTO DE POLIÑOS MOS O 12 de novembro o alumnado do colexio CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón (A Coruña) viviu un momento moi emotivo ao poder asistir en directo á nacenza duns poliños de raza Mos, tras a súa posta en marcha da incubadora 21 días atrás. Os rapaces e as rapazas gozaron moito coa visita dun galo e dunha galiña, así como dos pitiños acabados de nacer. Dá gusto atoparse con profesoras como Pilar Saavedra, que levou a cabo durante Autóctonas Galegas Número 14
estas tres semanas estas experiencias cos seus alumnos e alumnas, relacionadas co mundo da avicultura para que, desta maneira, tomen contacto coa natureza. Parabéns!
APROVEITAMENTO DE RECURSOS ENDÓXENOS: A LA DE OVELLA GALEGA Os días 18, 19 e 20 de novembro tivo lugar a Xornada de Transferencia Aproveitamento de Recursos Endóxenos: La de Ovella Galega, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa colaboración da Deputación de Lugo, Asovega e Boaga, na Escola Politécnica Superior de Enxeñería no Campus de Lugo. Como relatores participaron Silvia Adán Belmonte, directora técnica de Asovega, e Francisco Galán Fandiño, biólogo e artesán con tecidos de la. Durante os tres días que durou a formación tratáronse temas como as razas de Galicia, a raza Ovella Galega e a la: morfoloxía e composición, as súas propiedades físicas, usos e aplicacións, procesado industrial e artesanal e a artesanía. O sábado tivo lugar unha visita á explotación Torre de Arcos SC, sita en Outeiro de Rei (Lugo), para ver de forma práctica tanto as características da raza Ovella Galega como as da súa la. A Xornada foi unha grande iniciativa para levar a cabo o intercambio de coñecementos e de experiencias diversas.
NOVAS BOAGA
69
RAZA
FRIE
MATERIAL PUBLICITARIO 2021
L
INTR ODU
AUTÓ C
IRES TONA A
CAR
A a Frie CCIÓN La Fr CTERÍS iresa H ie ras, toma ISTÓR de. Su iresa ag TICAS en IC G ru de di el surest su nombr A conv s propor pa ejem ENERA sp Riós e ex ci pl LES D y Vila ersión al e de la pr de la co queñ idad de ones son ares de EL marca rdevós ovinci canz la ta a y a de morro corta, de s masas longilíne maño m A RAZ y llega a los ay Sobr Oure de As Frie A as, edio mus unta anch aspe hasta e os. cto ch culares, con tend a granel Mac mientos nse. Su ár itenece su origen en at y ea de , iz o El Sá o a gr A nche hocico Cent un acias su cabe cia a la gran ral ou Gudiña, za a una prepona destacad z Belda está gi ón re conv bo manifi nsan frente es pefr a ram dera iv o. das, ontal pres rdeado po y a un bresa ía, como la ncia sobr a del tron esta en 19 abun e dant enta un r una au Los cu es as (tam (en Castill Mirandes otras ra co cántab 84 que pe re bi za a ra (en ro qu abajo, ernos so y de pelo caracter ola blan dica quén en Oure y León), e tení Portug s locales ca n ís la la hacia terminan largos y rgo, sobr ticas mel . En la re a otra e la Frieire nse; ya de Limiá (e al), la Al con las qu a se di e todo enas n Ou ista sa s zona e en el fuera. Es do en al sa to y rigen haci en los m doratos an borlón s, sien se form parecida). rense) o na-Sanaco a de ó acho la im n Es do en de la Ve te Com ance cola. ales tam las puntas lante y ha s. o toda stro deA Frieira y mismo au rinesa El co bi extin ci én po lo s las de liger to otras ci demás amen a seen el cu r de la ca razas. ahí se exte r inda a ón, es m pa el te m lo, raza es ndió un ucho uy su a colo la papada castaño pelo de tr medio, po apreciad s bovina y se pu ración s ga y la re ab a por ed gi explot ajo, carn r lo que más su ru llegas en se oscu ón ventra e oscure e st Son pelig ra qu ce subp ación muy y leche. utilizaba icidad y id ro de e las l; los mac r en la ca ro está La dare entificado hembr hos pr adap dado ductos (n tradiciona Frieire para una ra, s vaci res de ta sa tr s por es as la ab l, ip se en nt co le y las la Fr es. n apor da de crió en parte o, rem aptit crías. tan ieire ud Las ol sa su he más la mecan de sus du acha, pa te de alim un tipo s inco izació de tatas. prod eños enta bien mbras cu nfun uc casi implan en dibles su de tivas, su n agrícola . Sin emba ..) y gran ción de tados, tan con ub des cu ansapa de pi rición. censo de y de otra rgo, con el fin res de bu s la lle i- SIST scen En lo a en dió dr razas de gay s años E abun ta Las bu MAS fo ástic peraci dante maño y novent D amen mento manto pezone nejo enas cara E PROD te ha distrib ón, comen a, cuando s piloso y man sta U ct zó su ui se er C da . CIÓN tema ísticas inic sedu alguna m ex m s expl ayoritaria pansión iaron los seca extensivo bre la ha de rustic men trab y, otacio . Adem id co ce nes en te por la hoy en dí ajos de zona ás, ju n suplem n óptim ad, facilid recu a, provin s las de cia de se encuen - paisaj rurales en ega un pa entación a para la ad de m Lugo atr pe , Pont e cr Ou de ce evedra rense, co a para lo y del medlas que se lUfuSO ndam real ía en si Den s n pu asieynt S io y A Co E LA tal en es y hier snto de que está , aprove Ho en a, ta ruña RAlaZA ba dínt vi chdu a, . pe vista anccdo iónlode oelenprelin da de la social rfectamen cipa cu s re carn idlado s anad y econ ficte enap e.os odede tre lo curs Gr na us óm16 l s, 9 y an para ic0180 kgtada tu o. rte de la Frieire de bu /canalcomlo s los sa es o sde12sdm le eyes anim , au es e nque y de es ales la prova ta el , alca se
FICHAS DIVULGATIVAS DAS RAZAS As oito asociacións de razas autóctonas integradas en Boaga realizaron fichas divulgativas en colaboración coa Federación de Razas Autóctonas Españolas (Federapes). A finalidade deste material é a de achegarlle á sociedade o coñecemento de moitas das nosas razas. Trátase de fichas elaboradas en lingua castelá, que se poden utilizar no ámbito da ensinanza ou por todas aquelas persoas que queiran ter unha visión xeral e uns coñecementos básicos de cada unha delas e das asociacións que as xestionan. As fichas pódense descargar nas seguintes ligazóns: www .fede
rape
s.com
