#apapar
Foto: Iván Barreiro
SALMONETE Á GALEGA
EN AUGA E SAL
Auga e Sal abriu as súas portas no ano 2016 na Fonte de Santo Antonio, da man de Alberto Ruiz-Gallardón (fillo). No 2020, tralo confinamento, contrataron un novo xefe de cociña, o compostelán Áxel Smyth, e ao pouco chegaron os recoñecementos. Primeiro foi un Sol na Guía Repsol e, neste 2022, unha Estrela Michelin. “Sorprendente, sen dúbida, pois reflicte unha filosofía ben definida e un amor incondicional polos pratos de culler, os mesmos que dan pé ao seu nome”, dixeron deste restaurante os inspectores da prestixiosa guía.
sobremesas e petit fours. O noso @JuanEAT_o tivo o pracer de probar un destes pratos: o salmonete á galega.
A súa proposta consta dun menú degustación tanto para o servizo de comidas como o de ceas. Este consta de 12 pases, incluíndo snacks, entrantes, principais,
Ademais, a súa cociña atopa o complemento ideal nos viños, seleccionados por Marta Costas, Premio Mágnum como sumiller revelación de Galicia no ano 2019.
| 12 | Pincha |
27
Seguindo a máxima de ‘creatividade ao servizo do produto e produto ao servizo da creatividade’, en Auga e Sal apostan pola materia prima artesá e de máxima calidade. Verduras que proveñen diariamente de hortas locais, peixes salvaxes capturados con artes de pesca sostibles co medio ambiente ou carnes seleccionadas dos mellores provedores conforman a súa despensa.