Revista Pincha 28

Page 22

#apapar

Foto: Iván Barreiro

‘FISH & CHIPS’

EN ARTESANA GASTROBAR

Fai dez anos que o ArteSana Gastrobar abriu as súas portas na compostelá Avenida de Ferrol. Un espazo para almorzar, picar e desgustar unha carta baseada na tradición e na proximidade á xente e á veciñanza. Un local de barrio con pratos modernos e imaxinativos elaborados con produtos de primeira calidade e de tempada.

pola súa proposta apetecible e alcanzable”. Da súa carta destacaron nese momento os lagostinos con chutney e o seu fish & chips de pescada de pincho.

Na páxina web do ArteSana Gastrobar aseguran que o que buscan é “emocionar antes que alimentar”. Estamos seguros de que así o fixeron, por exemplo, nas cinco ocasións nas que gañaron un premio no Santiago(é)Tapas.

Precisamente este prato foi o que puido probar @JuanEAT_o na súa visita a este establecemento que dirixe o chef Álvaro Pérez. Ademais, o colaborador de Pincha tivo a fortuna de tomar tamén o ‘Capuccino’ con produtos do mar co que ArteSana gañou o premio do público do famoso concurso de tapas da cidade no ano 2018.

Ademais, a Guía Repsol incluíuno na súa lista de Soletes, formada por locais que “espertan un sorriso e seducen

Que lle parecerían estes dous manxares? A resposta está na seguinte páxina

| 22 | Pincha |

28


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.