O LEITE
DAVID FERNÁNDEZ, DEPORTISTA PARALÍMPICO
En Vaca.tv
“Os lácteos da miña dieta son intocables os 365 días do ano” O tinetense David Fernández fíxose un merecido oco na elite dos deportistas paralímpicos, aínda que, quizais, dentro do noso sector siga sendo habitual asocialo ao nome da explotación familiar: Manolero. Sobre o papel dos lácteos na base da súa alimentación de atleta falou nesta charla.
C
onta David que os dous valores fundamentais que ten na súa vida llos transmitiron os seus pais. De súa nai di aprender a ver o vaso sempre medio cheo, mentres que de seu pai herdou a perseveranza e o espírito de traballo. Os seus proxenitores son os propietarios da gandería Manolero (Mirallo de Arriba, Tineo, Asturias), unha explotación cuxo nome é moi habitual nos concursos frisóns. Pensando nestes certames aos que o protagonista desta reportaxe non é alleo, preguntámonos se non sairía de aí o afán competitivo que o levou ata onde está hoxe en día: “O meu pai empezou cunha gandería moi pequena, pero sempre foi moi com-
petitivo e iso axudou a que fose crecendo aos poucos, buscando ter bos animais e mellorar xeneticamente, o que fixo que hoxe en día teña unha moi boa gandería no sector leiteiro”, relata. “Creo que iso, ese espírito de superación, mo transmitiu a min e é un dos valores que se necesitan no deporte, xa que sempre estás a pelexar contra unhas marcas que tes que superar para mellorar”, valora. A súa vida agora está enfocada no deporte de alto rendemento –leva dez anos practicando lanzamento de peso, no seu historial deportivo destacan un cuarto posto nun europeo e unha novena posición nun mundial e está a traballar para poder competir nos Xogos de Toquio– pero, no en-
tanto, a súa vida continúa inevitablemente ligada a este sector: “Primeiro debido ao accidente e, despois, polo deporte, aparteime do mundo dos concursos de gando e xa non estou todo o tempo que quixera aquí, na aldea, xa que viaxo moito polos adestramentos e as competicións, pero, sempre que podo, gústame vir a casa a ver a meus pais e á miña irmá, que son os que están actualmente coa gandería”, sinala.
O TRIÁNGULO PERFECTO “Cando empecei a facer deporte, eu só pensaba en adestrar, adestrar e adestrar, pero canto máis arriba chegas, as condicións para ir a máis cada vez son máis difíciles e dáste conta de que o triángulo de alimentación, descanso e adestramento ten que ser perfecto porque, se non, non podes progresar”, explica. “O noso corpo en teoría está continuamente creando nova fibra, xerando masa muscular para gañar a potencia que necesitas para lanzar a bóla, para seguir mellorando e para soportar a carga de adestramento sen lesións; entón a alimentación é
14 | Vaca Pinta n.º 24 | 05.2021
vp024_eslaleche_davifernandez_galego_sabe.indd 14
27/5/21 15:56