Revista Pincha 31

Page 12

Revista
Lévame contigo
de Gastronomía & Cultura Nº 31 | outubronovembro 2022 COMPOSTELA CINÉFILA Acollemos rodaxes, temos grandes festivais e veciñanza que triunfa na industria VISITAMOS AS COCIÑAS DE A CASA DA VIÑA E O SENDEIRO

Consigue o teu Tapasporte nos establecementos participantes, na Oficina de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63) ou na sede da Asociación Hostalería Compostela (Rúa Salvadas, 29).

Percorre as diferentes rutas ou (é)Tapas e optarás a numerosos agasallos.

Nas mesmas datas que o XIV Santiago(é)Tapas, celebrarase a terceira edición do Santiago(é)Cóctel, concurso de cócteles que organiza a Asociación Hostalaría Compostela.

MÁIS INFO www.santiagoetapas.gal SANTIAGO(é)TAPAS Toleamos por (é)Tapas! XIV CONCURSO DE TAPAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA SANTIAGO(é)CÓCTEL III CONCURSO DE CÓCTELES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PROMOVE: ORGANIZA: 27 OUT - 13 NOV 2022

AMANDO O CINE

Recordo a primeira vez que fun ao cine. Tiña sete anos e leváronme a ver o Batman de Michael Keaton á Sala Capitol. E que marabilloso foi! A pantalla grande, o ambiente, somerxerte na historia... Amo a sétima arte desde entón. E non son a única picheleira que o fai. Nin moito menos!

Vivir en Compostela ten moitas cousas preciosas. Unha delas é a nosa relación co cinema. Case corenta anos leva Cineuropa mobilizando a milleiros de persoas. Unha vintena, o Curtocircuíto, o Amal e o MICE. Aquí teñen nacido ou vivido grandes intérpretes, directores e directoras, e outros moitos profesionais do sector. As nosas rúas foron escenario de máis de 90 filmes e doutros tantos documentais, curtametraxes e series. Tan grande é a nosa vinculación, que ata temos unha oficina de promoción audiovisual, a Santiago de Compostela Film Commission, e unha páxina web dedicada a recompilar infinidade de material relacionado (compostelafilmada.gal).

De todo isto fálanos Silvia Castiñeiras na reportaxe principal desta revista. Ademais, entrevista á actriz santiaguesa Sabela Arán, que protagoniza a nosa portada.

Neste número queremos que nos acompañes tamén a visitar as cociñas de A Casa da Viña e O Sendeiro Food Experience; á gorida do artista Miguel Ángel Vigo; ao taller da artesá Mailen Arranz, de Branqueta Studio, e a descubrir como coñeceu o noso colaborador César Varela á súa banda de rock & roll favorita.

Comezamos? 3, 2, 1...

ÍNDICE

04 reportaxe | Santiago, de película

11 pola gorxa | Espaguetes

12 de bares con Jessi | Agarimos de outono e bolboretas no estómago!

16 a gorida do artista | Miguel Ángel Vigo

18 oído, artesanía! | Mailen Arranz, de Branqueta Studio

20 #apapar | O Sendeiro Food Experience

24 666rpm | Los Miserables 26 axenda

30 ... máis aló de Compostela 32 directorios

35 ultramarinos | Subscríbete ao noso boletín

Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal

Deseño e maquetación: Alberto Seoane

Publicidade e Redacción: publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal

Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com

Colaboran neste número: Silvia Castiñeiras, Jéssica Pintor, Inés Silvalde, @JuanEAT_o e César Varela

Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017

www.revistapincha.gal Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización.

Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor.

O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

ONDE ATOPAR PINCHA 

Por Rebeca Munín
acción! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
BAVF

Rodaxe en Santiago.

Foto: Cedida pola Santiago de Compostela Film Commission

reportaxe

SANTIAGO

DE PELÍCULA

Por Silvia Castiñeiras
,
A cidade ten servido de escenario de multitude de rodaxes, acolle importantes festivais como Cineuropa, Curtocircuíto ou Amal; ademais de ser berce de grandes intérpretes e outros profesionais do sector audiovisual

Nacer en Compostela xa ben podería ser un título dunha película, porque algo ten este nome que xa te engancha e hai algo espe cial no sentir dos que nacemos aquí, incluso nas per soas que se establecen aquí chegados doutra parte ou simplemente están de visita. Algo se che activa na pel nesta cidade que aínda non sei ben o que é. Pasear por calquera recuncho dela é case como vivir dentro dun decorado, percibindo ás veces que pasas por lugares que non parecen nin de verdade. Que mellor escenario que Santiago para deixar voar a imaxinación e, ademais da súa historia, inventar as propias. Esta Compostela histórica, moderna, verde, coas súas formas únicas e centro de cultura, a Compostela dos Cine Capitol, da Sala Yago, e das novas propostas, converteuse nos últimos anos nun gran estudio de gravación de producións audiovisuais e berce de importantes xeracións de intérpretes, directores e directoras, persoal técnico etc. Imaxino unha rapaza correndo polas súas rúas misteriosas buscando un tesouro, un momento máxico ou o punto exacto onde poder interpretar a mellor das trasnadas. Ou a unha adolescente mergullándose en vivencias chegadas de moi diversas partes do mundo e alimentando as súas ocorrencias grazas a festivais cinematográficos tan consolidados e coidados como son Cineuropa, Curtocircuíto ou Amal. En Santiago non se estende a alfombra vermella, nin se exhiben ante os fotógrafos vestimentas de gala, pero cada outono na capital galega sucede algo marabilloso que non precisa de grandes focos senón de pequenas e atentas miradas.

Poñamos por caso que esa nena é Sabela Arán, unha auténtica picheleira que xa dende pequena quería ser “cantabailaactriz”, así que non é difícil visualizala como a protagonista da historia de como se nace e se fai unha profesional da interpretación.

De Santiago á pantalla

Cóntame Sabela nun dos seus sitios favoritos de Santiago, o Carrilana, que a culpa de que soubera dende ben pequena a que se quería dedicar “é de Whitney Houston e a peli El Guardaespaldas, que sempre me marcou moitísimo. E tamén por culpa dos Goonies (filme de Steven Spierlberg de 1985) porque as aventuras desa panda de cativos parecíanme tan divertidas que eu quería vivir todo iso. Dicíalle a meus pais: que teño que facer para ir buscar un barco pirata? E contestaban: tes que ser actriz”.

E vaia se lles tomou a palabra. “Eu estaba aquí en Santiago e non tiña nin idea de cales eran os pasos a seguir para ser actriz. Fun estudar un máster a Madrid de interpretación cinematográfica e televisión nunha escola para a que conseguín unha bolsa. Completei estudos alí con cursos de dobraxe e interpretación con diferentes profesores e seguín moito os consellos do meu profesor Antonio Mourelos, que agora é un súper amigo”.

Iso si, aclara como compostelá de pro, que antes deses seis anos en Madrid xa estudara na súa terra unha carreira relacionada con ese mundo, Comunicación Audiovisual. Estando aínda en terras madrileñas presentóuselle a oportunidade de facer unha proba

| 6 | Pincha | 31

como protagonista para Vilamor (2011, Ignacio Vilar-Vía Láctea Films).

“Era a primeira proba potente que facía, non tiña ningún tipo de esperanza e despois de 4 horas déronme o papel, empezando aí o camiño que levo dende os 23 anos”.

Un camiño de volta á súa terra

Ese camiño acabou por traela de volta á súa cidade porque, di, “como en Santiago en ningún lado”. E é que, apunta Sabela, “é curioso o que nos pasa un pouco a todos, que marchamos fóra para especializarnos e pensando que o futuro está por aí e estamos todos de volta. Queremos quedar aquí sempre, ou polo menos no meu entorno retorna todo o mundo. A calidade de vida, neste caso en Santiago, para min é moito mellor que en calquera outro sitio”. “Co paso do tempo -continúa- daste de conta de que o importante non son os premios ou recoñecementos, senón estar tranquila e vivir ben, refírome ao necesario non aos grandes luxos, e poder dedicarte profesionalmente ao que che fai feliz. Cando consegues iso creo que é a felicidade plena, e aínda que non podo dicir que a teña totalmente, considérome unha privilexiada porque sempre mantiven certo ritmo”.

Este verán estreou en Netflix a miniserie La noche más larga, traballo do que se sente moi orgullosa. Ademais, en setembro tamén saíu en pantalla a serie Santo, unha coprodución con Brasil con Raúl Arévalo e un “elenco bastante potente”. E é que as plataformas abriron un mundo laboral moi amplo, tal e como recoñece Sabela, que tamén recorda que “na TVG facíanse moitas series, sobre todo antes, e aí os que estabamos na casa tiñamos máis oportunidades, agora non é tan así e hai que traballar onde chamen”.

Os outonos cinematográficos en Compostela

Coincidindo coa saída á rúa deste número de Pincha tamén se celebra (dende o 1 ao 9 de outubro) unha

nova edición de ‘Curtocircuíto’, certame organizado polo Concello de Santiago coa colaboración doutras entidades, que este ano conta coa exhibición de 57 títulos, sendo gran parte deles estreas a nivel estatal e galego.

