16
ENTREVISTA
XOÁN GONZÁLEZ CRIADOR DA RAZA OVELLA GALEGA
“COA OVELLA GALEGA CONSEGUÍN TER MENOS ENFERMIDADES, MENOS TRABALLO E UNHA CARNE DE MOITA MÁIS CALIDADE” O ourensán Xoán González, nado en Vilariño de Conso, apostou por vocación pola gandería hai sete anos e, a día de hoxe, mantén no concello veciño de Viana do Bolo unhas 450 ovellas galegas que forman o rabaño de Granxa A Ciruxana. Falamos con el de como é a súa cría, das bondades da súa carne e dos piares da súa comercialización. Como te adentraches nesta profesión? Na miña casa había vacas e vendéronse as últimas cando tiña catro anos, pero o meu avó atendía algún prado e eu sempre ía con el. Gustábame o tema xa daquela. Cando rematei o bacharelato, fixen o Ciclo Superior de Dirección e Xestión de Empresas Agropecuarias e, ao finalizar, co apoio familiar, empecei a comprar ovellas e a arrendar algunhas terras. Cando vin que me gustaba e que isto tiña futuro, pedín a incorporación e empecei a funcionar. Considérome gandeiro por vocación. Autóctonas Galegas Número 14
Por que te decantaches por esta raza? Hai sete anos que formei a granxa, pero con outras razas, con ovellas castelás e algún cruzamento. Nin o sabor nin a calidade da carne era o que eu buscaba e os animais non se adaptaban ao meu manexo nin aos meus terreos. Tiven un montón de problemas con enfermidades, moitísima carga de traballo… ata que comecei coa Ovella Galega. Con ela conseguín ter menos enfermidades, menos traballo e unha carne de moita máis calidade. Nós notámolo na casa. Antes, coas cas-
telás comiamos dous cordeiros no ano e, desde que temos Ovella Galega, é raro que no mes non comamos medio cordeiro. O sabor é excelente, entón… nótase a diferenza. Como foron os inicios? Empecei cun lote de 200 ovellas e os inicios foron moi duros, porque, a pesar de ter o ciclo, a formación foi toda centrada no vacún de leite intensivo e tiven que aprender a base de proba e erro. Asistín a varios cursos e aprendín a facer o manexo rexenerativo e a traballar