cas. mbién nz sacriLas ca se co ando pe so merci unos nales de aliza s de rend es carn imient ta raza ción e en pr traser extensivoos adecua esentan cial, os y en pi . Tienen dos para una confor la ez si bu redo s más ap as extra enos po stemas mación y de pr ndo, la ca reciadas y de prim rcentajes oduc dera , com er en a cu ca y la co o La ca tegoría artos ntra. el lomo, rn com un co e que el so se lomill erlo una di r, una te obtiene o, el rnura es de favore stribució y un exce n form cida por e infiltrac sabor in lente ca a ig do lidad , con abun de cría tr s factor ión grasa ualables es fu da , ad ndam adecuada así como de ác nte, pero icional. , sin entale id La gr sí pr du (ácido os gras os in esenta asa intram s: la raza da, sa un cardio linoleico conj turados, a apropi uscular no y la saluda ada om bles. ugado), es todos ega 3, om proporci ón eg ellos con pr a 6 y CL opieda A des
ASOC IA
Raza Cachena
Raza Caldelá
Raza Frieiresa
Raza Vianesa
CIÓ La As ociació N (Frie n de ire cono ga) fue fu Criadore cida s de ndad ofi de la raza cialmente a en el añ la Raza Bo media Xunt o a de nte el como gest 1999 y es vina Frie LOGO Ga ració iresa or decret la n de licia. La TIPO o 14 a del libro entidad Raza as AU 100% re gene s Autó ociación 9/2011 alógico- La TÓCTO de 7 RAZA está ctonas NA Frie de Ga integrad de julio de nas es iresa es licia una de (Boa a en la Fe la ga). del lo pañolas delas ra ad go tip funcio o 10 mitidas pa zas autó 0% Ra ctora el sus pr na como za un Autóct empleo oduc cione a marca de ca ona, que s. lidad Listad para Más in para o de oper adores el us en ww formació o de n Autóct w.bo autoriz aga.es ona Fr l logotip ieiresa o 100% ados Raza Vídeo de
Raza Limiá
Raza Ovella Raza Cabra Galega Galega
la raza
FRIEI
RESA
Frieire sa
Raza Galiña de Mos
RECEITAS DOS NOSOS CRIADORES. SABOR DE RAZA O sabor de sempre… coma nunca!
Receitas dos nosos criadores
Se es unha persoa cun padal exquisito e amante das razas autóctonas, parabéns, porque imos presentarche o manual perfecto! Receitas dos nosos criadores é un pequeno compendio dos pratos estrela dalgúns dos gandeiros que forman parte da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga). Así pois, como poderás imaxinar, os autores destas receitas non son mestres da alta cociña e non aspiran a selo, pois saben que onde mellor poden demostrar as súas habilidades é no campo, criando e coidando destas oito razas que están axudando a recuperar. Porén, por todos é ben sabido que como mellor se pode recuperar unha raza é coméndoa e, xa que logo, non se nos ocorren cociñeiros máis axeitados ca eles, os gandeiros que levan décadas facendo elaboracións nas que as protagonistas son as súas autóctonas, os que nos ensinen a maneira máis axeitada de preparalas. Ao longo das súas páxinas presentamos unha completa selección de 29 pratos –salgados… e tamén doces!– nos que os nosos criadores demostran que as posibilidades que ofrecen a carne, os ovos e os derivados das razas autóctonas galegas son moitas e moi variadas. En guisos, estufados e ao caldeiro; en albóndegas, empanadas e hamburguesas; fritidos e ao forno; en
- Sabor de raza -
FEDERACIón DE RAZAS AUTóCTOnAS DE GALICIA ministerio de agricultura, pesca y alimentación
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural
frío ou en quente, para un xantar rápido ou para unha comida máis elaborada… estes produtos adáptanse a todos os gustos e situacións, como comprobarás axiña. Se estás listo para degustar un sabor de raza, podes descargar o receitario na seguinte ligazón:
Autóctonas Galegas Número 14
70
NOVAS ASOPORCEL
CLUSAGA E A DEPUTACIÓN DE LUGO PREMIARON O NOSO TRABALLO Este ano foron dúas as organizacións que decidiron recoñecer o noso labor en prol da recuperación do Porco Celta. Trátase do Clúster de Alimentación de Galicia e da Deputación de Lugo, e non poderiamos estar máis agradecidos por que louven o noso traballo en defensa das posibilidades tanto gastronómicas coma de traballo no rural que ofrece esta raza.
PREMIO GALICIA ALIMENTACIÓN 2021 AO MELLOR PROXECTO EMPRESARIAL O mércores 30 de xuño, no marco do Foro & Premios Galicia Alimentación organizado polo Clúster de Alimentación de Galicia (Clusaga) na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, outorgáronnos o Premio ao Mellor Proxecto Empresarial. Trátase da sétima edición destes galardóns, nos que Asoporcel marcou un punto de inflexión ao converterse na primeira asociación de gandeiros en ver recoñecido o seu labor. En anos anteriores foron premiadas na mesma categoría empresas como a cooperativa CLUN, Candelas, a Aula de Produtos Lácteos da USC ou a Casa Grande de Xanceda. A cerimonia estivo presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e tamén contou coa presenza doutras autoridades como os conselleiros do Medio Rural, José González; de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e do Mar, Rosa Quintana. No acto de entrega, o presidente de Asoporcel, José Barreira, estendeu o seu agradecemento a todas as persoas que apoian a diario o traballo da asociación e subliñou o esforzo que deberon facer para reinventarse nos últimos meses por mor da pandemia: “Enganchámonos ás iniciativas de venda online, atopamos un oco nas pequenas tendas de barrio e mesmo
Autóctonas Galegas Número 14
conquistamos un espazo nas grandes superficies, da man da rede Mercaproximidade da Consellería do Medio Rural”, enumerou.
exemplares que teñan unha repercusión positiva no ámbito do turismo ou da gastronomía lucense”.
Así mesmo, sinalou que a primeira encomenda da asociación segue a ser a da recuperación e conservación do Porco Celta, ao tempo que se contribúe á revalorización do rural e da gandería tradicional. Este recoñecemento supón “un empuxón para seguir adiante nesta dirección, apostando polo emprendemento de novos proxectos e apuntando cara a metas máis altas, nas que agardamos seguir camiñando acompañados, e tamén acompañando, para que o sector agroalimentario avance recio”, afirmou Barreira.
O xurado, composto por 18 persoas que forman o Consello de Turismo, vinculadas a este sector e coa presenza de representantes dos tres grupos políticos da corporación provincial, escolleu outorgar este recoñecemento a Asoporcel polo seu “traballo de recuperación e preservación do patrimonio xenético do Porco Celta e pola súa aposta por presentala como unha alternativa á produción e ao desenvolvemento rural”.