Non é a única cita cinematográfica para o outono. A finais de outubro tamén ten lugar a ‘Semana do Cine Euroárabe AMAL’, que xa estendeu a proposta a outras cidades e organizou un ciclo de cinema documental como preámbulo. Ademais, dende 1988 celébrase na capital galega ‹Cineuropa›, toda unha programación que ocupa o mes de novembro co mellor cine da tempada, dende os premios de Cannes, Berlín, Venecia ou San Sebastián, ata o cine máis alternativo. Poucos certames teñen tal duración e afondan tanto en novos realizadores ou no xénero documental.

Toda unha delicia para os espectadores, mesmo para os máis implicados neste ámbito como Sabela Arán. “De toda a vida fun asidua a estes festivais”, confirma rotunda. “De Amal xa nos falaban os profesores na época da facultade. Xunto con Curtocircuíto e Cineuropa tes a oportunidade de que se acheguen aquí películas que doutras formas non poderías ver, aportando a Santiago unha gran variedade de autores e autoras, xéneros... Para iso tamén axuda, por exemplo, a sala Numax”. Entre risas comenta esta actriz tan picheleira que “de Cineuropa son un pouco frikie das de verdade, de coller a libreta, coa miña nai coa que vou, e facer un calendario, ver as pelis, elaborar un ranking das que nos interesan, pillar bonos... e fixen en varias ocasións a opción do maratón. Paréceme unha forma diferente e entretida de ver o cine”.

Rodando. Santiago de Compostela Film Comission

The Way (de Emilio Estévez), La piel que habito (de Almodóvar), La sombra de la ley (de Dani de la Torre) ou Melancolía (de Alfonso Zarauza) son só algunhas das películas con máis sona que elixiron Santiago para rodar

O ano pasado rodáronse 35 producións audiovisuais en Santiago a nivel nacional e internacional
Pincha | N 31 | 7 |
A actriz compostelá Sabela Arán cos seus cans Goonie, pola película Los Goonies, e Ziggy, polo alter ego de David Bowie, na terraza de A Carrilana. Foto: Iván Barreiro
Sabela Arán: “Unha fantasía sería gravar unha peli de terror ou tipo Tarantino, chea de despropósitos, dentro da Catedral" | 8 | Pincha | 31

as súas escenas máis recentemente. A elas hai que sumarlle outra filmografía anterior como as diferentes versións de La Casa de la Troya (1924, 1936, 1959), Orgullo y Pasión (USA 1956) ou Trece Campanadas (2002).

“Eu creo que Santiago como escenario de rodaxes ten un potencial enorme con escenarios naturais fabulosos para contar todo tipo de historias. Ademais, a luz en Santiago é fantástica e é unha cidade que ten un encanto moi particular. En cada pedra hai historia e aproveitar iso supoño que é moi suculento para moitas producións”, reflexiona Sabela Arán.

O certo é que, segundo os datos da Santiago de Compostela Film Comission, o ano pasado rodáronse 35 producións audiovisuais en Santiago a nivel nacional e internacional. O responsable desta entidade, Dimas González, afirma que “sempre falamos das longametraxes, que teñen como máis glamour, e pode haber cada ano de 3 a 5 rodaxes deste tipo, pero hai moitísimas producións audiovisuais, de moitos tipos, que elixen Santiago como escenario. Series, documentais, programas de televisión con temáticas moi variadas…”.

A Film Comission traballa co obxectivo de dar a coñecer a cidade fóra de Galicia e España promocionando as rodaxes. “A nosa clave é mostrarnos como un lugar onde se facilitan as cousas, ofrecemos toda unha guía de produción con información para rodaxes e localizacións, intentamos solucionar todo tipo de trámites tendo en conta a complexidade que supón rodar nunha cidade que é Patrimonio da Humanidade. Procuramos axilizar permisos e dar unha resposta fácil e áxil. As produtoras saben que aquí se lles atende ben”, explica Dimas dende a Oficina de Turismo de Santiago.

E parece que a cousa funciona se temos en conta que “veñen gravarse programas de Xapón que se emiten

en prime time e teñen un impacto emocional moi grande”. Os rexistros da Film Comission revelan que “as localizacións máis solicitadas son os sitios emblemáticos como o Obradoiro, a Quintana, e en xeral toda a zona monumental”. Aínda así, “cada vez máis interesan outros enclaves, incluso espazos interiores privados que implican unha tramitación de permisos nos que tamén axudamos dende a entidade. Ata se está rodando bastante nos arredores da cidade e tamén na zona do Ensanche compostelán. Como curiosidade podemos dicir que hai películas nas que as escenas rodadas en Santiago fixeron de París, Madrid ou outras cidades”.

Curiosamente, con respecto ás rodaxes na súa cidade, Sabela Arán fai memoria e conclúe que “non gravei demasiado en Santiago.

Rodei na Alameda a película do Códice (Ficción Producciones) con Tamar Novas... e lémbrome da miña primeira experiencia cinematográfica como figurante 18 comidas (Jorge Coira) nun bar na praza de Mazarelos. Eu estaba ilusionadísima porque era a primeira vez que me metía nun set de verdade. Total... que non se me ve en toda a película! Pero foi unha experiencia chula que me serviu para confirmar que si, que eu quería estar aquí pero xa con texto e con plano”. Risas de Sabela, que tamén se atreve cunha proposta de escenario. “Isto sería unha fantasía, algo utópico, pero encantaríame facer unha peli de terror ou así estilo Tarantino de sangue, tiros e despropósitos, na Catedral. Tamén imaxinarme a Sofía Coppola ou Sorrentino aproveitando a Cidade da Cultura para algunha das súas producións sería interesante”. O dito, esta si que é unha verdadeira cidade de película en todas as vertentes. Pincha

Outono é a estación na que Compostela acolle prestixiosos festivais como Cineuropa, Curtocircuíto ou Amal
Revista de Gastronomía & Cultura Pincha
Pincha | N 31 | 9 |

Hai pouco máis dun ano o Con cello de Santiago presentou ‘Compostela Filmada’, unha iniciativa que ten como obxectivo dar a coñecer a intensa vinculación da cidade co mundo do cinema. O proxecto, coordi nado por Óscar Senra, artéllase arredor da web compostelafilmada.gal. Nela po des atopar moita documentación sobre a historia das salas de proxección compos telás; carteis, trailers e vídeos onde San tiago aparece como escenario da rodaxe; ou unha selección de biografías de per soas relacionadas tanto co mundo do ci nema como coa nosa cidade. Recompila mos aquí algunhas das súas curiosidades.

... en 1900 exhíbese por primeira vez o cinematógrafo en Compostela? Catro anos despois que na Coruña, o 7 de xa neiro de 1900, exhíbese por primeira vez o cinematógrafo Lumiere en Santiago. Foi no Pazo de Amarante, na Algalia de Abaixo, nunha sesión científica para os membros do Ate neo León XIII organizada polo boticario e profesor Deme trio Casares Teixeiro.

... a primeira filmación en Santiago foi no ano 1910? A pri meira filmación na nosa cidade, que non se conserva, é de 1910, e a segunda, presente na web, de 1920.  Así, as primei ras imaxes en movemento conservadas sobre Compostela son do documental mudo de 15 minutos Santiago, la Atenas de Occidente (de José Gil). No ámbito da ficción, debemos esperar até 1924 para encontrarmos La Casa de la Troya (de Manuel Noriega e Pérez Lugín).

... a cidade foi escenario de case un centenar de rodaxes de películas? Máis de 90 filmes e outros tantos documen tais, curtametraxes e series teñen escollido Compostela como un dos seus escenarios de rodaxe. Por aquí pasaron directores e directoras recoñecidos internacionalmente, como Luís Buñuel, Stanley Kramer ou Pedro Almodóvar; e actores e actrices míticos como Cary Grant ou Ornella Muti.

I Carteis dalgúns dos filmes onde Santiago de Compostela aparece como escenario da rodaxe.
| 10 | Pincha | 31

ESPAGUETES

OU SPAGHETTI

Agastronomía italiana é unha das que máis éxito ten no noso país. Cantas veces comiches un prato de pasta? Seguro que miles! Existen ademais infinidade de variedades: macarróns, lasaña, lazos, tallarín, cinta (fettuccine en italiano), pluma, canelón, ñoqui, tortelini, espiral, fideos, ravioli... e os máis comúns: os espaguetes. Así, con ‘e’, xa que en galego non hai palabras acabadas en -eti nin -etis. Non podemos dicir *‘espaguetis’. Aínda que se o prefires tamén podes usar a formación da lingua orixinal ‘spaghetti’.

Ademais da pasta, a pizza é outro prato de orixe italiana que triunfa na nosa terra. Pero sabes como se denomina en galego o establecemento no que as preparan? A Real Academia Galega admite tanto ‘pizzería’ como ‘pizzaría’.

