EROSKI_ENERO_2023_GALLEGO

Page 1

www.eroski.es #84 Xaneiro’23 Aforro Comer ben por poucos cartos Celebremos o que medra! Beleza 8 imprescindibles por menos de 6 € Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito a dispoñibilidade en tenda.
www.eroski.es xaneiro’2023 04 Neste número. 06 O último nas nosas tendas. 12 Coñece a
polo e agora
16 Menú
BCC. 20 Crece
26 Comer ben ao mellor prezo. 34 Beleza: 8 imprescindibles por menos de 6 euros. 38 Solidariedade. 40 As vantaxes de EROSKI club. 44 Viaxes: Neve. 47 Vales aforro. 50 Novas. 44 Viaxes 38 Solidariedade 12 Coñece a crianza do polo 3 34 Beleza 26 Comer ben ao mellor prezo 20 Crece a gama Veggie nas tendas EROSKI sumario A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. C onsúltao na túa tenda habitual.
crianza do
elixe.
de inverno deseñado polo
a gama Veggie nas tendas EROSKI.

neste número

Coidarte ao mellor prezo

Novo ano e novos obxectivos. O 2023 pode ser un ano cheo de posibilidades no que imos ter unha grande oportunidade para aprendermos a comer ben e a facelo, ademais, aforrando e sen renunciar á calidade. Por iso, dende EROSKI seguiremos a traballar, mes a mes, para che ofrecermos o mellor ao mellor prezo.

Como ata agora, con esta revista queremos que coidarte e coidar da túa xente che resulte ben doado. Por iso, cada mes achegámosche todas as novidades, ofertas, promocións e ideas para levares unha vida sa e contribuíres con pequenos xestos a coidar do medio natural e do noso contorno máis próximo.

Este xaneiro, por exemplo, presentámosche o noso polo certificado en benestar animal e os novos produtos EROSKI veggies, unha opción de calidade ao mellor prezo para os que apostades por unha alimentación vegana ou vexetariana.

Ademais, neste número da revista atoparás receitas para que compoñas o mellor menú para ti e para os teus, mirando tamén para o peto, e algúns consellos nutricionais e recomendacións saudables que te animamos a seguir para botar a andar este 2023 coidando de ti, dos teus e, por suposto, da economía familiar.

EDITOR

EROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

REALIZACIÓN EDICIÓN

Valentín Beato, 44.

28037 Madrid Tel. +34 915 386 104

Difusión: Controlada por OJD

Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 16 - 1ª planta. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38

Depósito Legal: BI-222-2015

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

4 editorial
Itxaso Cuesta Responsable de EROSKI club

COMEZA O DÍA

CUN PEQUENO CAMBIO

QUE O MUDA TODO

Para os amantes do café, Alpro Barista, feito por e para baristas, combina perfectamente co café ao non enmascarar o seu sabor e acadar unha escuma suave, brillante e unha cremosidade perfecta.

Alpro teno claro: é posible gozar dunha alimentación vexetal, coidando da túa saúde e do planeta sen ter que renunciar ao sabor. 100% Vexetal e boísimo Así, con todas as letras.

Sabías que só cambiando acotío un café con leite por café con Alpro se dan aforrado 250 litros de auga anuais? E isto equivale, aproximadamente, ás duchas dunha persoa en dous anos

NESTA ÉPOCA O CORPO PÍDECHE UN CAMBIO. O PLANETA XA NIN CHE CONTO.

É bo para ti porque os seus produtos sobre todo conteñen NUTRIENTES ESENCIAIS. CALCIO, para o mantemento dos ósos, e VITAMINAS, para o sistema inmune. Ademais, ten unha ampla gama de alternativas sen azucre. Porque un sabor así non precisa azucre!

porque ao seren 100% vexetais, reducen as emisións de CO2 e o consumo de auga.

fala
alpro para
TAMÉN SON BOS PARA O PLANETA!

o último

Queremos que os nosos produtos faciliten o teu día a día e tamén que che axuden a aforrar. Presentámosche algunhas novidades das marcas EROSKI para as gozares en familia e para que lle dediques o teu tempo ao importante: a ti e mais a túa xente.

Das rías galegas á túa mesa

Para petiscar, acompañar algunha receita ou para lles dar un toque de peixe aos teus menús, os mexillóns en salsa de tomate EROSKI son un acerto seguro. Con denominación de orixe protexida (DOP) de Galicia, estes mexillóns teñen un Nutri-Score B e contan cun alto contido en proteínas e

con baixas calorías, o que fai que sexan un alimento moi interesante para os adultos e mais para os nenos.

Esta novidade, que se suma a outras opcións de mexillóns en salsa que atoparás nas nosas tendas, é un prato listo para consumir e rápido de preparar, xa que o podes quentar no microondas na propia bandexa.

6
MEXILLÓNS EN SALSA DE TOMATE

OLIVAS ECOLÓXICAS ELIXE A TÚA VARIEDADE PREFERIDA

Olivas, cogombros novos e banderillas son unha opción ideal para petiscar entre horas ou como acompañamento de ensaladas. Nas nosas tendas ofrecémosche unha ampla variedade de conservas en vinagre, olivas con e sen carabuña, con sabor a anchoa, etc. E agora lanzamos dúas novas variedades de olivas ecolóxicas negras e verdes con carabuña EROSKI BIO.

Están cultivadas nos campos do val do Jerte, de maneira respectuosa coa natureza e cumprindo os estándares da agricultura ecolóxica, como se certifica no seu envase.

NOVO ZUME DE FROITOS VERMELLOS

Unha combinación orixinal para gozar na casa do mellor zume. A nosa nova variedade de froitos vermellos está elaborada con uva, framboesas e cereixas. E ten un envase máis respectuoso co medio natural, xa que a botella está fabricada con plástico 100% reciclado

100% reciclado e é 100% reciclable.

DE CHOCOLATE

Un doce capricho

Chega ás nosas tendas o novo coulant de chocolate EROSKI. Ideal para todos aqueles que se queren dar un capricho de vez en cando. Recollemos da tradición culinaria francesa esta receita de coulant, que tamén se coñece como ‘volcán de chocolate’. Trátase dun delicioso biscoito de chocolate por fóra, con cremoso chocolate de sabor intenso no seu

interior, que se funde ao quecer.

Para comelo no seu punto, quéntao xusto no intre de ilo servir. Podes poñer o coulant nos pratos dos comensais a carón dunha bóla do teu xeado favorito e esparexerlle por riba canela ou cacao en po. Tamén podes engadir un pouco de iogur ou nata montada, esparexer coco relado, azucre glas ou ata froitos secos torrados e picados.

7
‘COULANT’

Nova masa de pizza sen glute

En EROSKI preocupámonos pola túa saúde e temos o compromiso de che ofrecermos variedade de opcións á hora de faceres a compra sexa cal sexa a túa necesidade. Por iso, para as persoas con celiaquía dispoñemos dos nosos produtos EROSKI garantidos sen glute, aos que sumamos unha nova masa de pizza tradicional elaborada con fariña de millo.

Para gozar a calquera hora

Omáis coñecidos dos Países Baixos e agora chega ás nosas tendas xa en lascas, listo para incluír en todos os teus sándwichs, bocadillos, verduras gratinadas, etc. É reducido en graxa, pero mantén todo o seu sabor, aroma e cremosidade. Ademais, preséntase nun envase máis sostible, realizado cun 78% de material reciclado.

8
100% BIOPLÁSTICO BANDEJA 78 % RECICLADA
o último

PEBIDAS XIGANTES

GOZA DE PEQUENOS GRANDES MOMENTOS

Para petiscar a calquera hora do día, mentres ves a tele ou estás de parola cos teus amigos, escolle nas nosas tendas as novas pebidas xigantes EROSKI, que se renovaron por dentro e por fóra. Un snack ao que non te vas dar resistido.

