Autóctonas Galegas 14

Page 28

PORCO CELTA

28

INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN NA RAZA PORCO CELTA

G.O. FORESCELTA: XESTIÓN DE PRECISIÓN EN EXTENSIVO DE GANDO PORCINO DO TRONCO CELTA EN BOSQUES CADUCIFOLIOS IBEROATLÁNTICOS

A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) forma parte do Grupo Operativo Forescelta, un proxecto supraautonómico destinado á execución de estudos innovadores no manexo das razas porcinas de tronco celta en Galicia e Asturias en condicións de manexo extensivo mediante o uso de sistemas automatizados e dixitalizados. Fomentar prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dentro dos sectores agrícola e forestal, levando a cabo actividades que mitiguen o cambio climático, é o obxectivo central da iniciativa. O pastoreo de gando nos montes é unha práctica ancestral, que inclúe ao gando porcino e foi especialmente importante na zona iberoatlántica. A diminución de efectivos dende a década dos 50 foi menor no caso do tronco mediterráneo (que ocupa a metade oeste e sur da península ibérica), favorecendo a conservación en réxime extensivo ou semiextensivo dun número significativo de individuos debido á importancia económica dos produtos que se obteñen destes. Neste senso, hai numerosos estudos do tronco mediterráneo, o seu medio forestal, as Autóctonas Galegas Número 14

devesas e as relacións entre eles, onde se tratan múltiples aspectos do medio ambiente, do manexo do gando, da produción e da calidade de carne. Pola súa parte, sobre os ecosistemas caducifolios atlánticos existen traballos que tratan sobre diversos aspectos destes, como chans forestais, a autoecoloxía do carballo e do castiñeiro, a silvicultura e a produción forestal, a composición florística e a produtividade do sotobosque en masas naturais… pero os estudos sobre o efecto do pastoreo de porcos neste tipo

de ecosistemas son escasos e, ademais, os poucos traballos que hai son sobre animais criados en réxime intensivo ou semiextensivo e con alimentación ad líbitum.

AS POSIBILIDADES DE CRÍA DO PORCO DE TRONCO CELTA, UN CAMIÑO PARA EXPLORAR

En Galicia e Asturias, o número de explotacións de porco do tronco celta está a aumentar, pero existe un notable descoñecemento das posibilidades destes sistemas silvopastorís e das relacións destes


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.