Curiosidades

O 25 de outubro conmemórase o Día Mundial da Pasta. A data foi escollida polos fabricantes deste alimento con motivo do primeiro congreso mundial que celebraron no ano 1995.

A lenda máis famosa sobre a introdución da pasta en Europa é a que conta que foi Marco Polo o que a trouxo desde a China no século XIII, mais hai outras moitas teorías que apuntan que a súa orixe é moito anterior, xa da época dos gregos e dos romanos.

ONDE PROBALO?

En Santiago de Compostela contamos con numerosos restaurantes nos que podemos gozar da gastronomía italiana. La Piccola Italia SCQ, na praza de Fonseca; L’Incontro, na rúa do Vilar; La Tagliatella, na rúa Frei Rosendo Salvado; ou Sicilia in Bocca, na avenida de Rosalía de Castro, son só algúns deles.

No Argentinos Burguer, na Estrada, ademais de servir hamburguesas, son tamén especialistas na cociña italiana. Abriron as súas portas nos oitenta e

levan xa corenta anos servindo pratos de pasta e pizzas de todos os estilos! Recomendamos visitalos os mércores, xa que celebran o Día da Pizza e ofrecen algunhas delas a metade de prezo.

E xa cun estilo máis noso, temos Galipizza, unha cadea de restauración que conta con locais en Viveiro, Ribadeo, Santiago, Culleredo, Vigo e A Coruña e que mestura este famoso prato italiano coa comida tradicional galega. Así, entre as súas propostas atopamos pizzas que inclúen produtos como o polbo, o churrasco, o raxo, grelos etc.

Gargantua a litografía
pola gorxa
,
de Honoré Daumier
Para comelo... pero en galego! Pincha | N 31 | 11 |

Agarimos de bolboretas no

#de
| 12 | Pincha | 31

outono e no estómago!

Pode que sexa unha estación máis ben maldita. Odiada. Da roupa de entre tempo. Desa de entre tempo e tempo: non sei que poñerme... Pode acabar enchoupada! Marcha o sol, vén a choiva. Marcha a luz, cúbrenos o manto da escuridade. Domínannos as brétemas! Anoitece antes, se é que se fai de día... Chove e chove. Vén o frío. Volve chover. Dixen que chovía? Todo se tingue de gris, negro e marrón…

Pero hai quen se atreve co laranxa! Os montes énchense de cogomelos e castañas. Chega o tempo de estar na cociña, ao carón da lareira. Volven os pucheiros e os pratos elaborados con mooooito tempo… Con esmero, con paciencia, coa sabedoría de antano, con dozura e picardía… Volven os sabores máis primitivos, os que nos fan tremer ata a medula e encaracolan a pel. Deses que se serven cun aderezo de froitos silvestres, viño e romeiro... Volven as sobremesas longas, as farturas deliciosas, esas horas máis larpeiras e lambonas: as de lamber os dedos, malia que sexa exceso, malia que sexa pecado! Gardas as chanclas, miras chover pola ventá, colles a manta e invádeche a morriña? Pois é tempo de buscar unha boa cociña da que che fan con cariño, da que quita o frío! Porque aínda que eu sexa una fanática do Nadal, en outono derrétome por estes agarimos! Por probar sabores do monte galego, a forza da súa natureza, esa potencia que esvara tan a gustiño pola gorxa da man dun bo tinto. Chega a hora de que o loureiro faga cóxegas no bandullo e de que os pelos se nos poñan de punta cun arroz de lebre. Esa cociña capaz de deixarte durante horas e ata meses saboreando ledicia, saboreando o outono...

Canto agarimo se pode comer? Canta dedicación na cociña é suficiente para namorar de novo aos comensais que repetimos ansiosos, ano tras ano? Cal é o segredo de Iván Nieto para facer perdurar esa intensidade na memoria e no padal? A oda ao outono deste ano vouna volver vivir en A Casa da Viña,

Por Jéssica Pintor Iván Nieto, nun dos salóns de A Casa da Viña. Foto: Iván Barreiro
Pincha | N 31 | 13 |

na Rúa de San Lázaro. Todo o sentimento que se lle pode meter a unha pota faise nesta época! Empezando a oílo xa se me facía a boca auga. É inevitable: volven as preparacións á miña cabeza, as imaxes dos pratos perduran na miña retina, remóveseme algo no estómago... Serán bolboretas?!

Dende mediados de outubro, Iván farache algo especial: As meixelas de xabaril con pataca á antiga. “Os que veñades á Casa da viña levaredes unha sorpresa. É algo diferente, que chama a atención. Un produto que non se comercializa moito. Nós xa poñíamos costeleta de xabaril e non me convencía. Así que un día levanteime e pensei que farán coas meixelas? Preguntei aos nosos provedores... E chegaron á carta. Porque as meixelas de porco ibérico xa se venden ben, é pensamos que era unha forma para atraer a máis xente a que probe esta carne”.

E como as prepara? “As meixelas maridámolas tres días con viño tinto, normalmente escollemos viños con corpo, potentes, un mencía. Adobámola moi ben con verduras: pementos, cenorias, cebola, loureiro, un chisco de aceite, porque son carnes de monte que son máis secas e para que vaian collendo graxa. Marcámolas nunha pota, rustrimos a verdura, reducimos o viño e metemos as meixelas a cocer no lume lentamente, unhas tres horiñas ben! Deixamos repousar dun día para outro, unhas doce horas de repouso. Envásanse ao baleiro e pasteurizámolas, para rexeneralas á hora de vendela carne. No prato, acompañámolas cunha pataca á antiga: unha pataca risolada, pequeniña que se marca na fritideira e cocémola logo na salsa do xabaril”.

Que máis atoparemos de tempada este outono en A Casa da Viña? O coello de monte con arroz ao romeiro. “A lebre ou o coello de monte en Galicia, o de verdade, é unha carne bastante forte. Na cociña nótala. É máis escura. Necesita máis tempo. Unha cociña lenta, caseira... Como a que facemos na Casa da Viña. Nós facémola con arroz ao romeiro. E á carne déixalle un sabor intenso, de longa duración, con moita potencia, que está gustando moito e que fai que moitos veñan a propósito a comelo. Tamén teremos solombo de corzo con salsa agridoce de framboesa. É unha carne moi boa, directamente da carnicería divídese en anacos, márcase na prancha e báñase cunha salsa

I Algúns pratos de caza. Foto: A Casa da Viña
| 14 | Pincha | 31

con framboesa, zume da carne, un pouquiño de azucre, vinagre balsámico para darlle ese contraste. Haberá pratos que permanecerán na carta de Casa da Viña durante toda a tempada de caza, pero poderase pedir tamén por encarga. Poderás atopar faisán dous estilos, que vai guisado e á prancha: Leva dúas temperaturas e dúas coccións diferentes, a pata guísoa e desfágoa, vai no fondo do prato, a pata sen óso na salsa e a peituga mariñada con brandy e romeiro por enriba, marcámola na prancha. Tamén teremos perdiz, paspallás, entre outras”. Cada día anímanse máis curiosos a probar esta cociña salvaxe, primitiva, con ese toque suficientemente sentimental para atraparte nas súas garras e que volvas repetir unha vez ao ano ou un mes enteiro! Cando che invada a morriña, cando te envolva a falta de calor, cando botes de menos esa cociña que se fai con tenrura, con moito tempo... Cando queiras comer con sentimento, para que che dure, para recordalo mentres invernas... Entón será outono! Entón poderás repetir e saborear carnes con moito tempo de elaboración, das que necesitan maridaxes prolongados. Pedirás sabores fortes, potentes, deses que levan adobos de dous días mínimo, dos que repousan somerxidos en viños tintos ou brandys, dos que removen por dentro, dos que te perden no medio do monte da Galicia profunda e máis salvaxe.

Din por aí que do odio ao amor hai un paso... É hoxe cando hai que facer esa perigosa viaxe! Nesta travesía necesitarás un corazón duro, bo dente e dun mellor cociñeiro(a)! Dun que te guíe con agarimo entre ingredientes, texturas e carnes silvestres. Dun que te transporte entre receitas milenarias e instintos primitivos. Dun que nos recorde que as pegadas tamén se quedan nas entrañas!

Os que repetimos procuramos traer novos adeptos... Porque acudimos a Iván Nieto e a Casa da Viña para deixar de odiar o outono, para deixarnos agarimar pola súa cociña e para volver sentir as bolboretas remexendo no estómago!

Non hai bicho que se resista, preguntádelle a Pablo! ;) Pincha

Pincha Pincha

A Casa da Viña ofrecerá pratos especiais de caza desde mediados de outubro: lebre ou coello de monte de Galicia, corzo ou perdiz, entre outras
I Iván Nieto, na súa cociña de A Casa da Viña. Foto: Iván Barreiro
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 31 | 15 |

Miguel Ángel Vigo

Aprimeira vez que vin a Miguel Ángel Vigo foi dentro dos grosos muros da escola de Artes e oficios Mestre Mateo. Corría o ano 2001 e ambos comezabamos os estudos en técnicas escultóricas. Miguel tamén era un mozo de apenas vinte anos pero as súas mans denotaban outra experiencia. Xa con catorce ou quince anos, atravesaba os campos de millo das beiras do Sar para chegar ao taller de pedra rexentado por José Conde, onde tomou o primeiro contacto coa escultura en pedra.

