ENTREVISTA
23
ISABEL COSTAS CRIADORA E COMERCIALIZADORA DA RAZA PORCO CELTA A TRAVÉS DA COOPERATIVA TRES FUCIÑOS
“CO MODELO COOPERATIVO TEMOS A POSIBILIDADE DE FACER MOITA MÁIS FORZA NA DISTRIBUCIÓN, NA PROMOCIÓN… E PERMÍTENOS VIVIR MELLOR” Nunha entrevista no seu stand en Salimat 2021, díxonos Isabel Costas (Carballedo, Lugo) que ela é unha emprendedora no rural, e non é para menos. Dende que comezou co seu proxecto vencellado ao agro galego en 2012, xa puxo en marcha unha horta ecolóxica e unha explotación de Porco Celta e formou parte da creación de Tres Fuciños, a primeira e, polo momento, única cooperativa de Porco Celta. Dende cando es produtora de Porco Celta? Comecei a criar Porco Celta en 2016 e en 2018 foi cando fundamos a cooperativa, da que son socia e actualmente presidenta. Dende entón, ao igual que acontece con todos os socios de Tres Fuciños, todos os produtos derivados dos animais que crío elabóranse a través dela.
Como comezou o teu interese por esta raza? Vivo e traballo no rural e sempre digo que son emprendedora no rural dende 2012. Empecei ese ano facendo horta ecolóxica (Froitos da Horta A Ruliña) e, en 2016, debido a que nos sobraba moito produto, comecei coa economía circular: os sobrantes que quedan
de limpar as verduras lévollelos aos porcos. Poderíase dicir que o motivo de comezar con esta raza foi aproveitar eses restos. Con cantos animais contas na actualidade? A día de hoxe teño uns 50 animais e, a maiores, conto con 6 reprodutores.
Autóctonas Galegas Número 14