Autóctonas Galegas 14

Page 18

18

ENTREVISTA

GEMMA SAN PEDRO CRIADORA DA RAZA CABRA GALEGA

“SE VOLVESE NACER CEN VECES, CEN VECES SERÍA CABREIRA” Cabuxa Natur é o nome da explotación de caprino en ecolóxico posta en marcha en 2011 pola barcelonesa Gemma San Pedro en Borreiques, no concello lucense de Guntín. Conversamos con ela sobre as orixes do proxecto, o manexo das cabras e o seu día a día, así como sobre a comercialización dos cabritos e as claves de rendibilidade do negocio. Como xorde este proxecto? Presentáronseme na vida estes recursos [refírese ao terreo] e, tras barallar varias posibilidades de que proxecto podería pór aquí en marcha, escollín o do gando caprino, pois considerei que era o que mellor se adaptaba á forma en que quería producir, sen depender da compra de insumos externos e en maior equilibrio cos recursos que tiña aquí. Estabas ligada ao campo con anterioridade? Para nada. Eu nacín en Barcelona e vinme vivir a Lugo xa de grandiña, pero sempre estudei en relación co campo e co monte. Como foron os inicios? Empecei de moi negativo… Isto era peor que unha xungla e, como digo sempre, despois de once anos no cero estou agora, que é cando empezo a ver os froitos do meu traballo. Ata este momento o pouco que xera, porque a rendibilidade deste negocio é un fío moi fino, tíveno Autóctonas Galegas Número 14

que volver investir en pechar fincas, encalar, rozar…, pero agora véxoo todo moito máis positivo, estou do cero cara arriba! Por que te decantaches pola Cabra Galega? É que non concibo traer unha raza doutra rexión! Por lóxica, o animal que mellor se vai adaptar é o autóctono de aquí e a verdade é que, a medida que fun recriando, si fun notando diferenzas entre as mestizas e as puras no sentido de dureza ante unha ferida ou unha infección, de que son moi boas nais… Con cantos animais empezaches e cantos tes agora? Empecei cun rabaño que trouxen de Celanova de 170 animais, dos que seis eran de Cabra Galega, e na actualidade teño uns 300, dos que uns 225 son puros. Como é a cría destes animais? Pois moi complicada e moi dura. Non é fácil sacar un cabrito adiante e tampouco

o é levalo á fase adulta; require moitísimo tempo, esforzo e sacrificio. A cabra ten a fama de ser moi dura e de que se pode ter en calquera sitio comendo o que sexa, pero nada máis lonxe da realidade, e sanitariamente tamén son moi delicadas, hai que ter moito control e estar moi enriba delas. Coas cabras sempre hai que actuar en prevención; se vas cando xa está mal, esquécete. En que se basea o teu sistema de produción? Depende da época do ano en que nos atopemos. Neste momento [falamos con Gemma a mediados de novembro] xa vendín toda a produción e xa teño a recría que vou incorporar ao rabaño, así que agora é mantemento. Estou en réxime semiextensivo: recollo os animais para durmir, xa que se os tivese fóra probablemente tería moitas máis baixas por ataques, e, polo día, ata primeira hora da tarde están dentro das fincas, no pasto, e pola tarde facemos pastoreo no monte, porque para a cabra é imprescindible comer vexetación leñosa.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.