Baixamos as escaleiras da súa casa, situada nun barrio de Compostela, co fin de adentrarnos na súa gorida. A mirada vixiante dunha das figuras acompáñanos toda a visita.  Algúns simplemente se retorcen nos seus pensamentos e fan caso omiso da nosa presenza. Debuxos, fotos e cadros visten as paredes. As pezas, dotadas de gran detalle, lévanme a recordalo durante as horas de taller, onde semellaba que o tempo corría con densidade. Cada movemento de Miguel no traballo era sensible, delicado e eficaz.

A súa obra describe a un artista consecuente co seu entorno social. Un creador consciente que manifesta a través da arte a visión e as inquedanzas propias do seu tempo. Falando da arte como espello a través do que nos recoñecemos, as figuras antropomorfas e zoomorfas serán os elementos máis recorrentes no seu traballo. Non é unha simple recreación no coñecemento das formas humanas, senón como un fío condutor entre almas.

A pesar de que a escultura é o medio con máis presencia no seu traballo, Miguel non recoñece os límites entre as técnicas artísticas. O medio xorde de forma natural aproveitando de cada material e técnica as características que mellor describan o concepto que quere expresar. A resina, espuma expandida ou látex son algúns dos materiais máis recorrentes no seu traballo pero a pedra e a madeira tamén son contempladas acompañándose de tecidos ou cordas, en moitos  dos casos.

“Sempre entendín a arte como un espello no que nos recoñecemos”
a gorida do artista
As figuras antropomorfas e zoomorfas son os elementos máis recorrentes no seu traballo
| 16 | Pincha | 31 Por Inés Silvalde

No seu traxecto como artista, destacamos tamén traballos no campo audiovisual. Colabora dende o 2015 con programas televisivos nos que lle requiren unha gran rapidez á hora de facer as ilustracións de acontecementos da actualidade. Tamén participou en varias producións cinematográficas como concept artist, traballos cos que tamén goza moito.

Se falamos da evolución do seu traballo, Miguel expresa que todo forma parte dun proxecto común que xira arredor dun mesmo concepto baseado no auto coñecemento e na expresión de pensamentos. Sempre todo de xeito natural. A arte como medio e forma de vida que lle axuda a ser mellor pai, marido, amigo e, en definitiva, mellor persoa.

Inspirado polo ritmo e a inmediatez coa que a sociedade se move, así como o grado de inconsciencia por todos os actos que estamos acometendo baixo este grado de embriaguez

do consumo inconsciente e inmediato, está elaborando pezas a partir de retratos de amizades e familia. Traballar con achegados axúdalle a empatizar coas emocións dun xeito máis eficaz.

Na actualidade non ten ningunha exposición en activo, pero o seu traballo forma parte do fondo de galería de Nuno Sacramento con sedes en Oporto e Lisboa.

Dende fai un ano traballa como mestre na escola que o veu medrar, impartindo a materia de  volume no ciclo superior de Escultura e nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño de Produto. Sorte a dos seus alumnos e alumnas de poder contar cun guía como Miguel.

Sorte a miña de poder compartir e coincidir con Miguel ao longo dos anos. Pincha

Pincha

Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 31 | 17 |

Maialen Arranz, de Branqueta Studio: “A estética

Branqueta Studio  é unha marca de cerámica cen por cento artesanal, centrada na creación de pezas que seguen técnicas tradicionais, aínda que cunha forte presenza dixital e unha imaxe contemporánea. Detrás deste proxecto está a súa creadora, Maialen Arranz. Ela é quen elabora estas pezas únicas dende o seu taller na Coruña, de onde parten cara ao mundo.

Como foron os comezos de Branqueta? O que comezou como unha afección, como unha maneira de gozar da calma e dos procesos laboriosos e lentos da cerámica, acabou sendo unha necesidade de xerar unha marca respectando ese carácter tan

manual e ancestral, levado a un contexto e a unha imaxe plenamente actuais.

Que tipo de pezas atopamos baixo esta marca?

Dende o inicio houbo unha intención clara de que as pezas tiveran un carácter puramente funcional. Aínda que a estética sexa vital, a idea de que as creacións teñan unha utilidade, ou mesmo distintos usos á vez, parécenos fundamental. Temos vaixelas, vasos, candelabros, sets de sushi ou xogos de cuncas, e imos ampliando a variedade de produtos e eliminando os antigos co obxectivo de que sexan pezas limitadas e cada artigo de Branqueta sexa aínda máis único.

Foto cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
Oído, artesanía! | 18 | Pincha | 31

estética é vital, pero o noso fundamento é a utilidade das pezas que creamos”

Cal é a túa relación co mundo da restauración?

Parte do noso día a día é facer pezas personalizadas tanto para particulares como para restaurantes, hoteis e outros negocios. Temos creacións no restaurante Faragulla na Coruña, A Maceta en Santiago de Compostela, Cokoon Cafe en Bilbao ou o Hotel Arbaso en San Sebastián, entre outros.

Que vantaxes supón contar coa marca Artesanía de Galicia? Artesanía de Galicia foi un piar fundamental na evolución e o desenvolvemento de Branqueta, xa que supón un apoio esencial á hora de dar visibilidade á artesanía e promocionar marcas como é a nosa. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Pincha

Onde se poden mercar as vosas pezas? Poden adquirirse a través da nosa tenda online www.branqueta.com e tamén vía Instagram no noso perfil @branqueta_studio. Ademais, tamén atendemos con cita previa no taller/showroom da Coruña. As nosas pezas están presentes nalgunhas tendas seleccionadas como Boles Artesanía en Santiago, Les Eines en Barcelona e  PEZ ou Wow Concept en Madrid

Por Silvia
“Ampliamos a variedade de produtos e imos eliminando os antigos para que cada Branqueta sexa aínda máis única”
Castiñeiras
Pincha | N 31 | 19 |

PRESA DE PORCO ALIMENTADO CON CASTAÑAS EN O SENDEIRO FOOD EXPERIENCE

No que foi un antigo curtidoiro do século XIX, ato pamos hoxe o restaurante O Sendeiro Food Expe rience. Unha casa de pedra que consta dun precioso patio interior, zona de bar, comedor principal e dous comedores privados. Trátase dun local pet-friendly, así que se tes mascota, recibirante con ela sen pro blema!

Ademais das suxestións do día e a súa carta de vi ños, en O Sendeiro poderás pedir, por exemplo, o seu ‘Laminado de polbo á feira’, ‘Vieira laminada’ ou ‘Zamburiñas en aceite de allo e perexil’, como en trantes. Entre os pratos principais ofrecen ‘Merluza

ao albariño’, ‘Bacallau ao forno con crema suave de coliflor’ ou ‘Risotto de verduras’.

Como sobremesas, catro propostas: ‘Tarta de queixo e chocolate branco con marmelada de mirabeis’, ‘Crema inglesa, cacahuete e doce de leite, ‘Meren gue, limón e mazá’ e ‘Brownie con crema de café e xeado de abelá’.

Para @JuanEAT_o escolleron a súa ‘Presa de porco ali mentado con castañas’, un prato que reflicte moi ben a filosofía do restaurante, que é a de dar a coñecer as ma rabillas da gastronomía galega e das nosas tradicións.

Foto: Iván Barreiro
#apapar | 20 | Pincha | 31

Benvidos e benvidas a O Sendeiro, outra marabilla da nosa cidade, un restaurante nun enclave con moito encanto como é o barrio de Sar, que ocupa unha casa de séculos de historia moi ben conservada. O local conta con varios espazos, salóns privados e un patio interior precioso que foi o que escollín para probar este prato.

Que pensades se vos digo ‘Presa selecta con escuma de touciño entrefebrado afumado e queixo San Simón da Costa con orella frita, mollo de carne e uns puntiños de salsa barbacoa caseira’? Eu nada máis o escoitei xa estaba pedindo o viño para acompañalo e comezar a papar canto antes!

Empezando pola base do prato, diría de forma poética que é coma comer unha nube, xa que ten unha textura moi lixeira. Iso si, cun sabor potente.

E que dicir da orella! A primeira vista parecíame cebola frita, pero cando descubrín o que era quedei impresionado. Estaba espectacular.

En canto á carne, preséntase en cortes finos. A miña estaba ao punto, como máis me gusta! Contounos Summa Breogán, o chef, que se cociña a baixa temperatura conseguindo así un punto moi meloso; despois márcaa cun pouco de salsa teriyaki que fan eles mesmos e colócana por riba da escuma fileteada.

Con todo isto, obtemos un prato que aporta ata cinco texturas distintas. Unha delicia para os amantes do porco galego. Ou como nos comentou Sergio Delpont, outro dos socios do local, unha “fantasía” que, en canto teñades oportunidade, recoméndovos probar. Pincha

Pincha Pincha

Lugar: Rúa do Olvido, 22 Santiago de Compostela

Prato: ‘Presa de porco alimentado con castañas’.

