Revista Pincha 25

Page 1

nti o c e Lévam

Revista de Gastronomía & Cultura Nº 25 | outubro - novembro 2021

Revista de Gastronomía & Cultura

go

ALBISCANDO A POSPANDEMIA Curtocircuíto, Cineuropa,

Revista de Gastronomía & Cultura

Santiago(é)Tapas… reactívase a actividade gastrocultural en Compostela Revista de Gastronomía & Cultura



Rebeca Munín Por

ÍNDICE @rebecamunin

XENTE QUE APORTA Unha das maiores alegrías que me dá Pincha é a cantidade de proxectos interesantes que podo chegar a coñecer. Persoas con moito talento, traballadoras, implicadas... xente que aporta. Este número está cargado delas. Arrancamos cunha reportaxe sobre a desescalada na gastronomía e a cultura. Nela falan Antía Carreira, artista no sentido máis amplo da palabra, valente, inconformista; e Thor Rodríguez, o novo presidente da Asociación Hostalaría Compostela, todo un descubrimento para min polas súas ganas, xenerosidade e simpatía. En #debaresconjessi os protagonistas son Clémence, do Clem Café, e Pablo, de Bodegas Lodeiros, dúas persoas moi comprometidas co medio ambiente e coa axuda aos demais. O #apapar facémolo no Riquela, que celebra o seu quinto aniversario. A Martín Calviño, o seu propietario, teño que agradecerlle o seu apoio desde o minuto cero -incluso presentamos alí a revista no seu nacemento! Tamén a Fran Villasenín, de A Reixa, que acaba de lanzarse á aventura editorial con ‘Little Neno’. Hostaleiro e produtor musical, é moito o que move na nosa cidade co seu traballo. Sen esquecer aos artesáns de Lorenzo Design, aos Ruxe Ruxe... Como vedes, a listaxe é longa. Pero xa basta de facerlles a pelota! ;) É broma, non é ‘peloteo’, de verdade que paga a pena descubrir todo o que fan e paixón que poñen en cada paso que dan. O noso reto en cada número é transmitírvolo en forma de palabras. Con que o consigamos un pouquiño, xa me dou por satisfeita. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

04 10 14 16 18 20 22 23 24 26 28 32 35

reportaxe |

No camiño da (nova) vella normalidade

de bares con jessi | reportaxe |

#apapar |

Riquela, cinco anos de música, comida, amizade e talento a esgalla

Bocadillo Riquela

Oído, artesanía! | 666rpm |

Facendo un mundo sostible, desde os bares tamén!

Lorenzo Design

Disco tributo a Ruxe Ruxe

pola gorxa |

Cogomelo, chouparro, pan de cobra...

de libros con Ruth |

Little Neno

a gorida do artista | Natalia Horschovski crusat & costas | axenda

Corga 2019

guía de compras e ocio ultramarinos |

Visitamos O Sanatorio

Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com Publicidade e Redacción: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: @JuanEAT_o, César Varela, Inés Silvalde, Delio Sánchez, Marisa Calderón, Xosé Crusat e Lorena Costas Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017

www.re vistapin ch a . g a l Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

BAVF

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

ONDE ATOPAR PINCHA


reportaxe

Antía e Thor, brindando pola recuperación dos sectores da cultura e da gastronomía nos vindeiros meses. Foto: Iván Barreiro

| 4 | Pincha |

25


Rebeca Munín Por

NO CAMIÑO DA (NOVA) VELLA NORMALIDADE

@rebecamunin

A actividade cultural e gastronómica segue aumentando en Compostela, que se achega a unha programación prepandémica

C

ando se publique esta revista, o 1 de outu-

Na axenda ‘gastrocultural’ de Compostela temos cada vez

bro, estarase celebrando en Caldas de Reis o

unha maior oferta: concertos, festivais, obras de teatro...

festival PortAmérica, o primeiro en Galicia no

e, neste final de ano, o regreso dalgúns dos principais

que se poderá gozar dos concertos de pé, sen cadeiras!

eventos que dinamizan a cidade en outono: Curtocircuí-

Quen nos ía dicir un par de anos atrás que algo así po-

to, Cineuropa e Santiago(é)Tapas.

dería ser noticia! Esa ‘vella’ normalidade que botamos en falta para tantas cousas está tardando en chegar, aínda

O primeiro celebrará a súa 18ª edición do 2 ao 10 de

que pouco a pouco imos albiscándoa.

outubro, cun completo programa de actividades que gravitarán ao redor das últimas tendencias cinematográficas

Está pasando tanto no sector cultural como no gastronó-

e das artes visuais. O seu director, Pela del Álamo, des-

mico -dos que vos falamos sempre en Pincha-, tan cas-

taca a “consolidación do modelo interdisciplinar” de Cur-

tigados pola pandemia da covid-19, pero que paseniña-

tucircuíto, que segue tomando o cinema como eixo pero

mente van vendo a luz. Así, unha das últimas decisións da

propón outras disciplinas que dialogan con el, de tal xeito

Xunta é o de permitir que os aforos en calquera evento

que a música non é un complemento lúdico, senón que é

do ámbito do ocio sexa do 50% nos municipios de ni-

parte absoluta do seu discurso artístico. Pero sobre todo,

vel máximo e do 75% nos demais (onde están a inmen-

fai fincapé na volta ao modelo presencial. “Para nós o fes-

sa maioría). Tamén neste mes de outubro está previsto

tival funciona como punto de encontro e sen persoas non

que arranque de novo a hostalaría nocturna (seguindo

ten sentido. Isto é o que máis ilusión nos fai”, afirma Pela.

un novo protocolo que ao peche desta edición non fora

Iso si, non esconde o seu temor a como reaccionará o

presentado).

público. Non polo medo aos contaxios –“ está claro que

Pincha | N 25

|5|


En ‘Formigón’ Antía Carreira aborda, entre outras cuestións, a xentrificación das cidades. Foto: Iván Barreiro

| 6 | Pincha |

25


“Debemos seducir a esa a cultura é un espazo seguro, non houbo neste ano grandes focos nin problemas maiores”, di- senón polos gustos das novas xeracións. “Temos o reto, non só en Curtocircuíto, senón todos os festivais, de seducir a esa mocidade que agora mesmo unicamente consome contidos audiovisuais de cortísima duración a través de redes sociais. Hoxe podes ver unha película nun teléfono, que para algúns pode

mocidade que só

crises económicas da pasada

consome contidos

dades e a precariedade do em-

audiovisuais de cortísima duración a través de redes sociais”

parecer un sacrilexio, pero a expe-

década, a xentrificación das ciprego novo na saúde mental e social da súa xeración. Todo isto conéctase co movemento rave, que propón un modelo autoxestionado de socialización. “Eu penso que cada vez temos menos espazos públicos e menos lugares para compartir físicos. Ti só podes relacionarte con outras persoas a través de ocio,

riencia colectiva da pantalla gran-

onde teñas que pagar cartos. Es-

de xa non ten por que ser algo tan sagrado como antes.

tamos nun sistema capitalista que o único que che deixa

A xente busca outra cousa. Nin mellor nin peor. É unha

é consumir. E ao final tamén consumimos as relacións.

cuestión de hábitos”, explica.

En ‘Formigón’ falo de por que eu vexo que necesitamos outra cousa, que realmente estámolo pedindo desespe-

Pela subliña que a vocación do festival é ser un espazo de

radamente”, aclara.

descubrimento: “O noso labor máis importante é saber rastrexar ben no underground e nos lugares emerxentes

Antía, que estudou Comunicación Audiovisual na Coruña

para pór en valor esas novas linguaxes; porque as no-

e Santiago, e nunha escola de imaxe, son, artes plásticas

vas linguaxes non veñen moitas veces das convencións

e artes escénicas en Portugal –“que foi onde realmen-

do cinema experimental, senón da xente nova que está

te aprendín”-, atopa a inspiración tamén na súa familia.

integrando os novos valores da imaxe e traballa con esas

Como nas máis de 300 horas en 200 cintas de vídeo que

novas posibilidades. Aí é onde está a experimentación e

gravou seu avó e que garda como un auténtico tesouro;

a frescura. Para nós é moi importante facer esa procura

e na historia da súa avoa, que tiña unha academia de

de cineastas novos. Ás veces a xente pensa que por iso

moda, e da que falará no seu próximo traballo.

podería ser un festival menor, pero non, é que a vocación do Curtocircuíto é esa”.

