666 rpm
GL A MOUR NA S D IS CO T A S C A S
A
finais dos anos 90 traballei unha temporada na Feira de Gando de Amio (Compostela). Entraba ás catro da madrugada e o meu choio consistía en limpar camións nos que transportaban animais (cabalos, porcos, vacas, ovellas, cabras, etc.). Unha vez que os pobres bichiños se exhibían na feira, para que os comerciantes os mercasen ou trocasen por outros, os camións ían pasando por un túnel de lavado. É aí é onde entraba eu en operación. Si! O polifacético César Varela, que agora ledes na Pincha, sempre foi un Robot Multiusos, como “Leiro Balai”. Así que, cun sacho na man, limpaba todo o esterco que había depositado nos vehículos. Defecacións e ouriños dos bichiños, durante a viaxe do Cortello á Feira de Gando, para ser máis concreto. E aí foi onde coñecín a Abel. Abel, Javi e máis eu eramos compañeiros de traballo. Logo a min ascendéronme de posto, e no lugar de usar o sacho, pasei a usar “la manguerita”, coma se fose o íntimo amigo de Marcial Dorado.
FOTO: Rubén Martínez
| 14 | Pincha |
28
Cambiando de tema e deixándonos de caralladas,