GAÑADORES DO GALARDÓN ... E PARA COMER, LUGO Á GASTRONOMÍA LUCENSE Nun acto celebrado o 27 de setembro, con motivo do Día Mundial do Turismo, recollemos no salón de actos do Pazo de San Marcos de Lugo o premio … E Para Comer, Lugo á Gastronomía Lucense. Trátase dun dos dous galardóns outorgados na segunda edición dos Premios Lugo Cambia á excelencia do turismo e a hostalería da provincia de Lugo. Entre a misión destes recoñecementos destaca a posta en valor de “actuacións innovadoras e
No acto de entrega, o presidente de Asoporcel fixo fincapé na importancia deste tipo de premios en tanto en canto supoñen un impulso para seguir traballando. “Non hai mellor maneira de conservar unha raza que apreciando, consumindo e demandando as súas carnes, así que é unha verdadeira satisfacción que nos fagades merecedores desta mención”, agradeceu. Así mesmo, Barreira rematou co desexo de que estes galardóns sigan adiante, xa que poñen en valor tanto o noso sector hostaleiro e turístico, como os pequenos produtores da provincia, que tamén ven así recoñecida a innegable calidade dos seus produtos.
NOVAS ASOPORCEL
O PORCO CELTA PERCORREU A PROVINCIA DE LUGO EN BUS
AUTÓCTONAS SOBRE RODAS CON AUTGA! Dende o mes de novembro do ano pasado, a food truck de Autga Autóctonas, un dos nosos operadores autorizados, estivo na praia de Cabanas (A Coruña), elaborando diversas e innovadoras propostas con produtos da raza Porco Celta para todo o público interesado. En marzo, este mesmo operador ofreceu na mesma localización una nova e saborosa receita cuxo nome, sen dúbida, non deixou indiferente a ninguén: focaccia de cocido… de Porco Celta!
En novembro de 2020 deu inicio a andaina do bus gastronómico do xornal El Progreso de Lugo, cuxo obxectivo era promover a gastronomía e o turismo por toda a provincia e, por suposto, non podían faltar no percorrido os produtos de Porco Celta. Na primeira parada, María Valentina, venezolana asentada en Lugo, demostrou como se poden facer unhas arepas recheas de carne desta raza. A segunda cita foi en decembro na Mariña Lucense, onde Rafael Pereira, máis coñecido como “Mago Rafa”, elaborou un delicioso e sinxelo prato a base de zorza de Porco Celta. Seguiunos Manuel López, director comercial de Caixa Rural, quen preparou en Monforte de Lemos unha exquisita agulla con viño da Ribeira Sacra e castañas. A derradeira parada tivo lugar en abril na cidade amurallada, onde Carlota López, adxunta
ENTREVISTA AOS NOSOS CRIADORES RAMÓN E MARI CARMEN O xornal dixital agrario Campo Galego conversou en novembro cos nosos criadores Ramón Vázquez e Mari Carmen Álvarez (Monforte de Lemos, Lugo). Este matrimonio falou na súa entrevista sobre a súa experiencia coa cría de diferentes razas autóctonas, entre elas o Porco Celta, e tamén sobre como comercializan os produtos derivados en Eurolemos, a carnicería que teñen en Monforte.
71
á presidencia de Aresa, ofreceu unha deliciosa receita: un guiso de agulla de Porco Celta ao estilo tradicional.
AS VANTAXES DO SISTEMA DE CRÍA DE PORCO CELTA, EN LA VOZ DE GALICIA Nunha reportaxe publicada no xornal La Voz de Galicia en novembro de 2020 na que se facía alusión a como os novos criterios da PAC potencian a presenza de animais ao aire libre, tamén se recolleu a relevancia cada vez maior do sistema de silvopastoreo con exemplares da raza Porco Celta en diferentes puntos da nosa comunidade. Así mesmo, o texto tamén fixo fincapé no beneficio tan importante que supón este sistema para axudar a manter os montes limpos e previr así os incendios forestais.
EL PROGRESO DESVELOU TODOS OS SEGREDOS DA CARNE DE PORCO CELTA Tamén foi a finais de ano cando o xornal El Progreso publicou unha reportaxe na que deu a coñecer aspectos da raza Porco Celta tales como as súas orixes, as peculiaridades dos seus produtos derivados e as bondades do consumo deste tipo de carnes. Autóctonas Galegas Número 14
72
O PORCO CELTA FAISE FORTE EN TEMPOS DE PANDEMIA! O Telexornal da Televisión de Galicia fíxose eco a finais de ano dos datos relativos ao incremento das vendas de carne de Porco Celta durante a pandemia, os cales xa apuntaban a unha clara mellora respecto das cifras de 2019.
NOVAS ASOPORCEL
AS POSIBILIDADES DE MELLORA XENÉTICA DA RAZA, EN CAMPO GALEGO A raza Porco Celta foi de novo protagonista nun artigo de Campo Galego. Neste caso, falaron con Iván Rodríguez, veterinario e director técnico de Asoporcel, quen abordou diversos temas relacionados coa cría e produción desta raza autóctona galega.
LAURA, UNHA CRIADORA “COS PÉS NA TERRA”
VIVIR AQUÍ, DA TVG, ENTROU NA EXPLOTACIÓN DE MARTÍN TOUCEDA O noso criador Martín Touceda (Cenlle, Ourense) recibiu na súa granxa de Porco Celta ao equipo do programa da TVG Vivir aquí. Martín faloulles dos motivos que o levaron a incorporarse como produtor desta raza, así como tamén da súa experiencia vivindo e traballando na primeira aldea modelo de Galicia.
CÉLTICO AMOSOU OS SEUS PRODUTOS NA TVG O noso criador Mario Rouco foi entrevistado no programa da TVG A revista en decembro. Rouco contoulles como está a traballar coa raza Porco Celta e como está facendo a comercialización dos seus produtos baixo a marca de Céltico.
Autóctonas Galegas Número 14
Laura Sánchez (A Laracha, A Coruña), unha das nosas criadoras máis novas, foi a protagonista no programa da TVG Cos pés na terra en decembro. Laura faloulles de como decidiu coller as rendas da granxa de Porco Celta da súa avoa e de como estaba sendo a súa experiencia coa raza.
PRESENTÁMOSLLES AS BONDADES DO PORCO CELTA AOS OÍNTES DE ONDA CERO E DA RADIO GALEGA A finais de ano, Cruz Castro, veterinaria de Asoporcel, foi entrevistada no programa de Onda Cero Más de uno, onde explicou as peculiaridades da raza Porco Celta, do seu manexo e dos seus produtos derivados. Neste mesmo mes, no programa da Radio Galega A tarde, abordáronse diferentes aspectos relacionados con esta raza porcina autóctona.