Preocupación na hostalaría

Nesa procura deron con cineastas como Antía Carreira,

Despois dun verán de rúas cheas de xente -cunha ocupa-

que con menos de trinta anos, xa ten varias obras as súas

ción hoteleira en agosto que superou o 90%, iso si, con vi-

costas e dirixe, xunto co seu socio Sergio, a galería Solai-

sitantes case exclusivamente nacionais-, o sector turístico

na en Lugo. Un espazo que crearon para darlle máis vida

encara o final deste 2021 con preocupación por todo o vi-

cultural á cidade. “Aprendín que ás veces as cousas se

vido, mais tamén con esperanza de que -esta vez si- estea-

non as fas ti, non as fai ninguén”, asegura. Un proxecto

mos ante o principio do fin. “Os meus clientes pregúntanme

que, despois de pasar por unha depresión, deulle forzas

sempre: cando imos a volver á normalidade? A ese Boneco

para rematar os dous últimos documentais que fixo. “Fal-

no que cantabas e bailabas...”, apunta Thor Rodríguez, que

tábame valentía porque eu o que fago é bastante íntimo e

preside desde xullo a Asociación Hostalaría Compostela. O

necesitaba ese impulso para expresarme. Cos vídeos digo

hostaleiro recoñece que o período estival foi un balón de

cousas que non me atrevo a dicir con palabras”, confesa.

oxíxeno, pero que iso non arranxa os 18 meses de perdas que levan soportando. “Si que notamos que a xente está

Un deles, ‘Formigón’, competirá na Sección Planeta GZ

máis motivada a saír, non hai o medo do 2020, cando prefe-

de Curtocircuíto. Neste traballo analiza os efectos das

rían quedar nas terrazas e non entrar nos interiores”, sinala. Pincha | N 25

|7|


Thor Rodríguez, presidente da Asociación Hostalaría Compostela, no interior do seu bar, O Boneco. Foto: Iván Barreiro

| 8 | Pincha |

25


O sector ve ademais con inquietude a nova normativa que

Co obxectivo de dinamizar a cidade, a entidade traba-

establece dous niveis de restricións en función das medidas

lla xunto co Concello no regreso de actividades que

de hixiene e control que implanten os locais. “O primeiro

tiveron que ser suspendidas pola pandemia, como as

nivel é accesible para todos, pero o segundo vémolo inal-

festas das Uñas de San Lázaro e o Banquete de Conxo

canzable para a maioría dos nosos locais, sobre todo pola

– que se recuperarán o ano que vén - ou os concur-

distancia de seguridade imposible de cumprir nos peque-

sos Santiago(é)Tapas e Santiago(é)Cóctel, dos que po-

nos. Quedar nese nivel supón non

deremos gozar xa neste outono.

ter barra e menor aforo no interior

“Que se celebren estes eventos

cando agora vén o inverno, volven as chuvias, desaparecen as terrazas...”, lamenta. “Coa porcentaxe de poboación vacinada en Galicia -que supera o 80%- deberiamos poder adaptarnos a esta nova realidade que temos”, engade. Thor, que é o primeiro presidente da hostalaría nocturna que ten a entidade, recalca sobre todo a situación da noite. “É un sector que foi moi atacado. Pola nosa parte, estamos poñendo todas as medidas para evitar contaxios e cremos que podemos ser unha parte da solución, e non un problema. Os botellóns poden xurdir menos se a mocidade pode ir aos locais de ocio nocturno, que ademais dan postos de traballo, pagan impostos e xeran

é tamén simbólico para nós. Hai

“Coa

moitas ganas. O de tapas é un

porcentaxe de poboación galega

concurso gastronómico de primeira. Podes probar pratos aos que a maioría das veces non podes acceder. Serve para dar a coñecer a hostalaría de Compostela, na que están sucedendo cousas moi interesantes. E é ademais un

que temos

atractivo para visitar a cidade”,

vacinada, o panorama para a o sector da hostalaría ten que cambiar”

opina Thor. Nese sentido, considera vital así mesmo a recuperación da actividade cultural. “É un aliciente para a hostalaría. Como coas actuacións ao vivo nos locais de hostalaría. É importante para o sector e para os artistas. Moitos deles están empezando e precisan de pequenos espazos como

unha economía que é moi impor-

os bares para traballar. Todo é

tante para a cidade”, afirma.

un círculo. Que o comercio e a cultura se movan fai que se mova

Hostalaría Compostela, que representa a máis de 600 es-

a hostalaría. E viceversa. Que nós esteamos activos,

tablecementos de restauración e hospedaxe de Santiago e

beneficia a moitos sectores. Todos saímos gañando”,

a súa comarca, mantén a esperanza de que 2022 -ano que

sostén.

seguirá sendo Santo como este 2021- supoña a “recuperación total” para o sector. Aínda que para iso, haxa moi-

En definitiva, se o virus non nos dá moitas sorpresas,

tas políticas que mudar. “Creo que é un bo momento para

todo apunta a que este final do 2020 pode ser bastan-

sentarnos e establecer como queremos que sexa o noso

te parecido ao do 2019 en materia de programación

turismo. Non podemos depender de dous meses no verán.

gastronómica e cultural. Aínda que se algo nos ensi-

Temos unha oportunidade de ouro para crear ese turismo

nou esta pandemia é a non facer moitas predicións.

de calidade, desestacionalizado, que pase máis tempo en

Máis vale vivir o presente. E se pode ser tomando algo

Compostela, que non sexa só para durmir un día e irse a

nun bar, despois de ver unha boa película ou bailar

outro destino”, expón.

no concerto do noso artista favorito, moito mellor.

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 25

|9|


de bares con Jessi

No Clem Café utilizan envases biodegradables, hidrosolubles e palliñas de amidón. Foto: Iván Barreiro

Facendo un mundo sostible, dende os bares tamén! | 10 | Pincha |

25

Pareceranos mentira, pero dende os bares tamén se contribúe a facer un mundo máis sostible! Se non que llo pregunten a Clemence Aymar, do Clem Café, na rúa de San Pedro, onde a prioridade do local é ser ecorresponsable.


Jéssica Pintor Por

@jpintorybarran

E

como fai? “Utilizamos envases biodegradables, hidrosolubles, as tapas para os cafés ou as palliñas son de amidón. Reciclamos. Porque todo ou case todo serve para compost. Temos bolsas de algodón, para que a xente leve a comida, e ademais de ser orgánicas, o recadado por elas vai destinado a Asociación de Nenos Oncolóxicos de Galicia. Temos vasos de bambú, e agasallamos aos nosos clientes cun 10% de desconto nas nosas bebidas, precisamente para promover esta responsabilidade no consumo”. Canto se pode facer dende un bar para contribuír ao medio ambiente? “Pois intentamos non usar plástico, na medida do posible, a través de envases, tamén na cociña. Optimizamos os recursos naturais, facendo comida estacional con produtos frescos do día, con provedores de proximidade, do Mercado de Abastos de Santiago… Con ingredientes o máis naturais posibles, vexetais, que avoguen polo respecto animal. Intentamos promover o comercio xusto, con materiais biodegradables… Por exemplo, a nivel de bebidas traballamos con xente que produce a súa propia bebida, con bebidas orgánicas, que intentan reducir as emisións, cos viños tamén. Todo a pequena escala!”. E na cociña como é a cousa? “Utilizamos a cocción tradicional: encurtido, mariñado, fermentado, cocido… E as conservas. Non tiramos nadiña! Facemos marmeladas e salsas coa froita e a verdura madura. Todos os produtos son a granel, para reducir os residuos. As cantidades no local a nivel de menú facémolas da forma

o máis racional posible. Que ninguén se quede con fame, pero cantidades xustas, podendo repetir e ofrecemos para levar. Así concienciamos ao persoal e aos clientes. Fomentar o cambio, educar aos nenos, reducir o noso impacto no medio ambiente!”. Ese é o obxectivo do Clem Café. Clemence abriu o seu bar en decembro do 2019. “Tiñámolo claro dende o principio. Eu teño compostaxe na casa, as sobras do pan lévoas para granxas de animais... Por conciencia. Intentamos ter un impacto social dende a nosa empresa, sobre todo despois do vivido con máis forza aínda. Debemos darnos conta xa! Non daremos ningún paso para atrás. Non hai planeta B. Educo ao meu fillo con esta filosofía”. E a xente como reacciona? “A xente está encantada. O futuro pode ser diferente. Tense que facer, hai que deixar de ser egoístas. Non é só un gasto este esforzo, é un investimento, mirando ao longo prazo. Porque este tipo de materiais son máis caros, pero o beneficio non só é en cartos. O meu negocio é a miña paixón e pódense facer as cousas de forma diferente, non todo é gañar diñeiro, son os meus principios. É unha decisión de vida. Gañas moito en benestar individual e sobre todo común! Procuro mercar en empresas locais ou galegas, sempre. Hai que darse conta que axudando aos que temos preto, facemos circular os cartos na nosa contorna”.

“No Clem Café intentamos non usar plásticos, reciclamos e na cociña non tiramos nadiña!”

Clem chegou a vivir a Santiago no 2018. É cociñeira, ademais de ter a carreira de Historia da Arte. E a súa intención é contribuír coa súa cida-

Pincha | N 25

| 11 |


A botella do Vermú Lodeiros é máis lixeira, con vidro reciclado, reducindo as emisións en produción e transporte.

de, cos seus veciños, traballando no local, facendo país no seu novo niño. Porque o mundo cóidase e faise sostible tamén dende os bares!

