TANTAS IMAXES #05 - O OBRADOIRO (II)

Page 46

Da fronteira imaxinada Íñigo Rodríguez Román

IG: @inhigo_r

Comisario de arte contemporánea.

A premisa fundamental deste cuarto Tantas imaxes é a de observar o obradoiro do artista como o espazo onde ten lugar ese particular xogo, visceral e demiúrxico, que é a arte. No momento en que Afóns me propón facer unha achega para o caderno, a miña primeira reacción foi a de pedirlle un tempo, apenas unhas horas, antes de darlle unha resposta en firme. Precisaba del para observar con perspectiva o obxecto da publicación e decidir que aportar a mesma sen caer en redundantes e románticos estereotipos. É por iso que para este texto rematei por afastarme do historiador da arte que son e abracei con forza ao comisario, máis pragmático e resolto, tomando as miñas experiencias como referencia de cara a abordar o papel que o obradoiro ten na relación entre comisario e artista. E a risco de ser disruptor direi que a arte non se xoga unicamente no «campo» do artista, sexa este físico ou psicolóxico, se non que pola súa natureza coma medio de expresión constrúese en diferentes planos, sendo o obradoiro un destes. Comecemos. Aínda que evolucionado, en pleno século xxi, o estudio segue a manter ese especial misticismo que lle ven acompañando dende o renacemento. E o comisario, por sensibilidade e coñecemento, tende sempre a emoción a hora de visitar un destes centros de creación. Cada paso por un obradoiro é un momento de celebración, tanto pola posibilidade do descubrimento de novas pezas ou procesos, coma porque se converte nestes intres nun singular horizonte de sucesos no que artista e curador serán quen de tirar aprendizaxes e conclusións, sempre útiles dun xeito ou outro para a súa praxe. Sendo este escenario non máis ca un intercambio do cal ambos deben saír satisfeitos. A invitación a visitar un obradoiro non é un xesto baleiro, e aceptala tampouco o é. Deste xeito a posición do comisario dentro do sistema da arte obrígao a obrar con enorme empatía, tratando de salvagardar o fráxil equilibrio existente neste intre entre anfitrión e invitado. O curador debe aceptar unha dobre responsabilidade neste lance do xogo: a de gobernar de forma axeitada a súa entrada no estudio; e a de tomar as decisións axeitadas unha vez o deixa tras de si, o volver ao seu particular obradoiro que é o contexto socio-económico do sistema da arte. Destes dous planos, e de como os enfronto e imbrico é que falarei de agora en adiante. Orixe Persoalmente atoparme no estudio dun artista sempre é unha fonte de sensacións e información inesgotable, pois na maioría dos casos non deixan de ser pequenas máquinas do tempo, microcosmos incapaces de mentir. 46


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.