de libros con Ruth Susana e Diana (no centro), na presentación do libro ‘As mulleres que opinan son perigosas’
Diana López e Susana Pedreira “A conciliación segue sendo unha utopía”
E
n 2018 celebrouse en Pontevedra por primeira vez o foro ‘As mulleres que opinan son perigosas’. Foi un encontro pioneiro no que diversas xornalistas reflexionaron sobre o papel da muller no eido xornalístico, especialmente no xénero de Opinión. Alí expuxéronse temas transversais como a maternidade, o ‘Síndrome da Impostora’, o machismo, o trato ás mulleres nas redes sociais, a precariedade laboral… Dese encontro sae agora o libro do mesmo nome, resumo dos relatorios e revisitación ás relatoras catro anos despois, pandemia mediante. Falamos coas súas autoras e coorganizadoras do Foro: Diana López e Susana Pedreira.
| 14 | Pincha |
29
Como credes que evolucionou a situación do feminismo desde o 2018 ata agora? Diana: No 2018 estabamos nun momento moi alto do feminismo, no que todo o mundo se consideraba feminista. Acababamos de ter unha primeira folga xeral das mulleres. Pensabamos que todo melloraría e que a axenda das mulleres se ía cumprir. Sen embargo, catro anos e unha pandemia despois, o feminismo está nun momento máis delicado e probablemente con máis adversarios que naquel momento: a ultradereita no Parlamento, fendas dentro do propio movemento… No caso do xornalismo feito por mulleres, creo que houbo unha melloría porque hai máis espazo para a nosa opinión.