Produtores concienciados Tamén os produtores de bebidas están aportando o seu grao de area! É o caso de Bodegas Lodeiros. Pablo Lodeiros ri contándonos que o seu avó non entende moi ben por que o seu neto conta algo que se leva facendo toda a vida! “Aquí en San-

| 12 | Pincha |

25

tiago temos un viño chamado Reviravolta, con botellas retornables. Cobramos as botellas e as caixas por separado e cando nolas devolven, reembolsamos os cartos. Desta forma diminuímos os residuos, porque nós lavamos as botellas e reutilizámolas. Facémolo dende sempre! Xa o facía meu avó (rimos!), pero foise perdendo... Parece que vimos dunha etapa consumista, onde non nos preocupabamos por optimizar os recursos nin polo medio ambiente. Non estamos inventando a pólvora. A mensaxe é volver a reciclar, ser sostibles. Non é unha moda. O que nos permite reutilizar é aforrar. É moi interesante a nivel eco-


nómico, tanto para nós como para o bar, porque estamos falando dun envase a custe practicamente cero, a botella non vai ao lixo. É verdade que hai gastos de lavado, de recollida, pero o importante é este compromiso co medio ambiente e co aforro. Hai que traballar un pouco máis, o cliente ten que almacenar as botellas... Pero estamos moi contentos, está funcionando moi ben. A xente está moi comprometida! Responden moi ben. Hai unha inquietude por facer as cousas de forma diferente. Gustaríanos medrar a nivel Galicia, aínda que é complexo, o tema loxístico, pero pouco a pouco”. Pero este non é o único proxecto que teñen neste camiño da sostibilidade. O Vermú Lodeiros cambiou a súa botella por outra máis ecolóxica. “É unha botella máis lixeira, con vidro reciclado, reducindo as emisións en produción e transporte. Tamén a etiqueta está feita con residuos de mazá, porque o que intentamos é ter un produto o máis natural e o máis sostible. Por dentro e por fóra, porque para o vermú utilizamos os viños cos menos artificios, sen engadir moito azucre nin alcol e por fóra cero plásticos, eliminámolos dos tapóns e das etiquetas. Ademais dedicamos unha parte dos beneficios xerados do aforro coas nosas botellas, o 3%, a programas ecolóxicos aquí en Galicia. Xa fixemos unha colaboración coa Asociación para a defensa Ecolóxica de Galicia cunha plantación de teixos no Concello de Agolada. E pretendemos facer máis actividades, investir no noso patrimonio natural e involucrando á xente, que colabore o maior número de persoas posi-

“Cambiamos a botella do Vermú Lodeiros por outra máis ecolóxica e o noso viño Reviravolta está en botellas retornables”

bles neste compromiso, con estas ideas. Facer algo bonito por Galicia, que nos permita seguir crecendo e fomentando a nosa filosofía!”. Cres que esta mudando a forma de proceder? “A inquedanza está aí. Hai uns anos era impensable. Viñamos da idea de que o inmediato era o importante, pero agora somos máis conscientes do entorno que nos rodea, de que o perigo está aí. Había moito interese das empresas por facelo e agora temos a resposta da xente!”.

A pandemia sumará neste punto inflexión nisto? “A miña experiencia dime que aquí en Galicia a pandemia reencontrounos co noso patrimonio medioambiental, coa natureza. Valorar o que se ten o que nos rodea. E mediante estas iniciativas pretendemos non esquecelo. Conseguir que ese pouso bo que sae dalgo malo, que valoremos. Fortalecer o tecido local. É o momento! Insisto non estamos inventando nada, se non valorando o que xa se facía e que é o normal. Non tirar. Aforrar. Consumir local. O sentido común! E comunicalo, para que máis se sumen a este proxecto. Non mirar para outro lado, investir para recuperalo a longo prazo, para que sexa sostible para os que producimos aquí”. Estades facendo o voso mundo máis sostible? Pois bebede un vermú e facédeo nos bares! Nos de preto. Nos dos amigos, nos dos veciños. Nos que fan país traballando por e para os do seu carón. E ollo!! Lede local tamén, eh! Para iso está a vosa Pincha revistiña, a máis riquiña! Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 25

| 13 |


reportaxe

RI QU ELA

Cinco anos de música, comida, amizade e talento a esgalla O equipo do Riquela, case ao completo. Foto: Iván Barreiro

O

14 de setembro de 2016 abría na rúa do Preguntoiro

-ten capacidade para 200 persoas-, pasaron nomes moi impor-

un local pioneiro en Compostela en mesturar unha

tantes. Desde Rodrigo Amarante, Cracker, Morgan, Sen Senra...

sala de concertos -Riquela Club- cun espazo onde

Un dos concertos que recordo con especial cariño foi o de Rubio

tomar un café, comer ou beber unha copa ben entrada a noite

de Pruna, o último cantaor de Paco de Lucía. Non é que eu sexa

-Riquela Bar. “Comida, música, tragos e máis...” era o seu lema.

un entendido en flamenco, pero ese día había unha audiencia

Martín Calviño, o seu propietario, lembra ese día con moitos

única, e foi un concerto espectacular! Tamén o de Luke Wins-

nervios, propios de quen se lanza a unha aventura empresarial

low King, que é amigo... porque os concertos dos amigos son

en solitario por primeira vez, pero tamén con moita ilusión por

especiais. Como cando tocan Néstor Pardo, Mad Martin, Benja,

darlle forma ao proxecto dos seus soños. “O primeiro ano foi un

Sabela King... gústame telos aquí porque son da casa”, destaca.

pouco caótico, xestionalo é difícil, son moitas cousas a ter en conta, unha carga económica grande que tes que sacar adiante e responder... unha vez que empezan a rodar as cousas, desfrútalo moito máis”, recorda con sorriso. O amor pola hostalaría víñalle da familia, propietaria de varios restaurantes na zona vella compostelá, e o amor pola música, a través do seu traballo como produtor e organizador de eventos como o Outono Códax Festival. Así que no Riquela quería aglutinar ambas facetas. “A parte de programación cultural motívame moito e a parte da gastronomía permítenos ter unha estabilidade económica”, sostén. Pronto o local enganchou ao público santiagués. “Houbo tantos momentos bos! Por aquí, pese a non ser unha sala moi grande

| 14 | Pincha |

25

“Por aquí pasaron nomes moi importantes: Rodrigo Amarante, Cracker, Morgan, Sen Senra…”


Rebeca Munín Por

@rebecamunin

Como tamén o son a xente do Compostela Swing e de IM-

semana do 6 ao 12 de decembro, na que organizaremos

PROvisibles -espectáculo de comedia improvisada- aos

sesións dj e outras actividades”, apunta.

que está moi agradecido pola implicación que tiveron co Riquela nos seus inicios. “Uns viñan os martes e outros os

A música de raíz americana está moi presente na sala

mércores, que eran días que estaban un pouco parados, e

pero non é a única. “Por moito que me guste, se estivera

déronlle á sala un ambiente moi chulo”, afirma.

todo o día con iso tamén me cansaría. Eu necesito que as cousas vaian cambiando. O que me encanta é que é unha sala moi ecléctica, como o equipo que temos. Están Eva,

“Estou moi contento co equipo ecléctico que temos. Todos aportamos ideas”

que é a miña compañeira; Pamper Cavero e os de La Melona que me axudan moito coa programación; Mauro e Carlos, coa xestión... entre todos aportamos ideas”, conta Martín. Un moi bo rollo que se nota cando os xuntamos para a foto que ilustra esta reportaxe. Rodeado de tanto talento, está claro por que Riquela leva xa un lustro animando os días e as noites compostelás. E as que lle quedan! Imos por elas?

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Luke Winslow King actuará no Riquela o 21 de outubro. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Acolleron tamén outro tipo de espectáculos, así como feiras de disco, exposicións, charlas ou presentacións. No 2019 empezaron a triunfar as sesións vermú e as matinais dos domingos. No 2020 entraron no circuíto de SON Estrella Galicia... ata que chegou a pandemia. “Naquel momento o local ía collendo a súa personalidade, ese peso que dan os anos. Estaba moi contento con todo o equipo, coa programación que tiñamos...”, sinala Martín. E o golpe foi duro. Moi duro. “A nivel económico e mental”, matiza. “Ao non ter programación nin música en directo, tivemos que reestruturarnos. Enchemos a sala de mesas e centrámonos máis na cociña e nos almorzos. Comezamos coa comida para levar, que foi o que nos deu a vida”, asegura. Agora, ano e medio despois do primeiro estado de alar-

O concerto de Courtney Marie Andrews será o 26 de novembro.

ma, a Sala Riquela comeza pouco a pouco a recuperar a súa programación. O 21 de outubro acollerá un concerto para o que se esgotaron as entradas nun día! Luke Winslow King & Roberto Lutti traerán a Santiago a súa música country, blues, R&B e rock n’ roll con influencias de folk. O 26 de novembro poderemos gozar da estadounidense Courtney Marie Andrews, que virá a presentar o seu último disco ‘Old Flowers’. E proximamente tamén tocarán Eladio y los Seres Queridos, Ale ou Dylan Le Blanc. “A celebración do noso quinto aniversario deixarémola para a

Pincha | N 25

| 15 |


#apapar

Bocadillo Riquela

no Riquela Bar

Foto: Iván Barreiro

A cociña sempre estivo presente no Riquela, pero tomou un impulso maior a raíz da pandemia da covid-19. Empezaron a apostar entón dunha maneira máis decidida por uns bocadillos elaborados con pezas da premiada panadería compostelá Pan da Moa, baseados nos chamados Philly Cheesesteak, que se facían no sur de Philadelphia para os traballadores e que son unha alternativa ás hamburguesas. O Bocadillo de Polo ao Tikka Masala e o Bocadillo de Chipiróns á Romana son algúns dos que atopamos actualmente na oferta gastronómica do Riquela Bar, na que tamén destacan as tostas, as hamburguesas, as zamburiñas, a táboa dos queixos galegos ou as croquetas.

| 16 | Pincha |

25

Pero o equipo de cociña do Riquela xa está a traballar nunha nova carta que collerá forma nos vindeiros seis meses e na que a idea é seguir esta mesma liña de bocadillos elaborados con produtos de alta calidade que tanto están a gustar, ademais de introducir ensaladas cun toque diferente. Na súa visita a este local do Preguntoiro -que se complementa cunha terraza exterior na Praza de Feixóo e no que podemos tomar desde un café pola mañá ata unha copa de noite- o noso @JuanEAT_o tivo a fortuna de probar un dos pratos que máis triunfan entre a clientela: o Bocadillo Riquela. Feito con tenreira, cebola violeta, pemento verde, champiñóns e queixo, esta proposta ten tamén versión vexetariana, con setas shitake no lugar da carne.