LÉVEDO DE PAN E AZUCRE AVAINILLADO

Fácil e rápido

Se che gusta preparar receitas de repostería ou facer o pan na casa, os dous novos produtos que chegan ás nosas tendas vanse tornar grandes aliados teus. Deixa a túa familia

abraiada engadindo azucre avainillado para lles dar un toque diferente aos teus biscoitos e sobremesas e utiliza o novo lévedo de panadería EROSKI para elaborares na casa deliciosos pans de xeito doado e rápido.

PAPEL HIXIÉNICO E DE COCIÑA NOVO

Ampliamos a oferta de papel hixiénico e de cociña cunha gama de celulosa de tripla capa, que ofrece garantía de calidade e eficacia. Estes novos produtos están fabricados con papel con certificado FSC, que procede ao 100% de bosques xestionados de xeito responsable e que utilizan a madeira de maneira controlada.

Ademais, contan coa etiqueta Ecolabel, que garante que na súa elaboración se limita o uso de substancias perigosas, o que implica un menor impacto na contaminación do aire e da auga.

10
o último
para DESCUBRE O SEU INTENSO SABOR O NOSO CLÁSICO DE SEMPRE CUN TOQUE DE XAMÓN
fala Aneto

este mes

Coñece a crianza do polo

E agora, elixe

Polo rústico, campeiro, ecolóxico, alimentado con cereais...

Con distintas crianzas, tamén hai diferenzas no sabor, textura, cor e no prezo do polo que levamos para a casa. Por iso, ante tantos nomes e variedades, non sempre é doado saber elixir.

En EROSKI querémosche facilitar a compra e ser transparentes cos produtos que che ofrecemos. Creamos unha nova etiquetaxe para a nosa carne de polo, que o diferencia en función da súa crianza. Para que elixir che resulte máis doado.

O 100% da carne de polo que ofrecemos en EROSKI conta con certificado de benestar animal. O selo WelfairTM garante unha produción ética e promove o benestar animal, avaliando aspectos como a alimentación, o aloxamento, a saúde e o comportamento do animal.

Ademais, o pasado abril, en EROSKI sumámonos ao Compromiso Europeo do Polo. Trátase dun acordo

voluntario, promovido por múltiples organizacións de diferentes países, que impulsa unha crianza máis ética para os polos de engorde, con medidas por riba das esixencias mínimas que establece a lei actual.

O polo EROSKI Natur xa cumpre as premisas que o acordo establece para o 2026 no tocante á elección da especie de crianza e ao espazo dedicado para facelo, á calidade do aire, á dispoñibilidade de luz natural e á alimentación 100% vexetal.

12
TRANSPARENCIA E COMPROMISO

Diferenzas entre cada modo de crianza

Granxa estándar

É o polo máis común e o que atoparás habitualmente nos supermercados. Críase no interior e, no caso do polo EROSKI, aliméntase a base de soia e cereais, que inclúen trigo en gran.

Campeiro tradicional

Campeiro

O polo campeiro críase en granxa durante un mínimo de 56 días, ten acceso ao exterior polo menos a metade dese tempo e as granxas contan cun menor número de polos por metro cadrado.

O polo campeiro EROSKI Natur é de crecemento lento

Granxa mellorada

O polo que se cría nunha granxa mellorada faino no interior, pero con luz e ventilación natural durante un mínimo de 56 días e dispón dun espazo meirande. É o oficialmente coñecido como polo extensivo en interior.

No caso do polo EROSKI Natur, o seu crecemento é lento e a súa alimentación é 100% vexetal, complementada en vitaminas e minerais. Ademais, cumpre cos requisitos do European Chicken Commitment. Entre eles, as granxas teñen perchas ou pacas de palla e hai obxectos para peteirar e baños de area, o que lle permite ao animal comportarse de xeito natural.

e a súa alimentación é 100% vexetal, baseada nun 70% de cereais (50% de millo), soia e está complementada en vitaminas e minerais. Ademais, este polo campeiro cumpre tamén cos requisitos do European Chicken Commitment.

Ecolóxico

Os polos teñen un maior acceso ao exterior (42 días) e hai menos animais por metro cadrado ca no campeiro normal, dentro e mais fóra da granxa. A súa alimentación ten polo menos o 70% de cereais. Estes polos son tamén de crecemento lento e críanse polo menos durante 81 días.

O polo ecolóxico aliméntase exclusivamente de penso composto de ingredientes ecolóxicos, que proceden polo menos nun 30% da propia granxa ou doutras na mesma rexión. Este penso, ademais, non contén organismos xeneticamente modificados (OXM). Os polos teñen acceso continuo ao exterior dende a idade máis temperá posible e durante polo menos un terzo da súa vida. E búscase a diversidade de razas, elixindo entre polos de crecemento lento e autóctonos. Críanse un mínimo de 81 días.

13
CAMPERO TRADICIONAL

Polo

asado na cazola

4 culleradas de aceite de oliva

1 polo enteiro (1,6 quilos) EROSKI Natur

2 culleradas de fariña

200 ml de viño branco

400 ml de caldo de polo

300 g de cenorias EROSKI Natur

2 dentes de allo EROSKI Natur

2 cebolas vermellas

10 ceboliñas francesas

Herbas aromáticas (tomiño, romeu, loureiro) • 2 culleradas de perexil, sal e pementa ELABORACIÓN. Prequentar o forno a 170 ºC e salpementar o polo. Pelar as cenorias, as cebolas vermellas e as ceboliñas francesas e cortalas. Esmagar os dentes de allo sen pelalos.

Poñer o aceite nunha cazola a lume medio e dourar o polo por todos os lados. Sacalo e reservalo.

Esparexer a fariña na cazola e cociñala uns dous minutos. Engadir o viño, o caldo e as herbas e levar a ebulición.

Volver colocar o polo na cazola, tapar e enfornar durante unha hora.

Engadir as verduras á cazola e encher co zume da cocción. Volver tapar e enfornar durante uns 45 minutos.

Retirar a cazola do forno, deixar repousar dez minutos e esparexer o perexil picado.

COMENTARIO DIETÉTICO

Este prato pode servir como prato único, aínda que se o queremos equilibrar debería aumentar a proporción de hortalizas e diminuír a de polo. Para completar o menú, acompañar cunha sobremesa de froita.

Racións: 4 DificultadeElaboración 120’ UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto CALORÍAS 36% 715 30% 1,79g SAL 13% 11,65g AZUCRES 44% 8,75g GRAXAS SATURADAS 53% 36,84g GRAXA
14 este mes Receitas
nunca
A D E NUTRI-SCORE B C A 2,55€ POR RACIÓN
que
fallan

Taxín de polo, limón e olivas

• 1 polo pequeno (1,2-1,4 kg)

• 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra

• 3 cebolas vermellas

• 2 limóns (un para zume)

• 30 olivas negras

• 15 olivas verdes

• 250 ml de caldo de polo

• 3 dentes de allo

• 1 culleriña de pemento doce

• 1/2 culleriña de xenxibre relado

• 1/2 culleriña de comiño moído

• 1/4 culleriña de azafrán moído

• Sal e pementa

ELABORACIÓN. Mesturar nun morteiro os allos, o sal, a pementa, o xenxibre, o pemento, o comiño e o azafrán. Machucar ata obter unha pasta e engadir os cachos de polo repartindo ben a pasta por todos os anacos. Cubrir e levar ao frigorífico durante unhas 3-4 horas.

Poñer o taxín ou cazola ao lume cunha cullerada de aceite. Cando estea quente engadir os cachos de polo e marcar ata dourar.

Engadir a cebola cortada en láminas, baixar o lume e deixar rustrir durante uns 10 minutos.

