COUSAS DE - revista Nº5

Page 34

DESTINO GALICIA

DE NIGRÁN A TUI EN AUTOCARAVANA E POLA COSTA

E C José Mª Ribas Noguera O sur das Rías Baixas ofrece ao autocaravanista un territorio pouco coñecido e frecuentado pero cheo de atractivos de toda índole, dende praias como as do municipio de Nigrán ou Baiona, gastronomía, historia, mar e montaña, enoloxía etc. Teñen interese para o viaxeiro en autocaravana os servizos que se poden atopar na zona, é dicir, áreas de servizo con abastecemento de augas limpas e desaugadoiro de usadas, áreas con pernoita permitida e outros.

Hai cámpings en Nigrán, Baiona, Oia(2) e na Guarda, calquera buscador de móbil pode atopar o que máis interese, pero ningún deles ten unha área de servizo sen entrar no propio cámping. O Muiño ofrece tarifas reducidas para facer pernoita con servizo de cambio de augas. Fóra dos cámpings hai áreas de servizo nas estacións de servizo de Baiona (Repsol) e da Guarda ( Petronor).

Lugares interesantes para pernoitar sen entrar en cámpings poden ser os aparcadoiros públicos onde os concellos o permitan ou en lugares como restaurantes ou adegas. O Concello de Nigrán está a traballar na instalación dunha área de pernoita e servizo na zona das dunas de Gaifar pero non está en funcionamento aínda. En Baiona, o concello non parece ter interese na construción dunha área que de servizo aos autocaravanistas, parece ser que o cámping de praia Ladeira presiona para que isto sexa así, de todos os xeitos no outeiro de Santa Marta no Burgo adoita haber certa permisividade. 34 cousas de


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.