Autóctonas Galegas 14

Page 10

10

ENTREVISTA

RUBÉN JORDEDO CRIADOR DA RAZA GALIÑA DE MOS

“HAI QUEN DI QUE A GALIÑA DE MOS PON MENOS, PERO A MIN DÁME IGUAL, PORQUE OS OVOS SON DE MELLOR CALIDADE” No lugar de Penagudín, en Vila de Cruces (Pontevedra), atópase a explotación de Galiña de Mos Granxa Pitagudín, da que se ocupa Rubén Jordedo, un mozo amante das razas autóctonas e de todo o que teña que ver con Galicia e co mantemento do noso medio rural e as nosas tradicións. Por que te decantaches por esta raza? Eu xa levaba anos criando pitas e, ademais, na miña casa sempre houbo algunha Galiña de Mos que tiñan os meus avós. Un día decidín aumentar a cantidade, porque eu estou comprometido cos animais autóctonos, cos produtos autóctonos e con todo o que teña que ver coa nosa terra e cos nosos costumes. Son moi teimudo niso e sempre vou tirar nesa liña; de feito, hai quen me di que a Galiña de Mos pon menos, pero a min dáme igual, porque os ovos son de mellor calidade. Autóctonas Galegas Número 14

Canto tempo levas con esta actividade? Empecei xusto antes do inicio da pandemia, así que haberá dous anos, máis ou menos. Eu traballo nunha fábrica de queixos, pero na miña casa, ata hai uns anos, sempre houbo vacas e eu vía fincas arredor que estaban sen traballar e polas que incluso había que pagar para mantelas. Foi a raíz diso que decidín poñerme coas galiñas, facer aquí a granxa e adecuar unhas parcelas para dedicalas a esta actividade. Cantos exemplares tes na actualidade? Uns cento vinte en total.

Como é a cría destes animais? A cría iníciase coa incubación do ovo, é dicir, as galiñas poñen os ovos e nós incubámolos ata o nacemento dos pitiños; logo alimentámolos con millo que cultivamos na propia finca e, se non nos chega, mercámosllelo aquí a uns veciños que sabemos que o botan da mesma forma ca nós. Ademais, a miña nai traballa nunha panadería e dámoslles pan que trae ela, así como restos de queixo que traio eu, e basicamente esa é a súa alimentación. Na época de posta si que lles suplementamos con algo de penso, pero a alimentación


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.