A GALEGA RECOLLEU UNHA PEZA SOBRE AS TRADICIONAIS MATANZAS Durante a época típica das matanzas, o noso criador Sergio (Irixoa, A Coruña) explicou para a Televisión de Galicia dende a súa gandería, Granxas de Lousada, como leva a cabo esta tarefa ancestral na nosa comunidade.
OPERADORES DE ASOPORCEL COLABORARON DURANTE AS FESTAS CON BANCOS DE ALIMENTOS DE TODA GALICIA En decembro, varios dos nosos operadores autorizados, seguindo coa iniciativa de Mercaproximidade, da Consellería do Medio Rural, serviron preto de 3.000 quilos de carne fresca de Porco Celta en varios bancos de alimentos de toda Galicia para axudar a paliar a difícil situación que atravesaron moitas familias durante a pandemia.
NOVAS ASOPORCEL
ÉXITO ROTUNDO DO PRIMEIRO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DE ASOPORCEL! Por primeira vez, dende Asoporcel organizamos un concurso de postais de Nadal para nenos, co obxectivo de que os máis pequenos da casa coñecesen un pouco mellor esta raza autóctona galega e a plasmasen nun debuxo. A iniciativa tivo moi boa acollida (presentáronse máis de setenta postais!) e agardamos que poida converterse nunha tradición da asociación.
73
ACHEGÁMOSLLES A RAZA AOS MÁIS CATIVOS Seguindo coa nosa iniciativa de que os nenos se familiarizasen coa raza Porco Celta, no mes de xaneiro demos comezo unha nova iniciativa para eles: un espazo deseñado na nosa web para que os cativos descubran, a través de vídeos e quebracabezas, a raza Porco Celta do xeito máis divertido.
DESCUBRIMOS TODAS AS FORMAS DE COCIÑAR PORCO CELTA Neste mesmo mes, e dentro das actuacións levadas a cabo para promover e difundir a raza Porco Celta, creamos o noso propio espazo de cociña. Nel contamos con varios cociñeiros de toda a comunidade, os cales elaboraron saborosos pratos con carne desta raza autóctona. Dende Fogar do Selmo (Rois, A Coruña), ata o restaurante Cantábrico (A Fonsagrada, Lugo), pasando por Casa Gazpara (O Carballiño, Ourense), o Sábrego (Riba-
HOMENAXE Á TRADICIONAL FESTA DO COCIDO DE SARRIA En decembro participamos nun evento conmemorativo da Festa do Cocido do Porco Celta de Sarria que, por mor da pandemia, tivo que ser suspendida en 2021. No acto debateuse sobre a gastronomía dos concellos sarriaos que participan no Camiño e sobre a raza Porco Celta, así como sobre as orixes deste cocido. Un par de meses despois, en febreiro, e coincidindo coa data na que se debería celebrar a Festa do Cocido, estivemos presentes nunha mesa redonda para recordar esta xuntanza con varios representantes do canal Horeca. Posteriormente, en marzo, o xornal El Progreso publicou unha reportaxe especial sobre este evento.
davia, Ourense), o Rías Altas (Barreiros, Lugo) e o CIPF Carlos Oroza (Montecelo, Pontevedra).
LABRANZA DESPEZA TODOS OS PORMENORES DA CRÍA DO NOSO PORCO AUTÓCTONO En febreiro, na asociación recibimos a visita dos amigos do programa Labranza da TVG, os cales nos acompañaron durante varios días para elaborar unha peza sobre o noso labor. Neste tempo, coñeceron a varios dos nosos operadores, os cales lles falaron de como están a traballar con esta raza, así como das súas perspectivas de futuro como produtores duns derivados cada vez máis demandados.
CASA DA FONTE, UN EXEMPLO DE DIVERSIFICACIÓN NO RURAL Dende Ferreira de Pantón (Lugo) o noso criador Xosé García explicoulles aos reporteiros de Televisión Española como traballa coa raza Porco Celta na súa gandería, Casa da Fonte. O de Xosé é un claro exemplo de diversificación xa que, ademais de porcos, tamén ten en extensivo galiñas, polos e vacas de leite.
Uns meses despois, en abril, Xosé participou nunha reportaxe de “Somos Agro”, na que abriu as portas da súa gandería para afondar nas vantaxes de traballar con esta raza porcina.
Autóctonas Galegas Número 14
74
O PORCO CELTA, PRODUTO ESTRELA DO COME A COMARCA O Porco Celta foi protagonista nunha das emisións de decembro do programa da TVG Come a comarca. Magdalena Caride e Antonio García, dous dos nosos gandeiros, foron parte do xurado que avaliou os pratos elaborados polos cociñeiros, entre os que se atopaba un delicioso lombo de Porco Celta con salsa de castaña. Novamente en febreiro os amigos de Come a comarca visitaron o noso criador Martín Touceda na súa gandería CienPorCel e viron in situ como cría e manexa os seus porcos nas carballeiras de Osmo (Ourense).
NOVAS ASOPORCEL
ASOPORCEL ORGANIZOU UN CONCURSO DE FOTOGRAFÍA POLO ENTROIDO! Coincidindo coa época dos cocidos e co tradicional Entroido galego, quixemos que os nosos seguidores nos amosasen os seus disfraces máis orixinais, ao tempo que os achegabamos á raza. Para tal fin, convocamos un concurso fotográfico durante todo o mes de febreiro no que se animaron a participar grandes e cativos.
SERÁ DE PORCO CELTA O MELLOR CHOURIZO DO MUNDO? Manolo e Ana dende Rois (A Coruña) e Juan dende Manzaneda (Ourense), tres dos nosos criadores, defenderon en febreiro no programa da TVG O mellor chourizo do mundo todas as razóns polas que o mellor chourizo do mundo ten que ser de Porco Celta… por se a alguén lle quedaba algunha dúbida!
TRES FUCIÑOS PRESENTOU EN ONDA CERO AS VANTAXES DO COOPERATIVISMO NO RURAL ‘A SEMANA DO PORCO CELTA NAS REDES’, UN RESUMO EN LIÑA DO TRABALLO DOS NOSOS OPERADORES Coincidindo coa fin do mes de marzo puxemos en marcha unha nova iniciativa nas nosas redes sociais: ‘A semana do Porco Celta nas redes’. Trátase dunha sección semanal fixa que busca dar a coñecer e difundir o traballo dos nosos gandeiros e operadores. Queres saber as últimas novidades dos socios de Asoporcel nunha ollada rápida? Entón non te perdas cada venres o noso post resumo das súas tarefas da semana!