@JuanEAT_o, probando o Bocadillo Riquela. Foto: Iván Barreiro

O que máis me gusta do meu traballo na Revista Pincha é ter a sorte de poder degustar as marabillas gastronómicas que temos na nosa cidade e sempre nun sitio diferente. Hai quen di que as miñas humildes opinións son case sempre boas. Certo. Será porque son de bo dente ou porque ninguén pode negar que en Compostela se come moi ben. E o Bocadillo Riquela non ía ser unha excepción. O primeiro que chamou a miña atención deste bocadillo foi o seu acompañamento, xa que un podería esperar unhas patacas ou algunha guarnición máis potente, pero non. Gustoume que apostaran por un toque verde e máis saudable, como é a eiruga. Outro punto a destacar é que a carne de tenreira vén en tiras, no seu punto e tenra. Ademais, a cebola violeta

xunto co pemento verde e os champiñóns cunha cama de queixo fundido dan como resultado un sabor único e interesante. Un queixo, por certo, que non enzoufa, o que se agradece moito. Para min, tanto este detalle, como a elección do pan son os que marcan a diferencia entre un bo ou un mal bocadillo. Ás veces, sobre todo neste tipo de pratos ou nas hamburguesas, aínda que o pan estea bo resulta pequeno para o contido que lle botan e, claro, faise toda unha aventura comelo sen que se desfaga. No Riquela apostan por unha peza de Pan da Moa que aguanta moi ben e permite gozar do bocadillo do principio ate o final. En resumo, unha delicia para eses momentos nos que queres comer algo rápido sen que sexa moi pesado, con bo produto e un sabor único. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Datos

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Lugar: Rúa do Preguntoiro, 35

Santiago de Compostela

Prato:

Bocadillo Riquela

Prezo: 8€

Valoración: 

Por @JuanEAT_o @JuanEAT_o Pincha | N 25

| 17 |


Oído, artesanía!

Lorenzo Design: “No noso oficio hai unha parte de arte

Foto cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Lorenzo Design é unha cooperativa dedicada a crear instrumentos personalizados en madeira para a alta cociña. Fernando Sangiovanni, un dos seus fundadores, cóntanos como chegaron a traballar con Estrelas Michelin e foron capaces de sortear a pandemia da covid-19.

para alta gastronomía. Foi entón cando coñecemos a grandes cociñeiros, como Javier Olleros do restaurante Culler de Pau. Desde entón traballamos para toda España e Europa.

Dinos, como naceu Lorenzo Design?

Como é a vosa relación cos cociñeiros e cociñeiras?

Somos unha cooperativa de seis persoas. Traballamos a madeira para a alta gastronomía e o interiorismo. Comezamos no ano 2015 con xoguetes e mobiliario nunha pequena tenda no casco vello de Santiago de Compostela. No 2017, a raíz do encontro ‘Artesanía no Prato’ que organizou a Fundación Pública Artesanía de Galicia, vimos a posibilidade de traballar para a gastronomía, especialmente

Preocupámonos de colaborar con eles e elas en función do que necesitan. Tamén nos fixamos no tipo de material que utilizamos e no deseño. As nosas pezas son recoñecibles. A xente dáse conta de que son de Lorenzo Design. Adaptámonos en función da estética de cada restaurante, de cada prato e de cada necesidade. Sempre dicimos que noso traballo hai unha parte de arte, artesanía e deseño.

| 18 | Pincha |

25


Que tipo de materiais e técnicas empregades? Empregamos madeira de nogueira, carballo, cerdeira ou freixo porque ao queimala resalta todas as veas. Aínda así, non estamos pechados a traballar coas madeiras que necesite cada restaurante. Iso si, todas teñen que ser certificadas. En canto ás técnicas, empregamos a talla, o torno ou o carbonizado. Traballamos en función das necesidades de cada peza.

Ruth Ríos Por

e, artesanía e deseño”

@ruthriosfernandez

traballamos a nivel global. Fomos axustando como puidemos. Seguimos traballando con restaurantes e particulares que querían pezas decorativas.

Que supón para vós contar coa marca de Artesanía de Galicia? A certeza de que temos un respaldo institucional para o noso traballo. Somos artesáns, pero á vez pertencemos a un colectivo en que podemos colaborar e unidos nunha Fundación. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Estamos vivindo tempos moi complicados para a hostalaría. Como sobrevivistes vós á pandemia da covid-19? Durante a pandemia só deixamos de traballar durante unha semana. É certo que moitos pedidos pararon, pero outros seguiron porque

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Onde podemos adquirir os vosos produtos?

Na nosa tenda en Santiago (Rúa Ponte de San Lázaro, 7) ou na web lorenzodesign.es

“A raíz do encontro ‘Artesanía no Prato’, de Artesanía de Galicia, vimos a posibilidade de traballar para a alta gastronomía” Pincha | N 25

| 19 |


César Varela @ImitoAquenSon

Foto: Novo | Deseño Portada Disco: Ra Estudo Gráfico

Por

666 rpm

É

cousa miña, que xa vou vello, ou comeza a facer frío? Parece que xa empeza apetecer un bo cocidiño, non si? Pero non un cocido calquera, senón un deses que preparan as velliñas nas aldeas con ese cheiro a cociña de leña e ese sabor a unto que o caracteriza. Mentres pelas unhas patacas a carón da lareira, escoitas a fermosa melodía que se produce ao arder a leña. Vas buscar unha xerra de viño da casa ao pipote, recolles o pan quentiño que deixou o panadeiro pendurado da porta e aprecias ese caloriño do alento das vacas e o cheiro a bosta. E xa está todo listo. Só queda poñer a mesa e sentarse a comer esa carne de porquiño, que sabes que non é un porco calquera. É ese porco que se criou no cortello no que ensaian os Ruxe Ruxe e, polo tanto, a súa carne é carne con carné, co carné do cuartel xeral dos Ruxe, que como ben sabes, vai adobado con Rock & Roll de primeira calidade, chupitos de licor café, augardente de herbas e un bo café de pota. Así que, bo proveito e a desfrutalo! Os Ruxe Ruxe fan 25 anos de vida e os seus colegas quixeron agradecerllo cun disco dobre homenaxe, que recolle nada menos que 32 bandas galegas, cada unha no seu estilo, recreando un vello clásico da banda de Aríns. Espiño e Samesugas, Pauliña, Factoría de Subsistencia, Pito de Pikasso, Rastreros, O Reverendo Can, A banda da Loba, Som do Galpom, Pakolas, Ukestra do Medio, Machina, e así até 16 artistas en cada disco, compoñen este ‘25 Anos Ruxindo’, producido por Mario César (Túzaros, Invivo, Deseqilibrio Mental, Urko), Bocixa (Zënzar), J.M.

Piedra (Deseqilibrio Mental, Barbitúricos, Astarot) e Iago Pico. Masterizado por Iago Pico en Pouland Studios (Ames, Galiza), deseñado por Raio e con texto interior de Fernando Fernández Rego. Agradecidos a Ruxe Ruxe, a todos os seus membros que formaron e forman parte desta grande familia, por estes 25 anos de música, respecto e dignidade. O pasado 3 de xullo tivo lugar a presentación do disco, nun encontro celebrado no Fogar do Santiso (Teo), no que participaron unha boa parte das bandas implicadas, así como os excompoñentes da formación, produtoras e outros achegados ao Mundo Ruxe. Pero a movida non remata aí, xa que durante os meses de agosto e setembro, a propia banda, quixo mostrar nunha exposición na Zona C de Compostela ‘25 Anos de Universo Gráfico’, a arte dos seus case 20 traballos discográficos, carteis de infinidade de concertos, as súas icónicas camisetas, ilustracións, deseños web, videoclips animados, chapas, revistas, esculturas, artesanía, adhesivos e ata tatuaxes recompilados ao longo de 25 anos. Sei que andan preparando novo disco, o que aínda non se sabe é cando estará listo. Pero estou seguro de que os seus seguidores, do que máis gañas teñen é de desfrutar dun bo directo, e ides ter sorte, xa que o 9 de outubro estarán no Pub Gatos de Melide, así que, non esquecer reservar entrada. Longa vida a Ruxe Ruxe! E a por 25 anos máis! Rock da Terra, Rock do País. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

| 20 |

Pincha |

25


pola gorxa

Para comelo... pero en galego!

