REPORTAXE
AS FORTALEZAS DA RAIA MIÑOTA (2) O SISTEMA FORTIFICADO SALVATERRA-MONÇÃO A PROCLAMACIÓN DO DUQUE DE BRAGANÇA COMO REI JOÃO IV EN 1640 MUDARÍA AS RELACIÓNS ENTRE AS RIBEIRAS DO MIÑO. A GUERRA LEVARÍA A CAMBIOS PROFUNDOS QUE AFECTARÍAN DE FORMA MÁIS GRAVE A SALVATERRA.
E C: Suso Vila, Dr. en Historia da Arte As tropas portuguesas do conde de Castelo Melhor entrarían en Salvaterra o 1º de xullo de 1643. Seica non era unha gran sorpresa este movemento toda vez que a maioría dos veciños e incluso os freires franciscanos do convento de San Diego fuxiran o día anterior. O gobernador Francisco Picoña se tiña refuxiado no vello castelo dos Condes, no interior da mesma vila perante a previsión do ataque portugués. A súa resistencia sería breve o que sería síntoma dunhas defensas pouco preparadas ou ruinosas. O relato da toma de Salvaterra mitificaríase para sinalar que máis que méritos do exército portugués sería unha traizón a que posibilitaría a entrega da vila ao conde de Castelo Melhor. O historiador Avila y La Cueva narra este episodio como froito da deslealtade do gobernador que entregaría o Pazo dos Condes aos portugueses. A realidade deste episodio era outra. Salvaterra non contaba con defensas modernas, só habería que pensar na posible cerca medieval que rodearía a vila. A principal fortificación achábase no castelo ou pazo dos condes no cuadrante suroriental. 30 cousas de
Plano das fortificacións de Salvaterra no século XVIII (BVD, AR. E-T.4-C.6)
Plano de Salvaterra en 1645 baixo a ocupación portuguesa. É o mellor plano para estudar os restos medievais do castelo dos condes. (CAVIDAFOR)