A C T U A L I DA D E
O III Encontro Gandeiro Galicia-Israel retransmitiuse en vivo en Vaca TV
En Vaca.tv
A organización de contidos da conferencia, celebrada o 25 de marzo, contou coa intervención de responsables técnicos israelís. No evento, emitido a través de Vaca TV, tamén participaron profesionais do sector lácteo español.
O
s relatores que formaron parte do encontro foron Ronen Feigenbaum, enxeñeiro de Alefbet, representante do Departamento de Agropecuaria e Instalacións Agrícolas do Ministerio e experto no deseño e construción de explotacións leiteiras por todo o mundo, e Gabo Altmark, director xeral da granxa do Kibbutz de Zikim, a cal conta con 1.500 cabezas de gando. Tamén participou Daniel Werner, xefe do Departamento de Relacións Exteriores e Cooperación Internacional do Ministerio de Agricultura israelí. Exerceu como moderador do acto o xornalista da Televisión de Galicia Andrés Pavón.
HOF HASHARON, UNHA SAT ISRAELÍ Baixo o título “Máis produción, máis beneficio”, na súa intervención, Feigenbaum explicou a súa experiencia na construción das instalacións de Hof HaSharon –onde se unificaron tres ganderías individuais, cunha fórmula parecida á das SAT en España– e falou das melloras obtidas en canto a saúde animal e á cantidade e calidade do leite. As técnicas para combater o impacto da calor, a ventilación, o uso eficiente da enerxía e a auga, a distribución eficaz de cada departamento e a selección de materiais construtivos foron os puntos clave para alcanzar esa mellora de resultados. Así,
conseguiron pasar dunha media de 10.453 kg/vaca/ano nas granxas individuais ata os 13.113 kg/vaca/ano despois da fusión e do paso ás novas instalacións. Tamén melloraron o beneficio de 0,29 schegels/litro a 0,72 schegels/litro, é dicir, un 120 % máis; todo co mesmo número de vacas e de traballadores.
ZIKIM, A MAIOR GRANXA LEITEIRA DE ISRAEL Pola súa banda, Gabo Altmark presentou no seu relatorio “O manexo do rabaño no século XXI” o funcionamento da explotación que dirixe en Zikim, a de maior dimensión de Israel, e sinalou que as novas tecno-
28 | Vaca Pinta n.º 24 | 05.2021
vp024_actualidade_israel_galego_SABE.indd 28
27/5/21 12:15