MEDIO AMBIENTE
A PÍLLARA DAS DUNAS, UNHA ESPECIE VULNERABLE NO ESTEIRO DO MIÑO E Manuel Sobrino Senra C Luis Dorado
Recentemente, tiven a inmensa fortuna de participar nunha xornada de anelamento científico de píllara das dunas nas praias do norte portugués. Concretamente, nas dunas de Moledo e Vila Praia de Âncora, onde aínda atopa esta especie a extensión e tranquilidade suficientes para sacar adiante aos seus valiosos pitos. Ter o futuro dunha das aves máis ameazadas de España nas túas mans e unha enorme responsabilidade, á vez que unha experiencia incrible. Afortunadamente, non recaía en min esa pesada lousa, senón sobre o experto ornitólogo e bo amigo José Arcas, quen tivo o detalle de mostrarme os avances acadados no marco do ‘Projeto Borrelho’, desenvolvido pola Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM) en colaboración con diversas entidades alén da Raia. Observando o laborioso traballo de marcaxe e seguimento dos pitos e o estresante que debe ser para eles a súa necesaria captura e manipulación, non puiden deixar de sentir certa pena o pensar como puidemos chegar a esta situación; como a supervivencia das derradeiras 70-80 parellas que restan en Galicia depende enteiramente da boa vontade dun puñado de homes e mulleres para protexelas. En realidade, o destino da píllara das dunas está nas nosas mans... Só a sensibilidade e colaboración de todos os cidadáns logrará afastar a esta especie do abismo da extinción. As causas do seu dramático declive na práctica totalidade da súa área de distribución en España hai que buscalas na rápida transformación dos hábitats costeiros nos que vive: limpeza mecánica de praias, urbanismo salvaxe, molestias derivadas dos intensos usos recreativos nestes espazos, cans soltos, eliminación de vexetación dunar... son só algunhas das graves perturbacións que comprometen o futuro desta icona da nosa avifauna. E o esteiro do Miño non é alleo a ningunha delas. 46 cousas de
Pito de píllara das dunas
Xornada de anelamento de pitos de píllara das dunas en Vila Praia de Âncora, Portugal
Valado de protección que avisa da presenza dun niño