COUSAS DE - Revista Nº7

Page 28

REPORTAXE

Foz do río Miño en 1892 coa ubicación da Ínsua e Caminha.

AS FORTALEZAS DA RAIA MIÑOTA (I) O SISTEMA DEFENSIVO CAMINHA-A ÍNSUA-A GUARDA O MIÑO FICOU DOMINADO POLAS FORTIFICACIÓNS DESDE A IDADE MEDIA CANDO A HISTORIA DECIDIU QUE O RÍO DIVIDIRÍA DOUS REINOS PERO NON SEPARARÍA A PAISAXE. O CERTO É QUE O TERRITORIO OCUPARÍASE CON TORRES E CASTELOS DESDE O SÉCULO XIII PERO HABERÍA UN MOMENTO NO QUE A CONTORNA FICARÍA TRANSFORMADA CO LEVANTAMENTO DE FORTALEZAS, BALUARTES E TRONEIRAS PARA OS CANÓNS. A GUERRA DE RESTAURACIÓN DA MONARQUÍA PORTUGUESA (1640-1668) DESEÑARÍA O COMEZO DA MUDANZA DA PAISAXE MIÑOTA, PAISAXE QUE SEGUIMOS A OBSERVAR NOS NOSOS DÍAS. Texto e mapas: Suso Vila, Dr. en Historia da Arte Fotos: Arquivo Ed. Basan

28 cousas de

No caso da Guarda e Camiña daríanse algunhas particularidades a destacar. Mentres a vila portuguesa non padecería os efectos directos da guerra non sufrindo ataques en toda a contenda, A Guarda sería ocupada e tomado o seu castelo en 1665. Pero resulta curioso que no urbano Caminha construise novas murallas, baluartes e fosos que protexeran a vila medieval e os seus barrios extramuros mentres que A Guarda non modernizaría a súas defensas. A única concesión sería a construcción do castelo de Santa Cruz entre 1663-1664 deseñado polos irmáns Carlos e Fernando Grunnenberg. E aínda así o forte guardés tería unha serie de defectos na súa edificación e ubicación que despois da guerra, en 1668, se pensaría no seu derrubo, feito que finalmente non se produciría. Entrada ao Castelo deSanta Cruz na Guarda


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.