Engadir as olivas e as rodas de limón.

Mesturar o caldo e o zume dun limón e regar a preparación. Cubrir e deixar

cociñar a lume medio durante 30 minutos, ata que o polo estea feito.

Tips: pódese preparar nun taxín ou nunha cazola de ferro ou barro, pero cuberto coa tapa.

Hai que ter coidado co sal que se lle engade á pasta inicial, xa que as olivas tamén achegan sal.

Lavar moi ben os limóns xa que os utilizaremos con pel.

COMENTARIO DIETÉTICO

Polos ingredientes que contén, obtense un segundo prato saudable. Aínda que ten unha cantidade moderada de graxa, é sobre todo insaturada, cardiosaudable, procedente das olivas e do aceite de oliva virxe. O ingrediente principal é carne branca, que lle achega ao prato proteínas de alta calidade e algo de graxa.

50’
KCAL 18% 361 23% 1,39g 7% 6,32g 26% 5,12g 33% 23,3g 15 Receitas
Racións: 6 DificultadeElaboración UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA 0,93€ POR RACIÓN A D E NUTRI-SCORE C B
que nunca fallan

ELABORACIÓN. Cortar pola metade as endivias.

Nunha tixola, engraxada e quente, marcar as endivias 1-2 minutos por cada lado, ata que se douren.

Colocar nun prato e poñer un pouco de sal en escamas.

Para a vinagreta, botar nunha cunca o AOVE, o vinagre de Módena e o sal.

Mesturar cunha vara ou cun garfo ata emulsionar a mestura.

Nunha tixola torrar os piñóns durante 1-2 minutos, sen que se queimen. Deixar arrefriar.

Colocar as endivias nun prato e engadir a vinagreta. Para lle dar o toque crocante á receita, esparexer os piñóns por riba.

16 este mes Endivias á prancha con vinagreta de piñóns
e nutrientes na túa mesa de inverno
menú deseñado polo BCC
Club. INVIERNO Menú de • 400 g de endivias • 15 ml de aceite de oliva virxe extra (AOVE) • Un chisco de sal en escamas Para a vinagreta: • 100 ml de AOVE • 30 ml de vinagre de Módena • 30 g de piñóns • Sal 30 min / Moi doado / 4 racións
A D E NUTRI-SCORE B C B 15% 361 17% 1,01g 3% 2,37g 21% 4,12g 45% 31,22g
Sabor
nun
Culinary
Dende a área de BCC Culinary Club impúlsase e foméntase a cultura gastronómica na sociedade a través de actividades formativas dirixidas a entusiastas que promovan a concienciación e o interese pola gastronomía. Receitas deseñadas por BCC Culinary Club
KCAL
UNHA RACIÓN
CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

ELABORACIÓN. Poñer as fabas en remollo a noite anterior.

Pelar a cebola, os allos, a cenoria, a cabaciña, as patacas e o apio. Cortar todo en dados de 1 x 1 cm.

Nunha pota con aceite de oliva engadir as verduras: primeiro a cebola e mais os allos, despois a cenoria, a pataca, o apio e, para rematar, a cabaciña. Refogar.

Estonar os tomates (cun coitelo ou escaldándoos en auga) e cortalos en cuartos. Engadilos ás verduras. Cubrir con auga e incorporar as fabas remolladas e o touciño entrefebrado así que rompa a ferver. Cando pasen 10 minutos, engadir a pasta e cociñar outros 20 minutos. Nos últimos 5 minutos engadir os chícharos.

Servir nun prato fondo. Se se desexa, pódese engadir queixo parmesano relado.

Sopa minestrone • 200 g de fabas brancas • 2 patacas • 2 tomates • 2 cenorias • 50 g de apio • 50 g de cebola • 2 dentes de allo • 2 cabaciñas • 50 g de pasta • 100 g de chícharos • 100 g de touciño entrefebrado • Aceite de oliva virxe extra (AOVE) • Sal e pementa 17 1 h 30 min / Moi doado / 4 racións A D E NUTRI-SCORE B C A
25% 492 31% 184g 11% 10,17g 24% 4,83g 26% 17,85g KCAL UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

Peras

con crema de iogur

ELABORACIÓN. Lavar as peras e cortalas en cuartos. Quitar tamén a parte interior. Nunha tixola, derreter a manteiga a lume manso.

Subir o lume e engadir as peras e saltealas durante 2-3 minutos ata que se douren lixeiramente. Reservar nun prato.

Montar a nata e incorporar o iogur grego aos poucos ata acadar unha mestura homoxénea e aireada. Colocar nunha manga pasteleira e reservar na neveira ata o seu uso.

Colocar as peras nun prato e decorar coa crema de iogur

18 este mes
30 min / Doado / 4 porcións • 4 peras • 15 g de manteiga Para a crema de iogur: • 200 ml de iogur grego • 250 ml de nata para montar 35% MG A D E NUTRI-SCORE B C C 19% 375 3% 0,15g 29% 25,89g 81% 16,22g 29% 27,59g KCAL UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
salteadas

Tosta de ricotta e cítricos

• 4 rebandas de pan integral de masa nai con sementes

• 60 g de queixo ricotta

• 1 laranxa

• 1 pomelo

• 1 mandarina

• 1 culleriña de aceite de oliva virxe extra (AOVE)

• 60 g de mel

• ½ limón

• Follas de tomiño limoeiro

• 30 g de muesli de flocos de avea e froitos secos

• Tomiño limoeiro para decorar

ELABORACIÓN. Prequentar o grill do forno.

Cortar o pomelo e a laranxa en cuarteiróns e a mandarina en rodas.

Poñer as froitas nunha bandexa sobre un papel de forno repartidas nunha soa capa. Engadir o AOVE e unha cullerada de mel e gratinar uns 4-5 minutos ata que estean lixeiramente acarameladas.

Relar a tona do medio limón e extraer o zume. Reservar.

Poñer o resto do mel nun cazo co zume do limón, a reladura e as follas de tomiño limoeiro. Deixar cociñar 2-3 minutos a lume lento. Retirar e reservar.

Torrar as rebandas de pan.

Bater a ricotta e untar unha cullerada sobre cada torrada.

Cubrir as torradas repartindo os cítricos asados. Esparexer o muesli por riba e engadir uns fíos de mel cunhas follas de tomiño limoeiro.

19 Receitas que nunca fallan 0,82€
15’ 15% 305 9% 0,54g 27% 24,50g 9% 1,80g 9% 6,20g A D E NUTRI-SCORE C A B KCAL Racións: 4 DificultadeElaboración UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
POR RACIÓN

Celebremos o que medra!

Veggies veganos, veggies vexetarianos, veggies flexitarianos, xente que é veggie, pero aínda non o sabe, e xente que non é veggie, pero nunca se sabe... A familia veggie medra. E, por iso, en EROSKI lanzamos a nosa familia de albóndegas, macarróns boloñesa, falafel, nuggets, burguers...

g rg e gie i mededra r maca c rrrón ó s

‘BURGUER’ VEXETAL ESTILO POLO E CLÁSICA

Hamburguesas 100% vexetais con base de proteína de chícharo. Elixe entre o sabor clásico ou atrévete coa opción de polo con cebola. Prepáraas entre pans cos teus ingredientes favoritos ou pícaas nun wok e engade verduras de tempada.

nun un wo wok e k e engad ad d g e veer de d tem me p

‘BURGUER’ DE QUINOA E CABAZA E DE TOFU E ESPINACAS

Dúas hamburguesas únicas, con tofu e seitán combinados co toque de sabor das espinacas e da cabaza. Amais de seren unha opción vegana, están elaboradas con ingredientes provenientes da agricultura ecolóxica.

