fonteboa
FORMACIÓN
centro de promocion rural - efa Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional
Oferta formativa en Fonteboa Coñecemos en profundidade os programas de traballo, a metodoloxía de formación e as saídas profesionais dos dous graos máis relacionados coa produción de leite que se ofertan a día de hoxe no Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa.
O
obxectivo principal deste centro de formación, situado na localidade coruñesa de Coristanco, é a promoción do medio rural a través da formación das persoas, isto é, capacitalas para que emprendan no propio territorio coa posta en valor das súas potencialidades. No referente á produción de leite a súa oferta inclúe dous graos moi relacionados con este sector: o Grao Medio de Produción Agropecuaria e o Grao Superior de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal.
GRAO MEDIO DE PRODUCIÓN AGROPECUARIA
Perfil do alumno Este grao medio vai dirixido a alumnos que lles guste traballar e estar en contacto con animais, que sintan paixón pola maquinaria agrícola, que teñan a intención de ser a substitución xeracional da explotación familiar ou que estean interesados en acceder ao grao superior. Como se accede Pódese acceder a este grao medio a través dunha proba de acceso e co título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O período de matrícula para as
30 prazas dispoñibles cada ano ábrese sempre sobre finais de xuño. Metodoloxía da formación O que fai diferente á EFA Fonteboa é a súa metodoloxía educativa, a Alternancia, que supón un cambio radical de perspectiva respecto ao sistema convencional. Consiste na combinación de períodos de formación na escola con outros de formación no medio profesional, nunha formación profesional dual. A maiores, contan con visitas de estudo, conferencias de profesionais, cursos técnicos... O obxectivo é que os alumnos estean en contacto co maior número posible de técnicos do sector. Programa O currículo impartido é o oficial publicado no Diario Oficial de Galicia. As clases son en horario de 9:00 h a 18:30 h, cóntase con dous meses de prácticas en empresas e con tres meses de Erasmus en Francia. Saídas profesionais As saídas que permite este grao son variadas, pero todas relacionadas co coidado dos animais, o traballo en granxa ou con maquinaria agrícola.
GRAO SUPERIOR DE GANDERÍA E ASISTENCIA EN SANIDADE ANIMAL
Perfil do alumno Ademais dos alumnos apaixonados polos animais e fillos de gandeiros, o perfil que demanda este grao responde a estudantes que teñen en mente continuar estudando Veterinaria, que teñen grande afección polo mundo equino ou que queren traballar como auxiliar de veterinaria. Como se accede Existen tres vías posibles: bacharelato, grao medio da mesma familia ou outros graos superiores. As 20 prazas dispoñibles cóbrense en función dos diferentes expedientes dos alumnos. O período de matrícula empeza a finais de xuño. Metodoloxía da formación Segue, como o grao medio, a metodoloxía da Alternancia, coa combinación de períodos de formación na escola e en empresas. Inténtase realizar tamén o maior número posible de visitas e contactos con profesionais do sector. Programa O currículo impartido é o oficial publicado no Diario Oficial de Galicia e as clases son en horario de mañá, de 8:30 h a 14:00 h. Durante o primeiro curso deste grao realízase un mes de prácticas en empresas e dous meses de Erasmus en Irlanda. No segundo ano desenvólvense varias etapas de Alternancia en empresas, ademais de ter a opción da Formación Pro-
48 | Vaca Pinta n.º 24 | 05.2021
vp024_publi_fonteboa_galego.indd 48
27/5/21 11:37