Autóctonas Galegas Número 14
O programa de radio de Onda Cero Más de uno, entrevistou en febreiro a Isabel Costas, unha das nosas criadoras e presidenta da Sociedade Cooperativa Tres Fuciños. Nesta conversa, Isabel faloulles de como están a traballar todos os socios para comercializar os seus produtos e de cales son os beneficios de integrarse nunha cooperativa.
DIN EN LA VOZ QUE O PORCO CELTA… ESTÁ COMA NUNCA! Coincidindo coa festividade do Día do Pai, o xornal La Voz de Galicia publicou unha contraportada dedicada á actualidade do sector do Porco Celta, na que se falaba, entre outras cousas, da raza, do seu sistema de cría, da alimentación que seguen estes cochos e da gran calidade dos produtos resultantes.
NOVAS ASOPORCEL
75
A TVG VISITOU A EXPLOTACIÓN DE ADRIÁN SIXTO
O VOLUME DE CARNE DE PORCO CELTA CERTIFICADA BAIXO O SELO 100% RAZA AUTÓCTONA MEDROU EN 2020 UN 20 %
Desta volta tocoulle ao noso criador Adrián Sixto (O Valadouro, Lugo) participar nunha reportaxe onde lle contou ao equipo da Televisión de Galicia que produtos de Porco Celta elabora a partir dos animais que cría en extensivo na súa explotación.
Logo de analizar os datos de todo 2020, Asoporcel constatou en marzo de 2021 unha mellora sobresaínte no volume de carne certificada. A produción total de xaneiro a decembro de 2020 foi de 191.066,15 kg, o que supón un aumento de case o 20 % con respecto ás cifras rexistradas no exercicio anterior (154.205,50 kg en 2019), uns datos que para unha raza autóctona en perigo de extinción como é o Porco Celta son excelentes.
A FUNDACIÓN TIC DOCUMENTOU O LABOR DAS TÉCNICAS DE ASOPORCEL Durante o mes de marzo, os amigos da Fundación TIC acompañaron as nosas técnicas veterinarias, Cruz e Aida, nunha xornada de traballo, onde lles amosaron os labores habituais que se realizan nas diferentes ganderías colaboradoras.
As cifras de produción por quilos mantivéronse practicamente durante todo 2020 por riba dos 13.000 kg/mes, cun incremento especialmente salientable en agosto, mes no que habitualmente se producen poucas vendas, pero no que, nesta ocasión, se superaron os 19.000 quilos, un 33 % máis que no mesmo período do ano anterior.
Tamén foi esencial a predisposición dos criadores para adaptarse á nova situación con axilidade –moitos deles comezaron durante os primeiros meses da pandemia a comercializar na Rede os seus produtos, mesmo os operadores máis pequenos– e a posibilidade de adhesión a iniciativas como Mercaproximidade.
Estes resultados foron posibles grazas ao traballo diario de todos os gandeiros e gandeiras que integran Asoporcel e que están conseguindo que esta raza vaia, pouco a pouco, recuperando a súa presenza nos montes galegos e tamén nas mesas dos consumidores.
Medios como Campo Galego, El Progreso, La Voz de Galicia e a Televisión de Galicia fixéronse eco desta boa nova para a raza. Podedes consultar as novas publicadas dende estes códigos QR:
CÉSAR E PABLO PRESENTARON A SÚA GANDERÍA EN FARO DE VIGO Faro de Vigo visitou en marzo a César e Pablo, dous dos nosos gandeiros de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), para coñecer de primeira man o Porco Celta e a forma de traballo con esta raza.
A CRTVG E LA VOZ DE GALICIA INTERESÁRONSE POLO LABOR DO NOSO CRIADOR NANDO LÓPEZ Para rematar o mes de marzo, o xornal La Voz de Galicia entrevistou a Fernando López (Mondoñedo, Lugo), un dos criadores recentemente incorporados ao sector do Porco Celta.
En abril, foron os compañeiros dos programas Cos Pés na terra e Fun polo aire, da TVG, os que coñeceron a gandería de Nando e, uns días despois, Xusto López, presentador do programa da Radio Galega Ferrado e medio, conversou con el sobre o seu traballo coa raza Porco Celta.
Autóctonas Galegas Número 14
NOVAS ASOPORCEL
76
A RULIÑA, PROTAGONISTA EN A REVISTA DA TVG E NO ESRUTA Un equipo do programa da TVG, A revista, visitaron en abril a Isabel Costas, unha das nosas criadoras. Nesta reportaxe, Isabel explicou as peculiaridades da raza Porco Celta e tamén deu a coñecer as posibilidades de traballo e comercialización que ofrece. Unhas semanas despois, Isabel foi entrevistada por Juan Segade para esRuta. Neste caso, faloulles aos oíntes da iniciativa dun grupo de gandeiros que apostaron por poñer en marcha unha pequena cooperativa de Porco Celta, baixo o nome de Tres Fuciños, para a comercialización dos seus propios produtos.
COÑECES TODAS AS POSIBILIDADES DE COMPRA DOS PRODUTOS DE PORCO CELTA? Neste mesmo mes, o xornal La Voz de Galicia publicaba unha reportaxe, con entrevistas a algún dos operadores autorizados, onde lles amosaba aos lectores a gran variedade de distribución existente para os produtos derivados da raza Porco Celta.
SORTEAMOS XANTARES DE BALDE POR TODA GALICIA! Coa chegada do bo tempo en abril, demos comezo a unha nova actividade de promoción de difusión da raza Porco Celta. Desta volta, tratouse dunha serie de sorteos a través das nosas redes para xantar de balde en cinco dos restaurantes que colaboraron no “Cociña con Nós”. En abril a comida foi no Fogar do Selmo (Rois, A Coruña) e en maio no Cantábrico (A Fonsagrada, Lugo), en xuño fómonos ata o Rías Altas (Barreiros, Lugo), en xullo o xantar ofreceuno Casa Gazapara (O Carballiño, Ourense) e pechamos a ruta en agosto no Sábrego (Ribadavia, Ourense).
ESTUDANTES DE VETERINARIA VISITARON GANDERÍAS DE PORCO CELTA Coma todos os anos, a mediados de abril o alumnado da Facultade de Veterinaria de Lugo visitou unha das nosas ganderías colaboradoras para coñecer de primeira man os sistemas de produción da raza Porco Celta.
PARTICIPAMOS NUN WEBINARIO SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO DE AGACA Tamén no mes de abril, de man da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca), participamos no webinario titulado “Meetings formativos, oportunidades de negocio”, no que os técnicos
CASA DA RÚA, EN LA VOZ Neste mesmo mes, Laura Sánchez, unha das nosas gandeiras de Oza dos Ríos (A Coruña), contoulle ao xornal La Voz de Galicia como cría e comercializa os seus exemplares da raza Porco Celta.