‘NUGGETS’

VEXETAIS

Crocantes e deliciosos, perfectos como petisco acompañado de salsas de tomate caseiro, hummus, etc. Aos cativos da casa vanlles encantar.

c ica. a

LASCAS VEXETAIS DE VERDURAS

A mellor alternativa ás lascas e embutidos para tomar en sándwichs e bocadillos ou en forma de roliño recheo do que queiras. Están elaboradas con cenoria, pementos verde e vermello, fécula de pataca e proteína de chícharo.

LAADOS

PRATOS CONXELADOS

Dende hamburguesas ata albóndegas e nuggets. Para improvisar unha cea ou un xantar en ben poucos minutos, os pratos conxelados veggies EROSKI son unha grande opción. Só has de quentalos e gozar de receitas saborosas con Nutri-Score A.

e nug

20 este mes
ONXE X NX N ELAD O PRA RA A P TOS OS S CO C TO nugget ge s. Par Pa a i ai a mpr mp ovi ov sar sa a ugget pr r iv ar
LA em e bo do ce c fé f

TORTILLA DE PATACAS

CON CEBOLA

A tortilla clásica en versión vegana. Con patacas, cebola e fariña de garavanzo no canto de ovo. Ideal para comidas, para petiscar ou para comer no traballo.

AS S LA A ón nó as, s, s de de as, ra a o. o

FALAFEL

Versión vegana dun dos pratos máis populares de Oriente Medio. Está elaborado con garavanzos e especias e pódelo preparar á tixola ou enfornado.

LASAÑA BOLOÑESA

Este prato 100% vexetal está elaborado con ragú, tomate, cenoria, porro, cebola, aceite, especias e pasta fresca en láminas. Ademais, preséntase nun envase máis sostible, que só terás que abrir e quentar directamente no microondas ou no forno.

mic c m mi roo o oo o ndadas o so s u n uno f offornorno. o

TOFU E SEITÁN

ESCALOPE VEXETAL

Esta receita a base de seitán (72%), coñecido como a ‘carne vexetal’, está elaborada cunha base de glute de trigo. Rebozado con allo e perexil, vén en dúas cómodas porcións.

AL L án a da a o. o én ns s

Anímate a elaborar as túas propias receitas veganas con dous dos produtos máis utilizados: o tofu e o seitán. O primeiro pódese cociñar de xeito similar á carne (en taquiños ou filetes), admite todo tipo de preparacións (mariñado, asado...) e combina con sabores fortes, suaves, doces ou salgados. O seitán é tamén moi versátil e destaca porque absorbe moi ben os sabores de calquera ingrediente.

SALSA BOLOÑESA

A tradicional receita de orixe italiana en versión vegana. Elaborada con aceite de oliva virxe extra, tomate, cenoria, apio e cebola e con soia en lugar de carne. Todos os ingredientes proveñen da agricultura ecolóxica certificada. Unha salsa chea de sabor, que só terás que quentar uns minutos e estará lista para sazonar os teus pratos de pasta.

S l p c s m t

SAL A t Atr en v ace ac a cen ce c ugga proov cer ce sab min in teu eu e s

p p

MACARRÓNS

Á BOLOÑESA E ‘RISOTTO’ DE ESPINACAS E CHAMPIÑÓNS

Para levar ao traballo ou improvisar unha cea rápida, elixe unha destas dúas receitas. Abonda para telas listas con quentalas tan só oito minutos no microondas.

NS DE E NS ou u da, as s as s só ó as. s

V-Label é o selo que identifica e garante a orixe e proceso dos produtos veganos e vexetarianos.

e a te e os os e s.

21

Produtos veganos PARA TODA A FAMILIA

En EROSKI dispoñemos dunha ampla variedade de produtos vexetarianos e veganos ao mellor prezo e dunha gran variedade de marcas, para que toda a familia poida gozar dunha alimentación veggie sen renunciar a nada.

VEGETÁNEA

Bebidas vexetais de soia, améndoas e avea

A gama 100% vexetal de Central Lechera Asturiana non contén aditivos artificiais nin azucre engadido. Elaboradas en España. Non hai sabor máis natural!

VIVESOY

Bebidas vexetais de soia e de avea A opción perfecta para se coidar sen renunciar ao mellor sabor da avea e aos aminoácidos esenciais da soia. A única 100% cultivo local e elaborada en España. O de preto sabe mellor!

ALPRO

Bebida vexetal de avea clásica e ‘light’ Non vas crer que isto non é leite: co sabor, cremosidade e textura de sempre, agora 100% vexetal.

22
este mes

GARDEN GOURMET

Sensational Burger

Hamburguesa 100% vexetal, incriblemente saborosa e tenra. Elaborada a base de proteína de soia, rica en proteínas e fonte de fibra. Goza desta receita vegana e descubre por que se chama ‘Sensational’.

HEURA

Hamburguesa

Primeira e única hamburguesa vexetal elaborada con aceite de oliva virxe extra.

Emppanaanado do

O clásico filete empanado, pero a base de soia e trigo e cunha combinación ideal de especias e herbas aromáticas. Unha receita tenra e crocante, rica en proteínas e fonte de fibra. Ideal como prato principal.

Mariñados con deliciosas especias, cun sabor inigualable que se adapta a todas as túas preparacións.

Bocadiños braseados

B

A alternativa sen carne elaborada con proteínas vexetais de soia e trigo. Perfectos para completares as túas ensaladas ou pratos de pasta, ao proporcionar as proteínas necesarias.

ela el e a vex ve Per as tú t de p pro pr p

Nug ug Nugget ge g s I ibbl t

Incriblemente crunchies. Doados de cociñar, tamén no forno.

23
24 Veganos, doados e deliciosos Coñeces os buddha-bowls? Son unha solución perfecta para crear unha combinación equilibrada de nutrientes, mesturando proteínas vexetais, graxas saudables, grans enteiros, verduras e froitas. Coloridos e moi completos! 1 Noodles, edamame e verduras: herba dos cóengos, cogombro, feixóns verdes, cebola e brócoli. Aderezo de allo, xenxibre e soia. 28% 560 37% 2,19g 14% 12,7g 27% 5,42g 53% 37,1g este mes A D E NUTRI-SCORE C B Receitas que nunca fallan KCAL UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
25 2Tofu mariñado, arroz e verduras: espinacas, cogombro, aguacate, cebola e ravos. Sementes de liño e aderezo de tahini. 3 Batata asada, quinoa, feixóns, garavanzos e verduras: eiruga, col e aguacate. Aderezo de cacahuete, xenxibre e coco. 25% 503 19% 1,12g 15% 13,7g 22% 4,41g 46% 32,1g KCAL UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA A D E NUTRI-SCORE B C A 30% 607 22% 1,30g 15% 13,8g 52% 10,3g 62% 43g KCAL UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA A D E NUTRI-SCORE B C A

Comer ben ao mellor prezo é posible

1Para realizar unha compra saudable, o primeiro que cómpre facer é revisar todo o que hai na despensa e organizar o menú da semana.

2O seguinte paso é facer a lista da compra. Isto serviranos para non esquecermos ningún alimento e adquirir só o que precisamos. Pódelo facer directamente na nosa app, onde tamén dispós das ofertas do momento e das promocións pensadas para ti.

É re sup pa momen a inform Esta lec ferrame Nutricio ma

É recomendable acudir ao supermercado con tempo abondo para evitar eleccións rápidas no momento da compra e comprobar ben a información que inclúen as etiquetas. Esta lectura seranos máis doada con ferramentas como Nutri-Score e o Semáforo Nutricional, presentes en todos os produtos das marcas EROSKI.

É importante encher o carro de xeito que este conteña todo o necesario para elaborar un menú saudable e que, ademais, sexa económico. En EROSKI poñémoscho doado cos produtos sinalizados coa etiqueta ‘ao mellor prezo’. Hai máis de 800 cos que podes facer unha compra completa.

