EROSKI_MAYO_2022_GALLEGO

Page 10

este mes

LÁCTEOS LOCAIS

Tradición e calidade Detrás dos iogures, das sobremesas tradicionais e dos queixos típicos da túa terra hai pequenas familias que, con coidado e agarimo, elaboran acotío produtos de gran calidade a partir da mellor materia prima e seguindo as receitas de toda a vida.

O

traballo cotián de gandeiros, queixeiros e produtores lácteos contribúe á economía, á cultura e á paisaxe do contorno próximo. Esas pequenas granxas, queixerías e obradoiros que enchen as nosas aldeas son clave para a sustentabilidade do contorno. Arredor delas xéranse moitos traballos directos e indirectos. Dende os gandeiros e traballadores da propia explotación, pasando polos transportistas que recollen o leite cru e que o levan ás plantas de envasado, e polos seus empregados, os servizos veterinarios, os talleres que reparan a maquinaria, os produtores de penso, etc.

En EROSKI comprometémonos a apoiar todo este traballo e o futuro do sector agroalimentario da mellor maneira que sabemos.

APOIO AOS PRODUTORES A nosa relación comercial adáptase ás necesidades destas pequenas empresas e produtores e axudamos a impulsar plans de profesionalización que contribúan á sustentabilidade da súa actividade económica no futuro. Garantimos que os seus produtos artesáns teñen espazo nas nosas tendas á marxe do seu volume de vendas.

Dende EROSKI impulsamos a innovación mantendo a tradición e buscamos, xunto aos nosos provedores locais, novas variedades, envases, e mesmo diferentes formas de elaboración mantendo intactos os valores que tornan únicos eses produtos. Ano a ano aumentamos a variedade de produtos de proximidade para que os alimentos das nosas tendas sexan máis locais.

Descubre as historias que hai detrás dos nosos queixos, iogures, etc.

10

10-12_14_16_18 Local_GAL.indd 42

12/4/22 20:40


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.