COGOMELO, CHOUPARRO, PAN DE COBRA... Curiosidades

A

i, que ricos están os cogomelos e cantas formas diferentes temos de chamalos en galego! A Real Academia Galega admite como sinónimos para denominar a estes fungos que teñen un pé ou talo rematado nunha especie de sombreiro e que poden ser comestibles ou non todos estes: chouparro, pan de cobra, pan de raposo ou pan de sapo. Ademais, segundo as diferentes especies, tamén poden denominarse choupín, roco, patamela, cerrote, cogordo... A listaxe é inmensa! E non te equivoques, unha ‘seta’ non é o mesmo. No dicionario da lingua galega esta palabra só aparece co significado de arma consistente nunha barra fina rematada en punta, que ten unha peza feita xeralmente de plumas no outro extremo para manter a estabilidade e que se lanza mediante un arco. É dicir, unha frecha.

En Galicia existen especies de cogomelos comestibles moi apreciadas na gastronomía, mais tamén hai outras que son tóxicas e mesmo poden chegar a resultar mortais, polo que saber distinguilos antes de comelos é fundamental.

A partir do outono, cada ano máis persoas buscan, recollen, cociñan e comen cogomelos silvestres. Ante a dúbida á hora de identificar un cogomelo é mellor non recollelo. As persoas inexpertas deben apañalos acompañados dun experto ou consultar con algún antes de consumilos. Ademais hai que procurar non mesturar as especies no mesmo cesto; non recollelos despois de grandes choivas ou en días de moita auga, xa que isto pode modificar as súas características e dificultar a súa identificación; e non transportalos en recipientes pechados ou bolsas de plástico, para evitar que fermenten.

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www. sergas.es/Saude-publica/Cogomelos) ofréceselle información á cidadanía sobre como previr as intoxicacións.

ONDE PROBALO? En novembro celébrase en Riós (Ourense) a Festa da Castaña e do Cogomelo co obxectivo de enxalzar estes dous produtos típicos do outono e da zona. Durante dous días organízanse actividades de tipo cultural e gastronómico; charlas informativas, concursos e casetas expositivas con produtos artesáns... A festa finaliza cun xantar-degustación popular, que conta con grande asistencia de comensais, tanto da veciñanza como de persoas foráneas.

Por outra banda, O Porriño (Pontevedra) acolle todos os meses de abril unha feira anual dedicada aos cogomelos. A ela acoden profesionais do sector para a compra e venda destes produtos, posta en común de coñecementos e experiencias etc. En Santiago de Compostela recomendámosvos visitar o Bar Gamela, na rúa da Oliveira, no que a especialidade son as racións de cogomelos á prancha acompañadas de diversos xeitos. Pincha | N 25

| 21 |


de libros con Ruth

Fran Villasenín:

Fran, en A Reixa Tenda, cos libros de Little Neno e o Oso Renato Foto: Iván Barreiro

“Little Neno vencella a toda a familia”

A

colección de libros ‘Little Neno’ é un percorrido polas cancións de grupos míticos do anos 60 e 70 a través dos

soños do seu pequeno protagonista. As cancións están agochadas nas historias, convertendo aos libros en divertidos xogos tanto para a cativada como para pais e nais.

“Faremos unha xira de contacontos con música por coles, bibliotecas e festivais”

Fran Villasenín, de A Reixa producións e A Reixa Tenda, decidiu dar o salto á edición lanzando a tradución ao galego deste proxecto nado orixinariamente en castelán da man de Bang Ediciones. Os dous primeiros títulos son ‘Little Neno descobre os Beatles’ e ‘Little Neno descobre os Rolling Stones’, adaptados para crianzas de entre 2 e 12 anos.

| 22 | Pincha |

25

Por que decidistes editar Little Neno en galego? A miña parella e mais eu temos un fillo de cinco anos e todas as noites lemos contos con el. Na Reixa Tenda temos moita literatura infantil, entón vemos o que lle interesa á xente. Tamén a tenda sempre estivo moi vencellada ao mundo da músi-


Ruth Ríos Por

@ruthriosfernandez

ca e eu coñecía ao debuxante dos libros de Little Neno (Jaime Pantoja) e ao escritor (Dani Llabrés), que está metido na escena dos anos 60. Vin que era un libro moi interesante porque fai que toda a familia xogue cos libros, despois podes poñer á música… A partir de que idade son recomendables os libros de Little Neno? A partir de dous anos. É unha historia moi divertida porque os nenos e nenas desa idade nunca queren ir durmir, que é o que lle pasa a Little Neno, que ten as súas aventuras en soños.

A maiores temos unha intérprete de linguaxe de signos porque nos parece importante que todos os nenos e nenas sigan un espectáculo tan bonito. Vanse interpretar os contacontos e as cancións para que saiban cando están cantando os músicos. A primeira actuación será o 2 de outubro no centro sociocultural de Conxo. Vai estar en diferentes centros socioculturais e festivais como o Vilablues de Noia. O contacontos irá polo rural e polos barrios. Contamos coa axuda do Concello de Santiago porque é un proxecto moi custoso e que contribúe a economía local, xa que traballamos con provedores de aquí. E temos que contratar a dez persoas. Imos converternos nunha pequena empresa de Santiago. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Cres que a música vencella a pais e nais cos seus fillos e fillas? Si, con estes libros compartirán cousas marabillosas, lendo historias destes grupos, que son dos máis importantes da historia musical. Por que cres que é importante fomentar a cultura musical na rapazada? Porque se non facemos que os máis novos coñezan estes grupos, esa cultura vai desaparecer. Seguramente hai moitos rapaces que ao non ter acceso a esta información, non saben quen son os Beatles ou os Rolling Stones. Se lle preguntas a un adulto por tres grupos históricos da música, seguramente que entre eles estarían algún destes dous. Haberá ademais unha xira musical para presentar os libros, non si? Si, a través de A Reixa Producións faremos unha xira de contacontos con música para presentar os libros por coles, bibliotecas, festivais… É un espectáculo moi visual porque aparece o Oso Renato -compañeiro de noite e aventuras de Little Neno-, teremos un photocall, globos… Contamos coa actriz Neves Rodríguez e co actor Marco Aurelio. As bandas que van interpretar aos Beatles a aos Rolling Stones son moi boas porque están Espiño, Tato Vázquez da Bakin Blues Band, Carla Green…

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

DATOS LIBROS ‘Little Neno descobre os Beatles’ e ‘Little Neno decobre os Rolling Stones’ Autor e ilustrador: Dani Llabrés e Jaime Pantoja Tradución: Valeria Pereiras Editorial: Reixa Editorial Edición: 2021 Idioma: Galego

NON PERDAS A ENTREVISTA CON XACOBE PATO E A OBRA ‘SERÉ FELIZ MAÑANA’ #DELIBROSCONRUTH CONTINÚA NA NOSA WEB!

Pincha | N 25

| 23 |


a gorida do artista

Natalia Horschovski e a defensa da muller como creadora

M

illadoiro. Unha tarde de setembro.

súa obra, principalmente mulleres da súa contorna,

Chamamos á porta. Tras un corredor

ás cales representa a través dun patrón inspirado

atopámonos o cuarto no que Natalia

en trazos faciais xerais e expresivos que as definen.

Horschovski rompe a súa rutina diaria. Un pequeno

Mulleres que á vez son ela mesma como modo de

espazo exento dos quefaceres da vida cotiá e onde

coñecerse e recoñecerse. Un proceso de catarses

poder evadirse para plasmar libremente todas as ideas

a través da arte e da poesía, medio de expresión

que invaden o seu pensamento.

que

tamén

emprega.

Estes

medios

ás

veces

aparecen mesturados nalgún dos seus traballos. O impulso creativo xa vén dende o berce, herdado da

Natalia comeza o seu proceso de creación nun caderno

súa nai coa que pasaba as tardes da infancia debuxando

que porta na súa mochila para despois plasmalo en

baixo o escritorio da matriarca, aínda en terras arxentinas.

papel, lenzo ou en algunha das súas decoracións sobre

Co paso do tempo, sendo xa consciente de que quería

louza tan divertidas.

ser artista, adoptou o nome artístico de Peperina Lapipetuá, como aínda se lle coñece nas redes sociais.

O contraste é un compoñente que define o seu traballo.

