AXENDA
A GUARDA HORARIO DE INVERNO NA REDE DE MUSEOS O Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT) abrirá as súas portas de martes a domingo en horario de 10:00h a 18:30h O Museo do Mar, sito no final do paseo marítimo, estará aberto as fins de semana e festivos en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz pecha as súas portas ata a vindeira primavera, quedando aberto o espazo público deste recinto fortificado.
CANGAS PROGRAMA: Sábado, día 28 10.30 - Recepción congresistas. 11.00 - Acto inagural do XI CONCRESO GALEGO DE CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS, coa participación do Alcalde Don Xose Manuel Pazos Varela. 11.30 - Primeira sesión de relatorios encol de Cerviño. 14.00 - Xantar. 16.30 - Segunda sesión de relatorios. 20.30 - Final de relatorios. Domingo, día 29 09.30 - Tercera sesión de relatorios. 13.30 - Remate do Congreso e comida de fraternidade.
TUI O MES DE OUTUBRO AINDA PODEN VISITARSE OS SAMBENITOS NO MUSEO DIOCESANO Os Sambenitos atopados nos anos 80 na Catedral de Tui, pezas destacadas do patrimonio xudeu tudense, poden visitarse ata finais de outubro no Museo Diocesano. No terceiro andar do edificio expóñense cinco lenzos cos 14 sambenitos dos que 10 son os orixinais e 4 son copias, xa que os orixinais atópanse agora no Museo Catedralicio. O Museo Diocesano, situado no antigo Hospital de Pobres e Peregrinos, na praza do Concello, custodia valiosas pezas do patrimonio tanto de Tui coma da comarca do Baixo Miño. No mes doutubro pode visitarse de luns a venres en horario de 11 a 14h. o previa cita. O Museo Diocesano acolle tamén outras pezas vinculadas á cultura xudía coma é o caso da cruz parroquial do Porriño do século XVII do prateiro converso Joâo de Sousa. Forma parte da colección de pratería onde destaca tamén a cruz parroquial de Mos. 56 cousas de