Vaca Pinta 25. Edición en galego

Page 42

NA GRANXA

ICORE. TINEO (ASTURIAS)

En Vaca.tv

Icore, un proxecto asturiano para optimizar a recría de machos frisóns Viaxamos ata o centro de Asturias, concretamente ao concello de Tineo, para coñecer o desenvolvemento deste centro piloto dedicado á cría de xatos frisóns co que se pretende estandarizar o seu crecemento, valorizar a súa venda e seguir investigando para a mellora do seu manexo no sector gandeiro.

R

endibilizar a recría dos xatos frisóns nas ganderías de leite é o obxectivo co que se creou a principios de 2020 o proxecto Icore, cuxas siglas significan Innovación no Control da Recría. Este grupo operativo, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, o Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e o Principado de Asturias, foi promovido por Campoastur, empresa que soporta a maior parte do investimento e que

achega o persoal técnico, a Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira de Valdés, a Cooperativa de Corvera e o Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación (CTIC). A localidade de Bárcena del Monasterio, no concello asturiano de Tineo, foi o lugar elixido para a localización do centro, pois é unha zona de moita produción láctea, cunha delegación propia de Campoastur e na que xurdiu a posibilidade de alugarlle a nave a un socio da cooperativa que cesaba a actividade.

“O sector está comprometido co tema da rendibilidade e vénse falando desde hai moitísimos anos da existencia de pequenos nichos de produto que non están ben optimizados, un deles é o dos xatos pintos machos”, afirma Cuco Nieto, director comercial de Campoastur. Os gandeiros tenden a desfacerse rápido deles e neste proxecto piloto tratan de xerar experiencias neste terreo, de sacarlles valor a eses xatos que se venden nada máis nacer, aos 15 días máis ou menos, e, en definitiva, de buscar un punto máis de rendibilidade para as ganderías de leite. Ademais, aínda que esta primeira fase do grupo operativo está a centrarse só no período lactante, o proxecto pode crecer e ir moito máis alá: “A cadea de valor é moi longa, poderíase pasar á ceba, á transformación, á comercialización… Pódese profundar moito máis nela. De momento só atacamos a primeira fase”, explica o directivo. Os xatos criados neste centro son 100 % asturianos, a inmensa maioría procedentes de ganderías socias da cooperativa Campoastur. “Os gandeiros –cóntanos Nieto–, en función do que teñen, chámannos e nós enviamos o transporte para a súa recollida”. Os animais entran con 15 días e vanse con aproximadamente uns 85 ou 90 días. O seu destino final está nos cebadeiros, cuxa situación é máis que interesante, pois, segundo nos expón Cuco Nieto, “a nivel nacional prodúcese unha cantidade de pintos moi importante e, con todo, os grandes cebadeiros están a optar pola importación de xatos. O problema é que non hai estruturas deste estilo para a estandarización dos lotes e a realización duns procesos sanitarios estables e homoxéneos”.

42 | Vaca Pinta n.º 25 | 06.2021

vp025_nagranxa_icore_tineo_galego_sabe.indd 42

29/6/21 18:19


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook

Articles inside

Métodos para combater moscas sen danar o medio ambiente nin recorrer a insecticidas

20min
pages 144-156

O amidón fermentable está relacionado co rendemento lácteo

11min
pages 132-135

Tratamento da cetose: percorrido histórico e actualidade

17min
pages 136-143

Como os sistemas de monitorización son eficaces á hora de anticiparnos ás patoloxías ocasionadas polos cambios na alimentación

6min
pages 126-131

Auga, vento, tempo e vaca, todo o que necesitas para refrescar ben as túas vacas no verán

11min
pages 120-125

Análise no impacto do estrés térmico no gando leiteiro

9min
pages 114-119

Necesidades de potasio (K+) na alimentación de vacún de leite e o seu efecto na biohidroxenación das graxas no rume e no aumento da graxa en leite

16min
pages 106-113

A importancia dos detalles no manexo do secado

25min
pages 94-105

Constitución dun panel estable de catadores de leite líquido en Cantabria

21min
pages 80-93

Cuando el BVD mostra a súa peor cara, temos que estar ben armados

19min
pages 64-71

Uso de seladores internos durante o período seco

8min
pages 72-79

SAT Prados Hondos. Villanueva de Duero (Valladolid

21min
pages 52-63

Icore. Tineo (Asturias

17min
pages 42-51

Marisa Barreal, primeira directora técnica do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite (Ligal

19min
pages 34-41

Saúde podal en Portugal: patas saudables, bovinos produtivos

3min
pages 24-25

Entre 1 e 5 racións de lácteos ao día é a recomendación das guías alimentarias recoñecidas pola FAO e a OMS

6min
pages 16-17

Muxir unha vaca non é poñer unha lavadora. Xoán Ramón Alvite

3min
pages 10-11

Concurso de San Bernabé. Treceño (Cantabria

1min
pages 18-21

Entrevista a Manuel Fernández, vogal de Xestión de Explotacións e Instalacións de Anembe

5min
pages 22-23

2021 | Vaca Pinta n.º 25 | 3

1min
pages 6-7

Manuel Barahona

4min
pages 8-9
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.