REPORTAXE
MEDIO SÉCULO DA CLASE OPTIMIST EN GALICIA O XOGUETE DE RÚA QUE SE CONVERTEU EN BARCO PARA OS MÁIS PEQUENOS E Rosana Calvo C Arquivo do MRCYB e cedidas por Javier de la Gándara, César Casqueiro e Tomás R. de Robles CINCO DÉCADAS DESPOIS DE ORGANIZAR POR PRIMEIRA VEZ EN GALICIA UNHA COMPETICIÓN REXIONAL DE OPTIMIST O MONTE REAL CLUB DE YATES CELEBROU O PASADO MES DE FEBREIRO EN BAIONA A 50ª EDICIÓN DO CAMPIONATO GALEGO DA CLASE O Monte Real Club de Yates de Baiona conmemorou a finais de febreiro o medio século de vida da clase Optimist en Galicia, celebrando a quincuaxésima edición do Campionato Galego que o propio club acolleu por primeira vez en 1970. A bordo do “Canario” e o “Tartaruga”, os irmáns José e Javier de la Gándara resultaron gañadores (primeiro e segundo respectivamente) daquela primeira edición, que se disputou os días 22 e 23 de agosto de 1970 baixo o nome de “I Regatas rexionais Optimist – Campionato Galego”. 17 novos regatistas da Escola de Vela da Foz, o Real Club Náutico de Sanxenxo, o Real Club Náutico de Vigo, o Club Náutico de Panxón e o propio Monte Real reuníronse durante aqueles dous días de verán na baía baionesa para disputar varias probas nun campo triangular de percorrido olímpico.
O Tortuga e o Canario dos Gándara e o Eolo de Casqueiro. Foto do arquivo de Cesar Casqueiro
O presidente do MRCYB do 71 ao 73 Carlos Zulueta de Haz entregando un premio a César Casqueiro. Foto de arquivo de Cesar Casqueiro
40 cousas de