Autóctonas Galegas 14

Page 14

14

ENTREVISTA

MARÍA JOSÉ CASTRO CRIADORA DA RAZA GALIÑA DE MOS

“EU SON DA ANTIGA USANZA, GÚSTAME FACER AS COUSAS COMO AS FACÍAN AS NOSAS AVOAS, DO XEITO MÁIS ARTESANAL POSIBLE” O anterior traballo de María José non lle permitía pasar todo o tempo que quería cos seus fillos, daquela aínda en idade escolar. A raíz desa circunstancia decidiu probar sorte no rural e desenvolver un proxecto ao redor da Galiña de Mos e as súas producións. Hoxe en día vive unicamente da súa explotación de avicultura artesanal Castro de Madrosende, situada en Toiriz, no concello pontevedrés de Vila de Cruces. Como te introduciches nesta actividade? O meu proxecto xorde nun momento no que eu tiña nenos en idade escolar que requirían moito da miña presenza e a confección, que era o sector no que traballaba, estaba daquela maneira, así que, como a min sempre me gustou o rural, apostei pola Galiña de Mos e máis concretamente polo ovo. Durante dous anos compaxinei as dúas actividades, pero logo chegou un momento no que tiña de decidirme por unha cousa ou pola outra e decanteime por isto. Por que apostaches pola raza Galiña de Mos? Decidinme por ela porque é unha raza en perigo de extinción e porque non quería algo industrial senón artesanal. Eu digaAutóctonas Galegas Número 14

mos que son da antiga usanza, gústame facer as cousas como as facían as nosas avoas, aínda que realmente é imposible, pero intento ir nesa liña, facer as cousas do xeito máis artesanal posible. Cando empezaches? Empecei no ano 2012 a tempo parcial e, desde o 2014, dedícome a isto a xornada completa. Cantos animais tes na actualidade? Nestes momentos ando nuns seiscentos exemplares en total. Cómpre explicar que teño dous REGA, porque a normativa da avicultura artesanal nos limita moito a produción anual e cun só non me chegaría; entón teño unha explotación na casa e outra moi preto e procuro

case sempre ter o cupo completo tanto de galiñas para a posta de ovo como de animais para a ceba. Como é a cría destes animais? No meu caso, os poliños non nacen aquí senón que os traio cun día de vida. Téñoos encerrados aproximadamente un mes ou mes e medio comendo penso de arranque e a partir de aí empezan a saír ao aire libre e introdúceselles outro tipo de alimentación. Basicamente é unha cría ao aire libre; ábrolles pola mañá e están sobre herba ata a noite, que dormen cerrados. A alimentación é a base de cereais, millo que recollo eu na explotación e trigo, ademais de verza e outras hortalizas que haxa en cada momento.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.