A C T U A L I DA D E
Galardoados nos premios Innov’Space
Profesionalidade, internacionalidade e acollemento volveron ser os piares fundamentais de Space 2022 O Salón Internacional de Producións Animais (Space) logrou congregar máis de 90.000 visitantes na celebración da súa 36.a edición, que tivo lugar do 13 ao 15 de setembro no Parque de Exposicións de Rennes (Francia).
O
sector agropecuario recuperou todo o seu calado mundial no Salón Internacional de Producións Animais (Space), despois de dous anos nos que se limitaron considerablemente os desprazamentos dos profesionais estranxeiros. O Parque de Exposicións de Rennes (Francia) volveu ser o escenario para celebrar a 36.a edición, que cultivou un novo éxito coa asistencia de 90.108 visitantes, dos cales 8.406 eran estranxeiros chegados de 120 países. No recinto déronse cita 1.200 expositores, dos que 300 eran internacionais e 250 participaban en Space por primeira vez. Delegacións de todo o mundo reuníronse neste evento e puideron inspirarse en novos modelos organizativos. Asistiron a este salón entidades de África Occidental, Camerún, 74 | Vaca Pinta n.º 34 | 10.2022
República Democrática do Congo, Marrocos, Alxeria, Vietnam e Filipinas, entre outros países. Cabe apuntar que os encontros organizados permitiron iniciar negocios cos principais compradores procedentes de Colombia, Chile, India, Arabia Saudita, Turquía, Marrocos e Nixeria.
O CAMBIO CLIMÁTICO E O TRASPASO XERACIONAL, OS EIXES DESTA EDICIÓN Nun contexto marcado pola seca e o aumento dos custos da enerxía e as materias primas, o Espace for the Future puxo o foco no cambio climático. A través de debates, conferencias, produtos e equipos presentados polos expositores demostrouse que o sector agrícola xa está involucrado en iniciativas que buscan a redución do impacto da gandería no medio ambiente. Así, durante Space
2022 púidose verificar que o sector gandeiro promove solucións fronte aos desafíos climáticos que se presentan. Outra das temáticas centrais deste ano foi o traspaso xeracional, sobre o que se debateu no Espace Jeunes. Esta área foi unha novidade que se implantou en colaboración coas redes de ensino agrícola e foi inaugurada polo ministro francés de Agricultura e Soberanía Alimentaria, Marc Fesneau. O mundo agrícola enfróntase ao gran reto do traspaso xeracional e na feira puxeron en valor a formación agrícola dirixida aos mozos. Estudantes de secundaria gozaron dun espazo no que tomaban a palabra para dar a coñecer as súas expectativas e a súa visión do futuro a través de talleres temáticos. Ademais, puideron manifestar as súas motivacións e exporlle as súas dúbidas ao presidente da rexión de Bretaña, Loïg Chesnais-Girard, quen formou parte dunha das sesións.
O ministro francés Marc Fesneau inaugurou o ‘Espace Jeunes’, a novidade deste ano