É i qu pa e que, a EROSKI sinalizad Hai mái compra

26 este mes
Que a túa alimentación sexa saudable pasa por seguir unhas pautas á hora de mercar e cociñar. En EROSKI querémoste axudar a conseguilo cuns sinxelos pasos.
Asignar á lista Compra semanal Casa de vacacións Festa de aniversario Barbacoa amigos 20 produtos 32 produtos 18 produtos 17 produtos

COMO ENCHER

O CARRO?

O máis importante é dispoñer de produtos que garantan a presenza de todos os nutrientes

50%

oñer a entes

30%

de proteínas saudables

ORDE E CONSERVACIÓN

de alimentos vexetais

Na compra hai que incluír alimentos ricos en fibra, como froitas, hortalizas e cereais integrais ou de gran enteiro.

Para reducir a inxestión de sal, son unha boa alternativa as especias e mais as variantes reducidas ou baixas en sal dos alimentos.

O noso carro debe conter proteínas de gran calidade nutricional, fundamentais para conseguir os aminoácidos que o corpo non xera. Entre elas están as animais (ovos, lácteos, peixes e carnes) ou as vexetais (legumes e froitos secos).

10%

de graxas saudables

Non hai que esquecer os alimentos ricos en graxas de boa calidade, que achegan e almacenan enerxía e son fonte de vitaminas liposolubles: aguacates, froitos secos, conservas de peixe azul ou aceite de oliva virxe extra.

Non esquezas o aforro que se suma ás ofertas que atoparás nas nosas tendas en máis de 50.000 produtos con descontos 3x2, 2ª unidade ao 70%, etc.

Unha vez feita a compra, é importante saber como almacenar os produtos. Facelo correctamente alonga a súa vida útil, evita que perdan as súas propiedades e que se deteriore o seu aspecto, e contribúe asemade a que non se produza desperdicio alimentario. Ademais, é necesario agrupar os alimentos e colocar diante aqueles que se van consumir primeiro, seguindo a regra: o primeiro que entra é o primeiro que sae.

27
O CONS Unh
50% Alimentos vexetais  10% Graxas saudables 10% Outros produtos
o
Proteínas saudables 30% Canto duran os alimentos mellor prez
afrro é comer saudable por 1 menos Receitas elaboradas con produtos sinalizados co mellor prezo e Nutri-Score A e B. mellor prez o mellor prez o

‘Smoothie’ verde

• 2 kiwis

• 100 g de uvas brancas sen pebidas • 50 g de espinacas frescas

• ½ mazá verde

• Zume de 1 limón

• 2 xeos

PREPARACIÓN. Lavar e picar todos os ingredientes, introducilos no vaso do batedor americano e triturar.

Para servir, podemos decorar o smoothie con froita fresca.

Consumir decontado e refrixerar sempre.

COMENTARIO DIETÉTICO

Os batidos son unha boa opción para tomar froitas e verduras porque se aproveita o alimento completo, sen desperdiciar a fibra. Como admiten

multitude de combinacións axúdannos a reducir o refugallo, aproveitando as froitas que madurasen de máis, que ademais son máis doces. Ademais, son unha preparación moi práctica para levar fóra da casa.

Propiedades nutricionais: aínda que poida parecer que a cantidade de azucres é elevada, trátase de azucres naturalmente presentes na froita e, como esta se come enteira, con toda a súa fibra, este azucre non ten os efectos prexudiciais que si teñen os azucres libres e engadidos.

Truco: podemos adozar e conseguir a textura que máis nos guste, engadindo un ou dous dátiles e un pouco de auga, leite semidesnatado ou calquera bebida vexetal.

29
0,47€ POR RACIÓN 5’ cada porción 6% 127 1% 0,07g 28% 25,37g 0% 0,01g 1% 0,51g A D E NUTRI-SCORE C A B KCAL Racións: 2 DificultadeElaboración UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
Receitas que nunca fallan

• 4 lombos de xarda duns 120 g cada unha

• 500 g de patacas

• 500 g de brócoli

• 150 g de champiñóns

• 1 porro

• 1 1/2 cullerada de aceite de oliva virxe extra (AOVE)

• Sal e pementa negra fresca

• 3 talos de perexil (só as follas)

• Zume e reladura de medio limón

PREPARACIÓN. Cocer as patacas coa súa tona en abundante auga ata que estean case no seu punto. Escorrer, deixar arrefriar, pelar e torar en catro rodas dun dedo de grosor.

Limpar o porro e os champiñóns. Cortar o porro en toros grosos e os champiñóns en cuartos.

Limpar o brócoli e sacar as flores pequenas.

Preparar catro follas de papel de forno e colocar en cada unha delas unha cama de rodas de patacas, salpementar e engadir un fío de AOVE.

Colocar os lombos de xarda sobre a cama de patacas, repartir as flores de

brócoli por riba, salpementar e engadir media cullerada de AOVE e o zume e a reladura de medio limón.

Pechar ben os paquetiños para que non escape o vapor e cociñar uns 2-3 minutos á máxima potencia no microondas. Pódense asar os catro paquetes á vez no forno prequentado a 200 ºC, con calor por riba e por baixo, durante uns 2-3 minutos. Mentres se cociñan as papillotas, saltear o porro e os champiñóns nunha tixola con media culleriña de AOVE, sal e pementa.

Mesturar media culleriña de AOVE co perexil picado moi fino. Reservar.

Servir cada paquetiño no seu propio papel, cuberto coas verduras salteadas e cun fío de aceite de perexil.

Papillota de xarda sobre cama de patacas e verduriñas
30 este mes 15-20’ 19% 371 45% 2,72g 8% 7,54g 5% 1,10g 21% 14,89g A D E NUTRI-SCORE B C A 1,37€ POR RACIÓN Receitas que nunca fallan KCAL Racións: 4 DificultadeElaboración UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

Polo con pera, pasta e ensalada de espinacas

• 2 zancos de polo • 4 peras conferencia • 240 g de macarróns EROSKI basic • 500 g de brócoli • 1 cebola • 2 culleradas de iogur • 300 g de espinacas • 4 noces • 3 culleradas de aceite de oliva virxe extra (AOVE) • 1 cullerada de vinagre de sidra • Sal e pementa negra fresca

PREPARACIÓN. Partir os zancos en anacos e salpementalos, botarlles un fío de AOVE por riba e introducilos nunha bandexa no forno prequentado a 195 ºC, con calor por riba e por baixo, durante uns 30 minutos, ata estaren dourados e cociñados por dentro. Virar dúas ou tres veces durante o enfornado.

Partir as peras en cuartos, retirando as sementes, e saltear a metade nunha tixola cun fío de AOVE ata que estean douradas. Reservar á calor.

Cocer a pasta en abundante auga con sal. Escorrer.

Lavar o brócoli, facer flores pequenas e cocer ao vapor. Reservar.

Nunha tixola, cunha culleriña de AOVE, rustrir a cebola picada en brunoise coa outra metade das peras cortadas en cubos pequenos. Engadir a pasta cocida, o brócoli e as dúas culleradas de iogur. Mesturar ben, saltear un par de minutos a lume medio-baixo e salpementar.

Preparar a vinagreta mesturando dúas culleradas de AOVE, o vinagre de sidra, sal e pementa.

Para montar o prato, preparar unha cama de espinacas e aderezalas coa vinagreta e mais as noces picadas. Cubrir co polo, as peras salteadas e a pasta con brócoli e pera.