Prezo: 18 €

@JuanEAT_o , no patio interior O Sendeiro Foto: Iván Barreiro
Datos
Revista de Gastronomía & Cultura
Valoración:  P o r @JuanEAT_o @JuanEAT_o
Pincha | N 31 | 21 |

Sergio Delpont, de O Sendeiro Food Experience

Sergio Delpont e Alberto Fernández coñécense desde pequenos, cando estudaban xuntos no colexio La Salle, en Santiago. Tamén coincidiron no Centro Superior de Hostelería de Galicia e, despois de varios anos traballando en hoteis, decidiron facer realidade o seu soño abrindo O Sendeiro Food Experience no ano 2015. Pouco despois, no 2016, sumouse ao proxecto o chef Summa Breogán. Sergio cóntanos como evolucionou o local neste tempo e cales son os seus obxectivos e metas na actualidade.

Como recordas os inicios de O Sendeiro? Pois… caóticos, sinceramente. Pensar que agora somos doce persoas traballando e comezamos sendo tres, co mesmo espazo, paréceme imposible.

Aquí o que intentamos é ensinar a nosa terra a través da comida. E se a xente amosa interese, ofrecer uns matices didácticos: explicar por

“Apostamos por unha hostalaría profesional e cen por cento conciliable coa vida”
Sergio Delpont e Summa Breogán. Foto: Iván Barreiro
| 22 | Pincha | 31

que un produto se cociña de tal xeito etc. Ademais a incorporación de Summa fixo que adoptaramos unha filosofía na que as salsas, os caldos… están feitos por nós. Todos os sabores son nosos. Intentamos ter un sabor digamos exclusivo.

Pero que queda dese proxecto inicial que arrincou no 2015?

Queda a súa esencia, que aportamos Alberto e máis eu desde o inicio, de esforzarse ao máximo para que cada cliente que saia por esa porta fágao encantado. Pase o que pase. Non soamente a nivel de sabor na comida, senón de tempos de servizos, necesidades, se ten un neno pequeno, se ten un can, se ten présa, se non ten presa, se quere que lle expliquen os pratos, se non quere, se quere privacidade… Todos os clientes precisan algo á parte de comer. Iso é o que ti tes saber: o que quere. E darllo, claro.

E como o sabes?

Por exemplo, algo que é básico, é o que podes ver cando explicas un prato. Se ti dis unha palabra e ves que un engurra o nariz, xa sabes que non lle vai gustar. Mellor recomendas outro porque ese é un xesto de asco. Tes que saberte poñer no seu lugar. Pero claro, isto todo é práctica.

Dentro da carta, que lle recomendas a alguén que chega por primeira vez aquí?

O prato que máis se vende e polo que a xente creo que máis nos coñece son as 'Croquetas de chourizo e castaña de Quiroga'. Pero tamén está a 'Croca de terneira galega á grella', os peixes do día…

Nós temos cliente local, pero tamén moito cliente turista xa desde o primeiro ano que abrimos. Un punto clave para nós foi aparecer no portal El Tenedor. Cando o fixemos só había quince restaurantes da cidade e empezou a chegar

moita xente de fóra. Hoxe en día xa estamos ben posicionados e case todas as reservas entran pola nosa web, pero nos inicios tes que amosar a oferta en diferentes canais.

Falando de turismo, este verán Santiago estivo ateigado de xente, pero subiron moito os gastos na hostalaría e fálase tamén da falta de persoal que hai no sector. Preocúpavos a recta final do ano?

A min non porque as previsións hoteleiras para outubro e novembro son boas. Vai haber moitos congresos e nós somos un local moi especializado niso. Os nosos salóns privados úsanse moito para reunións. E sobre a falta de persoal, en O Sendeiro apostamos por unha hostalaría profesional e cen por cento conciliable coa vida. Que nos permita vivir facendo o que queremos e non deixarnos levar polas esixencias do mercado, ou as falsas esixencias que quedan antigas, que lastran este sector, e que creo que é a razón pola que hoxe en día ninguén quere dedicarse a esta profesión.

Entón, que importancia dirías que ten o equipo no voso éxito?

Toda, o cen por cento. Que un restaurante funcione, ou non funcione, todo depende do persoal, non hai máis. Ti podes ter un local bonito, coma este, que se atendes mal, non o vas encher. O servizo é fundamental. Unha mala comida pódecha salvar un bo servizo, pero unha boa comida é imposible que salve un mal servizo. Por iso considero que nós tivemos aceptación do público desde o primeiro momento polo ben que tratamos aos clientes. Pincha

“Intentamos ensinar a nosa terra a través da comida”
Por Rebeca Munín
Pincha Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 31 | 23 |

LOS MISERABLESLOS MISERABLES

Como coñecín á miña banda de Rock & Roll favorita

Corría o ano 1992 en Santiago de Compostela. Eu tiña 18 anos e vivía no barrio que me viu nacer, San Lázaro. Por aquel entón, eu tocaba o baixo nunha banda que logo chegaría a chamarse ‘Túzaros’. Había que bautizarse dalgunha maneira e a min ocorréuseme ‘Os Miserables’. Pero resulta que unha tarde de sábado, acababa de sintonizar o Diario Pop de Jesús Ordovás en Radio 3 e estaba soando unha banda, que me estaba flipando, pero, aínda non sabía quen eran. Cando rematou o tema, Ordovás presentounos como ‘Los Miserables’ de Santiago de Compostela. Quedei coa boquiña aberta!

Non tiña constancia da existencia de tal grupo e a verdade é que se notaba que non acababan de empezar nisto da música, xa que a calidade de composición do tema que acababa de soar ‘Televisión’ era sublime. Comenteillo a Mario, Chata e Xaime, que por aquel entón tocaban comigo en ‘Os Miserables’ e non mo crían, ata que a seguinte semana Ordovás volveunos programar e puiden gravalo nunha casete e amosarllo. Máis tarde pasarían a chamarse ‘Túzaros’, pero eu xa non formaba parte da banda.

Daquela eu xa facía radio, en Radio Medellín 88.2 F.M. - Santiago, e quería localizar a ‘Los Miserables’, pero claro! Non había internet como agora! As bandas gravaban as súas maquetas en casete e enviábanas por correo ordinario ás radios. Polo que lle remitín unha carta a Jesús Ordovás a Radio 3, preguntándolle por ‘Los Miserables’ e respondeume. Envieille unhas casetes TDK virxes, e mandoumas de volta, gravadas co material que tiña de ‘Los Miserables’. Ordovás flipara con que non os coñecera, sendo de Santiago, pero así era. Ao ano seguinte, 1993, volvéronlle enviar unha nova maqueta, con novo material exquisito para os meus oídos e volvín a poñerme en contacto con el. Pregunteille se tiña un teléfono ou un enderezo de correo, para poñerme en contacto con eles, e rebuscando nun sobre, no que lle enviaran unha maqueta, no ano 1988, atopou un enderezo da Pobra do Caramiñal e mandoumo. Así que collín a guía telefónica e empecei a chamar a tódolos teléfonos da Pobra, que coincidían co apelido do remitente, ata que despois de varias chamadas, localicei a un deles, pero xa non vivía alí. Era a casa dos seus pais e súa nai moi amablemente, facilitoume o teléfono de contacto do seu fillo, que vivía en Santiago. Cando lle chamei, o tipo quedou flipao!

Los Miserables
666 rpm
| 24 | Pincha | 31

Ese mesmo ano, 1993, tivo lugar en A Coruña, un dos acontecementos máis importantes do século, ‘O Concerto dos Mil Anos’, que se celebrou no Estadio de Riazor, e por aquel escenario foron rulando durante 3 días, grandes clásicos coma Neil Young, John Mayall, Bob Dylan, Eric Burdon, Jerry Lee Lewis, Chuck Berry etc. Ordovás chamoume e díxome que ía emitir o Diario Pop desde Radio Nacional de España en A Coruña, con motivo do festival e preguntoume se me apetecía pasarme, para falar en directo do panorama actual de bandas, fanzines etc. en Galicia. Por aquel entón, as bandas compostelás que programaba Jesús Ordovás no Diario Pop, máis frecuentemente, eran ‘Los Miserables’ e ‘The Tombstones’. Así que pregunteille se quería que me puxese en contacto con elas e se achegasen comigo ese día, para poder promocionar os seus traballos mediante unha entrevista en directo. Díxome que si e alá fomos. Eu daquela non tiña coche e recolleume en San

Lázaro Miguel Curra (cantante dos Tombstones) e ‘Los Miserables’ quedaron de chegar a Coruña. Fixemos entrevista con Ordovás e logo fomos desfrutar do Concerto dos Mil Anos. E aí comezou a miña relación con ‘Los Miserables’. Pouco despois, pecharíanse de novo nos seus Estudios Miserables e gravarían o que sería a sintonía do meu programa de radio, que por aquel entón chamábase ‘A Parte de Atrásh’ e a versión galega que logo realicei do Diario Pop de Radio 3 en Galicia.

