Vaca Pinta 34. Edición en galego

Page 36

ESPECIAL: WORLD BUIATRICS CONGRESS

JOAQUÍN RANZ, PRESIDENTE DO COMITÉ ORGANIZADOR DO WBC

En Vaca.tv

“É necesario baixar ao mundo real, chegar aos veterinarios que pisan as granxas e que fan fronte aos problemas da buiatría no día a día” O presidente da Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España (Anembe), Joaquín Ranz, foi tamén o encargado de encabezar o proxecto de organizar a última edición do World Buiatrics Congress (WBC). Sobre a súa experiencia á fronte deste evento, así como do labor realizado en xeral por Anembe, fala nesta entrevista.

A pandemia obrigou a atrasar esta reunión ata en dúas ocasións. De que maneira lles afectaron estes cambios de datas? Un parón tan grande é un problema que che obriga, en primeiro lugar, a volver revisar os contidos (houbo comunicacións orais que finalmente se retiraron porque xa se presentaran noutros sitios) e a contactar de novo cos relatores, porque non sabes se logo de dous anos queren seguir 36 | Vaca Pinta n.º 34 | 10.2022

adiante coas propostas ofrecidas nun principio ou se están desactualizadas. Despois de todo, os contidos científicos están en constante evolución. Tamén nos afectou a nivel organizativo. Para a Asociación Mundial de Buiatría, que celebra os seus congresos de maneira regular cada dous anos, facer un parón tan grande supuña unha certa desorde e animáronnos a que o fixésemos virtual-

mente, xa que ese tipo de iniciativas proliferaron durante a pandemia e tecnicamente había posibilidades de organizar o congreso de forma telemática, pero non ía acorde coa forma que temos en Anembe de tratar os congresos. O contacto persoal e as relacións sociais sempre tiveron moito peso para nós. E tampouco era o que queriamos para este evento, unha reunión moi importante na que queriamos amosar ao mundo a calidade da nosa buiatría e como contribuíu Anembe, con toda a nosa carteira de actividades, a pola ao nivel no que está hoxe en día. Sempre dixeron que querían imbuírlle ao WBC o espírito dos congresos de Anembe. Conseguírono? Eu creo que si. Na última reunión do equipo directivo díxenlles que fomos unha xunta de plusmarquistas: superamos os máximos de asistencia nos nosos congresos nacionais e para o mundial, que era o gran evento que tiñamos asignado desde que empezamos, sabiamos que sería necesaria unha gran preparación. Desde o primeiro momento estivemos influenciados polo traballo que teriamos que desenvolver aquí e moito do que fixemos estaba orientado a como iamos afrontar o mundial. De feito, a última reunión nacional, que fixemos en Sevilla, a cal contou xa con moitas salas en paralelo, foi unha especie de adestramento para o que ía ser este congreso.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.