COUSAS DE - revista Nº5

Page 20

REPORTAXE

A PONTE INTERNACIONAL DE TUI: 134 ANOS UNINDO A FRONTEIRA

1886 foto Zagala_coleccionJavier Rivadulla

O CONCELLO DE TUI RECLAMABA DESDE 1874 UNHA PONTE SOBRE O MIÑO QUE ENLAZASE AS DÚAS VÍAS FÉRREAS EN CONSTRUCCIÓN A UN LADO E OUTRO DA FRONTEIRA. A CÁMARA MUNICIPAL DE VALENÇA PARTICIPARÍA TAMÉN DESTA REIVINDICACIÓN ACCEDENDO A CREAR UNHA COMISIÓN MIXTA ENTRE OS DOUS MUNICIPIOS PARA PRESIONAR AOS GOBERNOS PARA QUE SE LEVASE A CABO A OBRA DA PONTE. Por Suso Vila, Doutor en Historia da Arte

Probas 1885 20 cousas de

No ano 1879 presentaríase no ministerio de Fomento un proxecto de Ponte sobre o Miño obra do enxeñeiro Pelayo Mancebo. O senador de Tui Lorenzo Cuenca tiña insistido nos despachos madrileños xunto co deputado Ezequiel Ordóñez para que o proxecto se convertise en realidade. Aínda que hoxe en día a Ponte entre Tui e Valença a vexamos como unha infraestrutura necesaria e a súa construcción un feito natural o certo é que no século XIX as cousas non estaban tan claras e máis nun territorio pobre e sen apenas industria como Galicia e Norte de Portugal. A insistencia de Lorenzo Cuenca faría posible que entre Madrid e Lisboa se dese un acordo que levase o proxecto de Pelayo Mancebo adiante. As obras comezarían a finais de 1881, dirixidas polo enxeñeiro portugués Augusto Luciano S. de Carvalho, contando cun prazo de execución de dous anos para ser finalizado no ano 1884. A inauguración oficial produciríase o 25 de marzo de 1886 despois dos traballos de resistencia pero tamén dos problemas que a epidemia de cólera de 1885 implicaron para o retraso da apertura da ponte. Na inauguración as autoridades serían trasladadas nas locomotoras “Alfonso XII” e “Valença”. Segundo as crónicas da prensa galega o número de espectadores e curiosos chegaría aos 20.000. O principal interese da ponte sobre o Miño era o ferrocarril, a comunicación rápida e moderna que permitiría o despegue económico do territorio. Pero este foco sobre o ferrocarril e o seu impacto económico ficaría inmediatamente marxinado, o ferrocarril entre Galicia e Portugal sería un claro fracaso económico, unha testemuña de que non só se precisan as infraestruturas para unir tamén a vontade para comunicarse.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.