No meu libro ‘30 Anos Traficando Cultura Subterránea’ (Historia do Rock Compostelán), que se está facendo de rogar, desgrano a historia completa desta banda que, sen dúbida, é a miña banda compostelá favorita de tódolos tempos. Isto é simplemente un avance… Agora, estaredes desexando escoitalos. Si! Teñen moito material gravado en K7, do que dei boa conta nos meus programas radiofónicos, nos anos 90 e que volverei recuperar na nova temporada de Plástico Elástico, que proximamente regresará ás ondas hertzianas. Permanecede atentos! Pincha

Pincha

Pincha

elástico César Cartel de ‘O Concerto dos Mil Anos’ celebrado na Coruña en 1993. César Varela prepara o regreso do programa Plástico Elástico.
Revista de Gastronomía Cultura plástico elástico plástico
Por
Varela 666 rpm plasticoelastico.cat
Pincha | N 31 | 25 |

NOITES ALTERNAS

XOVES E VENRES DE OUTUBRO E NOVEMBRO | PREZO: GRATUÍTO

Iniciativa de lecer nocturno alternativo organizada polo Concello de Santiago e a asociación cultural e xuvenil Itaca. ‘Noites Alternas’ destínase á mocidade e ten como obxectivos establecer relacións persoais saudables e construtivas, apoiar a prevención de hábitos de consumo de alcol e drogas e xerar dinámicas críticas, participativas e creativas que poidan reverter en beneficios da xuventude e da sociedade en xeral.

O programa inclúe unha gran variedade de actividades espalladas pola cidade que podes consultar en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

XIX CURTOCIRCUÍTO

ATA O 9 DE OUTUBRO |

PREZO PROXECCIÓNS: 3€

O 19º festival internacional de cine Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago de Compostela co apoio da Deputación da Coruña, AGADIC e o ICAA, exhibirá pezas de cineastas imprescindibles, así como doutros que despuntan co seu traballo máis actual. As seccións competitivas reúnirán un total de 57 títulos, sendo grande parte deles estreas a nivel estatal e galego.

Podes consultar o programa completo, que inclúe tamén concertos e performances, na nosa web revistapincha.gal

FESTIVAL ‘GALICREQUES’

DO 8 AO 16 DE OUTUBRO |

A Asociación Cultural Barriga Verde organiza o XXVII Festival Internacional Galicreques.

Titiriteiros de varios países amosarán as súas singulares producións. Espectáculos infantís, representacións ao aire libre e pases en horario nocturno. E tamén mesas redondas, exposicións e obradoiros… todo un mundo arredor dos monicreques.

CONCERTO DE WARD HAYDEN & THE OUTLIERS

SALA RIQUELA

15 DE OUTUBRO ÁS 21:00 H |

PREZO: DESDE 10€

Ward Hayden & The Outliers (antes coñecidos como Girls Guns & Glory) comezan coma unha vía de escape á música enlatada da radio actual. Hayden, formado na música country e o rock n’ roll a través das cintas de cassette da súa nai, atopou en Greg Hall (baixo), Josh Kiggans (batería) e Cody Nilsen (guitarra) os seus compañeiros perfectos de viaxe.

NOITINHAS 22

HOTEL NH COLLECTION

5 DE OUTUBRO ÁS 19:30 H |

PREZO: DE BALDE

Última actuación do ciclo NoitNHas 2022 na azotea do Hotel NH Collection de Santiago, con Peter Dj e o concerto de Parquesrv. Como chef convidado terán a Anselmo Rodríguez, do restaurante Manolo Mañanita (Cangas).

Axenda suxeita

INVENTIO

AUDITORIO DE GALICIA

7, 8 E 9 DE OUTUBRO | PREZO: 15€

Ilusionismo, levitacións, equilibrios, malabares, números aéreos, animación audiovisual, composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos… Todo isto e moito máis é Inventio, un novo espectáculo de gran formato inspirado no Camiño de Santiago.

7 OUT / 20:00 h

8 OUT / 17:00 h e 20:30 h

9 OUT / 12:00 h e 17:00 h

SALA NASA 1992-2022

ZONA C

DO 13 DE OUTUBRO AO 13 DE NOVEMBRO |

Mostra sobre a traxectoria da compañía teatral Chévere.

Catro pequenas cápsulas de tempo no 30 aniversario da apertura da Sala Nasa.

FESTIVAL DE POESÍA ‘LUZ POÉTICA’

DO 17 AO 22 DE OUTUBRO | PREZO: GRATUÍTO ATA COMPLETAR AFORO

GALICIA ILUSIONA

AUDITORIO DE GALICIA

15 DE OUTUBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 12€

Gran Gala Internacional ‘Galicia Ilusiona’. Unha selección dos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas do planeta.

Luz Poética é o primeiro festival de poesía nova de Compostela, inspirado na figura da poeta compostelá Luz Fandiño, quen representa unha grande inspiración para a mocidade galega. O encontro, que terá lugar en diversos espazos emblemáticos da capital de Galicia, como a Igrexa da USC, o Centro Sociocultural Xove da Almáciga e o Teatro Principal, así como en entidades locais vencelladas ao mundo da cultura, como pubs e librarías do Casco Histórico, dará voz ao auxe poético da cidade dos últimos anos.

Durante o festival tamén terá lugar a Gran Final de Poetry Slam estatal. Unha oportunidade única para conectar poetas de diversas latitudes coa nosa poesía.

Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

axenda
a posibles modificacións.
| 26 | Pincha | 31

O FÚTBOL ENTRA NO SALÓN TEATRO

O Centro Dramático Galego e Ainé representan ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ ata o 23 de outubro nunha proposta escénica que protagoniza Xosé A. Touriñán

Aunidade teatral da Xunta de Galicia e Ainé Producións amosan este mes no Salón Teatro 'Recortes, caneos e outras formas de driblar'. Teatro, música, coreografía e xornalismo únense neste espectáculo diririxido por Tito Asorey, que xorde dun libro aínda inédito de Nacho Carretero e coa dramaturxia de José L. Prieto.

O actor, monologuista e cómico Xosé A. Touriñán encabeza un elenco que completan Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta para librar un partido de fútbol moi especial que se desenvolve sobre as táboas. Nel, xogadores, adestradores, xornalistas, árbitros, directivos e seareiros quedan retratados nunha peza que propón un traxecto lúdico, crítico e musical polo complexo mundo que arrodea ao deporte rei.

O espectáculo promete percorrer o fútbol dereito e polo envés, para achegar unha visión en conxunto da dimensión pública e de todo aquilo que está lonxe dos focos: o que lles acontece nos vestiarios, o que se negocia nos despachos, o que se comenta nos palcos. Tamén, incluso, o que lle pasa pola cabeza aos protagonistas.

O equipo artístico complétase con Vadim Yukhnevich a cargo das composicións musicais, José Faro 'Coti' asinando a escenografía, Laura Iturralde como responsable da iluminación e mais dos audiovisuais, Laura Baena á fronte do vestiario e Sara Rey na axudantía da dirección.

Con toda esta aliñación de primeira, 'Recortes, caneos e outras formas de driblar' preséntase como un choque entre a razón e a emoción, como un partido entre o cómico e o dramático... en definitiva, como un xogo entre os intérpretes e o público. Quen gañará?

ONDE?

No Salón Teatro (rúa Nova, 34)

CANDO?

De mércores a domingo, ata o 23 de outubro

ENTRADAS

Na plataforma ataquilla.com

Na web recortes.gal

No despacho de billetes do Salón Teatro, só nos días das funcións

MÁIS INFO www.centrodramatico.gal

Aigi
must
Boga Pincha | N 31 | 27 |

DIRECTO DE BALA + GRIMA

SALA CAPITOL

21 DE OUTUBRO ÁS 21:00 H |

PREZO: DESDE 15€

O dúo galego Bala combina sons que recordan ao rock intenso dos noventa, con influencias que van desde o grunge ao stoner, pasando polo hardcore ou o punk e coa contundencia de dúas voces moi diferentes. En maio de 2021 publicaron o seu novo traballo ‘Maleza’ (Century Media).

MATINAIS MUSICAIS

CIDADE DA CULTURA

23 DE OUTUBRO E 27 DE NOVEMBRO

12:00 H

PREZO:

O ciclo Matinais Musicais achega ao público as últimas creacións musicais de vangarda, o jazz e impulsan o diálogo entre Xapón e Galicia a través da música .

25 SET | «Aruku - Camiñar».

Ryōko Aoki, David Durán e Haruna Takebe

23 OUT | «Calma e algo mái».

Lucía Martinez Cuarteto

27 NOV | «Sobre a noite».

Arxis Ensemble.

Toleamos por (é)Tapas!