31 1,60€ POR RACIÓN 30’ 31% 624 47% 2,84g 28% 25,26g 20% 3,95g 29% 20,55g A D E NUTRI-SCORE C A B Receitas que nunca fallan KCAL Racións: 4 DificultadeElaboración UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

este mes

Potaxe VEGANA

4 RACIÓNS / DIFICULTADE 1 / 30 MIN

INGREDIENTES

1 dente de allo

1/2 cebola

1/2 pemento verde, 1/2 pemento vermello e 1/2 pemento amarelo 20 ml de aceite de oliva virxe extra 40 g de salsa de tomate 600 ml de caldo de verduras 8 albóndegas veganas 150 g de estreliñas de pasta 150 g de fabas brancas cocidas 80 g de espinacas baby Sal e pementa

PASO 1

Picar finamente as verduras e refogalas nunha pota con aceite de oliva. Cando estean cociñadas, engadir a salsa de tomate e reducir durante cinco minutos.

PASO 2

Pasado ese tempo, cubrir co caldo de verduras, salpementar e levar a ebulición para despois agregar as estreliñas e cocelas o tempo indicado no envase.

PASO 3

Mentres, marcar as albóndegas nunha tixola e, cando á pasta lle queden tres minutos, botalas na potaxe xunto coas fabas brancas e as espinacas.

PASO 4

Acabar de cociñar e servir a potaxe poñendo dúas albóndegas por ración.

32
33% 670 36% 2,18g 16% 14,47g 14% 2,77g 23% 16,03g D E C A NUTRI-SCORE B 33 KCAL UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

8

IMPRESCINDIBLES por menos de de beleza

6EUROS

Xaneiro é o mes dos novos comezos e propósitos. Tamén unha época na que toca recuperar os bos hábitos tras os excesos habituais do Nadal: obxectivos de aforro tras a compra de agasallos e caprichos para acompañar os reencontros familiares e os menús festivos, volta á dieta saudable e equilibrada, recuperar a práctica de deporte, etc... Sen esquecermos coidar e protexer a nosa pel e cabelo ante o frío e a humidade que adoita acompañar o inverno.

En EROSKI, queremos achegar o noso gran de area para que isto último non sexa unha preocupación e encaixe sen problemas no teu orzamento. Velaquí unha selección de oito produtos de coidado e beleza esenciais, que serán os teus mellores aliados para te coidares e para che subir o ánimo sen descoidar os teus aforros.

1Coida o teu cabelo

O cabelo precisa un coidado extra e adaptado a esta época do ano. Aplica -polo menos dous días á semana- unha máscara de acción nutritiva e reparadora para manteres a túa melena suave, brillante e forte.

MÁSCARA

CAPILAR REPARACIÓN

INTENSIVA belle Fórmula con ceramidas Symrepair® e aceite de argán. En só 60 segundos proporciona un intenso efecto reparador, que axuda a que o cabelo recupere o seu nivel de hidratación, brillo e sedosidade e a combater as puntas abertas. Pódese usar con e sen aclarado en función do estado do cabelo.

34
Esquece a costa de xaneiro e comeza o ano aforrando coa nosa selección de produtos para te coidares ao mellor prezo.
beleza

Limpeza facial

Os expertos insisten en que a limpeza facial é o primeiro paso para manter unha pel sa e bonita. En inverno é recomendable utilizar produtos suaves que non resequen a pel e con fórmulas especialmente deseñadas para respectar o manto hidrolipídico e equilibrar o pH. Un limpador sen xabón e un tónico con activos hidratantes serán os teus aliados.

MOUSSE LIMPADORA

FACIAL belle

Limpa suavemente o teu rostro, eliminando de xeito delicado a maquillaxe e todo tipo de impurezas. A súa textura en escuma e a súa fórmula sen xabón proporcionan unha agradable sensación de benestar na túa pel sen a resecar. Formulada con betaína e extractos de xasmín, rosa e ginkgo biloba, que axudan a hidratar, calmar e suavizar a pel deixándoa limpa, fresca e sen sensación graxa. Pódese aplicar coa axuda dun algodón, sen que cumpra aclarala, ou directamente cos dedos masaxeando e aclarando a continuación.

3TÓNICO FACIAL belle

A súa fórmula, libre de alcohol e cun 95% de ingredientes de orixe natural, contén ácido hialurónico, extractos de rosa, xasmín, ginkgo

biloba e niacinamida, que contribúen a hidratar, iluminar, tonificar, calmar e suavizar a pel nun só xesto.

Sabías que os tónicos faciais actúan como un regulador natural do sebo, refrescan a pel e achegan nutrientes e vitaminas esenciais para restablecer o seu equilibrio tras o uso do teu limpador facial favorito? Por iso, son imprescindibles na rutina de limpeza facial.

35
2

Mima a túa pel

Unha das funcións máis importantes da pel é facer de barreira protectora, pero o frío pode causar nela unha profunda deshidratación e os cambios continuos de temperatura e humidade rompen o seu equilibrio. Por iso, durante o inverno cómpre coidármola con mimo, para que estea protexida, forte e bonita. Velaquí tres imprescindibles belle para conseguilo.

CREMA FACIAL PROFIRM belle Formulada para reducir a aparición de engurras, potenciar a firmeza da pel e mellorar a hidratación, ao combinar a acción de aminoácidos esenciais como a arxinina, a serina e a prolina, con principios activos como o ácido hialurónico, o extracto de acmella ou o extracto de alga fucus.

O ácido hialurónico de alto peso molecular potencia a hidratación, a elasticidade e a firmeza. O extracto de acmella achega unha acción reafirmante e tensora, mentres que o extracto de alga fucus combina unha acción protectora contra o avellentamento e propiedades hidratantes.

Bálsamo reparador formulado para nutrir e rexenerar zonas extrasecas e agretadas da pel e para suavizar zonas rugosas. Combina a acción emoliente e protectora da manteiga de karité e o aceite de améndoas doces

coas propiedades calmantes, antiinflamatorias e suavizantes da alantoína, o extracto de macela e o bisabolol. Pódese aplicar sobre corpo, rostro e mans. Un remedio universal, apto para peles sensibles.

36
4 5 beleza
REPARADOR UNIVERSAL belle

CREMA DE MANS

CONCENTRADA belle Crema de acción intensiva, que achega unha protección extra para as peles moi secas. Con glicerina vexetal ao 30% e manteiga de karité, para unha acción reparadora en profundidade que reduce e prevén o agretamento. Contén tamén extracto de aloe vera e alantoína, para aliviar a sequidade e tensión das mans agretadas. A súa fórmula proporciona 48 horas de hidratación e asemade repara, nutre, alivia e protexe. O seu envase é perfecto para o levar no bolso ou no neceser.

Cor para os beizos

Os labiais de cor están a vivir un renacemento tras anos relegados polo uso de máscaras. Esta tempada reinarán os tons rosas e as texturas semimates, que non resecan e que axudan a disimular as posibles engurras.

LABIAIS COR EXTREME belle

belle&MAKE-UP lanzou a gama Color Extreme en oito tons imprescindibles de longa duración (na imaxe, os tons 01 Ballerina e 02 Wild rose). A gama está composta por cores intensas de acabado semimate e luminoso. A súa fórmula non contén glute. Para utilizalos, abonda con aplicalos, agardar dous minutos e listo!

Un perfume especial

Os produtos multifunción optimizan o orzamento beauty. Coñeces xa a gama de perfumes Aromacare de belle? Tres fragrancias que converten o xesto de se perfumar en coidado por mor dos seus ingredientes cosméticos e naturais. Ademais, a esencia incorpora a tecnoloxía patentada Neutrascent®, que axuda a neutralizar o mal cheiro, incluído o do tabaco.

EAU DE PARFUM Nº1 BOUQUET FLORAL belle

Este perfume combina delicadas notas florais, como xasmín, rosa e azar, cun fondo ambarado. Descubre un novo xesto de beleza aplicándoo tamén no teu cabelo. Contén aceites esenciais, como bergamota, pementa e nerolí,

e mais proteínas de seda e pantenol, que nutren e suavizan o cabelo, e glicerina vexetal, que axuda a coidar a pel.