A figura humana é o elemento máis recorrente na

A través da técnica mixta, principalmente acuarela, tinta

| 24 | Pincha |

25


Por Marisa Calderón, Delio Sánchez e Inés Silvalde @oscatrogatos

e acrílico, forma composicións nas que a liña conxuga

Gatos. Pezas que Natalia define como capítulos,

coa mancha, a carga de pigmento coa aguada e o xesto

reflexiona acerca do peso medido en recordos e

groso cunha liña máis sutil. Todo cun gran respecto ao

pensamentos que cada quen porta, co fin de definir

baleiro, ao branco dos fondos.

como

transcorremos

o

presente

condicionados

polo noso pasado, ou as nosas obsesións… Nos Unha das series máis significativas do seu traballo é

últimos tempos traballa nun proceso de adaptación

‘Canto pesas?’, que foi exposta no 2017 en Os Catro

das súas ilustracións en diferentes formatos para poder ser comercializados en diferentes produtos. Esta artista ten unha gran implicación na defensa da muller como creadora e reflexiona ante as dificultades que existen á hora de poder desenvolver un traballo digno combinado coa rutina diaria. Actualmente participa nun proxecto impulsado por Bea López Jerez no que se reclama unha maior presenza da muller artista a partir dos corenta anos. Un regalo para Natalia, xa que o contacto permanente con outras mulleres artistas e o coñecemento de diferentes situacións e circunstancias fai que medre como artista. Un regalo para nós tamén poder compartir bos faladoiros artísticos xunto a esta muller cargada de enerxía positiva.

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 25

| 25 |


crusat & costas

CORGA 2019

Detalle na Viñoteca do Mercado. Foto: Iván Barreiro

LORENA COSTAS

O val do Bibei no lugar que merece

S

emella que ultimamente non saímos da provincia de Ourense, eh? É que, das cinco Denominacións de Orixe que existen en Galicia, catro se asentan en territorio ourensán, ou de xeito íntegro ou en gran parte. Pois ben, unha vez máis quedámonos pola provincia, e volvemos á subzona Quiroga-Bibei, dentro da D.O. Ribeira Sacra. Recoñezo que o Val do Bibei me ten namorada dende hai moito e, en cuestións de viño, cada vez aparecen cousas máis interesantes. A ventilación da zona, montañosa e elevada, permite obter viños frescos e sans, fuxindo de elabora-

| 26 | Pincha |

25

cións máis potentes e extractivas: o Bibei é un mundo de microclimas dentro da D.O. Nesa zona é onde Benigno Pereira creou a súa Adega, Pereimós 2007 (máis coñecida pola Adega da Corga) fai escasamente sete anos. Benigno tamén é coñecido por ser o propietario da Queixería Bama, así que a súa traxectoria profesional, ata ese momento, pouco tiña que ver co viño. Mais Benigno comezou no mundo vinícola, como el di “por vicio”, probando un viño de Trives na Viña de Xabi (ai, cantos de nós lle debemos tanto á Viña de Xabi!) Entón, no 2010 mercaron unha finca na


Por

Jose Crusat

Lorena Costas Por

@lorena_costas

Pobra de Trives de 35 hectáreas, cun pazo do s. XVII. Acondicionaron o espazo da adega e plantaron todo de novo, todo Brancellao, que traballan en ecolóxico; unha caste minoritaria da que vos falará Crusat. Non imaxinaba Benigno que catro anos despois da súa primeira colleita (2017-18), en plena pandemia, chegarían os recoñecementos dos críticos do sector, sobre todo do seu Brancellao, o primeiro viño galego ecolóxico en apareceres na Guía Parker. Benigno traballa outras variedades, como a Mencía e variedades brancas e comenta que as ladeiras do Bibei, no s. XIX producían arredor de dous millóns de quilos de uva ao ano, a diferenza dos 200.000 quilos da actualidade. Iso dá unha idea do importante que foi o Bibei hai anos e do interesante labor que fan os viticultores da zona intentando recuperar esa época de esplendor. A meirande parte desas ladeiras son comunais; o que quere dicir que non se sabe de quen son e, polo tanto, non se poden inscribir no rexistro vitícola: Benigno comenta o complicado que é a burocracia para poder poñerlle solución a ese problema, “é unha pandemia máis”... Sen dúbida un viño para compartir, e agora que vén o outono... cunhas castañas asadas!

@choumimx

rras galegas do interior. Trátase dunha uva de menor rendemento polo que foi desprezada en por de maiores produción. Ademais, é unha uva de ciclo longo, polo que necesita largos períodos de bo tempo para madurar adecuadamente, e en anos máis frescos e de choiva sofre tamén coa podremia. Como dixemos este é un viño elaborado con mencía, seleccionando manualmente os bagos na viña. Posteriormente macera en frío durante un tempo previa á fermentación en depósitos de aceiro inoxidable. Despois dun tempo en repouso, fíltrase xusto antes do embotellado. E imos coa nota de cata de este viño. Que é a imaxe viva dunha mencía pura. De cor vermello granate, no nariz é de intensidade alta, con marcados aromas a froitas vermellas frescas, coma framboesa, cereixa e amorodos. Na boca é fluído na entrada, fresco e con estrutura, de trago largo e persistencia, outra vez froita vermella con certa acidez. Un viño de beber e desfrutar por si só sen máis. E imos tamén a maridalo! Aposto por unha tortilla e como prato máis elaborado intentarei unir os mundos do propietario da adega: unha tosta feita con fariña de castaña, o seu queixo Bama, uns flocos de cebola fritida e ovas de salmón. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

JOSÉ CRUSAT

Pincha

E a mencía xuntouse co queixo

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

T

Revista de Gastronomía & Cultura

iramos outra vez para as terras de Trives, de montañas e viñedos en ladeiras con socalcos de viñedos mesturados con bosques de castiñeiro antigos. Terra que cativou o propietario da adega que uniu as terras de Touro, a produción de leite coas montañas e o mundo do viño.

FICHA DO VIÑO:

O viño do que falamos hoxe é elaborado con mencía 100% de uva mercada a viticultores da zona, xa que a aposta persoal de Benigno Pereira foi diferenciarse do resto da Ribeira Sacra non só pola terra e a paisaxe de Trives, senón tamén pola uva principal que emprega nos seus principais viños tintos, a brancellao. Esta é unha uva minoritaria dentro do mar de Mencía nas te-

Adegueiro: Adega Pereimós 2007 D.O.: Ribeira Sacra Subzona Quiroga- Bibei Variedades: Mencía Grao: 13º Colleita: 2019 Prezo: En torno aos 10€

Pincha | N 25

| 27 |


axenda representativas para que compartan co público asistente as súas experiencias ao redor dunha obra senlleira da literatura galega. O obxectivo non é que falen da súa propia obra, senón dalgún título da nosa literatura, seleccionado por eles mesmos, que lles marcara na súa traxectoria como lectores e, sobre todo, como creadores de literatura. Santiago Lopo | 01.10.2021- 19:00 horas Andrea Maceiras |15.10.2021 - 19:00 horas Juan Tallón | 29.10.2021 - 19:00 horas

Sección Oficial de Curtocircuíto 2021 reúne un total de 15 estreas, oito delas a nivel estatal e sete en Galicia. A programación interdisciplinaria aposta este ano por concertos e espectáculos de artes visuais creados á marxe da industria, dando unha especial atención á creación underground.

tacto, gusto, sabores... en ámbitos íntimos moi feminizados, conquistar a vista, o sentido máis público e intelectual, reservado en gran parte tradicionalmente aos homes...

Consulta o programa completo en revistapincha.gal

PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVAS /OS ARTISTAS

XX FESTIVAL DE TEATRO AGUSTÍN MAGÁN SALÓN TEATRO

1, 2 E 3 DE OUTUBRO ÁS 20:00 HORAS

AUDITORIO DE GALICIA

A Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) organiza o XX Festival Agustín Magán que remata en outubro coas seguintes actuacións no Salón Teatro: 1 de outubro FARANDOLEIRAS CABARET: Olimpo’s 2 de outubro FARÁNDULA VELUTINA: A derradeira bala 3 de outubro ANADARAVIA TEATRO: Xacovedra Para rematar as actividades desta vixésima edición levarase a cabo o día 3 de outubro a partir das 19.30, no Salón Teatro unha homenaxe ao persoeiro do teatro amador que lle dá nome ao Festival de Teatro Afeccionado, don Agustín Magán, coa presenza da súa familia, do grupo que formou e dirixiu durante tantos anos, Ditea, así como de distintas persoas representantes das administracións.

13 DE OUTUBRO ÁS 20:00 HORAS

CAMIÑOS II CGAC

DESDE O 8 DE OUTUBRO

SÉS PRESENTA ‘LIBERAR AS ARTERIAS’ AUDITORIO DE GALICIA

2 DE OUTUBRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 20 €

SÉS presenta un novo traballo discográfico ‘Liberar as arterias’ co que segue evolucionando o seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que se inclúen unha escolma de cancións con letra e música composta pola propia cantora.

Camiños é un proxecto que aborda o feito de camiñar, andar, pasear e a vivencia do camiño, do vagar, do itinerario e da peregrinación como fenómenos e experiencias artísticas. Este proxecto expositivo pretende, por unha banda, recoller e mostrar o legado que a Colección CGAC foi construíndo sobre o tema da cidade, o Camiño de Santiago e a idea de camiñar e, por outra, seleccionar obras, artistas e proxectos especialmente significativos que centraron o seu foco na experiencia (emocional, ecolóxica, política ou paisaxística) do camiñar.

