Vaca Pinta 25. Edición en galego

Page 64

SAÚDE ANIMAL

Cando o BVD mostra a súa peor cara, temos que estar ben armados A continuación describo o traballo que realicei nunha granxa da ADSG de Gando Vacún de Mesía (A Coruña), onde levei a cabo o seguimento e a curación dun brote clinicamente dramático de BVD, que foi detectado en novembro de 2018 e controlado en febreiro de 2020. M.ª Esperanza González Rodríguez Veterinaria responsable ADSG G.V. Mesía, A Coruña Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) Especialista en Medicina da Prevención en Bovinos

INTRODUCIÓN

X

a no pasado a granxa sufrira un brote de BVD (detectado mediante diagnóstico rutineiro en campaña de control), que se abordou de maneira intensiva, erradicándoo e vacinando durante dous anos. Con todo, volveuse relaxar e desde 2009 non facía nada: nin vacinar nin monitorizar nin controlar. Desde 2012, volve adscribirse ao programa de control oficial da ADSG e é en 2018 cando a autora diagnostica un novo brote. Un dos detalles máis bonitos deste caso é que, grazas aos controis efectuados en cumprimento da campaña

de control do BVD, a veterinaria pode describir “en directo” como se vai estendendo a enfermidade. En maio todos os animais novos eran seronegativos. Dous meses máis tarde, en xullo, con constancia dun empeoramento reprodutivo leve, revisa esa seroloxía e atopa un 5 % de seropositividade (considérase baixa). Finalmente, en outubro, cun impacto xa sorprendentemente intenso na reprodución (abortos, reabsorcións e infertilidade), determina un 76 % de seropositividade na cohorte de idade máis nova e dous tenreiros abortados positivos a antíxeno.

Desde o momento do diagnóstico, a implementación do programa de control é impecable: procura intensiva de PI e eliminación inmediata, vacinación con vacina viva a todo o efectivo, tamén inmediata, e reforzamento da bioseguridade. Con todo, transcorridos seis meses desde o comezo do programa de erradicación, a clínica observada segue a ser gravísima; de feito, en realidade, empeoraba! Entre marzo e xuño, nove abortos (sete deles PI) e oito xatos PI... As perdas son incontestables. Ademais, este desastre acrecéntase en febreiro cun brote de pneumonía e epistaxe no 90 % das vacas adultas (tres meses despois de comezar coas medidas correctivas).

64 | Vaca Pinta n.º 25 | 06.2021

vp025_saudeAnimalBVD_galego.indd 64

29/6/21 18:53


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook

Articles inside

Métodos para combater moscas sen danar o medio ambiente nin recorrer a insecticidas

20min
pages 144-156

O amidón fermentable está relacionado co rendemento lácteo

11min
pages 132-135

Tratamento da cetose: percorrido histórico e actualidade

17min
pages 136-143

Como os sistemas de monitorización son eficaces á hora de anticiparnos ás patoloxías ocasionadas polos cambios na alimentación

6min
pages 126-131

Auga, vento, tempo e vaca, todo o que necesitas para refrescar ben as túas vacas no verán

11min
pages 120-125

Análise no impacto do estrés térmico no gando leiteiro

9min
pages 114-119

Necesidades de potasio (K+) na alimentación de vacún de leite e o seu efecto na biohidroxenación das graxas no rume e no aumento da graxa en leite

16min
pages 106-113

A importancia dos detalles no manexo do secado

25min
pages 94-105

Constitución dun panel estable de catadores de leite líquido en Cantabria

21min
pages 80-93

Cuando el BVD mostra a súa peor cara, temos que estar ben armados

19min
pages 64-71

Uso de seladores internos durante o período seco

8min
pages 72-79

SAT Prados Hondos. Villanueva de Duero (Valladolid

21min
pages 52-63

Icore. Tineo (Asturias

17min
pages 42-51

Marisa Barreal, primeira directora técnica do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite (Ligal

19min
pages 34-41

Saúde podal en Portugal: patas saudables, bovinos produtivos

3min
pages 24-25

Entre 1 e 5 racións de lácteos ao día é a recomendación das guías alimentarias recoñecidas pola FAO e a OMS

6min
pages 16-17

Muxir unha vaca non é poñer unha lavadora. Xoán Ramón Alvite

3min
pages 10-11

Concurso de San Bernabé. Treceño (Cantabria

1min
pages 18-21

Entrevista a Manuel Fernández, vogal de Xestión de Explotacións e Instalacións de Anembe

5min
pages 22-23

2021 | Vaca Pinta n.º 25 | 3

1min
pages 6-7

Manuel Barahona

4min
pages 8-9
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.