Xuncos. Revista escolar do I.E.S. A Xunqueira I. nº 32
FEMINISMO DE PROXIMIDADE
ANDRÉS MURUAIS. EL DÍSCOLO BARDO DEL LÉREZ
A exdirectora do Instituto, durante varios anos, antes de marchar a dirixir o Centro Español de Alhucemas, en Marrocos, Lola Varela, acaba de publicar recentemente o libro Feminismo de proximidade. A obra é unha escolma de artigos publicados en diversos xornais galegos onde Lola pon de relevo o seu compromiso cos dereitos da muller, dende o punto de vista histórico e social, así como a súa experiencia laboral en Marrocos onde fai un percorrido polos movementos feministas do país alauita e os atrancos destas mulleres nun país maioritariamente musulmán.
O noso secretario, José Manuel Ramos, publicou o pasado ano unha biografía do poeta pontevedrés do século XIX, Andrés Muruais un xoven activista social, fundador de orfeóns, dramaturgo, e impulsor do Entroido da cidade coa creación do persoaxe do rei Urco. O libro, titulado Andres Muruais, el díscolo bardo del Lérez, é unha ollada á vida e obra deste personaxe que morreu aos trinta e un anos. ´Ramos, catedrático de Matemáticas e Secretario do Instituto, é un afeccionado á literatura do século XIX. Este é o seu segundo libro publicado. O primeiro foi unha biografía do escritor francés Guy de Maupassant, titulado ―La ecuación Maupassant‖, onde se estuda, dende un punto de vista biográfico, a este relevante personaxe, autor de case trescentos contos. Ámbolos dous libros de Ramos atópanse na biblioteca do centro.
No mes de maio, a profesora Mercedes Mora, acompañou aos alumnos Manuel Viejo Sánchez e Lorenzo Fernández Millán de 3º ESO, á Facultade de Xeografía e Historia de Santiago para participar na I Olimpiada de Xeografía. De seguido podedes ver aos participantes cos seus diplomas.
Un ano máis, e organizada polo departamento de Educación Física do centro, celebrouse a tradicional carreira de Nadal polas bonitas paraxes do paseo da Illa das esculturas, ao carón do Instituto. O tempo acompañou e a participación foi numerosa, polo que puidemos disfrutar dunha excelente xornada de lecer.
13