Vaca Pinta 25. Edición en galego

Page 6

EDITORIAL

UN SECTOR DE CALIDADE

C

hega o verán e con el unha nova edición de Vaca Pinta. Como cada mes de xuño, a revista pon o foco na calidade do leite e, con motivo deste especial, queremos aproveitar este espazo para poñer en valor o papel de figuras que foron clave para os grandes avances que se acadaron nos últimos tempos. Facémolo, fundamentalmente, abordando a traxectoria de Marisa Barreal, quen, ata finais de maio, exerceu como directora técnica do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite, pero tamén a través das nosas tradicionais reportaxes e artigos técnicos, e repasando as últimas novidades. O bo facer e as ganas de avanzar foron o leitmotiv dese grupo de persoas que, xuntas, traballando cada unha no seu ámbito de especialización, lograron que o sector puidese dar, a nivel técnico e de profesionalización, este gran salto de calidade nas últimas décadas. Din que o máis difícil é abrir camiño, e debe ser certo, porque detrás delas, por sorte, chegaron outras tantas que decidiron seguir os seus pasos. Por suposto, todo isto carecería de sentido se non tivesen ao outro lado produtores abertos a cambios e dispostos a prestar atención a correccións que non sempre foron fáciles de asumir. Escoitástelos, debatestes e presentastes as vosas suxestións cando o considerastes conveniente. Este sector é exemplo de moito, e nos últimos meses deixouno patente, pero quizais algo que aínda non se valora o suficiente sexa a excelente interrelación que existe entre os seus diferentes membros: sodes conscientes da utilidade e da necesidade de cada un dos elos, respectades o labor do outro e

vp025_editorial_galego.indd 6

acudides aos axentes precisos para resolver problemas e dúbidas... Xa quixeran moitos gremios ter así de interiorizada esta simbiose tan necesaria. Sen dúbida, sempre se pode mellorar e aínda queda camiño por andar (especialmente no que respecta ao recoñecemento social), pero é importante valorar o que se conseguiu, non vos parece? Por iso, aquí queda o noso recoñecemento, non só polo voso esforzo por producir un alimento de primeira, senón tamén por darlle forma a un sector profesional e da máxima calidade humana.

30/6/21 12:11


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook

Articles inside

Métodos para combater moscas sen danar o medio ambiente nin recorrer a insecticidas

20min
pages 144-156

O amidón fermentable está relacionado co rendemento lácteo

11min
pages 132-135

Tratamento da cetose: percorrido histórico e actualidade

17min
pages 136-143

Como os sistemas de monitorización son eficaces á hora de anticiparnos ás patoloxías ocasionadas polos cambios na alimentación

6min
pages 126-131

Auga, vento, tempo e vaca, todo o que necesitas para refrescar ben as túas vacas no verán

11min
pages 120-125

Análise no impacto do estrés térmico no gando leiteiro

9min
pages 114-119

Necesidades de potasio (K+) na alimentación de vacún de leite e o seu efecto na biohidroxenación das graxas no rume e no aumento da graxa en leite

16min
pages 106-113

A importancia dos detalles no manexo do secado

25min
pages 94-105

Constitución dun panel estable de catadores de leite líquido en Cantabria

21min
pages 80-93

Cuando el BVD mostra a súa peor cara, temos que estar ben armados

19min
pages 64-71

Uso de seladores internos durante o período seco

8min
pages 72-79

SAT Prados Hondos. Villanueva de Duero (Valladolid

21min
pages 52-63

Icore. Tineo (Asturias

17min
pages 42-51

Marisa Barreal, primeira directora técnica do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite (Ligal

19min
pages 34-41

Saúde podal en Portugal: patas saudables, bovinos produtivos

3min
pages 24-25

Entre 1 e 5 racións de lácteos ao día é a recomendación das guías alimentarias recoñecidas pola FAO e a OMS

6min
pages 16-17

Muxir unha vaca non é poñer unha lavadora. Xoán Ramón Alvite

3min
pages 10-11

Concurso de San Bernabé. Treceño (Cantabria

1min
pages 18-21

Entrevista a Manuel Fernández, vogal de Xestión de Explotacións e Instalacións de Anembe

5min
pages 22-23

2021 | Vaca Pinta n.º 25 | 3

1min
pages 6-7

Manuel Barahona

4min
pages 8-9
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.