ESPECIAL: WORLD BUIATRICS CONGRESS
O World Buiatrics Congress de Madrid, unha edición de récord Anembe, por delegación da Asociación Mundial de Buiatría, foi a encargada da posta en marcha deste congreso, o cal reuniu do 4 ao 8 de setembro na capital española a máis de 3.000 dos mellores veterinarios buiatras do mundo.
A
Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España (Anembe), que reúne a 1.400 veterinarios expertos en gando bovino, foi a encargada de organizar o 31.° Congreso Mundial de Buiatría [World Buiatrics Congress (WBC)] por delegación da Asociación Mundial de Buiatría (WAB), composta por 53 asociacións profesionais de todo o mundo, con máis de 50.000 asociados que desenvolven a súa actividade no ámbito da veterinaria especializada en ruminantes de produción. Esta edición, que tomaba a testemuña da celebrada en Sapporo (Xapón) en 2018, conseguiu bater todos os récords de asistencia, con 3.113 congresistas inscritos de 74 países,
12 | Vaca Pinta n.º 34 | 10.2022
un 26 % máis que a cifra rexistrada na anterior máis concorrida: a celebrada en Dublín en 2016, cuns 2.300 participantes. Durante os seus cinco días de duración interviñeron case un cento de relatores repartidos entre os 24 bloques temáticos do evento, defendéronse un total de 527 comunicacións orais e foron expostos 767 pósteres.
UN CONGRESO MOI AGARDADO O domingo 4 de setembro celebrouse no auditorio do Palacio Municipal de Ifema Madrid o acto de inauguración. No evento tomaron a palabra Joaquín Ranz, presidente do comité organizador; Émile Bouchard, presidente da WAB; Gumersindo de la Riera, presidente do comité cientí-
fico, e Esperanza Orellana, directora xeral de Producións e Mercados Agrarios. Na súa intervención, o presidente de Anembe, Joaquín Ranz, subliñou que, a pesar da situación de pandemia que obrigou a atrasar ata en dúas ocasións a súa celebración, o comité organizador “nunca perdeu o rumbo” e que trataron de imbuírlle a esta reunión “o espírito dos congresos anuais que celebramos en Anembe”. Ensinar o nivel da buiatría española e lograr un congreso que pasase á historia foron os dous obxectivos clave sinalados por Ranz. Pola súa banda, o presidente da Asociación Mundial de Buiatría encomiou na súa quenda o esforzo da organización durante estes anos de preparación: “Fixeron fronte a moitos imprevistos e tivérono máis difícil que comités anteriores debido á situación sanitaria. Este é un congreso moi esperado, era un reencontro moi desexado tras a última edición en 2018”, sinalou Buchard. A continuación, De la Riera presentou o labor que realiza Anembe, asociación que busca ser o nexo entre o ámbito académico e a práctica clínica diaria, e aludiu ao alto nivel técnico do congreso, cun programa