Vaca Pinta 34. Edición en galego

Page 64

A PÉ DE PISTA

En Vaca.tv

Primeiros tips para futuros gandeiros A Federación Frisona Galega (Fefriga), en colaboración co Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia (CXG), puxo en marcha a primeira edición da Escola Iniciación de Futuros Gandeiros, que tivo lugar na Finca La Asunción (A Coruña).

O

s inscritos na Escola Iniciación de Futuros Gandeiros, dirixida a mozos e mozas de entre 8 e 15 anos, recibiron formación teórica e práctica do 31 de agosto ao 2 de setembro en Finca La Asunción (Touro, A Coruña). Para esta primeira edición contaron con Bonet Cid como instrutor principal, quen estivo acompañado por Óscar Castro, María Manteiga, Avelino Souto e María Castro. Tras a benvida e unha visita polas instalacións, os alumnos empezaron coas clases sobre encamado e lavado dos animais, tarefas que repetiron durante as seguintes xornadas. Logo, recibiron instrucións sobre

64 | Vaca Pinta n.º 34 | 10.2022

como pelar os animais e preparalos para un concurso, ademais de formación sobre xenética e touros. Para concluír, realizaron un concurso de manexo non competitivo, no que os instrutores lles explicaron, ante a mirada das familias, os aspectos que deben mellorar. “Aínda que parece moito tres xornadas para estas tarefas, realmente non o son. Con todo, os participantes adquiriron os coñecementos de maneira rápida e satisfactoria. Mostraron moita responsabilidade e un traballo digno”, destacou Cid. Esta primeira edición foi un éxito, posto que se cubriron todas as prazas ofertadas e mesmo hou-

Os mozos prepararon os animais para saír á pista

Na última sesión fixeron unha exhibición para as familias

Durante as xornadas recibiron formación teórica

bo persoas que quedaron fóra, polo que xa prevén organizar novas edicións.

O que teñen claro dende a organización é que o sector agrogandeiro ten futuro.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.