Vaca Pinta 24. Edición galego

Page 42

FORMACIÓN

Novos retos para a formación dos futuros gandeiros A dixitalización constante do sector gandeiro, a estrita lexislación sobre protección ambiental e produción sostible e as esixencias cada vez maiores en canto a benestar animal marcan o día a día dos centros de formación de futuros profesionais, que demandan novos coñecementos e estudos moito máis multidisciplinares.

P

ara sobrevivir de xeito eficiente no sector da gandería de vacún de leite de hoxe en día é indispensable formarse e ter coñecementos de todas as áreas que implica unha granxa. Tan só aqueles profesionais mellor formados, que conten cos técnicos de campo máis especializados, lograrán cumprir coas esixencias de mercado que se antepoñan, coas obrigas sobrevidas da produción sostible e coas demandas dun consumo cada vez máis rigoroso co benestar animal. Desde principios de século a formación xirou cara a unha metodoloxía máis dual e faise cada vez máis necesario que os alumnos poñan en práctica durante o seu período formativo o abordado nas aulas. Falamos co responsable do Grao Superior de Gandería e Asistencia en Produción Animal no Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa, Constante Lorenzo, quen explica que “o alumno de agora debe ser o protagonista da súa formación, nós

intentamos acercar o alumno á vida real das ganderías, ao seu futuro medio profesional”.

MAIORES INQUIETUDES Non só se notan cambios nesa necesidade dual da formación senón que os alumnos que se interesan por este tipo de estudos teñen perfís diferentes e maiores inquietudes. “Actualmente –especifica Lorenzo– estanse incorporando alumnos que veñen de bacharelato, ese é un estudante que ten máis inquietudes, unhas ideas máis preconcibidas, e cuestiónase todo máis”. A orixe destes alumnos tamén mudou, se ben hai anos a maioría deles adoitaban ser fillos de gandeiros, agora parece que os rapaces das cidades ven no rural unha posibilidade de futuro e de desenvolvemento persoal. “O 50 % dos alumnos que recibimos provén de zonas rurais e o outro 50 %, de áreas urbanas, o que creo moi enriquecedor”, engade Constante Lorenzo.

42 | Vaca Pinta n.º 24 | 05.2021

vp024_formacion_novosRetos_galego_sabe.indd 42

27/5/21 11:28


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.