TANTAS IMAXES #05 - O OBRADOIRO (II)

Page 7

O estudo do artista: metáfora da vida e da historia Manuel Vilar

IG: @museodopobo

Director do Museo do Pobo Galego

Ao falar do estudo de artista o primeiro que me vén á cabeza é a imaxe do de Francis Bacon. Todo é acumulación e aparente desorde, por non dicir caos: botes de pintura e botes con pinceis, papeis, trapos, obxectos diversos, todo formando montañas erosionadas pola putrefacción e o paso do tempo, estratigrafías que fala do vivir, que é ir deixando atrás a vida. E o artista só, perdido e absorto nese espazo devastado. Imaxe desolada e imaxe da soidade do creador no seu espazo de traballo. Soidade que non é illamentos social. Mirando esta imaxe xa empezamos a tapar o nariz para evitar o fedor da podremia. Entón, podemos entender o rostro do papa Inocencio X cargado de rabia, como berrando que o saquen de aí. Neste espazo semella difícil moverse e estar cómodo para traballar. Difícil pensar que dese caos, poida saír algo creativo, mais si, do caos e porcallada aparente agroma creatividade estética. Mais o artista ten que buscar outro estudo, porque a acumulación é esquecemento, imposible separar o pasado do presente, imposible a memoria e imposible a realización dunha identidade persoal e creativa. Véñenme á mente imaxes doutros estudos que podemos encadrar nesta categoría, que cualificaremos como caótica ou de desamaño: o de Lucian Freud ou Jackson Pollock, por non abundar nos exemplos con artistas xa históricos. Contrastan estas imaxes coa doutros estudos máis ordenados e inmaculados, onde semella que nunca caeu unha mancha de pintura ou doutra cousa, que fai difícil pensar que alí se experimenta coas tonalidades ou con materiais que poden lixar, que se produza algo máis tanxible que o silencio. Penso entón en Piet Mondrian en Nova York, racionalmente limpo como as súas composicións, ou en Georgia O´Keeffe, lugar diáfano atravesado pola luz. É como retrotraernos a “O pintor no seu estudo”, de Vermeer de Delft, onde todo está no seu correcto lugar e, diríamos, que no seu preciso momento para dar a sensación de intimismo e sosego creativo. En ambos casos son estudos de artistas que traballan con materiais que podemos cualificar como clásicos: pinceis, botes e tubos de pintura, lenzos, papeis. Mais, se en vez de pintar se fai escultura? Entón o estudo medra e pode haber outros materiais e ferramentas máis voluminosas, e xente acompañando ao artista para axudalo, sen chegar á multitude que Gustave Courbet nos mostra no seu “Estudo do artista”, aínda que aquí algúns son observadores e outros metáforas para o artista poder falar do seu tempo, non axudantes na ideación do proceso creativo, si na súa materialización. Mais tamén medran os 7


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.