O seu formato de 50 ml faino perfecto para o levar no neceser de viaxe.

37
7
Os produtos cosméticos belle están clinicamente testados e os máis deles son aptos para persoas veganas, ao non conteren ingredientes de orixe animal
6
8

Enfermidades neurodexenerativas TODA AXUDA É POUCA

mes En España, arredor dun millón de persoas padecen enfermidades neurodexenerativas. Precisan atención e tratamentos axeitados e este mes podes contribuír cun pequeno xesto, doando uns céntimos ao pasares por caixa.

Agradecémoslles aos clientes de EROSKI que contribúan coas súas doazóns a mellorar o día a día das persoas con párkinson en poboacións rurais illadas, cunha poboación avellentada e cun acceso máis complicado aos recursos sociosanitarios, a través do proxecto Párkinson Rural. Este programa conecta as persoas, permitíndolles que, ao tempo que realizan unha actividade cotiá como faceren a compra, axuden as persoas con párkinson a realizaren tamén as súas actividades do día a día.

Alicia Campos, directora da Federación Española de Párkinson

Para os afectados por enfermidades neurodexenerativas, como o párkinson, a esclerose múltiple, a esclerose lateral amniotrófica (ELA) ou o alzhéimer, é imprescindible dispor de tratamentos e dunha atención idónea coa que garantir o correcto manexo da súa enfermidade. É fundamental para a súa calidade de vida recibir apoio de fisioterapia, psicoloxía, terapia ocupacional, rehabilitación, orientación nutricional, logopedia, etc. Está demostrado que estes tratamentos atrasan a evolución da enfermidade e a aparición de complicacións.

As prestacións de servizos de terapia sufráganas fundamentalmente os propios afectados e as súas familias ou as asociacións de pacientes. Coa túa axuda, a través do noso programa solidario, Fagal (Federación Alzheimer Galicia), Fegadem (Federación Galega de Esclerose Múltiple), FEP (Federación Española de Párkinson), a Fundación Luzón e EM Euskadi (Esclerose Múltiple Euskadi) poderán ampliar e reforzar a axuda aos enfermos e ás súas familias.

38
este

Grazas á solidariedade dos clientes de EROSKI, a nosa Fundación financiará o proxecto EscuELA de formación para os coidados da ELA, un programa gratuíto destinado a coidadores e profesionais relacionados coa ELA.

María José Arregui, presidenta da Fundación Luzón

Os beneficios da campaña solidaria de EROSKI axúdannos a seguir ofrecendo os servizos de rehabilitación integral necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas con esclerose múltiple e as súas familias. Axúdanos a conseguilo! Karmele Garro, directora da Fundación Esclerose Múltiple Euskadi

Coa túa doazón levamos a cabo un programa nutricional e de vida saudable para asesorar, fomentar e facilitar unha mellora na calidade de vida das persoas afectadas por esclerose múltiple no tocante á alimentación e ao exercicio físico.

Mª Teresa González Salvadores, presidenta de FEGADEM, Federación Galega de Esclerose Múltiple

Grazas ás vosas doazóns contribuiredes a levar a cabo talleres de estimulación cognitiva e de mantemento da autonomía en persoas con demencia e mais talleres de apoio psicolóxico, formación e orientación a familiares de persoas con demencia, cos que se diminúe a súa sobrecarga física e emocional.

Isabel Gey, presidenta da Federación Alzhéimer Galicia

EN DECEMBRO

Querémosche dar as grazas pola túa colaboración o pasado mes co noso programa de solidariedade a prol dos Bancos de Alimentos asociados a Fesbal e de entidades como Cáritas, Cruz Vermella, Cociña Económica da Coruña ou o Instituto Benéfico Social Padre Rubinos.

39
RETO: RETO: familias de comidade comidas familias Más información Máis información Solidariedade Solidaridad Dale en caja SÍ Dálle SÍ a caixa saudables sostibles pro mi A favor de:A favor de: 3.000.000 1.100 parapara FESBAL

Máis vantaxes por

Todos sabemos o dura que pode ser a costa de xaneiro. Por iso, dende EROSKI club presentámosche distintas opcións para que comeces o ano con ilusión e para que poidas gozar das rebaixas con máis aforro. Ademais, querémoste axudar cos gastos da túa factura de teléfono e carburante.

Aforrar todos os meses en moda, lecer e electrónica é posible!

Coñeces Máis Promocións?

É o noso espazo de EROSKI club onde poderás seguir aforrando en máis de 80 marcas de moda, lecer, electrónica...

Atópao en: ‘APP’ EROSKI No apartado de vales e ofertas

WEB EROSKI eros.ki/mas-promociones

Descubre todas as posibilidades para aforrar a través de Máis promocións

40

seres socio

ENTRA EN MÁIS PROMOCIÓNS

Participa e consegue as túas compras do 2023 gratis

Étempo de rebaixas e en EROSKI club queremos que aforres máis. Para comezar ben o ano, do 7 de xaneiro ao 1 de febreiro sorteamos catro premios de un ano de compras gratis (1) valorados en 2.500 € cada un.

Se aínda non tes a app EROSKI, descárgaa gratis aquí e leva todo no teu móbil:

QUE TES QUE FACER?

Tan só tes que entrar no espazo de Máis Promocións na web eros.ki/mas-promociones ou na app EROSKI, e xa está! Entras automaticamente no sorteo. Lembra que, para accederes, tes que entrar logueado coa túa conta, tanto na web coma na app.

(1) Consulta máis información en: eroski.es/ ahorra-con-mas-promociones/

Este mes, novo sorteo de cestas

Este mes sorteamos outras 100 cestas de 25 € (2). Non perdas a oportunidade de levares a túa!

Como podes participar?

Ben doado! Por cada compra de cinco produtos sinalizados con esta etiqueta:

Os teus vales aforro e ofertas Os teus folletos Os teus tíckets de compra O teu escáner de produto O teu aforro mensual A túa tarxeta dixital A túa lista da compra E moito máis! (2) Consulta condicións en www.eroski.es/sorteo-suma-ahorro/

41
Sorteo de CESTAS aforro de 100 4 PREMIOS DE de compras gratis 1 ANO 25€
mellor prez o

Pásate a Virgin telco

Pásate a Virgin telco e ingresarémosche todos os meses na túa tarxeta EROSKI club o 4% do importe da túa factura de Virgin telco (1)

túa

Máis vantaxes por seres socio Como podo comezar a

123

Accede a Promoción telefonía dentro do apartado EROSKI club da web eroski.es: www.eroski.es/eroski-club/promocion-telefonia/

Preme en Quéroo.

E remata a contratación online ou deixa o teu teléfono para que se poñan en contacto contigo.

(1) Ingresarémosche na túa tarxeta EROSKI club o 4% da túa factura mensual sen IVE de Virgin telco. Consulta condicións en: www.eroski.es/eroski-club/promocióntelefonía. Por te dares de alta agora na promoción, recibirás 5 € na túa tarxeta EROSKI club tras o primeiro ingreso mensual do 4% da promoción. Máximo 5 € por alta.

Apúntate e comeza a aforrar carburante

Aínda non te decataches de como podes aforrar en carburante por seres de EROSKI club? Poderás gozar de ata un 4% (2) ao pagares a repostaxe coa tarxeta de pagamento EROSKI club nas estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor.

Se consomes entre 50 e 100 litros de carburante ao mes obterás un 2%.

Se superas os 100 litros de carburante ao mes aforrarás un 3%.

Ademais, acada un 1% extra pagando coa túa tarxeta de

pagamento EROSKI club, e aforra así un 4%. Para conseguir o aforro, abonda con vincular a túa tarxeta EROSKI club cunha tarxeta Repsol Máis e lembrar pagar as túas repostaxes coa tarxeta de pagamento EROSKI club.