SANTIAGO(é)TAPAS

FESTIVAL AMAL 2022

TEATRO PRINCIPAL

DO 24 AO 29 DE OUTUBRO |

A semana de cine euroárabe Amal, que organiza a Fundación Araguaney, celebrará este ano o seu 20 aniversario, con numerosas actividades que poderás consultar proximamente na nosa web revistapincha.gal

CONCERTO DE FAMILIA CAAMAGNO E AMIGXS

SALA CAPITOL

29 DE OUTUBRO ÁS 21:00 H |

PREZO: DESDE 12€

Familia Caamagno presenta o seu último traballo discográfico, ‘O mundo está derrotado’, nun concerto único onde estarán rodeados de amigxs e onde haberá unha chea de colaboracións inesquecibles.

CONCERTO DE LÁGRIMAS DE SANGRE

SALA CAPITOL

22 DE OUTUBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: 16,50€

Lágrimas de Sangre arranca o 2022 cunha nova xira e o seu novo disco ‘Armónico desorden’ debaixo do brazo. Un concerto que repasará todos os clásicos da banda asi como algunhas das novas cancións deste disco.

Axenda suxeita a

SANTIAGO(É)TAPAS

SANTIAGO(É)CÓCTEL

DO 27 DE OUTUBRO AO 13 DE NOVEMBRO |

‘Toleamos por (é)tapas’ é o lema do XIV Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas da cidade que promove Turismo de Santiago e organiza a Asociación Hostalaría Compostela. O público poderá percorrer as diferentes rutas ou (é)tapas, selando no tapasporte as tapas consumindo e optando a diferentes agasallos. Entre todos os petiscos participantes outorgaranse varios premios, elixidos polo público e por un xurado profesional. Nas mesmas datas desenvolverase o III Santiago(é) Cóctel, concurso de cócteles que organiza a Asociación Hostalaría Compostela.

ACTUACIÓN DE SOFÍA ELLAR

SALA CAPITOL

28 DE OUTUBRO ÁS 21:00 H |

PREZO: 27,50€

Sofía Ellar presenta en Santiago de os temas do seu novo álbum ‘Libre’ na xira española que leva o mesmo nome. A cantautora nada en Londres repasará os seus grandes éxitos interpretando un repertorio que abarca desde clásicos como ‘Amor de anticuario’ ata o recente ‘Y 23’ ou ‘Canción de radio’.

COMPOSTELA

ILUSTRADA 2022

COMPOSTELA

DO 3 AO 6 DE NOVEMBRO

O Encontro de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, nace no ano 2016 da man de El Patito Editorial e a dirección de Miguelanxo Prado, como un salón de inverno na cidade de Santiago, aberto a cadernistas de todo o mundo. O obxectivo que persegue este evento é traer aos mellores profesionais desta arte para compartir as súas experiencias a través de conferencias, exposicións e xornadas de debuxo en vivo cos participantes.Consulta o programa de actividades proximamente en revistapincha.gal

Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

ÁS
|
5€
PROMOVE:PATROCINACOLABORAN ORGANIZA
XIV CONCURSO DE TAPAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 27 OUT - 13 NOV 2022 santiagoetapas.gal CONCURSOS XIV
III
axenda
posibles modificacións.
| 28 | Pincha | 31

DESEMBARCO CHÉVERE

AUDITORIO DE GALICIA

4, 5, 11, 12 E 13 DE NOVEMBRO

| PREZO: DESDE 12€

A compañía teatral Chévere cumpre 35 anos de actividade neste 2022 e celebran que o grupo segue en boa forma e traballando arreo cunha programación especial durante todo o outono. Dentro desta programación, ofrecen dúas funcións en Compostela de ‘Curva España’ os días 4 e 5 de novembro e tres funcións de ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E’ os días 11, 12 e 13.

CONCERTO DE DULZARO

SALA SÓNAR

5 DE NOVEMBRO ÁS 22:00 H |

PREZO: DESDE 10€

Unir vangarda e tradición é o obxectivo de Dulzaro, un proxecto que reivindica a figura de Federico García Lorca combinando a súa poesía con sons modernos como samples, loops e sintetizadores electrónicos. Unha proposta xurdida en Castela e León, nutrida das súas raíces e o seu folclore, ao xustapoñer a tradición castelá e os seus instrumentos con sons experimentais da electrónica.

FIN DE XIRA DE ZAHARA

AUDITORIO DE GALICIA

25 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: 18€

Zahara pecha a súa xira ‘Gracias, puta’ con catro concertos en Compostela, Madrid, Barcelona e un por anunciar. Segundo explica a propia cantautora, poderedes gozar da súa versión máis rockeira, máis salvaxe... “pero tamén haberá espazo para unha parte que botei moito de menos estes meses: a máis íntima e acústica. E por suposto, non faltará o final ravero para despedirnos ao grande”.

DE TRUCA CIRCUS

AUDITORIO DE GALICIA

26 DE NOVEMBRO ÁS 18:30 H | PREZO: 3€

Un reencontro con momentos inquietantes, divertidos, aburridos e desconcertantes. Sopra! é un estado, é unha atmosfera, é un líquido rosa, é confeti.

SALVAJE’, CON PIENSA EN WILBUR

TEATRO PRINCIPAL

26 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H | PREZO: 10€

Espectáculo para todos os públicos que combina maxistralmente o humor coa performance acrobática. Wilbur ábrenos o seu corazón para presentarnos unha historia real e arrebatadora. Unha viaxe iniciática sobre a reconquista do ser e do propio corpo.

36ª EDICIÓN DO

FESTIVAL CINEUROPA

DO 4 AO 20 DE NOVEMBRO |

Desde o ano 1988 Compostela vive a súa peculiar cita cinéfila con ‘Cineuropa’. No mes de novembro pásase revista ao mellor cine da tempada, desde os premios de Cannes, Berlín, Venecia ou San Sebastián, ata o pequeno cine alternativo, reunindo aos grandes nomes, aos novos realizadores, ao xénero documental e á proxección de copias especialmente restauradas para este festiva.

Consulta o programa completo proximamente na nosa web revistapincha.gal

CONCERTO DE JESPER LINDELL

SALA RIQUELA

16 DE NOVEMBRO ÁS 21:00 H |

PREZO: DESDE 10€

Con 13 anos, Jesper Lindell era un tímido mozo convertido na gran promesa do fútbol da súa cidade natal, Ludvika, un pobo de clase traballadora a un par de horas ao noroeste de Estocolmo. Pero nun lance do xogo, rompeu unha perna e viuse repentinamente confinado na súa habitación e sentado nunha cadeira de rodas. Cando se recuperou, decidiu deixar o fútbol pola música e formou a súa primeira banda. A lección estaba aprendida; é posible converter a adversidade en algo bo.

‘SUSPENSIÓN’, DE NUEVEUNO

TEATRO PRINCIPAL

25 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: 10€

Vemos en escena a cinco homes. Son normais, están subidos nun escenario. Cada un distinto e todos iguais. Cóidanse, empúrranse e celebran xuntos. Homes que se cuestionan constantemente, pero se deleitan na súa propia identidade… son, á fin e ao cabo, cinco homes.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a: redaccion@revistapincha.gal

‘SOPLA!’,
‘FUEGO
Pincha | N 31 | 29 |

Smoke on the water

Cando? 14 de outubro ás 20:30 h

Onde? Casa da Cultura de Bertamiráns

PREZO: 5 EUROS

Ibuprofeno Teatro presenta esta obra, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, que inclúe sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor.

Protagonizada por Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas e Mon Orencio.

Sinopse: Ritchie vive ancorado no Rock and roll dos 70, ten un tenda de discos e vinilos de colección. Janis xa non canta desde hai anos, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial. Pero todo cambia coa aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, á vez que establece unha profunda amizade con Ritchie.

As Alumnas

Cando? 4 de novembro ás 20:30 h Onde? Casa da Cultura do Milladoiro PREZO: 5 EUROS

As Alumnas trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o Franquismo significou un enorme retroceso na educación do estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra.

Os dous personaxes femininos representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento. Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o comité de depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.

AMES
CULTURACTIVA PRODUCIÓNS Dirixido por FINA CALLEJA Texto de PAULA CARBALLEIRA as alumnas ANABELL GAGO MÓNICA CAMAÑO Fotos: Diego Seixo 2022 Un espectáculo sobre xustiza social, memoria histórica, igualdade e resiliencia. Un fermoso artefacto escénico creado por Paula Carballeira e dirixido por Fina Calleja. Mónica Camaño e Anabell Gago atopanse no pasamen to da súa mestra, María Barbeito, e conducénnos por unha senda emocional que arrinca desde que se coñe ESTILO: TEATRO + INFO As Alumnas DURACIÓN: 70’ DIRECCIÓN: FINA CALLEJA MÓNICA CAMAÑO PRODUCIÓNS CULTURACTIVA ...máis aló de Compostela | 30 | Pincha | 31

Japan Weekend A Coruña 2022

Cando? 22 e 23 de outubro

Onde? Expocoruña

PREZO: DESDE 10 EUROS

O Japan Weekend é o evento de pop culture máis grande de España, un festival que reúne o mellor do manga, o anime e toda a cultura xaponesa. Haberá concursos, conferencias, concertos etc.

XVIII Concurso de tapas Picadillo

Cando?

