3 minute read
Eu respiro rural
Beatriz Prieto Cortés
Ola, eu son Xoán, un raparigo de dez anos que vive nun concello da montaña ourensá cos seus país e avós, Xunqueira de Espadanedo. Nacín un catro de febreiro, onde todo era ledicia ata que me diagnosticaron de fibrosis quística (FQ), unha enfermidade rara e pouco común.
Saltan as alarmas, todo se volven dubidas e incertidume dun futuro óptimo para min; pero meus país en lugar de derrumbarse colleron forzas. O primeiro punto foi coa pediatra do noso centro de saúde, pero tamén noutros centros e incluso en consultas especializadas de todo Galicia e incluso de Madrid. O meu día a día non é sinxelo, a situación xeográfica non axuda para mobilizarnos posto que vivimos a 30 kilómetros da cidade, o que supón uns 30 minutos de camiño, algo menos se conduce a miña tía Bea.
Os anos van pasando, vou medrando e avanzando nos meus cursos no CEIP de Maceda, unha escola do rural pero totalmente capacitada para que os nenos se formen, a pesar do que creen algunas “pijitas” do meu pobo que pensan que por levar a seus fillos a unha escola na cidade van a ser mellores. O meu crecemento vai ligado tamén coas terapias diarias e coas visitas ao endocrino, nutricionista, neumólogo ou fisioterapeuta entre outros. Acudo mínimo 2 veces por semana a fisioterapia e todos os días realizo os meus exercicios ventilatorios así como os de forza, procuro seguir a dieta recomendada e soamente a salto en días de festa ou cando a miña avoa me pasa chuches ás agachadas para que miña nai non se enfade. A mairores, xogo o fútbol sempre que podo e vamos ao parque cada día salvo en días de inverno que en Galicia fai moito frío. Eu son feliz, o feito que me fai sufrir máis e ver os esforzos que cada día fan meus país para os desprazamentos á terapia ou ás consultas que facemos nunha clínica especializada en enfermos respiratorios en Madrid; é enorme alí sempre hai un montón de nenos e de médicos, endrocrinos, nutricionistas, fisioterapeutas, enfermeiros moi simpáticos. Moitas veces pregúntome, que faría eu sen meus país? Porque eles fanme ver que sempre están ben e que nunca cansan pero iso non é así. Soamente lembro uns días onde miña nai enfermou de covid e tiven que pasar uns días coa avoa, SUPERAVOA como lle chamo eu porque fixo de todo para que estivese ben e non faltase a ningunha das miñas actividades semanas.
Eu sempre digo en voz ben alta que son moi moi feliz no pobo, gustame a vida que levo aquí e quero crecer aquí; estou farto de escoitar “cando medres estudiarás na cidade e terás todo más accesible”, e eu pregúntome e porqué non o podo ter no pobo? Vou enumerarvos todo o positivo que teño eu no pobo, por un lado, a contaminación é menor porque hai menos coches, fábricas e demais polo tanto hai un mellor aire para respirar; por outro lado, hai moito máís espazo libre e campos para correr e xogar cos meus amigos; porque somos moitos nenos no meu pobo, sempre din as avoas no parque “coa pandemia a xente voltou aos pobos” e parece que é verdad; e outra cousa e creo que a máis importante, a xente é moito máis comprometida e unida aquí.
No meu pobo todo o mundo me coñece, todo o mundo sabe que padezo FQ e todos saben en que consiste a enfermidade, e que consigo eu con isto? Pois dar maior visibilidade a esta enfermidade. En Xunqueira realizanse cada ano comidas, festas, andainas ou xornadas de folclore para recaudar fondos para as asociación de FQ, no meu caso para a galega. A miña nai loita cada día por conseguir máis e máis, ela cree que canta máis información teñamos, menos dúbidas e máis solucións terán os país e os cativos do futuro que se enfrenten a esta enfermidade.
Isto todo é a pequena escala, xa o sei, pero isto non implica que grao a grao encha a pita o papo. Eu quero contarvos tamén os meus soños e obxetivos; quero rematar os meus estudos de Bacharelato no IES San Mamede e estudar Ciencias da Actividade Fisica e do Deporte en A Coruña. Procurarei seguir toda a miña vida vinculado o deporte porque grazas a eso e ás miñas terapias diarias consigo SER e ESTAR como o resto de nenos da miña clase. Contovos un segredo? Son o máximo goleador do meu equipo de fútbol e sí o meu verdadeiro soño e estar vinculado a este deporte ben sexa de xogador ou de adestrador; sei que loitarei e conseguirei dar a máxima visibilidade á miña enfermidade, a integración de todos e cada un dos nenos que queiran xogar a pesar de onde vivan e de como respiren os seus pulmóns e incluso podrei ganarlle a Champions ao mesmisimo Real Madrid.
Creo que como meus país sempre me ensinaron, cada gota de sudor conta e por iso sempre berrarei: XUNTOS SOMOS IGUAIS E MÁIS FORTES.