Vaca Pinta 25. Edición en galego

Page 22

FORMACIÓN

MANUEL FERNÁNDEZ, VOGAL DE XESTIÓN DE EXPLOTACIÓNS E INSTALACIÓNS DE ANEMBE

En Vaca.tv

“O veterinario asesor debe partir dunha premisa: se o seu cliente gaña diñeiro coa súa granxa, cumpriu co seu traballo; se o perde, a súa misión fracasou” Conversamos con Manuel Fernández, vogal de Xestión de Anembe, quen nos explicou, entre outros temas, cales son os principais obxectivos da súa vogalía, os retos da súa profesión en materia de xestión e as estratexias que se deben seguir para lograr optimizar o rendemento das nosas granxas. Cóntenos cales son os obxectivos da vogalía de xestión de explotacións e instalacións en Anembe. O obxectivo é formar e informar os socios sobre un tema que, ás veces, parece un pouco confuso, como é a xestión da explotación desde o punto de vista técnico e económico, e a influencia das instalacións no rendemento das granxas. Que tipo de información se manexa ao redor das granxas? Cada vez xéranse máis datos ao redor dos animais. Un exemplo claro son os robots de muxido no vacún leiteiro, onde aparece unha nube de datos que hai que xestionar, e un dos erros máis grandes é considerar eses datos xerados por bloques sen ter en conta que estes se interrelacionan. Agora está de moda o machine learning como ferramenta de aprendizaxe de conclusións na lectura deses datos. Cando falamos de xestión de explo-

tacións, a que nos referimos exactamente? O veterinario asesor debe partir dunha premisa: se o seu cliente gaña diñeiro coa súa granxa cumpriu co seu traballo; se o perde, a súa misión fracasou. Desde ese punto de vista, á hora de analizar os datos, hai que levar unha orde e modulala segundo a relevancia económica que teña cada bloque; por exemplo, é máis importante o gasto en nutrición que outro tipo de gastos. Isto só se pode conseguir cunhas directrices primeiro económicas e logo técnicas moi claras, cun sistema de monitorización de datos sólido e cunha comunicación gandeiro-veterinario máis que fluída. A estratexia pasa por estudar os datos da granxa de forma ordenada e, sobre todo, tendo en conta a importancia económica de cada bloque de xestión. Por exemplo, non ten o mesmo impacto económico o bloque de alimen-

tación, que supón polo menos o 50 % dos custos totais da granxa, ca outros. Cal é o interese da súa vogalía dentro de Anembe? En Anembe dáselle moita importancia á patoloxía dos individuos e colectivos, todo o que entra na medicina veterinaria, unha disciplina na que o veterinario sempre é indispensable. Con todo, a medicina da produción emerxeu xa hai anos con forza, obrigándonos a analizar criterios produtivos e datos colectivos ademais dos individuais. Hoxe en día, coa aparición de novas tecnoloxías como os robots de muxido e a nube de datos que rodea unha granxa, ábrense novas posibilidades de análises e predición de obxectivos. Anembe, a través da vogalía que represento, é consciente deste reto e asesora os seus socios con ferramentas e formacións acordes a isto.

22 | Vaca Pinta n.º 25 | 06.2021

vp025_anembe_manuelFernandez_GALEGO.indd 22

29/6/21 19:15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook

Articles inside

Métodos para combater moscas sen danar o medio ambiente nin recorrer a insecticidas

20min
pages 144-156

O amidón fermentable está relacionado co rendemento lácteo

11min
pages 132-135

Tratamento da cetose: percorrido histórico e actualidade

17min
pages 136-143

Como os sistemas de monitorización son eficaces á hora de anticiparnos ás patoloxías ocasionadas polos cambios na alimentación

6min
pages 126-131

Auga, vento, tempo e vaca, todo o que necesitas para refrescar ben as túas vacas no verán

11min
pages 120-125

Análise no impacto do estrés térmico no gando leiteiro

9min
pages 114-119

Necesidades de potasio (K+) na alimentación de vacún de leite e o seu efecto na biohidroxenación das graxas no rume e no aumento da graxa en leite

16min
pages 106-113

A importancia dos detalles no manexo do secado

25min
pages 94-105

Constitución dun panel estable de catadores de leite líquido en Cantabria

21min
pages 80-93

Cuando el BVD mostra a súa peor cara, temos que estar ben armados

19min
pages 64-71

Uso de seladores internos durante o período seco

8min
pages 72-79

SAT Prados Hondos. Villanueva de Duero (Valladolid

21min
pages 52-63

Icore. Tineo (Asturias

17min
pages 42-51

Marisa Barreal, primeira directora técnica do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite (Ligal

19min
pages 34-41

Saúde podal en Portugal: patas saudables, bovinos produtivos

3min
pages 24-25

Entre 1 e 5 racións de lácteos ao día é a recomendación das guías alimentarias recoñecidas pola FAO e a OMS

6min
pages 16-17

Muxir unha vaca non é poñer unha lavadora. Xoán Ramón Alvite

3min
pages 10-11

Concurso de San Bernabé. Treceño (Cantabria

1min
pages 18-21

Entrevista a Manuel Fernández, vogal de Xestión de Explotacións e Instalacións de Anembe

5min
pages 22-23

2021 | Vaca Pinta n.º 25 | 3

1min
pages 6-7

Manuel Barahona

4min
pages 8-9
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.