O premio Auditorio de Galicia acada a duodécima edición presentando a obra de trinta creadoras e creadores, menores de coarenta anos, nados ou residentes en Galicia. A sala de exposicións Isaac Díaz Pardo acollerá a exposición e será no acto inaugural cando se fagan públicos os premios: un primeiro premio de 6.000 euros, segundo premio de 3.000 euros e un terceiro premio de 2.000 euros. Os artistas seleccionados son: Pablo Aguilar & Raquel Álvarez, Eva Antelo, Thomas Apostolou, Miguel Auria, Pablo Barreiro, Teresa Búa, Cabanes Fontao, Olalla Castro, David Catá, Julio Catalán Rubinos, Le Charli, Christianconch, Raquel Durán & Rut Briones, María Gar, Christian García Bello, Macarena Montesinos Fandiño, Joan Morera Arbones, Alejandra Pardo, Pía Piadosa, Lara Pintos, Sara Piñeiro, Mar Ramón Soriano, Alejandro Rego Díaz, Carlota Salgado Leal, Borja Santomé, Neves Seara, Andrea Torres, Verónica Vicente, Antía Vieiro Fernández e Diego Vites.

‘MULLER’, DE CARMEN CABANEIRO OS CATRO GATOS DO 9 DE OUTUBRO AO 6 DE NOVEMBRO | PREZO: DE BALDE

10 ANOS, 10 AUTORES, 10 LIBROS

18º CURTOCIRCUÍTO

BIBLIOTECA DE GALICIA - CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

DO 2 AO 10 DE OUTUBRO

1, 15 E 29 DE OUTUBRO ÁS 19:00 HORAS | PREZO: DE BALDE

Recta final deste programa no que a Biblioteca de Galicia convida a dez dos nosos autores/as máis

|2

MUSEO CENTRO GAIÁS A 18ª edición de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine exhibe do 2 ao 10 de outubro en Compostela pezas de cineastas imprescindibles, así como propostas daqueles que despuntan co seu traballo máis actual. A

A mostra de escultura en cerámica ‘Muller’ tenta simbolizar os camiños trillados da sociedade e as oportunidades que moitas veces suscitan. Mulleres desprovistas de calquera adorno, sen cabelo e con poucos trazos de diferenciación sexual intentan fuxir dos roles de xénero construídos socialmente e que nos encarceran a todos en categorías inxustas e desiguais. Roles que como construcións sociais poden ser destruídos ou transformados por nós mesmos. Preservar os coñecementos adquiridos durante séculos, levantados sobre o

BALLET NACIONAL RUSO - O LAGO DOS CISNES AUDITORIO ABANCA 20 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 26 €

O Ballet Nacional Ruso, compañía de referencia mundial dirixido por Serguey Radchenko, presenta un dos grandes títulos de P. I. Tchaikovsky ‘O Lago dos Cisnes’, cun corpo de baile de 45 bailaríns e virtuosos solistas. Desde a súa fundación no 1989, os principais bailaríns de toda Rusia forxan

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

| 28 | Pincha |

25


Lucía Freitas | @branqueta_studio | @arxina_fotografia

Pincha | N 25

| 29 |


baixo dirección de Radchenko unha emocionante compañía, poñendo en escena novas producións de clásicos atemporales como Giselle, Don Quijote, Paquita e Carmen.

GALA DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA 27 DE OUTUBRO

LUKE WINSLOW-KING & ROBERTO LUTTI RIQUELA CLUB

21 DE OUTUBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: ENTRADAS ESGOTADAS!

‘Blue Mesa’ é o novo disco de Luke WinslowKing co selo de Chicago Bloodshot Records. Un exemplo máis da artesanía e a elegancia á que nos ten afeitos, mesturando country, blues, R& B, rock n’ roll e influencias do folk de maneira intuitiva e coa súa habitual mestría interpretativa e instrumental.

ESTREA EN GALICIA DE N.E.V.E.R.M.O.R.E. AUDITORIO DE GALICIA

22, 23 E 24 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 12 €

Manuel Cortés, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García e Arantza Villar protagonizan o novo espectáculo de Chévere. En palabras do director e dramaturgo, Xesús Ron, NEVERMORE pódese referir tanto a corvos que falan como a pobos que berran, pero a intención é a mesma: facer memoria. “A idea é seguir usando procedementos documentais para crear ficcións a partir da nosa memoria colectiva. Neste caso dispoñémonos a comprobar se a historia do Prestige foi algo máis ca unha catástrofe ecolóxica, porque ao mellor é unha metáfora da hostia e haina que entender como un aviso do que estaba por chegar”.

Os proxectos gañadores dos VIII Premios Martín Códax da Música, que organiza a asociación Músicas ao Vivo, recibirán os seus galardóns nunha gala que se celebrará o 27 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Como noutras edicións, haberá dezasete categorías con tres finalistas cada unha, tres premios Organistrum e un galardón honorífico a toda unha traxectoria. En canto aos Organistrum, que recoñecen salas, festivais e proxectos de comunicación musical, só haberá competición nestes últimos, mentres que nas salas e festivais entregarase un premio extraordinario debido á escasa actividade que tiveron no último ano por mor da pandamia da covid-19.

FE. TINO MARTÍNEZ 1971 - 2016

CONCERTO DE ZAHARA

MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E DE SANTIAGO

SALA MALATESTA

ATA O 31 DE OUTUBRO

13 DE NOVEMBRO ÁS 21:30 HORAS PREZO: DESDE 19€

Zahara chega a Santiago para presentar o seu último disco ‘Puta’, unha colección de temas profundamente persoais coa que exorciza os demos que lle acompañaron desde a infancia, sacando á luz todas as súas imperfeccións e caras ocultas. O concerto forma parte da súa Xira Vibra Mahou coa que está percorrendo a xeografía española.

Fe ten como finalidade realizar unha retrospectiva que recolla o traballo do fotógrafo Tino Martínez entre 1971 e 2016. Centrada na serie de celebracións relixiosas populares de Galicia: as romarías. A cámara do consagrado fotógrafo compostelán Tino Martínez capta como poucos aquilo que non se ve nestas festividades populares, onde se mestura o relixioso e o profano, a devoción, a festividade e a fe, a principal motivación que funciona como nexo vertebrador desta nova mostra fotográfica do MDPS.

HAMISH FULTON. WALKING EAST CGAC DESDE O 29 DE OUTUBRO

Hamish Fulton (Londres, 1946) comezou a ser coñecido na década dos sesenta como integrante dun grupo de artistas británicos que exploraban novas formas de entender a escultura no contexto da desmaterialización do obxecto artístico. A súa exposición no CGAC, que se articula ao redor deses percorridos por distintos países ou zonas xeográficas, reúne unha selección de fotografías, debuxos e esculturas realizados durante (ou a partir de) as camiñadas, que constitúen o verdadeiro material do seu traballo.

CINEUROPA NOVEMBRO

SANTIAGO(É)TAPAS

Ao peche desta edición aínda non estaban pechadas as datas exactas de celebración da 35º edición do festival de cine Cineuropa, que se celebrará no mes de novembro en Santiago de Compostela.

SEGUNDA QUINCENA DE NOVEMBRO

Podes consultar toda a información e o programa completo próximamente en revistapincha.gal

O XIII concurso de tapas de Santiago -que houbo que suspender no 2020 por mor da pandemia da covid-19- regresa a Compostela neste 2021 acompañado da segunda edición do Santiago(é) Cóctel. Consulta en revistapincha.gal todas as novidades.

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural | 30 | Pincha |

25

3|


cada conxunto. Dese xeito é sinxelo pasar do detalle á comprensión xeral de cada unha das súas creacións, como tamén sucede á inversa, pasando da ollada xeral de cada traballo á procura dos detalles particulares.

IT´S A WRAP [KUBRICK IS DEAD] AUDITORIO DE GALICIA 19 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 10 €

6 personaxes da filmografía de Kubrick reciben a noticia da morte deste.Tratarán entón de defender a súa identidade, a súa existencia e de dar forma ao seu drama e ao seu propio destino, á súa auténtica creación: o seu eu mesmo. Unha peza cun forte sentido da fisicalidade ao servizo dunha dramaturxia multidisciplinar, que se tece desde a máxima ficción cara a esencias da condición humana; para presentar un exercicio de retro-proxección cara ao noso futuro como personaxes, intérpretes e persoas.

SUSPENSIÓN TEATRO PRINCIPAL 26 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 10 €

Suspensión é un espectáculo chamado a transmitir. É unha proposta de circo contemporáneo na que o obxectivo é que o público se poida ver e emocionar. É a súa pelota lanzada ao aire que alcanza o instante de suspensión; o momento en que todo pode pasar, o momento en que podemos ceder á gravidade, ou tomar decisións distintas, o momento en que unha pelota queda flotando e con iso todos no escenario contemos o alento. O momento de Suspensión.