O PORCO CELTA VOLVEU A FITUR Madrid foi sede en maio dunha nova edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur), un punto de encontro global fundamental para os profesionais do turismo. A raza Porco Celta volveu estar presente no stand de Galicia da man da Asociación Provincial de Empresarios
Autóctonas Galegas Número 14
de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e, aproveitando o devandito evento, fíxose a presentación do II Congreso Gastronómico Cultural... E Para Comer, Lugo no Camiño, no que colaboramos.
de Asoporcel expuxeron todos os requisitos que se deben ter en conta á hora de montar unha gandería de Porco Celta.
NOVAS ASOPORCEL
77
FOMOS DE CONGRESO GASTRONÓMICO DA MAN DA ASOCIACIÓN DE HOSTALERÍA LUCENSE
PRESENTES NA FÁBRICA DE INDITEX EN ARTEIXO
A cidade de Lugo acolleu de novo en maio o seu II Congreso Gastronómico Cultural... E Para Comer, Lugo, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl). Nel, o cociñeiro Javier Estévez elaborou varias receitas con diferentes produtos de calidade, entre elas un delicioso carpaccio de Porco Celta e polbo con fabas de Lourenzá.
Diversos elaborados derivados da raza Porco Celta formaron parte do menú que lles ofreceu o comedor de Zara Loxística en Arteixo (A Coruña) aos seus empregados en maio. A iniciativa foi un éxito e achegou esta raza autóctona a numerosos comensais.
UNHA CARNE SAUDABLE E… SABOROSA! De novo a raza Porco Celta estivo presente en “Somos Agro”, suplemento de La Voz de Galicia, en maio. Nesta ocasión, foi debido a un par de proxectos de investigación relacionados coa raza. Un deles busca que a carne e a graxa deste porco sexan máis saudables (algo moi importante, xa que os consumidores son cada vez máis esixentes) en función da alimentación que segue o animal, mentres que o outro ten como obxectivo dar con novos usos (dende a repostería ata produtos de cosmética) para a graxa do porco.
QUEN ANDA AÍ? ENTROU NA FOOD TRUCK DO CARLOS OROZA A food truck do CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) pasou o verán percorrendo Galicia e o programa da TVG Quen anda aí non quixo perder detalle de como elaboran os saborosos bocadillos que ofrecen, os cales están compostos de diferentes produtos derivados do Porco Celta.
TOMA FORMA O PROXECTO DO GRUPO OPERATIVO FORESCELTA! Un grupo de técnicos e gandeiros galegos e asturianos visitaron en maio as instalacións portátiles da gandería colaboradora do MVMC de Carballo en Friol (Lugo) para coñecer de primeira man o seu sistema de aproveitamento silvopastoral con exemplares da raza Porco Celta. A visita formou parte da posta en marcha do grupo operativo Forescelta, do que Asoporcel é membro.
UN CACHOPO DE PORCO CELTA E DE CAMPIONATO O mellor cachopo de España está recheo de xamón… de Porco Celta! E non o dicimos nós, senón os membros do xurado da última edición deste certame no que participaron máis de 150 persoas de todo o país e no que saíron vencedoras Felisa e Tamara do restaurante Rías Altas de Barreiros (Lugo). Elas foron as cociñeiras encargadas de elaborar un cachopo con este recheo cen por cen galego. Parabéns!
FALAMOS SOBRE O AUMENTO DO CONSUMO DE CARNE DE PORCO CELTA COA TVG O pasado mes de maio, o Telexornal da TVG incluíu unha peza sobre o consumo de carne de Porco Celta durante a pandemia no que participou a nosa técnica veterinaria Cruz Castro.
NA SEMANA GASTROCULTURAL DA CANCELA CON TRES FUCIÑOS Isabel Costas, unha das nosas gandeiras e presidenta da cooperativa Tres Fuciños, participou na VI Semana Gastrocultural da EFA A Cancela expoñendo ante os asistentes a súa experiencia na cría e comercialización da raza Porco Celta.
Autóctonas Galegas Número 14
78
NOVAS ASOPORCEL
INNOVACIÓN E INVESTIGACIÓN NA RAZA PORCO CELTA A raza Porco Celta volveu ser a protagonista nunha das reportaxes do programa da TVG Labranza en xuño. Manolo Cruz e o seu equipo amosaron os traballos de investigación e innovación que estamos a levar a cabo dende a asociación para obter carnes salubres e de maior calidade, así como para aumentar a rendibilidade e a sostibilidade nas ganderías colaboradoras.
CLUSAGA, TRAS OS PASOS DO PORCO CELTA No mes de xuño, os nosos amigos do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) acompañáronnos nunha xornada de traballo para a gravación dunha reportaxe na que o obxectivo era amosar todas as encomendas nas que está inmersa a asociación.
Tamén neste mes o Telexornal serán da Galega e o xornal dixital Campo Galego afondaron no proxecto piloto que estamos levando a cabo co fin de buscar unha fonte de graxa vexetal para a ración dos porcos que sexa máis saudable.
“O AGRO” FIXO UN REPASO POLA EVOLUCIÓN DA NOSA ASOCIACIÓN O Porco Celta foi de novo protagonista na TVG, desta volta na sección de “O Agro” do programa A revista, nunha emisión de xullo na que se falou da recuperación da raza e do nacemento e a evolución de Asoporcel.
O PORCO CELTA, RAZA INVITADA DE NOVO EN A TARDE O programa A tarde da Galega volveunos invitar a participar nunha das súas emisións para falar das características da raza, do seu sistema de cría e tamén do premio ao Mellor Proxecto Empresarial do 2021 que nos concedeu o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) a finais de xuño.
ENTREVISTA AO PRESIDENTE DE ASOPORCEL O portal dixital “Somos Agro” entrevistou en xullo o noso criador e presidente José Barreira. Nesta charla, Barreira falou dalgúns dos temas de actualidade no sector, así como tamén do crecemento da raza e da importancia cada vez maior que ten dentro e fóra da nosa comunidade.
CONMEMORAMOS O DÍA NACIONAL SEN PLÁSTICOS En xullo, unímonos ás accións levadas a cabo con motivo do Día Internacional sen Bolsas de Plástico participando no pícnic que organizou Inditex na súa sede central. Alí promovemos os produtos desta raza autóctona galega e puxemos en valor a importancia da sustentabilidade e da conservación do medio ambiente.
