entrevista
Moito máis que catro gatos
N
on sei eu se lle irá moi ben este nome de Os Catro Gatos a este espazo para a arte e a convivencia que atopamos na rúa das Rodas (ou atopabamos, porque en maio pechou
as súas portas). Digo isto ironicamente porque ben me consta que en cinco anos de vida por aquí pasaron moito máis que catro gatos, aínda que como ben explican os seus dous responsables, o nome corresponde precisamente a unha homenaxe ao mítico bar de Barcelona onde acontecían faladoiros con Picasso naqueles tempos bohemios da arte.
E é que “sempre tivemos espírito de taberna, calquera escusa era boa para xuntarnos e abrir unha botella de viño”, afirma Delio Sánchez, un artista que alá polo 2017 se lanzou nesta aventura con Inés Silvalde cando ela buscaba un local como taller para pintar. Por aquel entón argallaron a idea de crear un espazo singular, un lugar onde crear, onde mostrar directamente ese proceso de creación e onde facer oco para que outros artistas puideran expoñer as súas obras. “Cremos que o que conseguimos durante este tempo se corresponde coa esencia do que queríamos facer dende o principio, que era romper dalgunha maneira con esa etiqueta de elitismo que ten a arte e con todos os clichés que a rodean para achegar este mundo á xente de a pé, facendo algo máis aco-
Inés Silvalde e Delio Sánchez, en Os Catro Gatos. Foto: Iván Barreiro
| 16 | Pincha |
29