DEJÀ VU COURTNEY MARIE ANDREWS, EN DIRECTO RIQUELA CLUB 26 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 18 €

A estadounidense Courtney Marie Andrews presenta o seu último disco, ‘Old Flowers’ (2020), o sétimo da súa carreira, que foi nomeado nos Grammy na categoría de Best Americana Album. Courtney xa recibiu polo seu anterior traballo, ‘May Your Kindness Remain’ (2018), o premio International Artists Of The Year nos UK Americana Awards. Atópanse nas súas cancións unha voz como a de Linda Ronstadt e o talento para compoñer de Joni Mitchell.

YOLO (YOU ONLY LIVE ONCE) AUDITORIO DE GALICIA 27 DE NOVEMBRO ÁS 18:30 HORAS | PREZO: 3 €

Mediante diferentes disciplinas de circo como son as acrobacias, os malabares, as técnicas aéreas ou o humor, en YOLO presentan diferentes situacións, aparentemente imposibles, nun espectáculo con música en directo para todos os públicos. Premio FETEN 2019 ao mellor espectáculo de Gran Formato e Premio de circo Premis de les Arts Escéniques Valencianes 2019.

AUDITORIO DE GALICIA

28 DE NOVEMBRO ÁS 18:30 HORAS | PREZO: 3 €

Un espectáculo visual, suxestivo, arriscado, sen texto. Con música en directo. Posiblemente unha das mellores creacións circenses dos últimos anos, do Premio Nacional de Circo Manolo Alcántara. DÉJÀ VU fálanos da distancia entre unha persoa e os seus soños, do que é e o que lle gustaría ser. Soños moi ambiciosos que espertan os seus aires de grandeza, pero á vez imposibles, levándoo ao desánimo. Especialmente suxestivo, arriscado e fascinante... Destilando por momentos un humor fino.

X.CARBALLIDO ‘SEICA’ MUSEO DO POBO GALEGO ATA O 19 DE DECEMBRO

Exposición patrocinada pola casa de Xantar O Dezaseis, coa colaboración da Xunta de Galicia e Xacobeo 21-22. Carballido emprega todo tipo de pequenos obxectos para crear as súas obras, desde tipos de imprenta a cunchas mariñas, ferros forxados, restos de xoias ou etiquetas de produtos comerciais, para a realización de colaxes e obras complexas onde o visitante, e mesmo o observador casual, poden perderse identificando a gran cantidade de detalles e recordos que conforman

GALICIA FUTURA MUSEO CENTRO GAIÁS - CIDADE DA CULTURA DE GALICIA ATA O 9 DE XANEIRO | PREZO: DE BALDE

Comisariada por Deborah García Bello e Miguel Ángel Cajigal Vera, Galicia futura é o terceiro gran proxecto expositivo da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura con motivo do Xacobeo 21·22. A mostra toma o pulso do presente para propoñer un percorrido por fitos e ideas innovadoras que xa están a marcar os vieiros do porvir da nosa comunidade en diferentes campos. Explora así un futuro desexado e posible, partindo do traballo que están a desenvolver a día de hoxe diferentes profesionais e grupos de vangarda. Galicia futura afonda tamén no noso pasado para identificar comportamentos e procesos que constrúen o futuro, poñendo o acento nunha escolma de pezas destacadas que representaron no seu momento un pulo decidido cara ao futuro en diversos eidos.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal

|4 Pincha | N 25

| 31 |


guía de ocio e compras

Tamén take away Rúa de San Paio de Antealtares, 16 Santiago de Compostela De 10:00 a 01:00 Luns e martes pechado T. 669 852 768 acarrilana.com

Rúa de San Pedro, 120 Santiago de Compostela De 13:00 a 15:45 e de 19:30 a 23:00 Pechado L e noites de D e Ma T. 981 589 600 - amaceta.com

COMIDA PARA RECOLLER Avda. Benito Vigo, 70 - A Estrada De 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 00:00 Luns e martes pechado T. 981 571 226 - argentinosburguer.com

Take away e a domicilio Avenida de Ferrol, 9 Santiago de Compostela

Praza do Matadoiro, 1 Santiago de Compostela

L a S de 13:30 a 15:30 e de 19:30 a 23:00

De 13:30 a 17:30 e de 21:00 a 00:30 Pechado Ma e Me

Avda. da Liberdade, 11 Santiago de Compostela

artesanagastrobar.com

T. 635 677 229 - beneditaelisa.com instagram.com/benedita_elisa

T. 981 813 520 - labodeguilla.gal

Cafetería - Restaurante - Pastelería Vexetariano - opcións veganas e Sen Glute Rúa de San Pedro, 118 Santiago de Compostela T. 981 073 386 instagram.com/clem_cafe

Alejandro Pérez Lugín, 11 Santiago de Compostela De Me a S de 12:00 a 16:30 e 19:30 a 23:30 - D de 12:00 a 16:30

T. 881 944 686 -

@flamingocompostela

PEDIDOS NA WEB E POR TELÉFONO

Rúa Nova, 46 Santiago de Compostela T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela

Pedidos na web e por teléfono Rúa Nova, 39 - Rúa das Orfas, 10 Santiago de Compostela T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela

| 32 | Pincha |

25

– EST 2005 –

T. 981 573 807 cafeterialasso.gal facebook.com/cafeterialasso

milongasparrillada.com FB e IG @milongasparrillada


J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO

Avda. Raxoi, 19 - Baixo Santiago de Compostela

Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela De L a S de 13:30 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 T. 981 577 633 - dezaseis.com

SERVIZO A DOMICILIO E PARA LEVAR

RESERVAS NA WEB EN TEMPO REAL

Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago de Compostela De 10:00 a 23:45 - Sábados pechado T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com restauranteferro.com

A ALMA DE GALICIA

Rosalía de Castro, 23 Santiago de Compostela

Rúa Olvido, 22 Santiago de Compostela

Rúa das Casas Reais, 21 Santiago de Compostela

T. 981 590 538 oreidobocadillo.com

981 587 196 info@osendeiro.com osendeiro.com

T. 981 115 092 reservas@grupoorixe.com orixegastronomiagalega.com

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela L a V: 06:00 a 22:00 S: 06:00 a 14:00 - D: 08:30 a 14:00 T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

Rúa Nova de Abaixo, 36 Santiago de Compostela T. 981 591 947 raicesgalegas.gal

Preguntoiro, 35 Santiago de Compostela riquela.com

*Horarios suxeitos a cambios segundo as restricións impostas pola pandemia da COVID-19. Rúa da Raíña, 4 - Santiago De 11:00 a 15:30 e de 19:00 a 23:00

Rúa Mazarelos, 4-5 Santiago de Compostela

T. 981 572 257 restaurantesanjaime.com info@restaurantesanjaime.com

T. 696 484 123 sonarcompostela.com

Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal

instagram.com/restaurante_san_jaime Pincha | N 25

| 33 |


Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589

Tenda multimarca para home e muller

Receitas caseiras preparadas para comer ou levar

República de El Salvador, 13 - Baixo Santiago de Compostela

Mercado de Abastos, Nave 1, C 61/62 Santiago de Compostela

881 976 524 bombarda.es

T. 881 123 085 - 629025592 cocinamaria.es

Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com

Rúa Bautizados, 10 Santiago de Compostela galipapas.com instagram.com/galipapas_

L a V de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

Rúa das Rodas, 13 Santiago de Compostela oscatrogatos.com

LIBRARÍA LOWCOST Re-compramos e Re-vendemos libros

NOVO SERVIZO ONLINE pandamoa.com/tenda Rúa do Cubelo, 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352

| 34 | Pincha |

25

Santiago de Chile, 2 Santiago de Compostela T. 881 998 420 facebook.com/rereadsantiago instagram.com/rereadsantiago twitter.com/RereadSantiago1

T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com


De visita en O SANATORIO, en Pontevedra

E

ste verán tivemos a oportunidade de visitar xunto cos nosos amigos da produtora Seispés, O Sanatorio, un espazo para persoas creativas que ocupa un antigo centro de saúde e que foi restaurado por Juan García. Alí cada estancia é diferente e sorprendente! Podemos asistir a unha cea con cociña ao vivo en exclusiva para só catro persoas, gozar dunha performance ou choiar nun espazo de coworking que ten como filosofía xerar unha comunidade de traballo.

Se queredes saber máis, podedes descubrilo na reportaxe publicada na nosa páxina web:

T

Volve #pinchanaradio

ralo parón polo verán, regresa a Onda Cero o programa Gente Viajera Galicia, que presenta Susana Pedreira e que podedes escoitar todos os venres desde as 19:05 horas. Un espazo radiofónico no que falan de turismo, ocio, cultura, gastronomía... a que pinta xenial? Non podedes perdelo!

Ademais, temos a sorte de poder participar unha vez ao mes contándovos todos os contidos que publicamos tanto na nosa revista en papel como na páxina web revistapincha.gal E sempre facemos algunha recomendación para comer por Compostela e para gozar da actividade cultural da cidade! #pinchanaradio is back! ;)

O LIBRO DE LILA DE LILITH Flores de Ferro Unha novela de María Rei Vilas (Galaxia) de corte clásico no que os silencios mantidos no tempo acadan ver a luz para dar sentido á vida de Camila. Novela de protagonismo coral con mulleres intensas con voz propia recuperada na memoria.

Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.