COMO É VIVIR NUNHA ALDEA MODELO? Os compañeiros do programa da TVG Labranza visitaron en xullo o noso criador Martín Touceda na súa gandería en Osmo (Ourense) para coñecer de primeira man a súa experiencia en CienPorCel, a explotación de Porco Celta que puxo en marcha na primeira aldea modelo de Galicia. Neste mesmo mes, Martín volveu poñerse diante das cámaras para colaborar na gravación dunha reportaxe para a nova tempada do programa da TVG Cos pés na terra. Nesta ocasión, acompañouno a Autóctonas Galegas Número 14
nosa veterinaria Aida, que explicou dende CienPorCel as peculiaridades da raza Porco Celta e do seu manexo.
DE NOVO PARTICIPAMOS NA FEIRA DE ARTESANÍA DE CORTEGADA O concello de Cortegada (Ourense) volveu celebrar este ano en agosto a súa Feira de Artesanía e do Porco Celta. Os asistentes puideron degustar nela diversos produtos desta raza autóctona e tamén adquirir material divulgativo no stand que se puxo na feira.
NOVAS ASOPORCEL
79
AS NOVAS XERACIÓNS PÁSANSE AO PORCO CELTA!
UN VERÁN EN BUS PARA DAR A COÑECER A RAZA POR TODO LUGO
O xornal La Voz de Galicia fíxose eco en outubro dos numerosos rapaces que iniciaron a súa actividade no sector do Porco Celta nos últimos anos. Dez dos nosos gandeiros máis novos contáronlles nesta reportaxe aos lectores de La Voz os motivos que os levaron a comezar coa cría desta raza autóctona galega.
En xullo deu comezo o Saborea a Túa Provincia, unha iniciativa da Deputación de Lugo para dar a coñecer os diversos produtos de calidade que ten para ofrecer a provincia de Lugo. Os nosos técnicos aproveitaron esta plataforma para falar sobre a raza Porco Celta e para repartir material informativo entre o público asistente. Ademais, tamén se ofreceron degustacións de pratos con derivados da raza.
GALICIA, Á VANGARDA NA PRODUCIÓN CON RAZAS AUTÓCTONAS O xornal El Mundo publicou en agosto unha reportaxe na que facía referencia aos sistemas de produción en extensivo e na que destacaba Galicia como exemplo de bo facer en canto aos modelos de produción con especies autóctonas como a raza Porco Celta.
A primeira parada do bus foi no Concello de Viveiro (Lugo), onde os asistentes puideron degustar un boliño de pan recheo de chourizo de Porco Celta feito por Michel Cociña (restaurante O Fumeiro, de Viveiro). O seguinte concello no que estivemos presentes foi O Valadouro. Alí, Bruno Pena (restaurante Oca Playa, de Foz) ofreceu albóndegas de Porco Celta con salsa agridoce de mel do Valadouro.
A finais de agosto estivemos en Guitiriz, onde Santi Almuíña (Mesón Colón, de Lugo) preparou uns liscos de Porco Celta glasados con pementos de Mougán e os seus crocantes, e en Vilalba, concello no que se puideron degustar uns canelóns de Porco Celta e capón de Vilalba con bechamel trufada de San Simón preparados por Alejandro Ares (restaurante Poniente, de Oleiros). Unhas delicias!
RECORREMOS O PAÍS… EN BICI!
O PRESIDENTE DE ASOPORCEL, EN RADIO VOZ
Un ano máis, o Porco Celta estivo presente en todas as etapas de La Vuelta Ciclista a España. Os derivados desta raza formaron parte da selección de produtos cos que se elaboraron os aperitivos ofrecidos no stand de ... E para comer, Lugo da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).
José Barreira, presidente de Asoporcel, estivo falando en outubro no programa “Somos Agro” de Radio Voz sobre os sistemas de cría do Porco Celta, así como do tipo de traballos que realizamos dende a asociación.
Ademais, dentro deste evento, a raza Porco Celta foi unha das protagonistas do vídeo “Burgos Alimenta”, cuxo obxectivo era promover os produtos que se atopan nos diferentes puntos polos que pasou La Vuelta.
NA FEIRA DO MEL CON CIENPORCEL Moaña (Pontevedra) celebrou o 22 de agosto a súa tradicional Feira da Mel, na que o Porco Celta non podía faltar. Nesta ocasión, estivemos presentes da man da
gandería colaboradora CienPorCel e habilitouse un stand no que todos os interesados puideron achegarse a mercar diversos produtos derivados desta raza autóctona. Autóctonas Galegas Número 14
80
COLLE FORMA O PROXECTO DO GRUPO OPERATIVO FORESCELTA O 21 de outubro participamos en Vegadeo (Asturias) na reunión de traballo do Grupo Operativo Forescelta, do que somos membros, logo da resolución favorable no BOE ao proxecto “Xestión de precisión en extensivo de gando porcino de tronco Celta en bosques caducifolios Iberoatlánticos”. O proxecto, sobre o que afondamos no artigo técnico publicado nesta revista, estará destinado á execución de estudos innovadores no manexo das razas porcinas de tronco celta en condicións de manexo extensivo mediante o uso de sistemas automatizados e dixitalizados.
NOVAS ASOPORCEL
INNOVACIÓN NA ALIMENTACIÓN DA NOSA RAZA PORCINA AUTÓCTONA Co comezo do curso académico, retomamos tamén as tarefas máis técnicas. En setembro mantivemos unha reunión de traballo cos diferentes membros que participamos no proxecto piloto “Incorporación de millo alto oleico e millo corvo na produción de carne de Porco Celta de calidade diferenciada” (FEADER 2020/056A), co fin de coordinar e organizar as próximas actividades que será necesario realizar no marco desta investigación.
GANDEIROS CATALÁNS INTERESÁRONSE POLO SISTEMA DE CRÍA DO PORCO CELTA En outubro recibimos a dun grupo de gandeiros cataláns, os cales se puxeron en contacto coa asociación para interesarse polo sistema de cría e manexo da raza Porco Celta. Durante a súa visita, levámolos a coñecer in situ nunha das nosas ganderías colaboradoras este sistema de produción en extensivo.
DE XORNADA TÉCNICA NA ALDEA MODELO DE CENLLE DE FEIRA EN ALLARIZ Tamén a principios de setembro estivemos en Allariz (Ourense), durante a celebración do seu Mercado da Reserva da Biosfera. Alí, a nosa gandería colaboradora CienPorCel habilitou un stand con diversos elaborados derivados da raza Porco Celta.
O concello de Cenlle (Ourense) acolleu a mediados de outubro unha xornada técnica aberta a todo o mundo dedicada a cría sustentable de Porco Celta en carballeiras e soutos galegos. Tamén incluíu unha visita de campo a dúas explotacións colaboradoras da zona.