Do 3 ao 13 de novembro

Nesta nova edición do concurso de tapas da Coruña, os establecementos participantes concursarán en dúas modalidades principais: Tapa Creativa e Tapa Recetario Picadillo. Estes galardóns serán elixidos por un xurado de expertos. Tamén haberá unha categoría de maridaxe con cervexa 1906 e un premio Cidade da Coruña que serán outorgados por voto popular.

Concerto de Melendi Cando?

22 de outubro ás 21:30 h

Onde? Coliseum

PREZO: DESDE 36 EUROS

Concerto de Dani Martín Cando?

5 de novembro ás 22:00 h

Onde? Coliseum

PREZO: DESDE 28 EUROS

'Likes y cicatrices', o último álbum de Melendi, xa se converteu en todo un supervendas e acadou o núm. 1 dende a súa data de saída. Un disco redondo, cheo de colaboracións e novas melodías onde Melendi resume as experiencias e vivencias destes últimos anos.

Dani Martín é un dos artistas máis importantes dos últimos 15 anos en España. As súas cancións marcaron a unha xeración durante toda unha década (2000-2010) á fronte do exitoso grupo El Canto Del Loco. En 2010 lánzase en solitario co seu primeiro disco de estudio ‘Pequeño’, que se certifica como triplo disco de platino e se mantén no número un de vendas 4 semanas consecutivas. Dende entón son innumerables os éxitos que acadou. Chega á Coruña coa súa xira ‘Qué caro es el tiempo’.

A CORUÑA
Pincha | N 31 | 31 |

Rúa de San Paio de Antealtares, 16 Santiago de Compostela

Me e X de 10:00 a 01:00 Ve e S de 10:00 a 2:00 D de 10:00 a 22:00

T. 669 852 768 acarrilana.com

Rúa de San Lázaro, 54 Santiago de Compostela

T. 981 586 459 - acasadavina.gal acasadavina@gmail.com facebook.com/casadavina instagram.com/vinaacasada

Santiago de Compostela

T. 981 556 179 alareirasantiago.es

FB e IG @alareira_santiago

Tamén take away

Rúa de San Pedro, 120 Santiago de Compostela

De 13:00 a 15:45 e de 20:00 a 22:30 Pechado Luns e as noites de D e Ma

T. 981 589 600 - amaceta.com

COMIDA PARA RECOLLER

Avda. Benito Vigo, 70 - A Estrada

De 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 23:00 Luns e martes pechado

T. 986 571 226 - argentinosburguer.com

Avenida de Ferrol, 9 Santiago de Compostela

L a S de 13:30 a 15:30 e de 19:30 a 23:30

artesanagastrobar.com

Alejandro Pérez Lugín, 11 Santiago de Compostela

De Me a S de 12:00 a 16:30 e 19:30 a 23:30 - D de 12:00 a 16:30

T. 881 944 686 - @flamingocompostela

Rúa das Galeras, 28 Santiago de Compostela

T. 652 332 410 abrasador.com

Cafetería - Restaurante - Pastelería

Vexetariano - opcións veganas e Sen Glute

Rúa de San Pedro, 118 Santiago de Compostela T. 981 073 386 instagram.com/clem_cafe

PEDIDOS NA WEB E POR TELÉFONO

Rúa Nova, 46 Santiago de Compostela T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela

San Clemente, 6 - Baixo Dta. Santiago de Compostela T. 981 024 634 - cafelamorena.com IG: @cafelamorenasantiago L, X e D de 09:00 a 00:00 h M e Me de 09:00 a 17:00 h V e S de 09:00 a 02:00 h caféLaMorena Desayunos, brunch, comidas, cenas, sesión vermú, copas, cocktails, eventos, conciertos, DJSessions y mucho más. IG: @cafelamorenasantiago Dirección: C/San Clemente, 6, Bajo Derecha, 15705Santiago de Compostela (A Coruña) Web: www.cafelamorena.com Teléfono: 981 02 46 34 Horario: Lunes, Jueves y Domingo: 09.00 a 00.00 Martes y miércoles: 09.00 a 17.00 Viernes y sábado: 09.00 a 02.00 Almorzos, brunch, comidas, ceas, sesión vermú, copas, cocktails, eventos, concertos, DJSessions e moito máis. Avda. da Liberdade, 11 Santiago de Compostela T. 981 813 520 - labodeguilla.gal COMO NA TÚA CASA hostalaría | 32 | Pincha | 31

Luns a Venres de 9:00 a 17:00 Sábados de 12:00 a 18:00 e tamén nas actuacións dende unha hora antes

T. 981 573 807 cafeterialasso.gal facebook.com/cafeterialasso

mamá peixe taberna mariñeira

Rúa da Algalia de Arriba 45 Santiago de Compostela

De 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 22:30 Me e D só mediodía. Luns pechado

T. 981 070 526 - mamapeixe.webnode.es

Avda. Raxoi, 19 - Baixo Santiago de Compostela

SERVIZO A DOMICILIO E PARA LEVAR

Rosalía de Castro, 23 Santiago de Compostela

T. 981 590 538 oreidobocadillo.com

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela

L a V: 06:00 a 22:00

S: 06:00 a 14:00 - D: 08:30 a 14:00

T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela

De L a S de 13:30 a 16:00 e de 20:30 a 23:30

T. 981 577 633 - dezaseis.com

Santiago de Compostela 981 587 196 info@osendeiro.com osendeiro.com

Rúa Nova de Abaixo, 36 Santiago de Compostela

T. 981 591 947 raicesgalegas.gal

– EST 2005

milongasparrillada.com FB e IG @milongasparrillada

J.A.Brenlla

Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago de Compostela

De 10:00 a 23:45 - Sábados pechado

T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com restauranteferro.com

A ALMA DE GALICIA

Rúa das Casas Reais, 21 Santiago de Compostela

T. 981 115 092 reservas@grupoorixe.com orixegastronomiagalega.com

Preguntoiro, 35 Santiago de Compostela riquela.com

Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal

RESTAURANTEOFERRO
>
Pincha | N 31 | 33 |

Rúa da Raíña, 4 - Santiago

De 11:00 a 15:30 e de 19:15 a 23:00

T. 981 572 257 restaurantesanjaime.com info@restaurantesanjaime.com instagram.com/restaurante_san_jaime

Rúa de Cardeal Payá, 18 - Mazarelos Santiago de Compostela

T. 981 582 301

Rúa Mazarelos, 4-5 Santiago de Compostela

T. 696 484 123 sonarcompostela.com

Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal

outros negocios

Asesoría

Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable

Javier Alvarellos Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso

t. 981 570 393 – 608 883 589

NOVO SERVIZO ONLINE pandamoa.com/tenda

Rúa do Cubelo, 27 Santiago de Compostela

T. 981 552 352

Rúa Travesa 7

Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com

L a V de 16:30 a 20:00 S de 10:30 a 14:00

Área Central, local 25K1 1ª planta Santiago de Compostela

T. 981 587 090 - IG. @maria_solla

L a V de 10:00 a 18:00 S de 9:30 a 15:00. Ma pechado

LIBRARÍA LOWCOST

Re-compramos e Re-vendemos libros

Santiago de Chile, 2 Santiago de Compostela

T. 881 998 420 facebook.com/rereadsantiago instagram.com/rereadsantiago twitter.com/RereadSantiago1

T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com

publicidade@revistapincha.gal

Únete a nós!!! hostalaría
| 34 | Pincha | 31

SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE PINCHA

Axenda gastrocultural e Guía de Ocio e Compras

Ademais dos contidos que atoparás na nosa revista en papel, na páxina web revistapincha.gal publicamos outras informacións relacionadas coa gastronomía e a cultura fundamentalmente en Compostela e comarca, pero tamén noutros lugares de Galicia como A Coruña ou Padrón.

Se queres recibir estas novas no teu correo electrónico e non perder nada do que contamos en Pincha, podes subscribirte ao noso boletín informativo. Atoparás o formulario para facelo na nosa web (revistapincha.gal/newsletter). Accede tamén a través do QR que acompaña este texto.

Outros dos contidos que podes atopar na nosa web e que recibirás tamén nos nosos boletíns, é unha axenda con eventos gastronómicos e culturais e unha Guía de Ocio e Compras cos mellores lugares onde comer, onde tomar algo, onde durmir e onde mercar de Santiago de Compostela e arredores.

Ademais, tamén enviamos en versión pdf a revista en papel que publicamos cada dous meses. Serás das primeiras persoas en recibila!

O LIBRO DE LILA DE LILITH

Un elefante na sala de estar

Obra de Berta Dávila (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2021). Nela fálase do suicidio de Rosa a través das voces das persoas máis achegadas a ela. Podemos ver o complicado que é afrontar unha situación da que aínda custa traballo falar en alto. Unha obra de LIX  para tratar a saúde mental.

Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.

Que nos dis?... Úneste á ‘familia’ Pincha? ;) #SomosPincha
ocomercio local galego empresas Xaestamosen YouTube convideoconsellosprácticos parao teudía adía! SABE DOQUE FALA videoconsellos Queresvelos?

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.