(2) Para conseguir o aforro cómpre vincular a túa tarxeta EROSKI club cunha tarxeta Repsol Máis e aboar o carburante coa tarxeta de pagamento EROSKI club. Vantaxe exclusiva para repostaxes en estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor. O ingreso sumarase a comezos do mes seguinte na tarxeta EROSKI club asociada. Consulta todas as condicións en: www.eroski.es/promocion-carburante

42
Publicidade Apúntate GRATIS no
Aforra un % en
944 943 444 ou eroski.es/promocion-carburante/
aforrar?
extra
4% 5€
E aforra na
factura TODOS os meses
Ademais, agora regalámosche:

GANAS DE NEVE

Aforra e goza dunha escapada de inverno inesquecible

As rexións que concentran os deportes e actividades de inverno en España reciben cos brazos abertos as primeiras nevadas despois dun outono historicamente cálido.

Atempada de neve xa está aquí e é o momento perfecto para planificar unha escapada e gozar das principais pistas de esquí e dunha morea de experiencias de lecer invernal. Unha viaxe repleta de sorpresas, que ti e mais a túa xente querida lembraredes sempre. Goza dunha escapada de inverno inesquecible cos destinos que che propoñemos en Viaxes EROSKI e acumula euros na túa tarxeta EROSKI club!

OS MELLORES DESTINOS DE NEVE

Descubre o atractivo catálogo de Viaxes EROSKI, cos mellores destinos e experiencias de inverno. A nosa oferta inclúe as principais estacións de esquí de España, nas que gozar non só da neve escorregando polas mellores pistas, senón tamén da posibilidade de realizar unha inmensa morea de actividades, que farán que te mergulles na natureza máis branca.

Un paseo en zorra tirada por cans alaskanos.

44
viaxes

Baqueira Beret, Vall de Núria ou Masella (Pirineo catalán), Javalambre-Valdelinares, (Teruel), Cerler, Formigal-Panticosa ou Astún-Candanchú (Pirineo aragonés), Grandvalira (Andorra) e Serra Nevada son algunas das grandes estacións que xa están dispoñibles para todos os amantes dos deportes de neve.

VIVE UNHA EXPERIENCIA DIFERENTE

Se queres aparcar os esquís, podes gozar de sorprendentes experiencias e actividades para todos os gustos, como as que ofrecen Naturland e RocRoi, en Andorra. Inclúen paseos en zorras de neve tiradas por cans alaskanos e rutas con raquetas de neve, nas que te poderás recrear coa branca contorna e coa natureza. Ademais, para os amantes da adrenalina e para os aventureiros máis intrépidos, hai rutas en motos de neve ou a posibilidade de probar o Tobotronc (Andorra), o tobogán alpino máis longo do mundo.

DESCANSO E LECER

E, logo dun día de acción, podes elixir Caldea, en Andorra, para te relaxares. Este espazo combina o máximo relax cos momentos máis lúdicos, e permíteche mergullarte nas ricas augas termais mentres ves unha folerpada de neve ou darte un baño entre pomelos a media noite.

Esquí, snowboard, esquí de fondo e moitas máis experiencias de inverno que non podes perder, tanto se viaxas en familia, en parella, con amigos ou en grupo. En Viaxes EROSKI ofrecémosche multitude de atractivos paquetes para elixir, que inclúen unha espléndida oferta de aloxamentos e mais os forfaits de un ou de varios días, todo tipo de actividades de lecer, aluguer de materiais e moitos servizos máis.

45
Caldea, en Andorra, un lugar onde se relaxar. 4 % Reembolso á túa tarxeta EROSKI club En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e flexible
Pilotar unha moto de neve, unha experiencia única.

Rosa Carabel, CEO de EROSKI, e Alejandro Martínez Berriochoa, director xeral da Fundación EROSKI, -sétima e sexto pola dereita-, xunto ao lehendakari, Iñigo Urkullu –centro– e os outros participantes na entrega de premios.

PREMIO AO ESFORZO para favorecer unha compra máis sostible

Impulsar un consumo máis responsable e un estilo de vida máis saudable son dous dos nosos 10 Compromisos pola Saúde e Sustentabilidade, que foron galardoados na gala de entrega dos Premios Euskadi ao Turismo, Comercio e Consumo vascos.

Concretamente, recibimos o Premio ao ‘Comercio Euskadi 2022’ pola nosa tenda máis sostible, situada no barrio vitoriano de LakuaArriaga, e mais o Premio a ‘Medios de Comunicación’ polo proxecto informativo EROSKI Consumer.

O galardón ao ‘Comercio Euskadi 2022’ distinguiu a tenda

sostible de Lakua-Arriaga, que se inaugurou a finais do 2021 e que reduciu nun 50% o consumo de enerxía con respecto a un establecemento estándar coa utilización só de fontes renovables. Construída conforme aos esixentes parámetros establecidos polas certificacións LEED Gold, utiliza refrixerantes naturais, o mobiliario de frío incorpora os últimos avances en I+D e o seu sistema de iluminación LED é intelixente e autorregulado.

Este supermercado marca un novo fito na evolución das tendas de EROSKI e o inicio da nosa transición cara a un novo modelo enerxético.

INFORMAR E FORMAR

Por outra banda, o proxecto informativo EROSKI Consumer recibiu o Premio ‘Medios de Comunicación’ polo seu labor a prol do consumo responsable e pola defensa dos dereitos das persoas consumidoras no ámbito da comunidade autónoma vasca. EROSKI Consumer chega cada mes a máis de 4 millóns de lectores a través da súa revista mensual, que cumpre xa 48 anos, e grazas a

e responsable

canles dixitais de referencia, como a súa páxina web ou os seus perfís en redes sociais: @EroskiConsumer e @eroskiconsumer.

A entrega dos premios celebrouse no Pazo de Congresos de Vitoria-Gasteiz e contou, entre outros, coa presenza do lehendakari, Iñigo Urkullu, e do conselleiro de Turismo, Comercio e Consumo do Goberno Vasco, Javier Hurtado. Por parte de EROSKI acudiron a recoller os galardóns a nosa CEO, Rosa Carabel, e mais o director xeral da Fundación EROSKI, Alejandro Martínez Berriochoa.

OUTUBRO CONSUMIDORES RESPONS S 1€ Un aderezo escindible NUTRICIÓN Innovacións alongantécnicasque avida da omida ata un Saúde COMO ENVELLECER MELLORALONXEVIDADE ONOVO RETODACIENCIA xeta Ouro EROSKI club osegundo dispoñibilidadena enda. COONNS S MIDO erre e n nd d di C CAAR R RN arxxeetta a Ou Our segundo d disspoñ 1€ SAÚDE Diabetes: Psicoloxía VIVIR CUNHA MASCOTA OS BENEFICIOS EMOCIONAIS PARA OS NOSOS FILLOS De balde para socios coa tarxeta Ouro EROSKI club ld aldep alde p de parasoarasocios ara s coa coatarxtarxerxetta ta Ou 2022 A REVISTA DOS CONSUMIDORE SPONSABLES 1€ Guía de compra POBREZA INFANTIL omo úde e mental de millóns de nenos e nenas Esp Antoll NON SÓ AS EMBARAZADAS OS TEÑEN. QUE HAI DETRÁS DELES? ANALIZAMOS AS 10 MARCAS MÁIS POPULARES Moitas graxas, calorías e sal MAIONESAS DebaldeparasocioscoatarxetaOuroEROSKIclub Unha revista ao mes por tar segundo dispoñibilidade na
50
Rosa Carabel, CEO de EROSKI, recolleu o premio. EROSKI Consumer foi premiada no apartado de ‘Medios de Comunicación’. novas

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.