UN ANO MÁIS ESTIVEMOS PRESENTES EN EXPOLUGO Coincidindo co San Froilán, a primeira fin de semana de outubro volveu ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a Expolugo A Rural.
CÉLTICO, EN EL PROGRESO Mario Rouco (Muras, Lugo), un dos nosos gandeiros, contou nunha entrevista publicada en outubro no xornal El Progreso de Lugo a súa experiencia criando e comercializando Porco Celta coa súa marca comercial, Céltico, a través da plataforma “Son de Lugo”.
Autóctonas Galegas Número 14
Este ano, por mor da covid-19, non houbo desfile de gando polas rúas de Lugo, pero o público non deixou de achegarse ata o Pazo para ver exemplares da raza Porco Celta. Os animais máis buscados foron, por suposto, unha reprodutora cos seus leitóns, os cales fixeron as delicias dos máis cativos. Ademais, repartiuse diverso material divulgativo no stand habilitado pola asociación e, na parte de alimentación, o público tivo a posibilidade de mercar produtos da raza Porco Celta na caseta da cooperativa Tres Fuciños.
Como novidade, Expolugo acolleu nesta edición degustacións de produtos de calidade, entre as que estaba o Porco Celta. A nosa criadora Isabel Costas (Carballedo, Lugo) explicoulles aos asistentes as bondades da nosa raza porcina e o cociñeiro Alejandro Méndez (Arrocería Os Cachivaches) elaborou un saboroso saam de Porco Celta a baixa tempura con lagostinos Kataifi.
NOVAS ASOPORCEL
VOLVEMOS Á SEMANA VERDE… POR FIN!
81
Semana Verde 2021
Xa había ganas! Logo de ano e medio sen presenza en feiras, a nosa asociación volveu a este tipo de eventos, e fíxoo acudindo á Semana Verde de Galicia 2021 a primeira fin de semana de setembro. A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) volveu estar presente na Semana Verde de Galicia dende o venres 3 de setembro e ata a última hora da tarde do domingo 5, tanto na zona de exhibición como no pavillón de alimentación. A deste ano foi unha cita de transición e adaptada ao novo contexto sociosanitario, na que decidimos non convocar unha nova edición do noso concurso de manexo para evitar multitudes na medida do posible. No seu lugar, e en resposta ao interese crecente que esperta o Porco Celta entre os consumidores, desta volta apostamos por reforzar a presenza de animais na feira. Así pois, co obxectivo de ter a maior representatividade posible e que os asistentes puidesen ver todos os estados produtivos do Porco Celta, no pavillón de exhibicións reuníronse eses días arredor de 120 exemplares de ganderías das catro provincias galegas e de todas as idades (dende leitóns ata sementais, pasando por porcas nai e animais en transición).
O PORCO CELTA, TAMÉN EN SALIMAT A carne e os derivados da raza puidéronse degustar no pavillón de alimentación da feira. Acudiron con stand os operadores Céltico e Tres Fuciños e, ademais, o Porco Celta formou parte dos menús degustación do TapiRazas, elaborados polo cociñeiro Antonio Díaz, do venres (empanada de liscos de raza Porco Celta e croquetas de ovos fritidos de raza Galiña de Mos con chourizo de raza Porco Celta) e do sábado (croquetas de ovos fritidos de raza Galiña de Mos con chourizo de raza Porco Celta).
RENOVAMOS O NOSO CONVENIO CON ABANCA Ademais, aproveitando a celebración da Semana Verde de Galicia, Abanca e Asoporcel renovamos o noso convenio de colaboración co fin de atender as demandas dos nosos produtores. O convenio está dispoñible para a súa consulta na páxina web de Asoporcel.
Autóctonas Galegas Número 14
NOVAS ASOPORCEL
82
OS NOSOS GANDEIROS NA SEMANA VERDE
Semana Verde 2021
Adelino González (Amoeiro, Ourense)
Antonio Díaz (Friol, Lugo)
“Na última edición da feira de Silleda coñecemos a raza, gustounos o seu sistema de cría e así foi como decidimos apostar por ela. Está claro que este tipo de eventos de promoción son moi importantes”.
“Eu a verdade é que lle vexo moito futuro á raza, estase abrindo cada vez máis mercado e a xente que a proba sempre repite… Iso por algo será!”.
Laura Sánchez (A Laracha, A Coruña)
Isaac Losada (Guitiriz, Lugo)
“Galicia é rural, por iso temos que apostar por isto… ao cen por cen. É posible recuperar a raza e revitalizar o rural, claro que si. Con esforzo e ilusión creo que todo se consegue”.
“Asoporcel axudounos sobre todo ao principio para comezar e hoxe en día estou contento, cada vez temos máis mercado”.
“SOMOS DE RAZA”, A NOVA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN EN MEDIOS DE ASOPORCEL Logo dos bos resultados obtidos o ano pasado coa presentación da campaña “Pásate ao Porco Celta”, xa estamos perfilando os detalles da segunda fase das nosas accións de difusión da raza nos medios baixo o lema “Porco Celta, somos de raza”. En Asoporcel estamos a piques de poñer en marcha a primeira parte da nosa campaña de promoción e posicionamento “Somos de Raza”, a cal terá presenza na Televisión de Galicia e tamén en emisoras da comunidade e nas redes sociais durante os vindeiros meses. UNHA HOMENAXE PARA OS CRIADORES Trátase da segunda iniciativa deste tipo que lanzamos dende a asociación. Mentres que a primeira delas, que se anunciou hai agora un ano, estaba centrada nas bondades deste porco e dos seus derivados, nesta nova acción poñeremos tamén o foco nos criadores e no seu labor imprescindible para a conservación da fauna e a flora autóctonas.
Autóctonas Galegas Número 14
Queremos que esta campaña sexa unha homenaxe á tarefa esencial que fan os nosos gandeiros, xa que non só están axudando a recuperar unha raza autóctona galega, senón que tamén, grazas ao sistema de cría en extensivo deste animal, están contribuíndo a preservar o noso medio. Conservar o patrimonio xenético da raza, contribuír á loita contra os incendios forestais, coidar da paisaxe galega e fixar poboación no rural son algunhas das vantaxes que se agochan detrás da cría do Porco Celta.
MÁIS ACCIÓNS EN 2022 Con motivo do Nadal, emitiremos unha versión especial do anuncio e, ademais, xa estamos a desenvolver novos vídeos e unha serie de iniciativas complementarias nas redes, as cales seguirán o ano que vén con actividades presenciais e dixitais de promoción da raza e dos seus derivados. O primeiro vídeo da campaña poderase ver nas nosas redes sociais e a través deste código QR:
- Sabor de raza -
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural